Toponimia

De Manual de Estilo DOG

(Diferenzas entre revisións)
(Topónimos españois)
(Topónimos españois)
Liña 52: Liña 52:
::<font color="#0088cc">&#8226;</font> Andratx, Eivissa... ([[Media:Mp38.pdf‎|Decreto 2/2004, de 16 de enero, de modificación del Decreto 36/1988, de 14 de abril, por el cual se publican en el BOCAIB las formas oficiales de los topónimos de las Illes Balears.]]).
::<font color="#0088cc">&#8226;</font> Andratx, Eivissa... ([[Media:Mp38.pdf‎|Decreto 2/2004, de 16 de enero, de modificación del Decreto 36/1988, de 14 de abril, por el cual se publican en el BOCAIB las formas oficiales de los topónimos de las Illes Balears.]]).
 +
 +
* Cando se tratar dun topónimo con forma dobre ou bilingüe, indicaranse esas dúas formas oficiais separadas por unha barra lateral (neste caso respectarase a orde en que se inscribisen oficialmente):
 +
 +
:Así:
 +
 +
::<font color="#0088cc">&#8226;</font> ''Araba/Álava'' ([[Media:Ley 19 2011.pdf|Lei estatal 19/2011, do 5 de xullo, BOE núm. 160, do 6 de xullo]]).
 +
 +
::<font color="#0088cc">&#8226;</font> ''Donostia/San Sebastián''

Revisión como estaba o 15 de maio de 2012 ás 10:00

Toponimia galega

A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, establece no seu artigo 10.1: «Os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega[1]

Daquela, os topónimos galegos deben empregarse sempre, calquera que sexa a lingua en que redactemos, na forma galega ditaminada pola Comisión de Toponimia e aprobada pola Xunta de Galicia[2]:


Galego Castelán
Os concellos da Rúa, O Barco de Valdeorras e Rubiá están na comarca de Valdeorras. Los ayuntamientos de A Rúa, O Barco de Valdeorras y Rubiá están en la comarca de Valdeorras.
A Caguenla é un lugar da parroquia do Esto, no concello de Cabana de Bergantiños. A Caguenla es un lugar de la parroquia de O Esto, en el municipio de Cabana de Bergantiños.


OBSERVACIÓNS:

  • Como vemos nos exemplos, cando redactamos en galego os artigos dos topónimos contraen coas preposición, igual que as palabras comúns. En castelán non se fai tal contracción.
  • Respecto das denominacións das parroquias, o Nomenclátor inclúe entre parénteses a advocación de todas elas ―Laraxe ( San Mamede) ―, pero cando as citamos en textos administrativos, tal dato é prescindible, salvo que a advocación forme parte do nome da parroquia: San Martiño do Porto e Santa Cruz do Salto son dúas parroquias do concello de Cabanas.

Toponimia de fóra de Galicia

En certos ámbitos, como o xornalístico, os topónimos non galegos (españois e doutros países) adoitan adaptarse ao galego, tanto fonética como morfoloxicamente (Alxeria, Castela-A Mancha, Guadalaxara, Moscova, Texo, Xetafe, Xirona...).

Agora ben, no ámbito institucional, en topónimos do Estado español debe primar o criterio de oficialidade ou dobre oficialidade e non o de adaptación.

En consecuencia, estes son os criterios que se seguirán nos textos que se publiquen no DOG e tamén o recomendado para outras publicacións institucionais:

Topónimos españois

  • Os topónimos estatais das comunidades autónomas onde o castelán é a única lingua oficial empregaranse na forma castelá: Badajoz, Castilla y León, Castilla-La Mancha, Jaén, Torrejón...
OBSERVACIÓN: Empréganse en forma adaptada ao galego os topónimos Douro e Texo.
Para a denominación das comunidades autónomas, e da súa forma de organización, véxase a epígrafe xxx
  • Os topónimos das comunidades autónomas de Illes Balears, Cataluña, Comunidade Valenciana e País Vasco empregaranse, tanto nos textos redactados en castelán como nos redactados en galego, na forma oficial recollida na lexislación estatal ou autonómica respectiva:
Así:
Girona e Lleida (Lei estatal 2/1992, do 28 de febreiro, BOE núm. 29, do 2 de febreiro).
Gipuzkoa e Bizkaia (Lei estatal 19/2011, do 5 de xullo, BOE núm. 160, do 6 de xullo).
Alacant, Elx ou Castelló (Orde do 1 de decembro de 1993, da Consellería de Educación e Ciencia, sobre o uso das linguas oficiais na toponimia, na sinalización das vías de comunicación e na rotulación dos servizos públicos no ámbito territorial da Comunidade Valenciana).
Andratx, Eivissa... (Decreto 2/2004, de 16 de enero, de modificación del Decreto 36/1988, de 14 de abril, por el cual se publican en el BOCAIB las formas oficiales de los topónimos de las Illes Balears.).
  • Cando se tratar dun topónimo con forma dobre ou bilingüe, indicaranse esas dúas formas oficiais separadas por unha barra lateral (neste caso respectarase a orde en que se inscribisen oficialmente):
Así:
Araba/Álava (Lei estatal 19/2011, do 5 de xullo, BOE núm. 160, do 6 de xullo).
Donostia/San Sebastián
Ferramentas persoais
Xunta de Galicia