A abreviación
De Manual de Estilo DOG
(→Regras de formación das siglas) |
(→Introdución) |

(Non se mostran 5 revisións do historial.) | |||
Liña 26: | Liña 26: | ||
::{| style="border-collapse: separate; border-spacing: 1; border-width: 1px; border-style: solid; border-color: #ccccff; padding: 1; background: white; text-align:justify" | ::{| style="border-collapse: separate; border-spacing: 1; border-width: 1px; border-style: solid; border-color: #ccccff; padding: 1; background: white; text-align:justify" | ||
- | | style="border-style: solid; border-width: 0 4px 0 0; border-color: white | A reducida presenza do sector industrial galego no mercado exterior tamén é unha quebra persistente na nosa economía, onde a exportación de bens no ano 2010 representou o 13% do PIB, fronte ao 14,3% dos países da zona euro.
| + | | style="border-style: solid; border-width: 0 4px 0 0; border-color: white | A reducida presenza do sector industrial galego no mercado exterior tamén é unha quebra persistente na nosa economía, onde a exportación de bens no ano 2010 representou o 13 % do PIB, fronte ao 14,3 % dos países da zona euro.

Liña 92: | Liña 92: | ||

- |  | + | VV.AA. (varios autores) |

Liña 238: | Liña 238: | ||

- | Seat  →  | + | Seat  →  Sociedad Española de Automóviles de Turismo

- | Fiat  →  | + | Fiat  →  Fabbrica Italiana de Automobili de Torino

Liña 270: | Liña 270: | ||
* O plural, como vemos nos exemplos, indícase cos determinantes que as preceden. | * O plural, como vemos nos exemplos, indícase cos determinantes que as preceden. | ||
- | * As siglas que xa están lexicalizadas | + | * As siglas que xa están lexicalizadas admiten formas de plural: |

Liña 281: | Liña 281: | ||

A Escola Galega de Administración Pública  →  A EGAP
| A Escola Galega de Administración Pública  →  A EGAP

- | O | + | O Fondo Europeo de Orientación e de Garantía Agrícola  →  O Feoga

A síndrome de inmunodeficiencia adquirida  →  A sida
| A síndrome de inmunodeficiencia adquirida  →  A sida

O imposto sobre o valor engadido  →  O IVE | O imposto sobre o valor engadido  →  O IVE | ||
Liña 303: | Liña 303: | ||

Feder  →  Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
| Feder  →  Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional

- | Platerga  →  Plan | + | Platerga  →  Plan territorial de emerxencias de Galicia |

