Toponimia

De Manual de Estilo DOG

(Diferenzas entre revisións)
(Toponimia galega)
(Toponimia galega)
Liña 3: Liña 3:
== Toponimia galega ==
== Toponimia galega ==
-
A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, establece no seu artigo 10.1: «Os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega [http://cpapx.xunta.es/toponimia-oficial?content=/Portal-Cpapx/Contidos/Estandar/Secretaria_xeral/Servizos/busca_directa_toponimia.html (<ins>Toponimia</ins>)].»
+
A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, establece no seu artigo 10.1: «Os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega [http://cpapx.xunta.es/toponimia-oficial?content=/Portal-Cpapx/Contidos/Estandar/Secretaria_xeral/Servizos/busca_directa_toponimia.html (<ins>Buscador Toponimia</ins>)].»
-
Daquela, os topónimos galegos deben empregarse sempre, calquera que sexa a lingua en que redactemos, na forma galega ditaminada pola Comisión de Toponimia e aprobada pola Xunta de Galicia [http://cpapx.xunta.es/toponimia-oficial?content=/Portal-Cpapx/Contidos/Estandar/Secretaria_xeral/Servizos/busca_directa_toponimia.html (<ins>Toponimia</ins>)]:
+
Daquela, os topónimos galegos deben empregarse sempre, calquera que sexa a lingua en que redactemos, na forma galega ditaminada pola Comisión de Toponimia e aprobada pola Xunta de Galicia [http://cpapx.xunta.es/toponimia-oficial?content=/Portal-Cpapx/Contidos/Estandar/Secretaria_xeral/Servizos/busca_directa_toponimia.html (<ins>Bucador Toponimia</ins>)]:

Revisión como estaba o 3 de maio de 2013 ás 06:38

Páxinas principais

Índice

Toponimia galega

A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, establece no seu artigo 10.1: «Os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega (Buscador Toponimia)

Daquela, os topónimos galegos deben empregarse sempre, calquera que sexa a lingua en que redactemos, na forma galega ditaminada pola Comisión de Toponimia e aprobada pola Xunta de Galicia (Bucador Toponimia):


Galego Castelán
Os concellos da Rúa, O Barco de Valdeorras e Rubiá están na comarca de Valdeorras. Los ayuntamientos de A Rúa, O Barco de Valdeorras y Rubiá están en la comarca de Valdeorras.
A Caguenla é un lugar da parroquia do Esto, no concello de Cabana de Bergantiños. A Caguenla es un lugar de la parroquia de O Esto, en el municipio de Cabana de Bergantiños.


OBSERVACIÓNS:
  • Como vemos nos exemplos, cando redactamos en galego os artigos dos topónimos contraen coas preposición, igual que as palabras comúns. En castelán non se fai tal contracción.
  • Respecto das denominacións das parroquias, o Nomenclátor inclúe entre parénteses a advocación de todas elas ―Laraxe (San Mamede) ―, pero cando as citamos en textos administrativos, tal dato é prescindible, salvo que a advocación forme parte do nome da parroquia: San Martiño do Porto e Santa Cruz do Salto son dúas parroquias do concello de Cabanas.
↑ Voltar ↑

Toponimia de fóra de Galicia

En certos ámbitos, como o xornalístico, os topónimos non galegos (españois e doutros países) adoitan adaptarse ao galego, tanto fonética como morfoloxicamente (Alxeria, Castela-A Mancha, Guadalaxara, Moscova, Texo, Xetafe, Xirona...).

Agora ben, no ámbito institucional, en topónimos do Estado español debe primar o criterio de oficialidade ou dobre oficialidade e non o de adaptación.

En consecuencia, estes son os criterios que se seguirán nos textos que se publiquen no DOG e tamén o recomendado para outras publicacións institucionais:

↑ Voltar ↑

Topónimos españois

  • Os topónimos estatais das comunidades autónomas onde o castelán é a única lingua oficial empregaranse na forma castelá: Badajoz, Castilla y León, Castilla-La Mancha, Jaén, Torrejón de Ardoz...
OBSERVACIÓN: Empréganse en forma adaptada ao galego os topónimos Douro e Texo.
Para a denominación das comunidades autónomas, e da súa forma de organización, véxase a epigrafe c) Denominaciones oficiales.[1]
  • Os topónimos das comunidades autónomas de Illes Balears, Cataluña, Comunidade Valenciana e País Vasco empregaranse, tanto nos textos redactados en castelán como nos redactados en galego, na forma oficial recollida na lexislación estatal ou autonómica respectiva:
Así:
Girona e Lleida (Lei estatal 2/1992, do 28 de febreiro, BOE núm. 29, do 2 de febreiro).
Gipuzkoa e Bizkaia (Lei estatal 19/2011, do 5 de xullo, BOE núm. 160, do 6 de xullo).
Alacant, Elx ou Castelló (Orde do 1 de decembro de 1993, da Consellería de Educación e Ciencia, sobre o uso das linguas oficiais na toponimia, na sinalización das vías de comunicación e na rotulación dos servizos públicos no ámbito territorial da Comunidade Valenciana).
Andratx, Eivissa... (Decreto 2/2004, de 16 de enero, de modificación del Decreto 36/1988, de 14 de abril, por el cual se publican en el BOCAIB las formas oficiales de los topónimos de las Illes Balears.).
  • Cando se tratar dun topónimo con forma dobre ou bilingüe, indicaranse esas dúas formas oficiais separadas por unha barra lateral (neste caso respectarase a orde en que se inscribisen oficialmente):
Así:
Araba/Álava (Lei estatal 19/2011, do 5 de xullo, BOE núm. 160, do 6 de xullo).
Donostia/San Sebastián

Nos seguintes enlaces pode consultarse a toponimia oficial de distintas comunidades autónomas:

Cataluña: http://www20.gencat.cat/portal/site/territori/menuitem.dbf7b17bb47cda345f13ae92b0c0e1a0/?vgnextoid=32f04413c1548210VgnVCM1000008d0c1e0aRCRD&vgnextchannel=32f04413c1548210VgnVCM1000008d0c1e0aRCRD
Comunidade Valenciana: http://terrasit.gva.es/es/ver?servicio=toponimia
País Vasco: http://www1.euskadi.net/euskara_udalerriak/indice_c.asp?ilocal=c
Datos del Registro de Entidades Locales Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas. Versión dixital: http://ssweb.mpt.es/REL/
↑ Voltar ↑

Topónimos non españois

Os topónimos non españois adáptanse ao galego cando así estea consolidado no uso e mantéñense na forma orixinal no resto dos casos:

Beixing (galego) → Beijing (castelán)
Bos Aires (galego) → Buenos Aires (castelán)
Nova York (galego) → Nueva York (castelán)
Iemen (galego) → Yemen (castelán)
Paraguai (galego) → Paraguay (castelán)
Xangai (galego) → Shanghai (castelán)
Xeorxia (galego) → Georgia (castelán)
Uruguai (galego) → Uruguay (castelán)
↑ Voltar ↑

Referencias

  1. RESOLUCIÓN de 28 de julio de 2005, de la Subsecretaría, por la que se da publicidad al Acuerdo del Consejo de Ministros, de 22 de julio de 2005, por el que se aprueban las Directrices de técnica normativa (BOE núm. 180, do 29 de xullo). Páxinas 26889 e 26890.
↑ Voltar ↑

Ferramentas persoais
Xunta de Galicia