Toponimia
De Manual de Estilo DOG
Liña 24: | Liña 24: | ||
::*Respecto das denominacións das parroquias, o [http://cpapx.xunta.es/toponimia-oficial?content=/Portal-Cpapx/Contidos/Estandar/Secretaria_xeral/Servizos/busca_directa_toponimia.html Nomenclátor] inclúe entre parénteses a advocación de todas elas ―Laraxe ( <font style="color:maroon">San Mamede</font>) ―, pero cando as citamos en textos administrativos, tal dato é prescindible, salvo que a advocación forme parte do nome da parroquia: ''San Martiño do Porto e Santa Cruz do Salto son dúas parroquias do concello de Cabanas''. | ::*Respecto das denominacións das parroquias, o [http://cpapx.xunta.es/toponimia-oficial?content=/Portal-Cpapx/Contidos/Estandar/Secretaria_xeral/Servizos/busca_directa_toponimia.html Nomenclátor] inclúe entre parénteses a advocación de todas elas ―Laraxe ( <font style="color:maroon">San Mamede</font>) ―, pero cando as citamos en textos administrativos, tal dato é prescindible, salvo que a advocación forme parte do nome da parroquia: ''San Martiño do Porto e Santa Cruz do Salto son dúas parroquias do concello de Cabanas''. | ||
+ | |||
+ | == Toponimia de fóra de Galicia == | ||
+ | |||
+ | En certos ámbitos, como o xornalístico, os topónimos non galegos (españois e doutros países) adoitan adaptarse ao galego, tanto fonética como morfoloxicamente (''Alxeria, Castela-A Mancha, Guadalaxara, Moscova, Texo, Xetafe, Xirona''...). | ||
+ | |||
+ | Agora ben, no ámbito institucional, en topónimos do Estado español debe primar o criterio de oficialidade ou dobre oficialidade e non o de adaptación. | ||
+ | |||
+ | En consecuencia, estes son os criterios que se seguirán nos textos que se publiquen no DOG e tamén o recomendado para outras publicacións institucionais: | ||
+ | |||
+ | === Topónimos españois === | ||
+ | |||
+ | * Os topónimos estatais das comunidades autónomas onde o castelán é a única lingua oficial empregaranse na forma castelá: ''Badajoz, Castilla y León, Castilla-La Mancha, Jaén, Torrejón''... | ||
+ | |||
+ | :OBSERVACIÓN: Empréganse en forma adaptada ao galego os topónimos ''Douro'' e ''Texo''. | ||
+ | |||
+ | :Para a denominación das comunidades autónomas, e da súa forma de organización, véxase a epígrafe xxx | ||
+ | |||
+ | * Os topónimos das comunidades autónomas de Illes Balears, Cataluña, Comunidade Valenciana e País Vasco empregaranse, tanto nos textos redactados en castelán como nos redactados en galego, na forma oficial recollida na lexislación estatal ou autonómica respectiva: | ||
+ | |||
+ | :Así: | ||
+ | |||
+ | ::<font color="#0088cc">•</font> ''Girona'' e ''Lleida'' (Lei estatal 2/1992, do 28 de febreiro, BOE núm. 29, do 2 de febreiro). | ||
+ | |||
+ | ::<font color="#0088cc">•</font> Gipuzkoa e Bizkaia (Lei estatal 19/2011, do 5 de xullo, BOE núm. 160, do 6 de xullo). | ||
+ | |||
+ | ::<font color="#0088cc">•</font> Alacant, Elx ou Castelló (Orde do 1 de decembro de 1993, da Consellería de Educación e Ciencia, sobre o uso das linguas oficiais na toponimia, na sinalización das vías de comunicación e na rotulación dos servizos públicos no ámbito territorial da Comunidade Valenciana). | ||
+ | |||
+ | ::<font color="#0088cc">•</font> Andratx, Eivissa... (Decret 2/2004, de 16 de gener, de modificació del Decret 36/1988, de 14 d'abril, pel qual es publiquen en el BOCAIB les formes oficials dels topònims de les Illes Balears). |
Revisión como estaba o 15 de maio de 2012 ás 08:29
Toponimia galega
A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, establece no seu artigo 10.1: «Os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega[1].»
Daquela, os topónimos galegos deben empregarse sempre, calquera que sexa a lingua en que redactemos, na forma galega ditaminada pola Comisión de Toponimia e aprobada pola Xunta de Galicia[2]:
Galego | Castelán |
---|---|
Os concellos da Rúa, O Barco de Valdeorras e Rubiá están na comarca de Valdeorras. | Los ayuntamientos de A Rúa, O Barco de Valdeorras y Rubiá están en la comarca de Valdeorras. |
A Caguenla é un lugar da parroquia do Esto, no concello de Cabana de Bergantiños. | A Caguenla es un lugar de la parroquia de O Esto, en el municipio de Cabana de Bergantiños. |
OBSERVACIÓNS:
- Como vemos nos exemplos, cando redactamos en galego os artigos dos topónimos contraen coas preposición, igual que as palabras comúns. En castelán non se fai tal contracción.
- Respecto das denominacións das parroquias, o Nomenclátor inclúe entre parénteses a advocación de todas elas ―Laraxe ( San Mamede) ―, pero cando as citamos en textos administrativos, tal dato é prescindible, salvo que a advocación forme parte do nome da parroquia: San Martiño do Porto e Santa Cruz do Salto son dúas parroquias do concello de Cabanas.
Toponimia de fóra de Galicia
En certos ámbitos, como o xornalístico, os topónimos non galegos (españois e doutros países) adoitan adaptarse ao galego, tanto fonética como morfoloxicamente (Alxeria, Castela-A Mancha, Guadalaxara, Moscova, Texo, Xetafe, Xirona...).
Agora ben, no ámbito institucional, en topónimos do Estado español debe primar o criterio de oficialidade ou dobre oficialidade e non o de adaptación.
En consecuencia, estes son os criterios que se seguirán nos textos que se publiquen no DOG e tamén o recomendado para outras publicacións institucionais:
Topónimos españois
- Os topónimos estatais das comunidades autónomas onde o castelán é a única lingua oficial empregaranse na forma castelá: Badajoz, Castilla y León, Castilla-La Mancha, Jaén, Torrejón...
- OBSERVACIÓN: Empréganse en forma adaptada ao galego os topónimos Douro e Texo.
- Para a denominación das comunidades autónomas, e da súa forma de organización, véxase a epígrafe xxx
- Os topónimos das comunidades autónomas de Illes Balears, Cataluña, Comunidade Valenciana e País Vasco empregaranse, tanto nos textos redactados en castelán como nos redactados en galego, na forma oficial recollida na lexislación estatal ou autonómica respectiva:
- Así:
- • Girona e Lleida (Lei estatal 2/1992, do 28 de febreiro, BOE núm. 29, do 2 de febreiro).
- • Gipuzkoa e Bizkaia (Lei estatal 19/2011, do 5 de xullo, BOE núm. 160, do 6 de xullo).
- • Alacant, Elx ou Castelló (Orde do 1 de decembro de 1993, da Consellería de Educación e Ciencia, sobre o uso das linguas oficiais na toponimia, na sinalización das vías de comunicación e na rotulación dos servizos públicos no ámbito territorial da Comunidade Valenciana).
- • Andratx, Eivissa... (Decret 2/2004, de 16 de gener, de modificació del Decret 36/1988, de 14 d'abril, pel qual es publiquen en el BOCAIB les formes oficials dels topònims de les Illes Balears).