Enderezos e teléfonos
De Manual de Estilo DOG
(→Enderezos) |
(→Enderezos) |
||
Liña 65: | Liña 65: | ||
A Coruña) | A Coruña) | ||
|- | |- | ||
- | | style="border-style: solid; border-width: 0 1px 1px 0; border-color: #ccccff" width="50%" align="justify" | O interesado poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Infraestruturas, sitas na <font color="maroon">rolda</font> da Muralla, 70- | + | | style="border-style: solid; border-width: 0 1px 1px 0; border-color: #ccccff" width="50%" align="justify" | O interesado poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Infraestruturas, sitas na <font color="maroon">rolda</font> da Muralla, 70-1º, baixo, en Lugo |
|- | |- | ||
| style="border-style: solid; border-width: 0 1px 1px 0; border-color: #ccccff" width="50%" align="justify" | O envío debe ser realizado ao seguinte enderezo:<br> | | style="border-style: solid; border-width: 0 1px 1px 0; border-color: #ccccff" width="50%" align="justify" | O envío debe ser realizado ao seguinte enderezo:<br> | ||
Liña 108: | Liña 108: | ||
|- | |- | ||
| style="border-style: solid; border-width: 0 1px 1px 0; border-color: #ccccff" valign="top" align="justify" | | | style="border-style: solid; border-width: 0 1px 1px 0; border-color: #ccccff" valign="top" align="justify" | | ||
- | ::portais 2 e 3, | + | ::portais 2 e 3, 2º andar |
| style="border-style: solid; border-width: 0 0 1px 0; border-color: #ccccff" valign="top" align="justify" | | | style="border-style: solid; border-width: 0 0 1px 0; border-color: #ccccff" valign="top" align="justify" | | ||
::portales 2 y 3, 2.º piso | ::portales 2 y 3, 2.º piso | ||
Liña 125: | Liña 125: | ||
::Ministerio de Justicia, Subdirección General de Medios Personales al Servicio de la Administración de Justicia, Sección Concursos, c/San Bernardo, 21, 28015 Madrid. | ::Ministerio de Justicia, Subdirección General de Medios Personales al Servicio de la Administración de Justicia, Sección Concursos, c/San Bernardo, 21, 28015 Madrid. | ||
|- | |- | ||
- | | style="border-style: solid; border-width: 0 1px 1px 0; border-color: #ccccff" width="50%" align="justify" | en Carrer Felipe de Paz, 14, | + | | style="border-style: solid; border-width: 0 1px 1px 0; border-color: #ccccff" width="50%" align="justify" | en Carrer Felipe de Paz, 14, 4º, Barcelona, 08028 Barcelona |
|- | |- | ||
- | | style="border-style: solid; border-width: 0 1px 1px 0; border-color: #ccccff" width="50%" align="justify" | en Calle del Coronel Aranda, 7- | + | | style="border-style: solid; border-width: 0 1px 1px 0; border-color: #ccccff" width="50%" align="justify" | en Calle del Coronel Aranda, 7-2º, puerta 13, 33006 Oviedo |
|} | |} | ||
Revisión como estaba o 6 de xuño de 2012 ás 08:23
Páxinas principais |
Índice |
Enderezos
A estrutura básica dos enderezos consta das seguintes liñas de datos:
- 1. Identidade do destinatario (nome e apelidos, nome da institución ou empresa, etc.).
- 2. Tipo (rúa, avenida, praza) e nome da vía, número e, andar, escaleira, etc.; ou ben nome da aldea, número, e parroquia.
- 3. Código postal, localidade, concello.
- 4. Provincia.
Non é sempre necesario incluír todos estes datos, mais manterase a orde básica mencionada:
|
|
|
|
|
Cando os enderezos aparecen no medio dun texto escribiranse mantendo a mesma secuencia dos exemplos anteriores, pero sen separalos en liñas diferentes e delimitando cada grupo de datos por coma, excepto o código postal e a localidade, que se separan entre si por un espazo.
Lugar de presentación da comunicación: Concello de Cuntis, praza da Constitución, 36670 Cuntis, Pontevedra |
Enderezo: Vilanova, Moreira, 36863 Ponteareas, Pontevedra |
Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición exerceranse ante o Cixtec (rúa Domingo Fontán, 9, 15702 Santiago de Compostela) |
O tipo de vía, dado que é un nome xenérico común, irá sen abreviar e en minúscula, a non ser que comece liña ou vaia despois de punto, casos en que se escribirá con maiúscula, conforme as normas ortográficas xerais:
[...] con domicilio para efectos de notificación na avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña |
A documentación pódese consultar na Secretaría Xeral da Emigración (rúa dos Basquiños, 2, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña) |
O interesado poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Infraestruturas, sitas na rolda da Muralla, 70-1º, baixo, en Lugo |
O envío debe ser realizado ao seguinte enderezo:
|
Canto á lingua dos enderezos, se se tratar dun enderezo de Galicia, expresarase en galego cando a lingua do documento sexa esta e en castelán cando sexa o castelán, no que se refire aos xenéricos. Os nomes específicos irán na forma que conste como oficial nese concello.
Galego | Castelán |
---|---|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Cando se trate de localidades de fóra de Galicia, o enderezo irá na lingua oficial, ou nunha das linguas oficiais, da localidade de destino; neste caso o nome xenérico da vía pode ir en abreviatura e, se se escribe por extenso, irá en maiúscula:
Utilizarase o modelo que se xunta nesta convocatorio dirixido ao seguinte enderezo:
|
en Carrer Felipe de Paz, 14, 4º, Barcelona, 08028 Barcelona |
en Calle del Coronel Aranda, 7-2º, puerta 13, 33006 Oviedo |
Enderezos e correos electrónicos
Os enderezos electrónicos (ou URL[1]) poden conter un ou máis puntos, dous puntos e barras laterais e os correos electrónicos[2] un ou máis puntos e unha arroba; conforman unha unidade que é preferible non partir no fin da liña, tampouco deben conter espazos en branco. Exemplos:
- http://www.xunta.es
- xunta@xunta.es
Nos URL é preferible especificar o tipo de protocolo (http, https, ftp, sftp etc.):
- (…) páxina web desta consellería (https://www.edu.xunta.es/substitutoslistas/) (…)
Teléfono e fax
Normalmente os números de fax e de teléfono, fixos ou móbiles, están compostos por nove cifras; para facilitar a súa lectura e comprensión recoméndase que se agrupen as tres primeiras cifras e se separen das restantes seis con espazo, e que, á súa vez, estas seis se agrupen de dúas en dúas separadas por outro espazo:
- 981 99 99 99
- 606 99 99 99
Caso for preciso indicar a existencia de máis de unha liña, deben separarse con unha barra lateral / e sen espazo entre ambos os números:
- 981 99 99 99/881 99 99 99
As extensións móstranse entre parénteses após o número de teléfono:
- Teléfono: 981 99 99 99 (extensións 9999, 9999).
Os prefixos internacionais indícanse antes do número de teléfono antecedidos do signo + e separados do número de teléfono por un espazo:
- +34 981 99 99 99
Referencias
- ↑ URL é o acrónimo de Uniform Resource Locator, localizador uniforme de recursos; utilízase para localizar recursos na internet.
- ↑ Tanto en galego como en castelán é frecuente utilizar os anglicismos email e e-mail; o seu uso non se recomenda excepto cando for preciso por razóns de espazo. A forma recomendada para ambos os idiomas é correo electrónico.