Signos de puntuación
De Manual de Estilo DOG
(Diferenzas entre revisións)
(Grafía dos signos de puntuación e inserción)
(Grafía dos signos de puntuación e inserción)
Liña 202: Liña 202:
! style="border-style:solid; border-width: 0 0 1px 0; border-color:#ccccff; background:#cccfff" width="50%" | '''Correcto'''
! style="border-style:solid; border-width: 0 0 1px 0; border-color:#ccccff; background:#cccfff" width="50%" | '''Correcto'''
| style="border-style:solid; border-width: 0 1px 1px 0; border-color:#ccccff" valign="top" align="justify" | O gando nesta comarca non é rendible —segundo opinión do departamento de economía.
| style="border-style:solid; border-width: 0 1px 1px 0; border-color:#ccccff" valign="top" align="justify" | O gando nesta comarca non é rendible —segundo opinión do departamento de economía.
| style="border-style:solid; border-width: 0 0 1px 0; border-color:#ccccff" valign="top" align="justify" | O gando nesta comarca non é rendible —segundo opinión do departamento de economía—.
| style="border-style:solid; border-width: 0 0 1px 0; border-color:#ccccff" valign="top" align="justify" | O gando nesta comarca non é rendible —segundo opinión do departamento de economíaz—.
| style="border-style:solid; border-width: 0 1px 1px 0; border-color:#ccccff" valign="top" align="justify" | No piso había indicios de estar ocupado —quen viviría entón alí?
| style="border-style:solid; border-width: 0 1px 1px 0; border-color:#ccccff" valign="top" align="justify" | No piso había indicios de estar ocupado —quen viviría entón alí?
| style="border-style:solid; border-width: 0 0 1px 0; border-color:#ccccff" valign="top" align="justify" | No piso había indicios de estar ocupado, —quen viviría entón alí? —
* A coma (,) non se debe usar antes dos puntos suspensivos, aínda que o seu uso pode darse despois deles.
* A coma (,) non se debe usar antes dos puntos suspensivos, aínda que o seu uso pode darse despois deles.
{| style="border-collapse:separate; border-spacing:0; border-width:1px; border-style:solid; border-color:#ccccff; padding:10;" width="50%" align="center" cellpadding="10"
! style="border-style:solid; border-width: 0 1px 1px 0; border-color:#ccccff; background:#cccfff" width="50%" | '''Incorrecto'''
! style="border-style:solid; border-width: 0 0 1px 0; border-color:#ccccff; background:#cccfff" width="50%" | '''Correcto'''
| style="border-style:solid; border-width: 0 1px 1px 0; border-color:#ccccff" valign="top" align="justify" | Cubriu todas as epígrafes: datos persoais, datos profesionais,... só falta asinar a solicitude.
| style="border-style:solid; border-width: 0 0 1px 0; border-color:#ccccff" valign="top" align="justify" | Cubriu todas as epígrafes: datos persoais, datos profesionais..., só falta asinar a solicitude.
* Xeralmente non se grafa punto, coma, punto e coma nin dous puntos antes ou despois de parénteses, excepto que estes signos sexan necesarios seguindo as regras xerais de puntuación.
{| style="border-collapse:separate; border-spacing:0; border-width:1px; border-style:solid; border-color:#ccccff; padding:10;" width="50%" align="center" cellpadding="10"
! style="border-style:solid; border-width: 0 1px 1px 0; border-color:#ccccff; background:#cccfff" width="50%" | '''Incorrecto'''
! style="border-style:solid; border-width: 0 0 1px 0; border-color:#ccccff; background:#cccfff" width="50%" | '''Correcto'''
| style="border-style:solid; border-width: 0 1px 1px 0; border-color:#ccccff" valign="top" align="justify" | Tivo dous traballos, aínda que nunca lle gustaron. (Repartidor e ebanista.)
| style="border-style:solid; border-width: 0 0 1px 0; border-color:#ccccff" valign="top" align="justify" | Tivo dous traballos, aínda que nunca lle gustaron (repartidor e ebanista).
