Cuestións de estilo

De Manual de Estilo DOG

(Diferenzas entre revisións)
(Frases curtas)
(O contido da páxina foi eliminado)
 
(Non se mostran 122 revisións do historial.)
Liña 1: Liña 1:
-
{{Modelo:Cabeceira}}
 
-
=== A redacción de documentos administrativos ===
 
-
«Para os propósitos deste Manual considérase estilo os trazos constituídos por unha escolla de entre as posibilidades que ofrece a lingua. Esta escolla pode ser dunha persoa ou dun grupo, por exemplo, unha empresa, unha institución, etc., que decide utilizar a lingua nas súas comunicacións internas ou externas de determinada maneira. Non se trata, pois, do que é correcto ou incorrecto, senón do que é mellor ou peor, máis adecuado ou menos adecuado. Por iso, nesta parte do Manual, dedicada ás cuestións de estilo, non se ofrecen normas senón consellos ou orientacións.
 
-
 
-
Os textos que se publican no ''Diario Oficial de Galicia'' son textos oficiais, polo cal deben caracterizarse pola impersonalidade, o uso do padrón culto do idioma, a clareza, a concisión, a formalidade e a uniformidade. Estas características responden á necesidade e á obriga de transmitir todo tipo de comunicacións oficiais de forma transparente e intelixible para o conxunto da cidadanía, sexa quen for a entidade emisora desa comunicación. Os textos deben ser redactados de forma que permitan sempre unha única interpretación, evitándose así calquera equívoco ou a existencia de máis dunha interpretación.
 
-
 
-
A análise dos documentos permite concluír que os factores máis comúns que provocan escuridade e ambigüidade dos textos son construír frases demasiado longas e mal puntuadas, substituír os verbos por unha palabra derivada (nominalización), usar palabras longas e expresións complexas en lugar doutras máis correntes e curtas xunto con <ins>abreviaturas</ins> pouco usuais, ben como utilizar mal os elementos lingüísticos que permiten identificar o referente, é dicir, aquilo de que estamos a falar, como no exemplo seguinte:
 
-
 
-
<blockquote style="background: white; border: 1px solid black; padding:1em;">
 
-
:::::Disposición transitoria primeira. ''Servizos Comúns''.
 
-
 
-
:::::Sen prexuízo da creación e posta en funcionamento do Instituto de Estudos do Territorio, os servizos comúns da consellería de adscrición <font style="background-color:yellow">deste</font> exercerán en relación con <font style="background-color:yellow">aquel</font>, as competencias que teñan atribuídas respecto á Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe ata que <font style="background-color:yellow">aquel</font> dispoña dos servizos propios necesarios para alcanzar a súa autonomía.
 
-
</blockquote>
 
-
 
-
A seguir móstrase unha serie de consellos que poden terse en conta á hora de redactar textos para seren publicados no ''Diario Oficial de Galicia'' ou para calquera comunicación da Administración. Téñase en conta que, aínda que comecen por “débese”, non son obrigatorios senón orientativos nin hai que aplicar todos e cada un deles, senón que se trata máis dunha cuestión de equlibrio.
 
-
 
-
====Frases curtas====
 
-
 
-
Non se deben facer frases demasiado longas. Entendemos como frase o período comprendido entre dous puntos seguidos ou finais. Para isto débese evitar pór moitas oracións seguidas unidas por conxuncións, <ins>xerundios</ins> etc. Débese evitar tamén introducir incisos, citas ou referencias que interrompan o fío principal do que queremos dicir. Para isto reordenarase a información de maneira que o accesorio quede xunto ao principio ou ao final. En xeral, podemos seguir a regra de aumentar o número de puntos  e diminuír o de comas respecto ao usual na linguaxe administrativa (<ins>puntuación</ins>).
 
-
 
-
{| style="border-collapse: separate; border-spacing: 0; border-width: 1px; border-style: solid; border-color: #000; padding: 10;" cellpadding="10"
 
-
|-
 
-
! style="border-style: solid; border-width: 0 1px 1px 0" width="50%"| Unha frase, un punto
 
-
! style="border-style: solid; border-width: 0 0 1px 0" width="50%"| Tres frases, tres puntos
 
-
|-
 
-
| style="border-style: solid; border-width: 0 1px 1px 0"| Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, significándolle que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes á imposición desta multa coercitiva, sendo motivo de inadmisión a reiteración das mesmas razós que se esgrimiron  ou puideron esgrimirse fronte á resolución da cal este acordo é un mero acto de execución.
 
