|
|
(Non se mostran 20 revisións do historial.) |
Liña 1: |
Liña 1: |
- | {{Modelo:Cabeceira}}
| |
- | __FORCETOC__
| |
- | == O xenero dalgunhas palabras ==
| |
| | | |
- | En galego, algunhas palabras presentan confusión con respecto ao xénero, debido, na maior parte dos casos, ás interferencias co castelán.
| |
- |
| |
- | Para unha consulta dos casos en que hai discrepancias, incluímos unha listaxe ao final deste capítulo.
| |
- |
| |
- | Recordamos algunhas regras básicas e reparamos nos casos que poden dar lugar a confusión:
| |
- |
| |
- | * Como regra xeral, os substantivos rematados en ''-o'' son masculinos (''o cadro, o diñeiro, o lixo, o tellado, o testemuño''...) e os substantivos rematados en ''–a'' son femininos (''a cabeza, a casa, a encarga, a estrada, a estrea, a tea, a testemuña''...).
| |
- |
| |
- | Agora ben, hai excepcións á regra anterior. Así, hai palabras rematadas en ''–o'' que son de xénero feminino: ''a dínamo, a foto, a libido, a tribo''...; e palabras rematadas en ''–a'' que son de xénero masculino: ''o albará, o diadema, o tramua''...
| |
- |
| |
- | * Moitos substantivos e adxectivos rematados en ''–e'' referidos a seres sexuados serven para referirse tanto a masculino como a feminino: ''ausente, axente, cantante, importante, intérprete, representante''...
| |
- |
| |
- | Máis adiante, cando falemos da flexión de xénero, veremos que algúns substantivos e adxectivos deste grupo terminan en ''–a'' no feminino: ''presidenta, xefa''...
| |
- |
| |
- | * Os substantivos rematados en ''–e'' referidos a seres ou conceptos non sexuados poden ser de xénero masculino ou feminino: ''o acne, o berce, o dote, a agravante, a árbore, a fraude''...
| |
- |
| |
- | * O mesmo sucede con substantivos non sexuados terminados en consoante: ''o labor, o mel, o sal, a calor, a cor''...
| |
- |
| |
- | * Hai substantivos que teñen dobre xénero, masculino e feminino. Nalgúns casos, a variación de xénero dá lugar a acepcións distintas:
| |
- |
| |
- | :''o cal'' (=óxido de calcio) / ''a cal'' (= rego, canle)<br>
| |
- | :''o terminal'' (dun ordenador, por ex.) / ''a terminal'' (dun aeroporto, por ex.)
| |
- |
| |
- | Noutros, a variación de xénero non comporta diferenzas de acepcións: o fin / a fin. Con todo, esta palabra adoita utilizarse en masculino cando equivale a finalidade (O fin da reunión é chegar a un acordo) e en feminino cando equivale a remate ou termo (A fin de semana vai ser chuviosa).
| |
- | − Hai palabras dun só xénero que poden ter correspondencia en castelán con palabras de dobre xénero, ás veces con distintas acepcións. Así
| |
- | galego castelán
| |
- | a(s) arte(s) el arte / la(s) arte(s)
| |
- | a calor el calor / la calor
| |
- | a fronte el frente / la frente
| |
- | a marxe el margen / la margen
| |
- | a orde la / el orden
| |
- | a reuma el reuma / la reuma
| |
- | o linde el linde / la linde
| |
- | o mar el mar / la mar
| |
- | − As palabras que finalizan en –axe, -ixe ou –uxe teñen, por regra xeral, xénero feminino: a aliaxe, a blindaxe, a drenaxe, a listaxe, a porcentaxe, a reciclaxe, a vertixe, a ferruxe...
| |
- | Excepcións: o garaxe, o traxe, o paxe.
| |
- | A palabra personaxe ten dobre xénero, de xeito que diremos que Manuel é un personaxe importante, mentres que Manuela é unha personaxe importante.
| |
- | − As palabras rematadas en -me son normalmente masculinas: o billame (cast. grifería), o costume, o cume, o friame, o legume, o ligame, o lume, o pesadume, o raizame...
| |
- | Hai dúas excepcións importantes: a servidume e a síndrome (por iso, dicimos e escribimos a sida, redución de a síndrome de inmunodeficiencia adquirida).
| |
- | − As voces cultas con orixe nos nomes gregos en –sis adoptan a terminación en –se e son todas de xénero feminino: a análise, a antítese, a crise, a a diagnose, a dose, a énfase, a esclerose, a paréntese, a tese...
| |
- | − As voces cultas con orixe nos nomes gregos en –itis e –tis adoptan a terminación en -ite e –te, e son todas de xénero feminino: a amigdalite, a apendicite, a artrite, a bronquite, a cute, a glote, a hepatite...
| |
- | NOTA: Non pertence a este grupo a palabra gratis.
| |
- | − As voces cultas con orixe nos nomes gregos en –is adoptan a terminación en –e e son todas de xénero feminino: a acrópole, a epiderme, a metrópole, a necrópole...
| |
- | − Son masculinos os nomes das letras: o a, o e, o efe, o gue, o eme...
| |
- | − Cos substantivos femininos que comezan por a- tónico, os determinantes que debemos empregar son tamén femininos, a diferenza do castelán: a acta, a arte, a auga, a aula, a ave...
| |