Normas xerais de todos os textos
De Manual de Estilo DOG
(→Letra maiúscula) |
(→Letra maiúscula) |
||
Liña 42: | Liña 42: | ||
::* Nos acrónimos só se expresará en maiúscula a primeira letra: Inega, Sergas, Seaga, etc. Para máis detalles, véxase o capítulo correspondente á [[Abreviacións#Acrónimos | abreviación]]. | ::* Nos acrónimos só se expresará en maiúscula a primeira letra: Inega, Sergas, Seaga, etc. Para máis detalles, véxase o capítulo correspondente á [[Abreviacións#Acrónimos | abreviación]]. | ||
- | :: | + | ::* Excepcionalmente, palabras que aparezan deste xeito en formularios. |
* Non se admite o emprego da maiúscula en todas as letras de palabras e sintagmas fóra dos casos anteriores, como sucede con moita frecuencia en editos de xulgados, en que aparecen deste xeito os nomes e apelidos das persoas citadas. | * Non se admite o emprego da maiúscula en todas as letras de palabras e sintagmas fóra dos casos anteriores, como sucede con moita frecuencia en editos de xulgados, en que aparecen deste xeito os nomes e apelidos das persoas citadas. |
Revisión como estaba o 30 de abril de 2012 ás 12:05
Páxinas principais |
Índice |
Contido desta sección
Aquí recollemos unha serie de pautas de estilo, no tocante a aspectos formais, que se aplicarán na edición do DOG.
Os formatos acordados refírense ao produto final, é dicir, aos textos xa publicados. Pero, obviamente, moitas das cuestións poden ser aplicadas polos publicadores na redacción dos orixinais. O resto serán revisadas e, de ser o caso, corrixidas no Servizo de Tradución e na fase de maquetación do DOG.
Formato electrónico
- Os documentos de texto que se envíen para publicar no DOG serano en formatos compatibles con Microsoft Word de Office 2010, coas extensións ".doc" ou ".docx".
- As táboas e relacións poderán ter a extensión ".xls" (Microsoft Excel).
- En todo caso, os documentos deberán ser sempre enviados en formatos editables e convertibles para a edición.
- Só excepcionalmente se admitirán imaxes, que se reproducirán no DOG tal como foron enviadas. Nestes casos, é inescusable que o organismo responsable da elaboración das imaxes vele pola corrección lingüística dos textos que tales imaxes poidan conter (en cuestións xerais de lingua e noutras como a toponimia). De non ser así, os textos remitidos ao DOG poderán ser devoltos para a súa corrección.
- Cando de usen links de acceso a páxinas web, deberase revisar que nos leven á páxina á que se fai mención (exemplo: si para cubrir un formulario se usa un link, para o seu acceso, ao clikear no link deberá sair o formulario correcto para a súa cumprimentación).
Tipo de letra, interliñado e xustificación
- Nos documentos que se envíen ao DOG utilizarase o tipo de letra Arial, redonda e de tamaño 11; un interliñado de 15 pt e xustificación completa.
- Só en casos xustificados se poderá facer excepción ás normas anteriores.
Letra maiúscula
Respecto do uso da maiúscula en inicial de palabra, véxase o punto correspondente das normas lingüísticas ( Uso de minúsculas e maiúsculas nas Normas de estilo e redacción).
En canto ao emprego noutros contextos, é importante ter en conta:
- Expresaranse con todos os caracteres en maiúscula:
- A primeira palabra do sumario dos documentos: ORDE do 10 de xuño de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras...; RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2011 pola que se lles da publicidade ás axudas; ANUNCIO de información pública; etc.
- As fórmulas introdutorias do tipo DISPOÑO, RESOLVO, etc.
- As siglas: DOG, BOE, OCDE, ...
- Nos acrónimos só se expresará en maiúscula a primeira letra: Inega, Sergas, Seaga, etc. Para máis detalles, véxase o capítulo correspondente á abreviación.
- Excepcionalmente, palabras que aparezan deste xeito en formularios.
- Non se admite o emprego da maiúscula en todas as letras de palabras e sintagmas fóra dos casos anteriores, como sucede con moita frecuencia en editos de xulgados, en que aparecen deste xeito os nomes e apelidos das persoas citadas.
Letra cursiva
Irán sempre en cursiva:
- O sumario completo das disposicións e anuncios. Neste caso poranse en redonda aquelas expresións que, nun texto redactado en redonda, deban ir en cursiva;
- O título dos artigos dunha disposición normativa;
- O título das seccións e subseccións dunha disposición normativa;
- Os nomes dos boletíns oficiais e das publicacións periódicas: Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial del Estado, La Vanguardia, etc.;
- Os nomes científicos de animais e vexetais: Canis lupus; Pinus pinaster;
- Os títulos de obras literarias e de arte en xeral: Longa noite de pedra; Pranto pola muller caída;
- Os nomes propios de aeronaves, naves, armas, ciclóns, etc.: o buque Prestige, o ciclón Claus. Nesta epígrafe incluímos tamén as denominacións de bateas e permisos mineiros, que aparecen con moita frecuencia no DOG: autorización para transmisión da concesión da batea Farruquiña; explotación da concesión mineira A Farixa; etc.
- As voces e locucións latinas: a fortiori, ab initio, erga omnes, etc. Con todo, expresaranse en redonda aquelas locucións que xa estean moi consolidadas, tanto en galego coma en castelán: per cápita, déficit, currículum vítae, etc.
- As palabras non galegas, en textos en galego, ou non castelás, en textos neste idioma, cando non estean aínda asimiladas: background, clearing, lobby¸ etc. Pero expresaranse en redonda aquelas que xa estean integradas: club, estándar, interfaz, etc.
Non irán en cursiva:
- Os nomes de institucións, centros de ensino, empresas e edificios: o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades; o IES Rosalía de Castro; o CEIP Curros Enríquez; a empresa Alimentos Cruz del Sur, S.A.; etc.
- Os títulos de obras normativas ou legais: o Código civil, a Lei de axuizamento criminal, a Lei orgánica do Tribunal Constitucional, ...
Nas epígrafes referidas a sumario, artigos, seccións e subseccións aparecen referencias máis detalladas sobre a utilización da letra cursiva.
Letra negra ou grosa
Irán en letra negra ou grosa:
- Os encabezamentos dos títulos, capítulos e anexos.
- Excepcionalmente, certas expresións en formularios que poidan utilizala para destacar algún contido.
Nas epígrafes referidas a cabeceira, títulos, capítulos e anexos aparecen referencias máis concretas sobre o emprego da letra negra.
Letra versaleta
A letra versaleta non se empregará nos textos que se publiquen no DOG, aínda que, excepcionalmente, se permitirá o seu uso en documentos anexos que conteñan este formato e nas citas de textos antigos do DOG en que poida aparecer.