| style="border-style:solid; border-width: 0 1px 1px 0; border-color:#ccccff" valign="top" align="justify" | O Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG do 29 de xullo) de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, na sección segunda do capítulo VI regula a provisión de determinados postos de xefatura e coordinación
| style="border-style:solid; border-width: 0 0 1px 0; border-color:#ccccff" valign="top" align="justify" | O Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, na sección segunda do capítulo VI regula a provisión de determinados postos de xefatura e coordinación
| style="border-style:solid; border-width: 0 1px 1px 0; border-color:#ccccff" valign="top" align="justify" | ...termo municipal do Vicedo , (Lugo)...
| style="border-style:solid; border-width: 0 0 1px 0; border-color:#ccccff" valign="top" align="justify" | ...termo municipal do Vicedo (Lugo)...
| style="border-style:solid; border-width: 0 1px 1px 0; border-color:#ccccff" valign="top" align="justify" | No Edicto 232/2012, (publicado no ''Diario Oficial de Galicia'' núm. 225, do 26 de novembro de 2012) estímase a demanda contra a empresa.
No Edicto 232/2012 (publicado no ''Diario Oficial de Galicia'' núm. 225, do 26 de novembro de 2012); estímase a demanda contra a empresa.
| style="border-style:solid; border-width: 0 0 1px 0; border-color:#ccccff" valign="top" align="justify" | No Edicto 232/2012 (publicado no ''Diario Oficial de Galicia'' núm. 225, do 26 de novembro de 2012) estímase a demanda contra a empresa.
| style="border-style:solid; border-width: 0 1px 1px 0; border-color:#ccccff" valign="top" align="justify" | Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, (IVE excluído<font color="maroon.).
| style="border-style:solid; border-width: 0 0 1px 0; border-color:#ccccff" valign="top" align="justify" | Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).
| style="border-style:solid; border-width: 0 1px 1px 0; border-color:#ccccff" valign="top" align="justify" | ...dunha instalación eléctrica no concello de Sanxenxo.(Expediente 25/2010.)
| style="border-style:solid; border-width: 0 0 1px 0; border-color:#ccccff" valign="top" align="justify" | ...dunha instalación eléctrica no concello de Sanxenxo (expediente 25/2010).
* Antes de comiñas, dos signos de interrogación e exclamación e da raia tampouco se debe usar ningún outro signo de puntuación, excepto que corresponda segundo as regras xerais de puntuación.
Revisión como estaba o 25 de marzo de 2013 ás 13:06
Páxinas principais
Índice
Introdución
A lingua escrita exixe o emprego de signos ortográficos e, entre eles, están os signos de puntuación. Unha correcta puntuación axuda a interpretar ben o texto e a captar a intención comunicativa da mensaxe. Polo tanto, puntuar ben un texto é imprescindible para que este se poida comprender adecuadamente.
A linguaxe administrativa tendeu a abusar dos períodos longos que dificultaban a comprensión e combinou isto cunha puntuación inadecuada. O realmente importante é respectar o contido, pero buscaremos sempre a forma máis axeitada e simple de redacción, que require normalmente que utilicemos períodos curtos e ben delimitados. Ademais, a presenza ou ausencia dos signos de puntuación pode ter repercusións no sentido da mensaxe.
Existe unha crenza errónea e moi estendida de que a función principal da puntuación nun texto escrito é sinalar os lugares onde deben ou adoitan facerse pausas para respirar. Esta é unha das razóns que se empregan para xustificar, por exemplo, o uso dunha coma entre o suxeito e o verbo. Aínda que poida haber coincidencia entre a localización destes signos e as pausas que realiza o lector, cómpre aclarar que a función principal da puntuación, sobre todo dos signos básicos (coma, punto, punto e coma e dous puntos), non é marcar as pausas para respirar, senón establecer límites sintácticos, marcar pautas para a lectura adecuada dun texto e facilitar, en consecuencia, a súa correcta interpretación.
