Outros signos ortográficos
De Manual de Estilo DOG
(→Apóstrofo (')) |

Liña 133: | Liña 133: | ||
Un erro tipográfico frecuente é a confusión entre o apóstrofo (‘) e o índice (´). A figura destes dous signos é semellante, pero a do índice ten forma de acento (no teclado prémese sobre a tecla de acento) mentres que o apóstrofo ten forma de coma (tecla do interrogante final). | Un erro tipográfico frecuente é a confusión entre o apóstrofo (‘) e o índice (´). A figura destes dous signos é semellante, pero a do índice ten forma de acento (no teclado prémese sobre a tecla de acento) mentres que o apóstrofo ten forma de coma (tecla do interrogante final). | ||

[[#bodyContent|↑ Voltar ↑]]
<noinclude> | ||

+ | == Comiñas == | ||

+ | Utilízanse, con carácter xeral, para delimitar un fragmento dun texto respecto do texto xeral. Tal fragmento pode consistir nunha única palabra ou nun sintagma. | ||

+ | Dada a súa función diacrítica, o seu emprego alterna con recursos tipográficos como a cursiva ou colocar o texto que se cita nun parágrafo á parte e cun tipo de letra máis pequeno que o do texto xeral. | ||

[[#bodyContent|↑ Voltar ↑]]
<noinclude> | ||

+ | === Formato === | ||

+ | Hai diferentes tipos de comiñas: | ||

+ | :• As latinas ou angulares (« »). | ||

+ | :• As altas ou inglesas (“ ”). | ||

+ | :• As simples (‘ ’). | ||

+ | As '''latinas''' ou '''angulares''' son as que se empregan habitualmente. As '''altas''' ou '''inglesas''' úsanse no caso de ter que utilizalas dentro dunha frase que xa está entre comiñas latinas. E se temos que usar por terceira vez comiñas, usaremos as '''simples''', coma no seguinte exemplo: | ||

+ | :Na acta da reunión recóllese o seguinte: «Interveu o presidente e dixo: “Para axilizar a votación, cando eu diga ‘Votos a favor’ os que vaian votar en contra permanecerán sentados e sen facer ruído”». | ||

+ | Malia ser moi pouco probable, aínda se podería baixar un nivel máis utilizando as comiñas angulares simples (‹›). | ||

+ | As comiñas son un signo dobre e, polo tanto, sempre se deben pechar unha vez abertas. É frecuente encontrar documentos con descoidos na apertura ou peche das comiñas. Estes descoidos impiden delimitar con claridade o inicio e o final das palabras ou expresións citadas. Se ademais hai outras comiñas internas dificúltase moito a lectura. | ||

[[#bodyContent|↑ Voltar ↑]]
<noinclude> | ||

+ | === Combinación con outros signos ortográficos === | ||

+ | Os signos de puntuación (punto, coma, punto e coma e dous puntos) escribiranse sempre tras as comiñas de peche, con independencia de que o texto que vaia entre comiñas comprenda todo ou unha parte da frase. | ||

+ | {| style="border-collapse: separate; border-spacing: 0; border-width: 1px; border-style: solid; border-color: #ccccff; padding: 10;" cellpadding="10" align="center" | ||

+ | ! style="border-style: solid; border-width: 0 1px 1px 0; border-color: #ccccff; background:#ccccff" width="350px"| Correcto | ||
+ | ! style="border-style: solid; border-width: 0 0 1px 0; border-color: #ccccff; background:#ccccff" width="350px"| Incorrecto | ||

+ | | style="border-style: solid; border-width: 0 1px 1px 0; border-color: #ccccff" valign="top" align="left" | A sentenza establece: «Esta resolución é firme e contra ela non cabe ningún recurso». | ||
+ | | style="border-style: solid; border-width: 0 0 1px 0; border-color: #ccccff" valign="top" align="left" | A sentenza establece: «Esta resolución é firme e contra ela non cabe ningún recurso.»

+ | A sentenza establece: «Esta resolución é firme e contra ela non cabe ningún recurso.». | ||

+ | | style="border-style: solid; border-width: 0 1px 1px 0; border-color: #ccccff" valign="top" align="left" | De conformidade co disposto na sentenza, «non cabe ningún recurso», polo que debemos anular a convocatoria. | ||
+ | | style="border-style: solid; border-width: 0 0 1px 0; border-color: #ccccff" valign="top" align="left" | De conformidade co disposto na sentenza, «non cabe ningún recurso.», polo que debemos anular a convocatoria. | ||

+ | | style="border-style: solid; border-width: 0 1px 1px 0; border-color: #ccccff" valign="top" align="left" | «Esta resolución é firme e contra ela non cabe ningún recurso». Ante esta sentenza só cabe anular a convocatoria. | ||
+ | | style="border-style: solid; border-width: 0 0 1px 0; border-color: #ccccff" valign="top" align="left" | «Esta resolución é firme e contra ela non cabe ningún recurso.» Ante esta sentenza só cabe anular a convocatoria.

