|
|
(Non se mostran 29 revisións do historial.) |
Liña 1: |
Liña 1: |
- | {{Modelo:Cabeceira}}
| |
- | ==== O uso do infinitivo conxugado e do futuro de subxuntivo ====
| |
| | | |
- | * O uso do infinitivo conxugado recoméndase:
| |
- | ::* Se o infinitivo ten un suxeito expreso no texto:
| |
- |
| |
- | :::(…) de non estaren inscritos os bens ou dereitos no rexistro (…)
| |
- |
| |
- | ::* Se o infinitivo non ten suxeito expreso, mais vai referido a un axente determinado non indicado no contexto:
| |
- |
| |
- | :::h) Documentación acreditativa de se encontraren ao día das (…)
| |
- |
| |
- | ::* Se o infinitivo vai introducido por unha preposición ou locución prepositiva, ten suxeito propio aínda que coincida co do verbo principal e vai antes del:
| |
- |
| |
- | ::: (…) sen prexuízo de os interesados poderen interpor (…)
| |
- |
| |
- | ::De ir despois do verbo principal, o uso é obrigatorio con suxeito diferente ou con elementos interpostos:
| |
- |
| |
- | :::Tamén deberán efectuar a devandita comunicación aquelas persoas físicas ou xurídicas que, sen estaren domiciliadas (…)
| |
- |
| |
- | :Para alén de nestes casos, o uso do infinitivo conxugado é facultativo e debe utilizarse sempre que for posible gramaticalmente e que non resultar estilisticamente desaconsellable.
| |
- |
| |
- | * Recoméndase utilizar o futuro de subxuntivo para expresar accións atemporais ou futuras non reais aínda que probables, así como nas oracións subordinadas cando na principal se empregue o presente ou o futuro de indicativo:
| |
- |
| |
- | ::De non presentaren esta certificación, non poderán ser declarados/as exentos/as (…)
| |
- |
| |
- | ::(…) se o expropiado non quixer aceptar o prezo xusto (…)
| |
- |
| |
- | ==== Usos incorrectos do xerundio ====
| |
- |
| |
- | * Con valor de posterioridade:
| |
- |
| |
- | ::Instalar o electrodoméstico no prazo de 90 días desde a data da venda, e retirar o existente, *entregándoo a un xestor de residuos autorizado. → Instalar o electrodoméstico no prazo de 90 días desde a data da venda, e retirar o existente, o cal se entregará a un xestor de residuos autorizado.
| |
- |
| |
- | * Con valor de complemento do nome:
| |
- |
| |
- | ::entregar o ditame á oficinista *falando por teléfono → entregar o ditame á oficinista mentres fala por teléfono
| |
- |
| |
- | * Con valor de adxectivo especificativo:
| |
- |
| |
- | ::Esta orde desenvolve o Decreto 156/2007, do 19 de xullo, *regulando o procedemento de cualificación → Esta orde desenvolve o Decreto 156/2007, do 19 de xullo, que regula o procedemento de cualificación
| |
- |
| |
- | ::resultado do cal se elaborará unha listaxe *contendo unha orde de prelación → resultado do cal se elaborará unha listaxe que conteña unha orde de prelación
| |
- |
| |
- | ==== Usos incorrectos relacionados co infinitivo ====
| |
- |
| |
- | * A construción substantivo + ''a'' + infinitivo é incorrecta, debe substituírse por outra:
| |
- |
| |
- | ::informes *a redactar → informes para redactar / que se van redactar
| |
- |
| |
- | :Existen casos en que esta estrutura non é necesaria:
| |
- |
| |
- | ::erros *a corrixir → erros
| |
- |
| |
- | * O infinitivo debe ir acompañado do verbo polo cal se rexe en casos como:
| |
- |
| |
- | ::(…) ; *facer constar expresamente no campo P-1 do modelo de instancia a localidade (…) → (…) ; deberase facer constar expresamente no campo P-1 do modelo de instancia a localidade (…)
| |
- |
| |
- | ::*Salientar que segundo se recolle no plano 8 (…) → (…) Débese salientar que segundo se recolle no plano 8 (…)
| |
- |
| |
- | * A construción ''ir'' + a + infinitivo non é correcta:
| |
- |
| |
- | ::(…) que se vai a ocupar (…) → (…) que se vai ocupar (…)
| |
- |
| |
- | ==== Colocación do pronome átono ====
| |
- |
| |
- | * A posición normal do pronome en galego é despois do verbo. Con todo, existen contextos en que debe ser colocado antes:
| |
- | ::* Oracións negativas:
| |
- |
| |
- | :::Non se subvencionarán aquelas propostas (…)
| |
- |
| |
- | ::* Oracións subordinadas cos nexos ''que'', ''cal'', ''quen'', ''canto'', ''onde'', ''como'', ''cando'', ''cuxo'', ''se'':
| |
- |
| |
- | :::(…) cuxo número se cita no anexo.
