Enderezos e teléfonos
De Manual de Estilo DOG
(Nova páxina: "{{Modelo:Cabeceira}} == Enderezos == * Nos enderezos utilízase a vírgula para separar o nome da vía do resto da información (número de portal, de andar, código postal etc.): ...") |
|||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Modelo:Cabeceira}} | {{Modelo:Cabeceira}} | ||
+ | __FORCETOC__ | ||
== Enderezos == | == Enderezos == |
Revisión como estaba o 24 de maio de 2012 ás 11:31
Páxinas principais |
Índice |
Enderezos
- Nos enderezos utilízase a vírgula para separar o nome da vía do resto da información (número de portal, de andar, código postal etc.):
- (…) Avda. Fernández Ladreda, n.º 43, 4.º andar, 36003 Pontevedra (…)
- Con todo, non se utiliza a vírgula para separar o código postal do nome da localidade:
- (…) 15706 Santiago de Compostela (…)
- O número de andar pódese especificar das seguintes formas:
- Entre vírgulas, cando se especifica o tipo de nivel:
- (…) , n.º 43, 4.º andar, (…)
- Separado por guión do número de portal:
- (…) , 43-5.º, (…)
- Se o número de andar vai acompañado dunha letra non se especifica o tipo de nivel e preferirase o guión como elemento separador:
- (…) , 2-5.º E, (…)
- Preferirase utilizar a forma abreviada do tipo de vía por cuestións de espazo, en listas ou após dous puntos:
- Enderezo: r/ Beiramar, 2-5.º E, edif. Beiramar, Perillo-Oleiros.
Enderezos e correos electrónicos
Os enderezos electrónicos (ou URL[1]) poden conter un ou máis puntos, dous puntos e barras laterais e os correos electrónicos[2] un ou máis puntos e unha arroba; conforman unha unidade que é preferible non partir no fin da liña, tampouco deben conter espazos en branco. Exemplos:
- http://www.xunta.es
- xunta@xunta.es
Nos URL é preferible especificar o tipo de protocolo (http, https, ftp, sftp etc.):
- (…) páxina web desta consellería (https://www.edu.xunta.es/substitutoslistas/) (…)
Teléfono e fax
Normalmente os números de fax e de teléfono, fixos ou móbiles, están compostos por nove cifras; para facilitar a súa lectura e comprensión recoméndase que se agrupen as tres primeiras cifras e se separen das restantes seis con espazo, e que, á súa vez, estas seis se agrupen de dúas en dúas separadas por outro espazo:
- 981 99 99 99
- 606 99 99 99
Caso for preciso indicar a existencia de máis de unha liña, deben separarse con unha barra lateral / e sen espazo entre ambos os números:
- 981 99 99 99/881 99 99 99
As extensións móstranse entre parénteses após o número de teléfono:
- Teléfono: 981 99 99 99 (extensións 9999, 9999).
Os prefixos internacionais indícanse antes do número de teléfono antecedidos do signo + e separados do número de teléfono por un espazo:
- +34 981 99 99 99
Erro no código da cita: as etiquetas
<ref>
existen, pero non se atopou ningunha etiqueta <references/>