Ademais dos signos básicos de puntuación (coma, punto, punto e coma e dous puntos), temos os chamados signos de inserción, denominados así porque insiren outro elemento do discurso: as parénteses [()] os corchetes ([]), a raia (—). Estes son signos dobres.
Falaremos, así mesmo, dos puntos suspensivos e dos signos de interrogación e admiración.
Algúns dos signos que imos tratar nesta epígrafe poden ter outras funcións diferentes da distribución da información no texto. É o caso da coma, do punto e das parénteses.
↑ Voltar ↑
Regras xerais para puntual un texto
• Empregar frases breves e de sintaxe sinxela.
A oración ou enunciado é a unidade de comunicación que posúe sentido completo e que remata con punto. Na linguaxe administrativa utilízanse con frecuencia oracións moi longas e complexas que se prolongan de forma innecesaria mediante o emprego de incisos e perífrases, de expresións redundantes, de locucións que nada achegan ou de secuencias que significan o mesmo. Como resultado, prodúcense enunciados excesivamente longos e dificilmente comprensibles. Cómpre empregar frases curtas e cunha sintaxe máis sinxela.
Incorrecto Correcto
O prazo para a presentación das solicitudes antes mencionadas será dun mes. Este mes contarase a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, entendéndose como último día do prazo o día correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
• Non acumular incisos.
Non se deben empregar moitos incisos xa que isto dificulta a delimitación da oración principal e, en consecuencia, a interpretación do fragmento ao se interromper a linearidade da lectura. Un modo de facilitar a comprensión destes fragmentos é delimitar unidades oracionais máis pequenas mediante o uso de puntos e seguido.
Incorrecto Correcto
Transcorrido este prazo, e unha vez avaliados os documentos engadidos, publicaranse as listaxes provisionais de seleccionados e suplentes, ordenados por puntuación por cada un dos cursos e asignándolles a contía provisional correspondente da achega familiar, que poderá variar nas listaxes definitivas debido ás reclamacións a estas listaxes, que se exporán co mesmo procedemento indicado no punto 1.
Transcorrido este prazo, e unha vez avaliados os documentos engadidos, publicaranse as listaxes provisionais de seleccionados e suplentes. Ordenaranse por puntuación por cada un dos cursos e asignaráselles a contía provisional correspondente da achega familiar, que poderá variar nas listaxes definitivas debido ás reclamacións. Despois exporanse co mesmo procedemento indicado no punto 1.
• Non acumular coordinacións.
Ante a presenza de parágrafos longos cheos de coordinacións, unha das intervencións máis convenientes é a segmentación con puntos. Nada é tan claro e intelixible como os períodos breves. A división debe efectuarse con coidado para non perder información e explicitude. É preferible sempre dividir, aínda que para iso haxa que repetir expresións que faciliten o enlace co que precede e co que segue.
Incorrecto Correcto
A acción humanitaria incluirá non só a axuda proporcionada con carácter de urxencia ás vítimas dos desastres, tanto os desencadeados por catástrofes naturais como por conflitos armados, ou que se leve a cabo mediante operacións prolongadas para a poboación refuxiada e desprazada, senón aquela que se dirixa á protección das vítimas e dos seus dereitos fundamentais en toda a súa extensión mediante actuacións tales como a defensa dos dereitos humanos, o testemuño, a denuncia e o acompañamento.
A acción humanitaria incluirá a axuda proporcionada con carácter de urxencia ás vítimas dos desastres, tanto os desencadeados por catástrofes naturais como por conflitos armados, ou que se leve a cabo mediante operacións prolongadas para a poboación refuxiada e desprazada. Tamén incluirá aquela que se dirixa á protección das vítimas e dos seus dereitos fundamentais en toda a súa extensión, mediante actuacións tales como a defensa dos dereitos humanos, o testemuño, a denuncia e o acompañamento.
Tamén se prevé que a Administración da Comunidade fomente a participación do seu persoal para a colaboración en accións, proxectos e programas de cooperación e axuda humanitaria e se regula a posibilidade de solicitar a colaboración e de contratar persoas físicas ou xurídicas especializadas, provenientes do sector privado ou doutras institucións, baixo a normativa propia da contratación pública.