-
 
-
| style="border-style: solid; border-width: 0 0 1px 0"| Esta resolución pon fin á vía administrativa e a interesada poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, ante o do director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística. O recurso será admisible só por motivos de infracción do ordenamento inherentes á imposición desta multa coercitiva. Será motivo de inadmisión a reiteracion das mesmas razóns que se esgrimiron ou puideron esgrimirse fronte á resolución da cal este acordo é un mero acto de execución.
 
-
|-
 
-
! style="border-style: solid; border-width: 0 1px 1px 0" | Con inciso, dúas comas
 
-
! style="border-style: solid; border-width: 0 0 1px 0" | Sen inciso, ningunha coma
 
-
|-
 
-
| style="border-style: solid; border-width: 0 1px 0 0"| A información que, con carácter mensual, deberán subministrar os habilitados
 
-
| style="border-style: solid; border-width: 0"| A información que deberán subministrar os habilitados mensualmente
 
-
|}
 
-
 
-
 
-
{| style="border-collapse: separate; border-spacing: 0; border-width: 1px; border-style: solid; border-color: #000; padding: 10;" cellpadding="10"
 
-
|-
 
-
! style="border-style: solid; border-width: 0 1px 1px 0" width="50%"| Un punto, trece comas
 
-
! style="border-style: solid; border-width: 0 0 1px 0" width="50%"| Tres puntos, nove comas
 
-
|-
 
-
| style="border-style: solid; border-width: 0 1px 1px 0"| A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica configúrase como un órgano superior da Administración autonómica, con ámbito de actuación sobre todas as consellerías, organismos delas dependentes, centros, servizos e unidades, así como sobre os entes e empresas públicas da Administración da Comunidade Autónoma a que lle corresponde o impulso, asesoramento técnico e apoio en materia de tecnoloxías da información e as comunicacións e a súa aplicación para a modernización, innovación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, e sinala que para poder facer efectiva a súa misión, e acadar os seus obxectivos, é imprescindible a dotación de prazas de persoal propio, para o exercicio das  de dirección e xestión de proxectos tecnolóxicos, tanto no ámbito de proxectos transversais como para o reforzo das diferentes iniciativas sectoriais que se están a pór en marcha, co obxecto de comezar a paliar o déficit histórico existente neste eido de desempeño profesional.
 
-
 
-
| style="border-style: solid; border-width: 0 0 1px 0"| A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica configúrase como un órgano superior da Administración autonómica con ámbito de actuación sobre todas as consellerías, organismos delas dependentes, centros, servizos e unidades, así como sobre os entes e empresas públicas da Administración da Comunidadede Autónoma. Corresponde a este órgano superior o impulso, asesoramento técnico e apoio en materia de tecnoloxías da informacións e as comunicacións e a súa aplicación para a modernización, innovación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia.
 
-
 
-
Para poder facer efectiva a súa misión e acadar os seus obxectivos é imprescindible a dotación de prazas de persoal propio para a dirección e a xestión de proxectos tecnolóxicos, tanto no ámbito de proxectos transversais como para o reforzo das diferentes iniciativas que se están a pór en marcha, co obxecto de comezar a paliar o déficit histórico existente neste eido de desempeño profesional.
 
-
|}
 
-
 
-
=== Toponimia ===
 
-
 
-
No DOG utilizaranse os nomes de provincias, concellos, parroquias e lugares de Galicia nas formas presentes no nomenclátor elaborado pola Comisión de Toponimia e aprobado pola Xunta de Galicia<ref name="ftn3">O nomenclátor está dispoñible en liña: [http://cpapx.xunta.es/toponimia-oficial?content=/Portal-Cpapx/Contidos/Estandar/Secretaria_xeral/Servizos/busca_directa_toponimia.html http://cpapx.xunta.es/toponimia-oficial?content=/Portal-Cpapx/Contidos/Estandar/Secretaria_xeral/Servizos/busca_directa_toponimia.html]</ref>. Para os topónimos non galegos seguiranse as indicacións dadas en Tradución de topónimos, entidades e siglas.
 