+ | «Esta resolución é firme e contra ela non cabe ningún recurso.». Ante esta sentenza só cabe anular a convocatoria. | ||

[[#bodyContent|↑ Voltar ↑]]
<noinclude> | ||

+ | ==== Excepcións ==== | ||

+ | Nos documentos de corrección de erros publicados no Diario Oficial de Galicia pode darse o caso dunha dobre puntuación cando a reprodución exacta do texto que se corrixe inclúe signos de puntuación. | ||

+ | :Onde di: «En ningún caso se admitirán expedientes non enviados en tempo e forma.», debe dicir: «Só en casos excepcionais se admitirán expedientes non enviados en tempo e forma.». | ||

+ | :Onde di: «Quedarán exceptuados do disposto no punto anterior:», debe dicir: «Quedarán exceptuados do disposto nos puntos anteriores:». | ||

+ | :Onde di: «..na súa reunión do trinta e un de outubro de dous mil doce,», debe dicir: «..na súa reunión do trinta de outubro de dous mil doce,». | ||

+ | O mesmo sucede nos actos modificadores. | ||

+ | :A alínea c) do número 1 do artigo 24 queda redactada do seguinte xeito: | ||

+ | :«c) Os expedientes correspondentes á farmacia hospitalaria e receitas médicas.». | ||

[[#bodyContent|↑ Voltar ↑]]
<noinclude> |
Revisión como estaba o 13 de decembro de 2012 ás 12:18
Páxinas principais |
Índice |
Diérese (¨)
A diérese represéntase con dous puntos horizontais que se colocan, en galego, sobre as vogais u e i.
Coa letra u
Úsase coa letra u para indicar que esta vogal se pronuncia nas sílabas güe e güi: ambigüidade, antigüidade, argüír, bilingüe, bilingüismo, contigüidade, lingüística, piragüismo.
Coa letra i
Úsase coa letra i na primeira e segunda persoas de plural do pretérito imperfecto de indicativo dos verbos regulares rematados en -aer, -oer, -aír e -oír. Estas formas opóñense ás de presente de subxuntivo:
Verbo en infinitivo | Pretérito imperfecto indicativo | Presente de subxuntivo |

caer | caïamos (ca-ï-a-mos) | caiamos (ca-ia-mos) |
doer | doïades (do-ï-a-mos) | doiades (do-ia-mos) |
saír | saïamos (sa-ï-a-mos) | saiamos (sa-ia-mos) |
oír | oïades (o-ï-a-mos) | oiades (o-ia-mos) |
Nos dous tempos verbais hai unha secuencia de tres vogais, das cales a vogal a final ten a intensidade tónica. A diferenza radica na separación silábica: no pretérito imperfecto de indicativo cada vogal forma unha sílaba mentres que no presente de subxuntivo a vogal a forma sílaba coa vogal i anterior. Temos que utilizar a diérese −non podemos usar o acento gráfico− para sinalar o hiato porque o -i- é, en ambos os casos, átono.
A diérese tamén se emprega, por extensión, nos verbos rematados en -uír, aínda que neste caso non se escriban igual as formas de pretérito imperfecto de indicativo e as de presente de subxuntivo:
Verbo en infinitivo | Pretérito imperfecto indicativo | Presente de subxuntivo |

posuír | posuïamos (po-su-ï-a-mos) | posuamos (po-su-a-mos) |
distribuír | distribuïamos (dis-tri-bu-ï-a-mos) | distribuamos (dis-tri-bu-a-mos) |
constituír | constituïades (cons-ti-tu-ï-a-des) | constituades (cons-ti-tu-a-des) |
A diérese en palabras estranxeiras
A diérese aparece nalgúns estranxeirismos, como, por exemplo, no francés sobre a vogal e: Citroën.
Apóstrofo (')
En galego moderno non se utiliza habitualmente o apóstrofo. Con todo, pódese usar na citación de títulos de libros ou cabeceiras de publicacións cando o artigo inicial se integra coas preposicións de ou en:
- O argumento d’A Esmorga
- Iso está n’Os Eoas
- Publicouse n’A Trabe de Ouro...
Este signo tamén o encontramos en nomes propios procedentes doutras linguas:
- Caixa d’Estalvis i Pensións de Barcelona
- L’Hospitalet de Llobregat
- America’s Cup
OBSERVACIÓNS:
Un erro tipográfico frecuente é a confusión entre o apóstrofo (‘) e o índice (´). A figura destes dous signos é semellante, pero a do índice ten forma de acento (no teclado prémese sobre a tecla de acento) mentres que o apóstrofo ten forma de coma (tecla do interrogante final). Véxanse as funcións do índice na epígrafe seguinte.
É incorrecto utilizar o apóstrofo na denominación dun evento diante da data. Xeralmente, expresarase o ano cos catro díxitos:
Incorrecto | Correcto |