Tamén se prevé que a Administración da Comunidade fomente a participación do seu persoal para a colaboración en accións, proxectos e programas de cooperación e axuda humanitaria. Así mesmo, regúlase a posibilidade de solicitar a colaboración e de contratar persoas físicas ou xurídicas especializadas, provenientes do sector privado ou doutras institucións, baixo a normativa propia da contratación pública.
• Non abusar das oracións subordinadas.
Non se debe realizar unha concatenación excesiva de frases subordinadas. Esta práctica xera dificultades de comprensión, ambigüidades e posibles dobres interpretacións. Para evitar isto hai que segmentar tamén a oración en varias oracións independentes.
Incorrecto Correcto
As solicitudes presentadas, as cales serán valoradas pola comisión creada para o efecto, que serán publicadas e contras as que se poderá reclamar, presentaranse no prazo establecido no punto anterior.
As solicitudes presentaranse no prazo establecido no punto anterior e serán valoradas pola comisión creada para o efecto. Serán publicadas e contra elas poderase reclamar.
• Establecer pausas.
Un elemento que intervén na complexidade dos parágrafos é a falta de pausas, o que nos leva a ler parágrafos moi longos e esquecernos do inicio. As pausas establécense a través de todos os signos de puntuación, non só dos puntos ou comas.
Incorrecto Correcto
Establecerase de conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 30/1992 do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na disposición adicional do Decreto 37/2006 do 2 de marzo, modificado polo Decreto 5/2007, do 25 de xaneiro e demais normas aplicables.
Establecerase de conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; na disposición adicional do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, modificado polo Decreto 5/2007, do 25 de xaneiro, e demais normas aplicables.
O Acordo do 11 de marzo de 2013 entre a Consellería de Facenda e a Consellería do Medio Rural e do Mar publicado no DOG núm. 58 do venres 22 de marzo, encomenda a xestión de determinadas materias relacionadas coas listas de contratación temporal de persoal laboral á Consellería do Medio Rural e do Mar.
O Acordo do 11 de marzo de 2013 entre a Consellería de Facenda e a Consellería do Medio Rural e do Mar (publicado no DOG núm. 58, do venres 22 de marzo) encomenda a xestión de determinadas materias relacionadas coas listas de contratación temporal de persoal laboral á Consellería do Medio Rural e do Mar.
• Non abusar da repetición de elementos gramaticais.
A repetición de elementos gramaticais é a que máis dana a recta interpretación. Ocorre a miúdo co relativo e a conxunción que. O seu abuso provoca falta de claridade e lectura dificultosa.
Incorrecto Correcto
Por outra banda, tamén se debe ter en conta a cláusula de supletoriedade do dereito estatal a que alude o artigo 149.3 CE, que deu lugar a unha importante doutrina do Tribunal Constitucional que desmente a pretensión de aplicación supletoria do Regulamento estatal.
Por outra banda, tamén se debe ter en conta a cláusula de supletoriedade do dereito estatal a que alude o artigo 149.3 CE. Esta deu lugar a unha importante doutrina do Tribunal Constitucional que desmente a pretensión de aplicación supletoria do Regulamento estatal.
↑ Voltar ↑
Grafía dos signos de puntuación e inserción
• Os signos simples escríbense pegados á palabra que preceden e sepáranse da seguinte deixando un espazo en branco. O erro adoita darse coa coma, aínda que non exclusivamente.
Incorrecto Correcto
Lei 30/1992 , do 26 de novembro , de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común
Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común
Rúa Varsovia , 6
Rúa Varsovia, 6
Tipo de contrato : mixto
Tipo de contrato: mixto
• Os signos dobres colócanse da seguinte forma: para o primeiro debemos deixar un espazo entre a palabra precedente e o signo; despois deste, sen deixar espazo ningún, debemos comezar a escribir ata chegar, sen que haxa espazo, ao signo que pecha o período. E cómpre deixar un espazo en branco despois do signo se a seguir vai unha palabra e non outro signo.