-
 
-
=== Tradución de topónimos, entidades e siglas ===
 
-
 
-
* Os topónimos galegos manteñen sempre a forma presente no nomenclátor elaborado pola Comisión de Toponimia e aprobado pola Xunta de Galicia<ref name="ftn4">Lei 3/1983, do 15 de xuño, do Parlamento de Galicia, de normalización lingüística, artigo 10.1: «Os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega.»</ref>:
 
-
 
-
::Muxía (''galego'') → Muxía (''castelán'')
 
-
 
-
* Os topónimos estatais non galegos tradúcense para o galego cando así estea consolidado no uso e mantense a forma oficial no resto dos casos:
 
-
 
-
::Badajoz (''castelán'') → Badaxoz (''galego'')
 
-
 
-
::Madrigalejo del Monte (''castelán''|''galego'')
 
-
 
-
* Os topónimos cataláns e vascos manteñen a súa forma oficial:
 
-
 
-
::Girona (''castelán''|''catalán|galego'')
 
-
 
-
::Bilbao (''éuscaro|castelán|galego'')
 
-
 
-
:Cando se tratar dun topónimo con forma bilingüe indicaranse as dúas formas separadas por barra lateral (neste caso respectarase a orde en que se inscribiran oficialmente) ou escollerase aquela cuxo uso estea consolidado (no caso do galego, tamén se coinciden as formas):
 
-
 
-
::Alacant (''catalán|galego'') → Alicante (''castelán'') ou Alicante/Alacant (''catalán|castelán'')
 
-
 
-
::Elx (''catalán|galego'') → Elche (''castelán'') ou Elche/Elx(''catalán|castelán'')
 
-
 
-
::Donostia (''éuscaro|castelán|galego'') ou Donostia/San Sebastián (''castelán|galego'')
 
-
 
-
:Para os casos dubidosos consultarase o Rexistro de Entidades Locais do Ministerio de Política Territorial e Administración Pública<ref name="ftn5">Versión dixital: [http://ssweb.mpt.es/REL/ http://ssweb.mpt.es/REL/]</ref>.
 
-
 
-
* Os topónimos internacionais tradúcense cando así estea consolidado no uso e mantense a forma orixinal no resto dos casos:
 
-
 
-
::Xeorxia (''galego'') → Georgia (''castelán'')
 
-
 
-
* Nos nomes das institucións inferiores ao ámbito autonómico galego mantense sempre a forma galega do topónimo e tradúcese a da institución:
 
-
 
-
::Concello do Carballiño (''galego'') → Ayuntamiento de O Carballiño (''castelán'')
 
-
 
-
::Concello da Coruña (''galego'') → Ayuntamiento de A Coruña (''castelán'')
 
-
 
-
::Xunta de Goberno local (''galego'') → Junta de Gobierno local (''castelán'')
 
-
 
-
:Nos nomes das institucións non galegas inferiores ao ámbito autonómico a institución tradúcese e o topónimo tradúcese para o galego cando así estea consolidado no uso e mantense a forma oficial no resto dos casos:
 
-
 
-
::Ayuntamiento de Cáceres (''castelán'') → Concello de Cáceres (''galego'')
 
-
 
-
* Nos nomes das institucións de ámbito autonómico galego mantense en galego a categoría da entidade e tradúcese a área de actuación nos seguintes casos:
 
-
 
-
::* Na denominación do goberno autonómico galego, que se debe manter inalterado:
 
-
 
-
:::Xunta de Galicia (''galego'') → Xunta de Galicia (''castelán'')
 
-
 
-
::* Na denominación das consellerías, onde se mantén ''Consellería'' en galego:
 
-
 
-
:::Consellería de Facenda (''galego'') → Consellería de Hacienda (''castelán'')
 
-
 
-
::Nos demais casos tradúcese o nome completo:
 
-
 
-
:::Servizo Galego de Saúde (''galego'') → Servicio Gallego de Salud (''castelán'')
 
-
 
-
:::Secretaría Xeral da Emigración (''galego'') → Secretaría General de la Emigración (''castelán'')
 
-
 
-
:::Dirección Xeral de Mobilidade (''galego'') → Dirección General de Movilidad (''castelán'')
 
-
 
-
* Os nomes das institucións non galegas de ámbito autonómico tradúcense cando así estea consolidado no uso e mantense a forma oficial no resto dos casos:
 
-
 
-
::Junta de Andalucía (''castelán''|''galego'')
 
-
 
-
::Generalitat Valenciana (''castelán''|''galego'')
 
-
 
-
::Generalitat de Cataluña (''castelán''|''galego'')
 
-
 
-
* Nos nomes de rúas, prazas, barrios e outros espazos urbanos tradúcense o tipo de vía ou espazo e, se for o caso, as preposicións ou artigos que introducen o nome propio (excepto se foren parte do mesmo):
 