Acción dVerán'12 | Acción de Verán 2012 |
Orzamentos '13 | Orzamentos 2013 |
Xacobeo '10 | Xacobeo 2010 |
Índice (´)
O índice utilízase á dereita doutro signo nos seguintes casos:
- • No campo da xeometría, na expresión dos graos dun ángulo, como signo de minutos (´) e segundos (´´): 6° 4´ 30´´ (6 graos, 4 minutos, 30 segundos).
- • En xeografía e astronomía indica tamén minutos (´) e segundos (´´): 12´23´´. O exemplo máis habitual disto encontrámolo nas coordenadas xeográficas: 42° 4´ 49.61´´ N.
- • No campo das matemáticas utilízase á dereita dunha letra que ten varias formas análogas pero con distinto valor: a´(a prima); a´´ (a segunda), a´´´ (a terceira).
OBSERVACIÓNS:
O índice, igual ca outros símbolos utilizados en contextos semellantes, non se separa da cifra ou letra a que acompaña.
Un erro tipográfico frecuente é a confusión entre o apóstrofo (‘) e o índice (´). A figura destes dous signos é semellante, pero a do índice ten forma de acento (no teclado prémese sobre a tecla de acento) mentres que o apóstrofo ten forma de coma (tecla do interrogante final).
Comiñas
Utilízanse, con carácter xeral, para delimitar un fragmento dun texto respecto do texto xeral. Tal fragmento pode consistir nunha única palabra ou nun sintagma.
Dada a súa función diacrítica, o seu emprego alterna con recursos tipográficos como a cursiva ou colocar o texto que se cita nun parágrafo á parte e cun tipo de letra máis pequeno que o do texto xeral.
Formato
Hai diferentes tipos de comiñas:
- • As latinas ou angulares (« »).
- • As altas ou inglesas (“ ”).
- • As simples (‘ ’).
As latinas ou angulares son as que se empregan habitualmente. As altas ou inglesas úsanse no caso de ter que utilizalas dentro dunha frase que xa está entre comiñas latinas. E se temos que usar por terceira vez comiñas, usaremos as simples, coma no seguinte exemplo:
- Na acta da reunión recóllese o seguinte: «Interveu o presidente e dixo: “Para axilizar a votación, cando eu diga ‘Votos a favor’ os que vaian votar en contra permanecerán sentados e sen facer ruído”».
Malia ser moi pouco probable, aínda se podería baixar un nivel máis utilizando as comiñas angulares simples (‹›).
As comiñas son un signo dobre e, polo tanto, sempre se deben pechar unha vez abertas. É frecuente encontrar documentos con descoidos na apertura ou peche das comiñas. Estes descoidos impiden delimitar con claridade o inicio e o final das palabras ou expresións citadas. Se ademais hai outras comiñas internas dificúltase moito a lectura.
Combinación con outros signos ortográficos
Os signos de puntuación (punto, coma, punto e coma e dous puntos) escribiranse sempre tras as comiñas de peche, con independencia de que o texto que vaia entre comiñas comprenda todo ou unha parte da frase.
Correcto | Incorrecto |

A sentenza establece: «Esta resolución é firme e contra ela non cabe ningún recurso». | A sentenza establece: «Esta resolución é firme e contra ela non cabe ningún recurso.» A sentenza establece: «Esta resolución é firme e contra ela non cabe ningún recurso.». |
De conformidade co disposto na sentenza, «non cabe ningún recurso», polo que debemos anular a convocatoria. | De conformidade co disposto na sentenza, «non cabe ningún recurso.», polo que debemos anular a convocatoria. |
«Esta resolución é firme e contra ela non cabe ningún recurso». Ante esta sentenza só cabe anular a convocatoria. | «Esta resolución é firme e contra ela non cabe ningún recurso.» Ante esta sentenza só cabe anular a convocatoria. «Esta resolución é firme e contra ela non cabe ningún recurso.». Ante esta sentenza só cabe anular a convocatoria. |
Excepcións
Nos documentos de corrección de erros publicados no Diario Oficial de Galicia pode darse o caso dunha dobre puntuación cando a reprodución exacta do texto que se corrixe inclúe signos de puntuación.
- Onde di: «En ningún caso se admitirán expedientes non enviados en tempo e forma.», debe dicir: «Só en casos excepcionais se admitirán expedientes non enviados en tempo e forma.».
- Onde di: «Quedarán exceptuados do disposto no punto anterior:», debe dicir: «Quedarán exceptuados do disposto nos puntos anteriores:».
- Onde di: «..na súa reunión do trinta e un de outubro de dous mil doce,», debe dicir: «..na súa reunión do trinta de outubro de dous mil doce,».
O mesmo sucede nos actos modificadores.
- A alínea c) do número 1 do artigo 24 queda redactada do seguinte xeito:
- «c) Os expedientes correspondentes á farmacia hospitalaria e receitas médicas.».