Revisión actual feita o 29 de abril de 2013 ás 11:04
Páxinas principais |
Índice |
Introdución
A abreviación, un dos procedementos máis usados na linguaxe administrativa, consiste no acurtamento dunha ou de varias palabras que queremos reducir en extensión para simplificar a escrita e evitar reiteracións.
O afán de simplificar un documento non debe entorpecer a súa comprensión. Así, a primeira vez que aparece nun texto normativo (leis, decretos, ordes) unha abreviación pouco usual, debe facelo de forma desenvolvida.
Esta norma non será tan estrita en textos que se publican nas seccións V e VI do DOG (edictos e anuncios).
Exemplos
ORDE do 27 de decembro de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural, en concorrencia competitiva, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2012.
ORDE do 24 de febreiro de 2012 pola que se establecen os prezos privados pola realización de determinacións analíticas no laboratorio de hixiene analítica do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga).
ORDE do 23 de xaneiro de 2012 pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE) para o ano 2012.
O depósito de 300 euros na c/c desta sala nº [...] (nº de recurso) [...].
ANUNCIO do 9 de febreiro de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, polo que se fai pública a formalización da subministración sucesiva de radiofármacos para o Servizo de Medicina Nuclear do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.
Fronte ao criterio anterior, referido a expresións pouco usuais, outras, de circulación habitual, poden aparecer só baixo a forma abreviada:
A reducida presenza do sector industrial galego no mercado exterior tamén é unha quebra persistente na nosa economía, onde a exportación de bens no ano 2010 representou o 13 % do PIB, fronte ao 14,3 % dos países da zona euro.
Hai catro subtipos de abreviación: abreviaturas, siglas, acrónimos e símbolos.
Abreviaturas
- A abreviatura é unha redución gráfica dunha palabra ou dun grupo de palabras: unha ou máis palabras represéntanse con menos letras das que a constitúen, pero lense de forma plena:
Admón. → Administración
art. → artigo
núm. → número
esq. → esquerda
- Para non prexudicar a comprensión e a lexibilidade do texto, procuraremos non abusar das abreviaturas e limitaremos o seu uso a anexos, notas entre parénteses, enderezos etc.
- Empregaranse as abreviaturas máis correntes. Existen palabras que se poden abreviar de varias maneiras pero dáselles preferencia ás formas que son acurtamento de palabra fronte ás de superíndice:
tel. ou teléf. → teléfono
núm. ou nº → número
- Para que sexa rendible abreviar unha palabra cómpre eliminar polo menos tres letras. De aí que unha abreviatura como Dna. non sexa rendible, pois, co engadido do punto, temos os mesmos catro caracteres que na forma plena dona.
Gramática das abreviaturas
- O feminino das abreviaturas fórmase engadindo un -a:
Sr. (señor) → Sra. (señora)
- Nalgúns casos este a pode ir voado:
D. (don) → Dª (dona)
- O plural fórmase engadindo –s ou –es (como na forma plena):
art. (artigo) → arts. (artigos)
Sr. (señor) → Sres. (señores)
- No caso das abreviaturas formadas por unha soa letra, no plural redóbrase a letra inicial:
p. (páxina) → pp. (páxinas)
s. (seguinte) → ss. (seguintes)
- Algunhas abreviaturas só existen na súa forma plural:
VV.AA. (varios autores)
- O plural das abreviaturas con letras voadas fórmase tamén neste tipo de letras:
no (número) → nos
Grafía das abreviaturas
- As abreviaturas sempre van seguidas de punto, agás as que levan voado:
etc. (etcétera)
p.q. (punto quilométrico)
- As abreviaturas escríbense en maiúscula ou en minúscula segundo como se escriba a forma plena:
Administración → Admón.
dereita → dta.
• Excepcións:
- Os tratamentos escríbense en minúscula na forma plena, pero en maiúscula cando van abreviados:
Sr. → señor
Dna. → dona
- Por tradición, escríbense con maiúscula outras abreviaturas que na forma plena se escriben con minúscula:
P.A. (por ausencia)
P.O. (por orde)
P.S. (por substitución)
- As abreviaturas conservan o acento gráfico da palabra plena se aparece nelas a vogal tónica:
compañía → cía.
teléfono → teléf.
- Hai abreviaturas que van seguidas dunha barra diagonal no canto dun punto abreviativo:
c/ (cada, conta, cargo)
r/ (rúa)
- Tamén se utiliza a barra nas abreviaturas constituídas por varias palabras:
c/c (conta corrente)
s/n (sen número)
s/s (sen segundo)
Siglas
As siglas son abreviacións de sintagmas, referidos, no ámbito administrativo, a conceptos como nomes de organismos e documentos administrativos. As siglas son formas constantes, é dicir, non permiten adaptacións por parte de cada usuario. Algunhas contan cunha gran tradición de uso e son coñecidas amplamente, ata o punto de que podemos descoñecer o sintagma que está detrás. Noutros casos, a súa formación é máis recente e o seu uso adoita restrinxirse a contextos reducidos.
