Uso de minúsculas e maiúsculas

De Manual de Estilo DOG

(Diferenzas entre revisións)
(Maiúsculas en toda a palabra)
(Maiúsculas en toda a palabra)
Liña 200: Liña 200:
::(…)
::(…)
-
* Nos encabezamentos e títulos de capítulos de ordes e leis:
+
* Nos encabezamentos e títulos de capítulos de ordes e leis. Consúltense as seccións [[Apéndices#T.C3.ADtulos|Títulos]] e [[Apéndices#Cap.C3.ADtulos|Capítulos]] das [[Normas_e_modelos_para_crear_documentos|Normas e modelos para crear documentos]]:
::<center>CAPÍTULO I</center>
::<center>CAPÍTULO I</center>
Liña 206: Liña 206:
::<center>'''Obxecto e ámbito de aplicación'''</center>
::<center>'''Obxecto e ámbito de aplicación'''</center>
-
* Nas palabras que anuncian a parte do texto en que se ditaminan resolucións e ordes (centrado na columna, en cursiva e seguido de dous puntos):
+
* Na fórmula introdutoria da parte dispositiva dos documentos. Consúltese a sección [[Elementos_constantes_da_estrutura_xeral_dos_textos#F.C3.B3rmula_introdutoria|Fórmula introdutoria]] das [[Normas_e_modelos_para_crear_documentos|Normas e modelos para crear documentos]]:
-
::<center>''DISPOÑO:''</center>
+
::<center>DISPOÑO:</center>
-
::<center>''RESOLVE:''</center>
+
::<center>RESOLVE:</center>
-
* Na palabra ''anexo'' cando anuncia o comezo da súa sección (centrado na columna, en cursiva e enumerado en romanos):
+
* Na palabra ''anexo'' cando anuncia o comezo da súa sección. Consúltese a sección [[Elementos_constantes_da_estrutura_xeral_dos_textos#Anexos|Anexos]] das [[Normas_e_modelos_para_crear_documentos|Normas e modelos para crear documentos]]:
-
::<center>''ANEXO I''</center>
+
::<center>ANEXO I</center>
* Nas siglas:
* Nas siglas:

Revisión como estaba o 25 de marzo de 2011 ás 14:20

Páxinas principais

Índice

Minúsculas iniciais

Utilízanse as minúsculas iniciais:

  • Nos nomes comúns que acompañan nomes de vías, lugares comúns e nomes xeográficos (excepto cando constitúen locucións onomásticas):
praza de Luís Seoane
rúa Doutor Maceira
provincia de Ourense
República Arxentina
  • Nos substantivos que significan accidentes xeográficos, seguidos ou non das designacións que os especifican toponimicamente:
río Umia
Existen abundantes exemplos na xeografía galega de palabras relativas a accidentes xeográficos e seguidas de designacións toponímicas que se escriben con maiúsculas iniciais:
Illa de Arousa
Serra de Outes
  • Nos días da semana e os meses:
domingo
abril
Exceptúanse os incluídos en locucións:
Venres das Dores
Mércores Santo
  • Nos nomes dos puntos cardeais:
Lindeiros: norte, parc. 9009, estrada Pereiro-Oiras; sur, parc. 9002, camiño (…)
  • Nos nomes de cargos, postos ou dignidades xerárquicas, sexan cales foren os respectivos graos, ben como os vocábulos que designan títulos, calquera que sexa a importancia destes:
o presidente do organismo autónomo
director xeral do Igape
condesa de Pardo Bazán
  • Nas enumeracións ou alíneas que completan ou continúan a frase interrompida por dous puntos (agás se foren nomes propios):
- Sistema de adxudicación: procedementos negociado (…)
a) Tramitación: ordinaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.
  • Quer no corpo do texto quer nun título, as letras das alíneas deben ir sempre en minúscula:
a) Tramitación: ordinaria.
b) DA ADMINISTRACIÓN
LOCAL

Maiúsculas iniciais

Utilízanse as maiúsculas iniciais:

  • Nas palabras que expresan actos das autoridades estatais, autonómicas ou provinciais, cando designan diplomas ou documentos oficiais e tanto se aparece citada a súa data como se segue o nome específico:
Resolución 1/2010
Resolución do 7 de outubro
Lei 62/1997[1]
(…) Orde do 16 de marzo de 2010 (…)
As outras palabras que compoñan o título van con minúscula:
(…) o Estatuto de autonomía de Galicia (…)
(…) o Código penal (…)
Cando calquera destas palabras é citada sen ser seguida da data, do número ou do nome específico, utilízase a inicial minúscula. Escríbense con inicial maiúscula as palabras regulamento, código, directiva, cédula, decreto, lei cando se refiren a un documento identificado no texto.
  • Nos tipos de documentos con título propio:
(…) a realización dun Plan de reequilibrio territorial de Galicia 2007-2010 (…)
Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica
Caso ese título propio for utilizado para crear unha sigla ou acrónimo de uso frecuente, escribiranse todas as palabras do título con inicial maiúscula:
(…) o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Abegondo (PXOM) (…)
  • Nas palabras que signifiquen entidade ou colectividade como organismo determinado:
Estado
Goberno
  • Nos nomes de persoas (antropónimos), apelidos, topónimos e nas designacións de vías, rúas ou barrios:
Francisco
María del Pilar
Rodríguez
Lugo
rúa Nova
avenida de Fisterra
rotonda Lourido
  • O uso de maiúsculas iniciais nos topónimos compostos por máis dunha palabra non afecta aos elementos conectores:
Sobrado dos Monxes
Olesa de Beonesvalls
  • Nos nomes relacionados con eras históricas, épocas célebres e festas públicas tradicionais:
Renacemento
Barroco
Nadal
Semana Santa
Entroido
Día das Letras Galegas
  • Nos nomes de gremios, corporacións, institucións e organismos públicos, de escolas de calquera especie ou grao de ensino, edificios e establecementos de calquera natureza:
Universidade de Vigo
Facultade de Medicina
Instituto Nacional da Saúde
Academia Galega de Seguridade Pública
Escola Superior de Arte Dramática de Galicia
  • Nos nomes dos premios e nos títulos de libros, publicacións periódicas e producións artísticas de calquera xénero (excepto as partículas monosilábicas como artigos definidos e contraccións de palabras a non ser que figuren no primeiro elemento do título; escríbense con maiúscula inicial os artigos indefinidos e as palabras flexivas):
Diario de Ferrol
El Correo Gallego
Medallas Castelao
  • Nos substantivos, adxectivos, pronomes e expresións que representen tratamento cortés ou de reverencia, veñan ou non acompañados doutra palabra a que se liguen directamente, ou cando están ligados a un ou máis nomes propios ou a designativos de categoría, función ou calidade:
El-Rei
Ilmo. Sr.
Súa Alteza
Día de San Xosé
A Inmaculada
  • En designacións de edificios, construcións arquitectónicas diversas ou calquera designación similar:
Torre do Reloxo
Catedral de Santiago de Compostela
Parque Tecnolóxico de Galicia en San Cibrao das Viñas
  • Nas designacións de feitos históricos ou acontecementos importantes e de actos ou iniciativas públicas:
Guerra Civil
  • Na puntuación emprégase a maiúscula en comezo de frase, sempre despois de punto e despois de dous puntos (neste caso só se escriben con maiúscula inicial as enumeracións que son frases completas e enunciados independentes).

Maiúsculas en toda a palabra

Utilízanse as maiúsculas en toda a palabra:

  • Nos títulos das seccións no sumario e na cabeceira (centrado e en negra) que anuncia o comezo da súa sección:
DISPOSICIÓNS XERAIS
  • Nos nomes das administracións, entidades e empresas que publican a disposición, anuncio ou outro, cando se sitúan no sumario e na cabeceira (en negra) antecedendo ao seu sumario :
CONSELLERÍA DE FACENDA
Orde do 30 de decembro de 2010 pola que
(…)
CAPÍTULO I
Obxecto e ámbito de aplicación
DISPOÑO:
RESOLVE:
ANEXO I
  • Nas siglas:
NRC (número de referencia completo)
BOE

Referencias

  1. Mais: “(…) polas leis 11/1988, do 20 de outubro, 2/2007, do 28 de marzo (…)”.
Ferramentas persoais