Incorrecto Correcto
O gando nesta comarca non é rendible segundo opinión do departamento de Economía .
O gando nesta comarca non é rendible segundo opinión do
departamento de Economía.
Importe total: 164.463,44 ( incluído o IVE
Importe total: 164.463,44 (incluído o IVE)
Resolución do 14 de marzo de 2005 (DOG do 8 de abril)pola que se fai pública a adxudicación dun contrato administrativo de consultoría e asistencia.
Resolución do 14 de marzo de 2005 (DOG do 8 de abril) pola que se fai pública a adxudicación dun contrato administrativo de consultoría e asistencia.
• Nunca se deben poñer dous puntos seguidos.
Incorrecto Correcto
Iso aconteceu no mes de abril..
Iso aconteceu no mes de abril.
• O punto que marca o final dunha oración desaparece ante os puntos suspensivos, o signo de admiración e o de interrogación.
Incorrecto Correcto
Nas fragas do Courel abundan os carballos, os castiñeiros, as faias... .
Nas fragas do Courel abundan os carballos, os castiñeiros, as faias...
Difundiron a campaña E logo!.
Difundiron a campaña E logo!
Solicitou vostede a subvención o ano pasado?.
Solicitou vostede a subvención o ano pasado?
• O punto que se xunta ás abreviaturas desaparece cando se indica o final dunha oración.
Incorrecto Correcto
Presentarase a documentación complementaria que se considere precisa: documentos acreditativos, informes etc..
Presentarase a documentación complementaria que se considere precisa: documentos acreditativos, informes etc.
• Cando a raia coincide no texto co punto, mantéñense os dous signos. Acontece o mesmo se a raia se une aos signos de interrogación e exclamación.
Incorrecto Correcto
O gando nesta comarca non é rendible segundo opinión do departamento de economía.
O gando nesta comarca non é rendible segundo opinión do departamento de economíaz—.
No piso había indicios de estar ocupado quen viviría entón alí?
No piso había indicios de estar ocupado, quen viviría entón alí? —
• A coma (,) non se debe usar antes dos puntos suspensivos, aínda que o seu uso pode darse despois deles.
Incorrecto Correcto
Cubriu todas as epígrafes: datos persoais, datos profesionais,... só falta asinar a solicitude.
Cubriu todas as epígrafes: datos persoais, datos profesionais..., só falta asinar a solicitude.
• Xeralmente non se grafa punto, coma, punto e coma nin dous puntos antes ou despois de parénteses, excepto que estes signos sexan necesarios seguindo as regras xerais de puntuación.
Incorrecto Correcto
Tivo dous traballos, aínda que nunca lle gustaron. (Repartidor e ebanista.)
Tivo dous traballos, aínda que nunca lle gustaron (repartidor e ebanista).
O Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG do 29 de xullo) de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, na sección segunda do capítulo VI regula a provisión de determinados postos de xefatura e coordinación
O Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, na sección segunda do capítulo VI regula a provisión de determinados postos de xefatura e coordinación
...termo municipal do Vicedo , (Lugo)...
...termo municipal do Vicedo (Lugo)...
No Edicto 232/2012, (publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 225, do 26 de novembro de 2012) estímase a demanda contra a empresa.
No Edicto 232/2012 (publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 225, do 26 de novembro de 2012); estímase a demanda contra a empresa.
No Edicto 232/2012 (publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 225, do 26 de novembro de 2012) estímase a demanda contra a empresa.
Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, (IVE excluído<font color="maroon.).
Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).
...dunha instalación eléctrica no concello de Sanxenxo.(Expediente 25/2010.)
...dunha instalación eléctrica no concello de Sanxenxo (expediente 25/2010).
• Antes de comiñas, dos signos de interrogación e exclamación e da raia tampouco se debe usar ningún outro signo de puntuación, excepto que corresponda segundo as regras xerais de puntuación.
Ferramentas persoais
Xunta de Galicia