Toponimia
De Manual de Estilo DOG
(→Topónimos españois) |
(→Topónimos españois) |
||
Liña 49: | Liña 49: | ||
</blockquote> | </blockquote> | ||
- | :Para a denominación das comunidades autónomas, e da súa forma de organización, véxase a | + | :Para a denominación das comunidades autónomas, e da súa forma de organización, véxase a epigrafe [[Media:A26878_26890P12_13.pdf | <ins>c) Denominaciones oficiales.</ins>.]] |
* Os topónimos das comunidades autónomas de Illes Balears, Cataluña, Comunidade Valenciana e País Vasco empregaranse, tanto nos textos redactados en castelán como nos redactados en galego, na forma oficial recollida na lexislación estatal ou autonómica respectiva: | * Os topónimos das comunidades autónomas de Illes Balears, Cataluña, Comunidade Valenciana e País Vasco empregaranse, tanto nos textos redactados en castelán como nos redactados en galego, na forma oficial recollida na lexislación estatal ou autonómica respectiva: |
Revisión como estaba o 2 de maio de 2013 ás 12:26
Páxinas principais |
Índice |
Toponimia galega
A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, establece no seu artigo 10.1: «Os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega[1].»
Daquela, os topónimos galegos deben empregarse sempre, calquera que sexa a lingua en que redactemos, na forma galega ditaminada pola Comisión de Toponimia e aprobada pola Xunta de Galicia[2]:
Galego | Castelán |
---|---|
Os concellos da Rúa, O Barco de Valdeorras e Rubiá están na comarca de Valdeorras. | Los ayuntamientos de A Rúa, O Barco de Valdeorras y Rubiá están en la comarca de Valdeorras. |
A Caguenla é un lugar da parroquia do Esto, no concello de Cabana de Bergantiños. | A Caguenla es un lugar de la parroquia de O Esto, en el municipio de Cabana de Bergantiños. |
OBSERVACIÓNS:
- Como vemos nos exemplos, cando redactamos en galego os artigos dos topónimos contraen coas preposición, igual que as palabras comúns. En castelán non se fai tal contracción.
- Respecto das denominacións das parroquias, o Nomenclátor inclúe entre parénteses a advocación de todas elas ―Laraxe (San Mamede) ―, pero cando as citamos en textos administrativos, tal dato é prescindible, salvo que a advocación forme parte do nome da parroquia: San Martiño do Porto e Santa Cruz do Salto son dúas parroquias do concello de Cabanas.
Toponimia de fóra de Galicia
En certos ámbitos, como o xornalístico, os topónimos non galegos (españois e doutros países) adoitan adaptarse ao galego, tanto fonética como morfoloxicamente (Alxeria, Castela-A Mancha, Guadalaxara, Moscova, Texo, Xetafe, Xirona...).
Agora ben, no ámbito institucional, en topónimos do Estado español debe primar o criterio de oficialidade ou dobre oficialidade e non o de adaptación.
En consecuencia, estes son os criterios que se seguirán nos textos que se publiquen no DOG e tamén o recomendado para outras publicacións institucionais:
Topónimos españois
- Os topónimos estatais das comunidades autónomas onde o castelán é a única lingua oficial empregaranse na forma castelá: Badajoz, Castilla y León, Castilla-La Mancha, Jaén, Torrejón de Ardoz...
- OBSERVACIÓN: Empréganse en forma adaptada ao galego os topónimos Douro e Texo.
- Para a denominación das comunidades autónomas, e da súa forma de organización, véxase a epigrafe c) Denominaciones oficiales..
- Os topónimos das comunidades autónomas de Illes Balears, Cataluña, Comunidade Valenciana e País Vasco empregaranse, tanto nos textos redactados en castelán como nos redactados en galego, na forma oficial recollida na lexislación estatal ou autonómica respectiva:
- Así:
- • Girona e Lleida (Lei estatal 2/1992, do 28 de febreiro, BOE núm. 29, do 2 de febreiro).
- • Gipuzkoa e Bizkaia (Lei estatal 19/2011, do 5 de xullo, BOE núm. 160, do 6 de xullo).
- Cando se tratar dun topónimo con forma dobre ou bilingüe, indicaranse esas dúas formas oficiais separadas por unha barra lateral (neste caso respectarase a orde en que se inscribisen oficialmente):
- Así:
- • Araba/Álava (Lei estatal 19/2011, do 5 de xullo, BOE núm. 160, do 6 de xullo).
- • Donostia/San Sebastián
Nos seguintes enlaces pode consultarse a toponimia oficial de distintas comunidades autónomas:
- • Comunidade Valenciana: http://terrasit.gva.es/es/ver?servicio=toponimia
- • Datos del Registro de Entidades Locales Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas. Versión dixital: http://ssweb.mpt.es/REL/
Topónimos non españois
Os topónimos non españois adáptanse ao galego cando así estea consolidado no uso e mantéñense na forma orixinal no resto dos casos:
- Beixing (galego) → Beijing (castelán)
- Bos Aires (galego) → Buenos Aires (castelán)
- Nova York (galego) → Nueva York (castelán)
- Iemen (galego) → Yemen (castelán)
- Paraguai (galego) → Paraguay (castelán)
- Xangai (galego) → Shanghai (castelán)
- Xeorxia (galego) → Georgia (castelán)
- Uruguai (galego) → Uruguay (castelán)
- Beixing (galego) → Beijing (castelán)