|
|
(Non se mostran 16 revisións do historial.) |
Liña 1: |
Liña 1: |
- | {{Modelo:Cabeceira}}
| |
- | __FORCETOC__
| |
- | == O xenero dalgunhas palabras ==
| |
| | | |
- | En galego, algunhas palabras presentan confusión con respecto ao xénero, debido, na maior parte dos casos, ás interferencias co castelán.
| |
- |
| |
- | Para unha consulta dos casos en que hai discrepancias, incluímos unha listaxe ao final deste capítulo.
| |
- |
| |
- | Recordamos algunhas regras básicas e reparamos nos casos que poden dar lugar a confusión:
| |
- |
| |
- | :* Como regra xeral, os substantivos rematados en ''-o'' son masculinos (''o cadro, o diñeiro, o lixo, o tellado, o testemuño''...) e os substantivos rematados en ''–a'' son femininos (''a cabeza, a casa, a encarga, a estrada, a estrea, a tea, a testemuña''...).
| |
- |
| |
- | ::Agora ben, hai excepcións á regra anterior. Así, hai palabras rematadas en ''–o'' que son de xénero feminino: ''a dínamo, a foto, a libido, a tribo''...; e palabras rematadas en ''–a'' que son de xénero masculino: ''o albará, o diadema, o tramua''...
| |
- |
| |
- | :* Moitos substantivos e adxectivos rematados en ''–e'' referidos a seres sexuados serven para referirse tanto a masculino como a feminino: ''ausente, axente, cantante, importante, intérprete, representante''...
| |
- |
| |
- | ::Máis adiante, cando falemos da flexión de xénero, veremos que algúns substantivos e adxectivos deste grupo terminan en ''–a'' no feminino: ''presidenta, xefa''...
| |
- |
| |
- | :* Os substantivos rematados en ''–e'' referidos a seres ou conceptos non sexuados poden ser de xénero masculino ou feminino: ''o acne, o berce, o dote, a agravante, a árbore, a fraude''...
| |
- |
| |
- | :* O mesmo sucede con substantivos non sexuados terminados en consoante: ''o labor, o mel, o sal, a calor, a cor''...
| |
- |
| |
- | :* Hai substantivos que teñen dobre xénero, masculino e feminino. Nalgúns casos, a variación de xénero dá lugar a acepcións distintas:
| |
- |
| |
- | :::''o cal'' (=óxido de calcio) / ''a cal'' (= rego, canle)<br>
| |
- | :::''o terminal'' (dun ordenador, por ex.) / ''a terminal'' (dun aeroporto, por ex.)
| |
- |
| |
- | ::Noutros, a variación de xénero non comporta diferenzas de acepcións: ''o fin / a fin''. Con todo, esta palabra adoita utilizarse en masculino cando equivale a ''finalidade'' (''O fin da reunión é chegar a un acordo'') e en feminino cando equivale a ''remate'' ou ''termo'' (''A fin de semana vai ser chuviosa'').
| |
- |
| |
- | :* Hai palabras dun só xénero que poden ter correspondencia en castelán con palabras de dobre xénero, ás veces con distintas acepcións. Así
| |
- |
| |
- | {| style="width:400px; border-collapse: separate; border-spacing: 0; border-width: 1px; border-style: solid; border-color: #ccccff; padding: 10;" cellpadding="10" align="center"
| |
- | |-
| |
- | ! style="border-style: solid; border-width: 0 1px 1px 0; border-color: #ccccff; background:#ccccff" width="50%"| Galego
| |
- | ! style="border-style: solid; border-width: 0 0 1px 0; border-color: #ccccff; background:#ccccff" width="50%"| Castelán
| |
- | |-
| |
- | | align="center" |''a(s) arte(s)''
| |
- | | align="center" |''el arte / la(s) arte(s)''
| |
- | |-
| |
- | | align="center" |''a calor''
| |
- | | align="center" |''el calor / la calor''
| |
- | |-
| |
- | | align="center" |''a fronte''
| |
- | | align="center" |''el frente / la frente''
| |
- | |-
| |
- | | align="center" |''a marxe''
| |
- | | align="center" |''el margen / la margen''
| |
- | |-
| |
- | | align="center" |''a orde''
| |
- | | align="center" |''la / el orden''
| |
- | |-
| |
- | | align="center" |''a reuma''
| |
- | | align="center" |''el reuma / la reuma''
| |
- | |-
| |
- | | align="center" |''o linde''
| |
- | | align="center" |''el linde / la linde''
| |
- | |-
| |
- | | align="center" |''o mar''
| |
- | | align="center" |''el mar / la mar''
| |
- | |}
| |
- |
| |
- | :* As palabras que finalizan en ''–axe'', ''-ixe'' ou ''–uxe'' teñen, por regra xeral, xénero feminino: ''a aliaxe, a blindaxe, a drenaxe, a listaxe, a porcentaxe, a reciclaxe, a vertixe, a ferruxe''...
| |
- |
| |
- | ::Excepcións: ''o garaxe, o traxe, o paxe''.
| |
- |
| |
- | ::A palabra ''personaxe'' ten dobre xénero, de xeito que diremos que ''Manuel é un personaxe importante'', mentres que'' Manuela é unha personaxe importante''.
| |
- |
| |
- | :* As palabras rematadas en ''-me'' son normalmente masculinas: ''o billame'' (cast. grifería), ''o costume, o cume, o friame, o legume, o ligame, o lume, o pesadume, o raizame''...
| |
- |
| |
- | ::Hai dúas excepcións importantes: ''a servidume'' e ''a síndrome'' (por iso, dicimos e escribimos ''a sida'', redución de ''a síndrome de inmunodeficiencia adquirida'').
| |
- |
| |
- | :* As voces cultas con orixe nos nomes gregos en ''–sis'' adoptan a terminación en ''–se'' e son todas de xénero feminino: ''a análise, a antítese, a crise, a a diagnose, a dose, a énfase, a esclerose, a paréntese, a tese''...
| |
- |
| |
- | :* As voces cultas con orixe nos nomes gregos en ''–itis'' e ''–tis'' adoptan a terminación en ''-ite'' e ''–te'', e son todas de xénero feminino: ''a amigdalite, a apendicite, a artrite, a bronquite, a cute, a glote, a hepatite''...
| |
- |
| |
- | ::NOTA: Non pertence a este grupo a palabra ''gratis''.
| |
- |
| |
- | :* As voces cultas con orixe nos nomes gregos en ''–is'' adoptan a terminación en ''–e'' e son todas de xénero feminino: ''a acrópole, a epiderme, a metrópole, a necrópole''...
| |
- |
| |
- | :* Son masculinos os nomes das letras: o ''a, o e, o efe, o gue, o eme''...
| |
- |
| |
- | :* Cos substantivos femininos que comezan por ''a-'' tónico, os determinantes que debemos empregar son tamén femininos, a diferenza do castelán: ''<font color="maroon">a</font> acta, <font color="maroon">a</font> arte, <font color="maroon">a</font> auga, <font color="maroon">a</font> aula, <font color="maroon">a</font> ave''...
| |