| |
- |
| |
- | ::* Nas oracións interrogativas cando van antecedidos por un pronome interrogativo:
| |
- |
| |
- | :::Onde se encontra o rexistro?
| |
- |
| |
- | ::* Prodúcese a próclise se os seguintes elementos aparecen situados antes do verbo:
| |
- | :::* Os indefinidos ''algo'', ''nada'', ''alguén'', ''ambos'', ''bastante'', ''calquera'', ''entrambos'', ''mesmo''…
| |
- |
| |
- | ::::(…) que ata o século XIX pouco ou nada se sabe de (…)
| |
- |
| |
- | :::* ''Aínda'', ''axiña'', ''deseguida'', ''enseguida'', ''só'', ''sempre, algures, ben, cedo, igual, mal, mellor, peor, tarde''…
| |
- |
| |
- | ::::(…) liña de axudas aínda se atopa en proceso (…)
| |
- |
| |
- | ::::Os cursos impartidos sempre se valorarán (…)
| |
- |
| |
- | :::* Usos interpolados, moi formais e arcaizantes:
| |
- |
| |
- | ::::Xa ela che comentou o resultado. / Xa che ela comentou o resultado.
| |
- |
| |
- | :::* Colocación anteverbal cos xerundios (efecto estilístico arcaizante):
| |
- |
| |
- | ::::Non o facendo así / (…) de non o facer así (…)
| |
- |
| |
- | ==== Concordancia ====
| |
- |
| |
- | * Se un determinante precede a dous ou máis substantivos coordinados con ''e'' ou con ''ou'' en singular, concordará en xénero e número co máis próximo:
| |
- |
| |
- | ::(…) cuxos datos persoais e último domicilio coñecido (…)
| |
- |
| |
- | ::(…) cuxo encabezamento e resolución (…)
| |
- |
| |
- | * Cando o suxeito dunha oración está composto de dúas ou máis formas nominais en singular, o verbo aparecerá en plural se o suxeito que o precede está coordinado por unha copulativa:
| |
- |
| |
- | ::(…) nin o plan nin o catálogo contiñan ningunha previsión (…)
| |
- |
| |
- | :Exceptúanse aqueles casos en que os elementos coordenados constitúen unha única unidade conceptual:
| |
- |
| |
- | ::A carga e descarga de animais farase en peiraos separados (…)
| |
- |
| |
- | :Se os elementos van acompañados de determinante o verbo irá en plural:
| |
- |
| |
- | ::A dotación e o calendario de pagamentos das bolsas outorgadas por renuncias estableceranse na resolución (…)
| |
- |
| |
- | * O invariable ''quen'' fai que o verbo vaia en singular cando este ten referentes en plural, excepto no caso dos verbos ser e parecer:
| |
- |
| |
- | ::(…) quen son os xogadores (…)
| |
- |
| |
- | ::(…) quen solicitaba maior información (…)
| |
- |
| |
- | * Cando un adxectivo acompaña dous ou máis substantivos de xénero diferente, o adxectivo vai en plural e en masculino:
| |
- |
| |
- | ::Os locais e as instalacións abertos ao público (…)
| |
- |
| |
- | ==== Outros casos ====
| |
- |
| |
- | * Débese coidar a presenza da conxunción que en construcións subordinadas e en locucións adverbiais, en contextos como os seguintes:
| |
- |
| |
- | {|
| |