-
 
-
::(…) praza de Europa (…) (''galego'') → (…) plaza de Europa (…) (''castelán'')
 
-
 
-
::(…) travesía da Moa (…) (''galego'') → (…) travesía de A Moa (…) (''castelán'')
 
-
 
-
:O nome propio do espazo pode traducirse se está composto por palabras comúns, se non está regulado de forma específica pola autoridade competente (xeralmente os concellos) e se non existe unha tradición de uso asentada nun dos dous idiomas:
 
-
 
-
::(…) praza do Obradoiro (…) (''galego'') → (…) plaza del Obradoiro (…) (''castelán'')
 
-
 
-
::(…) rúa Areal (…) (''galego'') → (…) calle Areal (…) (''castelán'')
 
-
 
-
::(…) praza do Exército Español (…) (''galego'') → (…) plaza del Ejército Español (…) (''castelán'')
 
-
 
-
=== Tratamentos protocolarios ===
 
-
 
-
A tendencia no DOG é a de non marcar cun tratamento especial os cargos a que se fai referencia no corpo do texto, xa que, polo xeral, non o acompaña o nome propio:
 
-
 
-
::Con data do 3 de xaneiro de 2011 a conselleira de Facenda estimou os recursos presentados (…)
 
-
 
-
::En febreiro de 2007 o presidente da Xunta de Galicia, o secretario xeral (…)
 
-
 
-
Nas sinaturas é preciso que apareza o nome propio da persoa que exerce o cargo, aínda que tampouco se acompaña de ningunha forma de tratamento:
 
-
 
-
::<center>Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2010.</center>
 
-
 
-
::<center>Agustín Hernández Fernández de Rojas</center>
 
-
 
-
::<center>Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio</center>
 
-
 
-
::<center>e Infraestruturas</center>
 
-
 
-
A fórmula ''Excelentísimo/a e magnífico/a señor/a'' utilízase para reitores/as de universidades:
 
-
 
-
::As solicitudes dirixiranse ao Excelentísimo e Magnífico Señor Reitor da Universidade da Coruña (…)
 
-
 
-
As fórmulas ''Excelentísimo/a señor/a'' (''Excmo. Sr./a.'') e ''Ilustrísimo señor'' (''Ilmo. Sr.) ''aínda que foron de uso habitual cos poderes lexislativo e xudicial, na actualidade tenden a seren substituídas por ''señor/a ''(''sr./a.''). Esta última fórmula é a adecuada para referirse aos/ás letrados/as, xuíces/as e procuradores/as:
 
-
 
-
::(…) por instancia do procurador señor Pedreira (…)
 
-
 
-
::(…) asistido pola letrada señora Romay (…)
 
-
 
-
Así mesmo, é a fórmula introdutoria dos apelidos das persoas cando se citan en sentenzas ou semellantes:
 
-
 
-
::(…) recoñecida ao señor Prado mediante resolución (…)
 
-
 
-
A forma de tratamento ''don/a ''resérvase para introducir o nome completo en nomeamentos ou semellantes:
 
-
 
-
::Nomear a dona María Dolores (…)
 
-
 
-
=== Contactos ===
 
-
 
-
==== Enderezos ====
 
-
 
-
* Nos enderezos utilízase a vírgula para separar o nome da vía do resto da información (número de portal, de andar, código postal etc.):
 
-
 
-
::(…) Avda. Fernández Ladreda, nº 43, 4º andar, 36003 Pontevedra (…)
 
-
 
-
:Con todo, non se utiliza a vírgula para separar o código postal do nome da localidade:
 
-
 
-
::(…) 15706 Santiago de Compostela (…)
 
-
 
-
* O número de andar pódese especificar das seguintes formas:
 
-
 
-
::* Entre vírgulas, cando se especifica o tipo de nivel:
 
-
 
-
:::(…) , nº 43, 4º andar, (…)
 
-
 
-
::* Separado por guión do número de portal:
 
-
 
-
:::(…) , 43-5º, (…)
 
-
 
-
::Se o número de andar vai acompañado dunha letra non se especifica o tipo de nivel e preferirase o guión como elemento separador:
 
-
 
-
:::(…) , 2-5º E, (…)
 
-
 
-
* Preferirase utilizar a forma abreviada do tipo de vía por cuestións de espazo, en listas ou após dous puntos:
 
-
 
-
::Enderezo: r/ Beiramar, 2-5º E, edif. Beiramar, Perillo-Oleiros.
 
