Outros signos ortográficos
De Manual de Estilo DOG
(→Apóstrofo (')) |
(→Apóstrofo (')) |

Liña 94: | Liña 94: | ||
:America’s Cup | :America’s Cup | ||
- | OBSERVACIÓNS: | + | OBSERVACIÓNS: |

- | Un erro tipográfico frecuente é a confusión entre o apóstrofo (‘) e o índice (´). A figura destes dous signos é semellante, pero a do índice ten forma de acento (no teclado prémese sobre a tecla de acento) mentres que o apóstrofo ten forma de coma (tecla do interrogante final). Véxanse as funcións do índice na epígrafe seguinte.
| + | Un erro tipográfico frecuente é a confusión entre o apóstrofo (‘) e o índice (´). A figura destes dous signos é semellante, pero a do índice ten forma de acento (no teclado prémese sobre a tecla de acento) mentres que o apóstrofo ten forma de coma (tecla do interrogante final). Véxanse as funcións do [[Índice (´)|índice]] na epígrafe seguinte.

É incorrecto utilizar o apóstrofo na denominación dun evento diante da data. Xeralmente, expresarase o ano cos catro díxitos: | É incorrecto utilizar o apóstrofo na denominación dun evento diante da data. Xeralmente, expresarase o ano cos catro díxitos: | ||
Liña 117: | Liña 117: | ||

[[#bodyContent|↑ Voltar ↑]]
<noinclude> |
[[#bodyContent|↑ Voltar ↑]]
<noinclude> | ||

+ | == Índice (´) == | ||

+ | O índice utilízase á dereita doutro signo nos seguintes casos: | ||

+ | :• No campo da xeometría, na expresión dos graos dun ángulo, como signo de minutos (´) e segundos (´´): 6° 4´ 30´´ (6 graos, 4 minutos, 30 segundos). | ||

+ | :• En xeografía e astronomía indica tamén minutos (´) e segundos (´´): 12´23´´. O exemplo máis habitual disto encontrámolo nas coordenadas xeográficas: 42° 4´ 49.61´´ N. | ||

+ | :• No campo das matemáticas utilízase á dereita dunha letra que ten varias formas análogas pero con distinto valor: a´(a prima); a´´ (a segunda), a´´´ (a terceira). | ||

+ | OBSERVACIÓNS: | ||

+ | O índice, igual ca outros símbolos utilizados en contextos semellantes, non se separa da cifra ou letra a que acompaña. | ||

+ | Un erro tipográfico frecuente é a confusión entre o apóstrofo (‘) e o índice (´). A figura destes dous signos é semellante, pero a do índice ten forma de acento (no teclado prémese sobre a tecla de acento) mentres que o apóstrofo ten forma de coma (tecla do interrogante final). |
Revisión como estaba o 13 de decembro de 2012 ás 11:41
Páxinas principais |
Índice |
Diérese (¨)
A diérese represéntase con dous puntos horizontais que se colocan, en galego, sobre as vogais u e i.
Coa letra u
Úsase coa letra u para indicar que esta vogal se pronuncia nas sílabas güe e güi: ambigüidade, antigüidade, argüír, bilingüe, bilingüismo, contigüidade, lingüística, piragüismo.
Coa letra i
Úsase coa letra i na primeira e segunda persoas de plural do pretérito imperfecto de indicativo dos verbos regulares rematados en -aer, -oer, -aír e -oír. Estas formas opóñense ás de presente de subxuntivo:
Verbo en infinitivo | Pretérito imperfecto indicativo | Presente de subxuntivo |

caer | caïamos (ca-ï-a-mos) | caiamos (ca-ia-mos) |
doer | doïades (do-ï-a-mos) | doiades (do-ia-mos) |
saír | saïamos (sa-ï-a-mos) | saiamos (sa-ia-mos) |
oír | oïades (o-ï-a-mos) | oiades (o-ia-mos) |
Nos dous tempos verbais hai unha secuencia de tres vogais, das cales a vogal a final ten a intensidade tónica. A diferenza radica na separación silábica: no pretérito imperfecto de indicativo cada vogal forma unha sílaba mentres que no presente de subxuntivo a vogal a forma sílaba coa vogal i anterior. Temos que utilizar a diérese −non podemos usar o acento gráfico− para sinalar o hiato porque o -i- é, en ambos os casos, átono.
A diérese tamén se emprega, por extensión, nos verbos rematados en -uír, aínda que neste caso non se escriban igual as formas de pretérito imperfecto de indicativo e as de presente de subxuntivo:
Verbo en infinitivo | Pretérito imperfecto indicativo | Presente de subxuntivo |

posuír | posuïamos (po-su-ï-a-mos) | posuamos (po-su-a-mos) |
distribuír | distribuïamos (dis-tri-bu-ï-a-mos) | distribuamos (dis-tri-bu-a-mos) |
constituír | constituïades (cons-ti-tu-ï-a-des) | constituades (cons-ti-tu-a-des) |
A diérese en palabras estranxeiras
A diérese aparece nalgúns estranxeirismos, como, por exemplo, no francés sobre a vogal e: Citroën.
Apóstrofo (')
En galego moderno non se utiliza habitualmente o apóstrofo. Con todo, pódese usar na citación de títulos de libros ou cabeceiras de publicacións cando o artigo inicial se integra coas preposicións de ou en:
- O argumento d’A Esmorga
- Iso está n’Os Eoas
- Publicouse n’A Trabe de Ouro...
Este signo tamén o encontramos en nomes propios procedentes doutras linguas:
- Caixa d’Estalvis i Pensións de Barcelona
- L’Hospitalet de Llobregat
- America’s Cup
OBSERVACIÓNS:
Un erro tipográfico frecuente é a confusión entre o apóstrofo (‘) e o índice (´). A figura destes dous signos é semellante, pero a do índice ten forma de acento (no teclado prémese sobre a tecla de acento) mentres que o apóstrofo ten forma de coma (tecla do interrogante final). Véxanse as funcións do índice na epígrafe seguinte.
É incorrecto utilizar o apóstrofo na denominación dun evento diante da data. Xeralmente, expresarase o ano cos catro díxitos:
Incorrecto | Correcto |

Acción dVerán'12 | Acción de Verán 2012 |
Orzamentos '13 | Orzamentos 2013 |
Xacobeo '10 | Xacobeo 2010 |
Índice (´)
O índice utilízase á dereita doutro signo nos seguintes casos:
- • No campo da xeometría, na expresión dos graos dun ángulo, como signo de minutos (´) e segundos (´´): 6° 4´ 30´´ (6 graos, 4 minutos, 30 segundos).
- • En xeografía e astronomía indica tamén minutos (´) e segundos (´´): 12´23´´. O exemplo máis habitual disto encontrámolo nas coordenadas xeográficas: 42° 4´ 49.61´´ N.
- • No campo das matemáticas utilízase á dereita dunha letra que ten varias formas análogas pero con distinto valor: a´(a prima); a´´ (a segunda), a´´´ (a terceira).
OBSERVACIÓNS:
O índice, igual ca outros símbolos utilizados en contextos semellantes, non se separa da cifra ou letra a que acompaña.
Un erro tipográfico frecuente é a confusión entre o apóstrofo (‘) e o índice (´). A figura destes dous signos é semellante, pero a do índice ten forma de acento (no teclado prémese sobre a tecla de acento) mentres que o apóstrofo ten forma de coma (tecla do interrogante final).