Regras de formación das siglas
- Hai siglas que se forman só coas iniciais dos substantivos e adxectivos que constitúen o sintagma (exceptuando os artigos, as preposicións e as conxuncións):
DOG → Diario Oficial de Galicia
BOE → Boletín Oficial del Estado
DOUE → Diario Oficial de la Unión Europea
- Outras fórmanse coas iniciais de todas as palabras que integran o sintagma (incluídos os artigos, as preposicións e as conxuncións):
peme → pequena e mediana empresa
- As siglas escríbense sempre sen punto:
EGAP → Escola Galega de Administración Pública
DOG → Diario Oficial de Galicia
CC OO → Comisións Obreiras
- A orixe dalgunhas siglas está na abreviatura dun sintagma que, ao ser moi usado, pasa a considerarse unha sigla:
TC → Tribunal Constitucional
RD → real decreto
Nestes casos, para o DOG adoptamos o seguinte criterio:
- Expresaranse como siglas e, por tanto, sen puntos abreviacións como:
OM → orde ministerial
LMT → liña de media tensión
CT → centro de transformación
OCR → órgano de corte en rede
- Exprésanse como abreviaturas e, por tanto, con puntos as abreviacións que se refiren a tipos de empresas:
S.L. → sociedade limitada
S.A. → sociedade anónima
S.A.L. → sociedade anónima limitada
S.L.L. → sociedade limitada laboral
S.L.N.E. → sociedade limitada nova empresa
S.Coop. → sociedade cooperativa
C.B. → comunidade de bens
- As siglas escríbense normalmente todas con letras maiúsculas:
USC → Universidade de Santiago de Compostela
UDC → Universidade da Coruña
• Excepcións:
- Escríbense en minúscula, salvo na primeira letra, as siglas de seis letras ou máis e que son pronunciables:
Cixtec → Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable
- Igualmente, as siglas lexicalizadas que constitúen nomes propios:
Seat → Sociedad Española de Automóviles de Turismo
Fiat → Fabbrica Italiana de Automobili de Torino
- Escríbense con minúscula, tamén na primeira letra, as siglas que se transformaron en nomes comúns e xa pasaron a formar parte do léxico da lingua:
peme → pequena e mediana empresa
sida → síndrome de inmunodeficiencia adquirida
láser → light amplification by stimulated emission of radiation
tac → tomografía axial computerizada
Algunhas siglas teñen algunha letra minúscula entre as maiúsculas:
PSdG → Partido Socialista de Galicia
Gramática das siglas
- As siglas, aínda que poidan pluralizarse na expresión oral, non deben levar nunca marca gráfica de plural. Por tanto, escribiremos:
Varias ONG e non *Varias ONGs nin *Varias ONG’s
As ANPA de Galicia e non *As ANPAS de Galicia
- O plural, como vemos nos exemplos, indícase cos determinantes que as preceden.
- As siglas que xa están lexicalizadas admiten formas de plural:
As pemes
Varios tacs
- As siglas teñen o xénero do substantivo principal da sigla:
A Escola Galega de Administración Pública → A EGAP
O Fondo Europeo de Orientación e de Garantía Agrícola → O Feoga
A síndrome de inmunodeficiencia adquirida → A sida
O imposto sobre o valor engadido → O IVE
Acrónimos
- Os acrónimos representan a redución de sintagmas e fórmanse con máis letras que as iniciais das palabras que forman o sintagma:
Inem → Instituto Nacional de Emprego
Seaga → Servizos Agrarios Galegos, S.A.
- As regras de formación das siglas son válidas para a formación de acrónimos, coa excepción de que os acrónimos non se escriben con todas as letras en maiúsculas.
- Escríbense con inicial maiúscula se son nomes propios:
Feder → Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
Platerga → Plan territorial de emerxencias de Galicia
- Escríbense en minúscula se son nomes comúns xa lexicalizados:
radar → radio detection and ranging
módem → modulator demodulator
bit → binary digit
- Estas palabras que pasaron a formar parte do léxico común teñen flexión de número.
radares
módems
bits
Símbolos
Os símbolos son abreviacións de carácter científico ou técnico constituídas por letras ou por outros signos gráficos. En xeral, son fixados convencionalmente por institucións de normalización e posúen validez internacional.
Características dos símbolos:
- Son invariables.
- Son formas válidas para todas as linguas:
Au é o símbolo universal do ouro.
- Nunca levan morfema de plural:
1 m, 2 m, 100 m
- Poden ter unha ou máis letras:
t (tonelada)
ha (hectárea)
kWh (quilowatt-hora)
- Poden estar escritos en maiúscula ou minúscula, ou nunha combinación de ambas, pero sen posibilidade de variación:
dm (decímetro)
Dm (decámetro)
- Se todo o texto está escrito con maiúsculas, os símbolos permanecen coa súa forma invariable:
DISTANCIA EXPRESADA EN km
- Poden estar representados por unha combinación de letras e números:
m2 (metro cadrado)
m3 (metro cúbico)
- Nunca levan punto abreviativo:
15 cm
- Non levan acento:
a (área)
- O símbolo do euro é € e o código ISO é EUR.