-
 
-
===== Enderezos e correos electrónicos =====
 
-
 
-
Os enderezos electrónicos (ou URL<ref name="ftn6">URL é o acrónimo de ''Uniform Resource Locator'', localizador uniforme de recursos; utilízase para localizar recursos na internet.</ref>) poden conter un ou máis puntos, dous puntos e barras laterais e os correos electrónicos<ref name="ftn7">Tanto en galego como en castelán é frecuente utilizar os anglicismos ''email'' e ''e-mail''<nowiki>; o seu uso non se recomenda excepto cando for preciso por razóns de espazo. A forma recomendada para ambos os idiomas é </nowiki>''correo electrónico''.</ref> un ou máis puntos e unha arroba; conforman unha unidade que é preferible non partir no fin da liña, tampouco deben conter espazos en branco. Exemplos:
 
-
 
-
::<nowiki>http://www.xunta.es</nowiki>
 
-
 
-
::xunta@xunta.es
 
-
 
-
Nos URL é preferible especificar o tipo de protocolo (''http'', ''https'', ''ftp, sftp ''etc''.''):
 
-
 
-
::(…) páxina web desta consellería (<nowiki>https://www.edu.xunta.es/substitutoslistas/</nowiki>) (…)
 
-
 
-
===== Teléfono e fax =====
 
-
 
-
Normalmente os números de fax e de teléfono, fixos ou móbiles, están compostos por nove cifras; para facilitar a súa lectura e comprensión recoméndase que se agrupen as tres primeiras cifras e se separen das restantes seis con espazo, e que, á súa vez, estas seis se agrupen de dúas en dúas separadas por outro espazo:
 
-
 
-
::981 99 99 99
 
-
 
-
::606 99 99 99
 
-
 
-
Caso for preciso indicar a existencia de máis de unha liña, deben separarse con unha barra lateral ''/ ''e sen espazo entre ambos os números:
 
-
 
-
::981 99 99 99/881 99 99 99
 
-
 
-
As extensións móstranse entre parénteses após o número de teléfono:
 
-
 
-
::Teléfono: 981 99 99 99 (extensións 9999, 9999).
 
-
 
-
Os prefixos internacionais indícanse antes do número de teléfono antecedidos do signo ''+ ''e separados do número de teléfono por un espazo:
 
-
 
-
::+34 981 99 99 99
 
-
 
-
==== Linguaxe non sexista ====
 
-
 
-
Tendo sempre presente o principio de non discriminación por razón de sexo e para evitar prácticas ou expresións que poidan seren entendidas como sexistas, os textos publicados no DOG deberán evitar o uso do masculino gramatical como forma xenérica se fixeren referencia tanto ao xénero masculino como ao feminino:
 
-
 
-
* Para os substantivos que designan seres animados recoméndase sempre dar preferencia ás formas non marcadas:
 
-
 
-
::o funcionariado
 
-
 
-
::as persoas
 
-
 
-
* Tamén se pode facer explícita a alusión a ambos os sexos, neste caso debe facerse tanto no determinante como no substantivo:
 
-
 
-
::(…) dos/as definitivamente seleccionados/as (…)
 
-
 
-
* Nos formularios pódese utilizar a barra (/) para marcar a dobre posibilidade:
 
-
 
-
::Don/Dona
 
-
 
-
::Sr./Sra.
 
-
 
-
* En ningún caso se debe utilizar a arroba (@) como marca para evitar a forma masculina como a xenérica:
 
-
 
-
::*seleccionad@ → seleccionado/a
 
-
 
-
==== Moedas ====
 
-
 
-
Nas cantidades económicas deben utilizarse as formas ''euro ''e ''céntimo'', vaian ou non antecedidas por un número, en minúscula. A palabra ''céntimo'' só será preciso especificala na expresión estendida da cantidade e se for caso:
 
-
 
-
::(…) mil douscentos sesenta e oito euros con cincuenta e nove céntimos de euro (1.268,59 euros) (…)
 
-
 
-
O símbolo ''€'' fica reservado para acompañar cantidades expresadas en algarismos árabes e por cuestións de espazo ou nas listas e enumeracións:
 
-
 
-
::Contías concedidas
 
-
 
-
::29.000,00 €
 
-
 
-
::15.750,00 €
 
-
 
-
::(…)
 
-
 
-
====Referencias====
 
-
<references/>
 

Revisión actual feita o 11 de abril de 2012 ás 12:28

Ferramentas persoais