Enderezos e teléfonos

De Manual de Estilo DOG

(Diferenzas entre revisións)
(Enderezos)
Liña 4: Liña 4:
== Enderezos ==
== Enderezos ==

* Nos enderezos utilízase a vírgula para separar o nome da vía do resto da información (número de portal, de andar, código postal etc.):

A estrutura básica dos enderezos consta das seguintes liñas de datos:

::() Avda. Fernández Ladreda, n.º 43, 4.º andar, 36003 Pontevedra (…)

:1. Identidade do destinatario (nome e apelidos, nome da institución  ou empresa, etc.).

:2. Tipo (rúa, avenida, praza) e nome da vía, número e, andar, escaleira, etc.; ou ben nome da aldea, número, e parroquia.<br<

:3. Código postal, localidade, concello.

:4. Provincia.

:Con todo, non se utiliza a vírgula para separar o código postal do nome da localidade:

Non é sempre necesario incluír todos estes datos, mais manterase a orde básica mencionada:

::(…) 15706 Santiago de Compostela (…)

* O número de andar pódese especificar das seguintes formas:

::* Entre vírgulas, cando se especifica o tipo de nivel:

:::(…) , n.º 43, 4.º andar, (…)

::* Separado por guión do número de portal:

:::(…) , 43-5.º, (…)

::Se o número de andar vai acompañado dunha letra non se especifica o tipo de nivel e preferirase o guión como elemento separador:

:::(…) , 2-5.º E, (…)

* Preferirase utilizar a forma abreviada do tipo de vía por cuestións de espazo, en listas ou após dous puntos:

::Enderezo: r/ Beiramar, 2-5.º E, edif. Beiramar, Perillo-Oleiros.

[[#bodyContent|↑ Voltar ↑]]
<noinclude>

[[#bodyContent|↑ Voltar ↑]]
<noinclude>

Revisión como estaba o 24 de maio de 2012 ás 12:11

Páxinas principais

Índice

Enderezos

A estrutura básica dos enderezos consta das seguintes liñas de datos:

1. Identidade do destinatario (nome e apelidos, nome da institución ou empresa, etc.).
2. Tipo (rúa, avenida, praza) e nome da vía, número e, andar, escaleira, etc.; ou ben nome da aldea, número, e parroquia.<br<
3. Código postal, localidade, concello.
4. Provincia.

Non é sempre necesario incluír todos estes datos, mais manterase a orde básica mencionada:

↑ Voltar ↑

Enderezos e correos electrónicos

Os enderezos electrónicos (ou URL[1]) poden conter un ou máis puntos, dous puntos e barras laterais e os correos electrónicos[2] un ou máis puntos e unha arroba; conforman unha unidade que é preferible non partir no fin da liña, tampouco deben conter espazos en branco. Exemplos:

http://www.xunta.es
xunta@xunta.es

Nos URL é preferible especificar o tipo de protocolo (http, https, ftp, sftp etc.):

(…) páxina web desta consellería (https://www.edu.xunta.es/substitutoslistas/) (…)
↑ Voltar ↑

Teléfono e fax

Normalmente os números de fax e de teléfono, fixos ou móbiles, están compostos por nove cifras; para facilitar a súa lectura e comprensión recoméndase que se agrupen as tres primeiras cifras e se separen das restantes seis con espazo, e que, á súa vez, estas seis se agrupen de dúas en dúas separadas por outro espazo:

981 99 99 99
606 99 99 99

Caso for preciso indicar a existencia de máis de unha liña, deben separarse con unha barra lateral / e sen espazo entre ambos os números:

981 99 99 99/881 99 99 99

As extensións móstranse entre parénteses após o número de teléfono:

Teléfono: 981 99 99 99 (extensións 9999, 9999).

Os prefixos internacionais indícanse antes do número de teléfono antecedidos do signo + e separados do número de teléfono por un espazo:

+34 981 99 99 99
↑ Voltar ↑

Referencias

1. URL é o acrónimo de Uniform Resource Locator, localizador uniforme de recursos; utilízase para localizar recursos na internet.
2. Tanto en galego como en castelán é frecuente utilizar os anglicismos email e e-mail; o seu uso non se recomenda excepto cando for preciso por razóns de espazo. A forma recomendada para ambos os idiomas é correo electrónico.
↑ Voltar ↑
Ferramentas persoais
Xunta de Galicia