Observacións sobre algunhas construcións gramaticais
De Manual de Estilo DOG
 (→Complemento directo)  | 
		 (→O pronome SE nas construcións impersoais)  | 
		||
| Liña 55: | Liña 55: | ||
! style="border-style:solid; border-width: 0 0 1px 0; border-color:#ccccff; background:#cccfff" width="50%" | '''Construcións correctas'''  | ! style="border-style:solid; border-width: 0 0 1px 0; border-color:#ccccff; background:#cccfff" width="50%" | '''Construcións correctas'''  | ||
|-  | |-  | ||
| - | | style="border-style:solid; border-width: 0 1px 1px 0; border-color:#ccccff" valign="top" align="justify" | As solicitudes <font color="maroon">presentaranse polos aspirantes</font> no prazo dun mes.  | + | | style="border-style:solid; border-width: 0 1px 1px 0; border-color:#ccccff" valign="top" align="justify" | <font color="#0066cc">As solicitudes <font color="maroon">presentaranse polos aspirantes</font> no prazo dun mes.</font>  | 
| style="border-style:solid; border-width: 0 0 1px 0; border-color:#ccccff" align="justify" | <font color="maroon">Os aspirantes presentarán as solicitudes</font> no prazo dun mes.<br>  | | style="border-style:solid; border-width: 0 0 1px 0; border-color:#ccccff" align="justify" | <font color="maroon">Os aspirantes presentarán as solicitudes</font> no prazo dun mes.<br>  | ||
As solicitudes <font color="maroon">serán presentadas polos aspirantes</font> no prazo dun mes.<br>  | As solicitudes <font color="maroon">serán presentadas polos aspirantes</font> no prazo dun mes.<br>  | ||
Revisión como estaba o 3 de maio de 2013 ás 09:34
|  
 Páxinas principais  | 
Complemento directo
- En xeral, o complemento directo constrúese sen a preposición a:
 
| Construcións incorrectas | Construcións correctas | 
|---|---|
| Autorízase á conselleira para ditar cantas normas sexan necesarias. | Autorízase a conselleira para ditar cantas normas sexan necesarias. | 
| Substituirase ao persoal necesario para poder cumprir os servizos mínimos. | Substituirase o persoal necesario para poder cumprir os servizos mínimos. | 
| O tribunal convocará aos opositores para a realización da proba. | O tribunal convocará os opositores para a realización da proba. | 
| A formación profesional ten por finalidade preparar ao alumnado para a actividade nun campo profesional. | A formación profesional ten por finalidade preparar o alumnado para a actividade nun campo profesional. | 
| Os requisitos de titulación establecidos nesta lei non afectarán ao profesorado que estea prestando os seus servizos en centros docentes. | Os requisitos de titulación establecidos nesta lei non afectarán o profesorado que estea prestando os seus servizos en centros docentes. | 
| A aceptación das alteracións non exime ao beneficiario das sancións que lle poidan corresponder. | A aceptación das alteracións non exime o beneficiario das sancións que lle poidan corresponder. | 
- Nalgúns casos si precisa ser marcado coa preposición a para evitar confusións entre o suxeito e o complemento directo cando a orde sintáctica (suxeito + verbo + complementos) non abonda para facer esa función.
 
| Construcións incorrectas | Construcións correctas | 
|---|---|
| A designación dos vogais suplentes realizarana os que designen os titulares. | A designación dos vogais suplentes realizarana os que designen aos titulares. | 
| Informarase o aspirante do material necesario para a realización da proba. |  Informarase ao aspirante do material necesario para a realización da proba.
 (Así evítase a posible ambigüidade de que a frase poida entenderse do seguinte xeito: «O aspirante informarase (el mesmo) do material...»).  | 
O pronome SE nas construcións impersoais
- O pronome SE emprégase en construcións impersoais, activas e pasivas, para indeterminar o suxeito ou o complemento axente. Dado que se trata de deixar na indeterminación, son incorrectos os usos do pronome SE e mais o complemento axente:
 
| Construcións incorrectas | Construcións correctas | 
|---|---|
| As solicitudes presentaranse polos aspirantes no prazo dun mes. |  Os aspirantes presentarán as solicitudes no prazo dun mes. As solicitudes serán presentadas polos aspirantes no prazo dun mes.  | 
| As propostas elaboraranse por este servizo. |  Este servizo elaborará as propostas. As propostas serán elaboradas por este servizo.  | 
| A modificación do plan asinarase polo alcalde no próximo pleno. |  O alcalde asinará a modificación do plan no próximo pleno. A modificación do plan será asinada polo alcalde no próximo pleno.  | 
| Acórdase que polo representante da administración se dea comezo ao levantamento das actas previas. | Acórdase que o presentante da administración dea comezo ao levantamento das actas previas. | 
Usos incorrectos do xerundio
Xerundio como adxetivo especificativo
| Construcións incorrectas | Construcións correctas | 
|---|---|
| Os órganos de contratación non necesitarán, tampouco, publicar o anuncio convocando a licitación cando se trate de adxudicar os contratos. | Os órganos de contratación non necesitarán, tampouco, publicar o anuncio mediante o cal convoquen a licitación cando se trate de adxudicar os contratos. | 
| O acordo rexeitando un subcontratista deberáselle notificar por escrito ao licitador ou ao adxudicatario. | O acordo polo cal se rexeite un subcontratista deberáselle notificar por escrito ao licitador ou ao adxudicatario. | 
| Cada contribuínte recibirá no seu domicilio un sobre contendo as instrucións e mais a solicitude. | Cada contribuínte recibirá no seu domicilio un sobre coas instrucións e mais a solicitude. | 
| Non anotar a viaxe ou anotala faltando datos esenciais. | Non anotar a viaxe ou anotala sen os datos esenciais. | 
Xerundio como nexo (abundancia de xerundios)
Cómpre evitar o uso do xerundio como nexo entre bloques longos de texto:
| Construcións incorrectas | Construcións correctas | 
|---|---|
| O persoal rexerase polo dereito laboral en todo aquilo que sexa de aplicación, séndolle aplicable tamén o réxime de incompatibilidade previsto na lei. | O persoal rexerase polo dereito laboral en todo aquilo que sexa de aplicación. Tamén lle será aplicable o réxime de incompatibilidade previsto na lei. | 
| A designación dos vogais realizaraa a Comisión Nacional do Mercado de Valores de entre os candidatos propostos polas entidades mencionadas nos puntos anteriores tendo prioridade na designación aquela candidatura que represente os mercados e sistemas. | A designación dos vogais realizaraa a Comisión Nacional do Mercado de Valores de entre os candidatos propostos polas entidades mencionadas nos puntos anteriores. Terá prioridade na designación aquela candidatura que represente os mercados e sistemas. | 
| A citada empresa solicita a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, para a instalación eléctrica «Liña de media tensión, centro de transformación e rede de baixa tensión, presentando o preceptivo proxecto das instalacións a que fai referencia o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE 27 de decembro de 2000, núm. 310), que regula as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e xuntando a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina o artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico». | A citada empresa solicita a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, para a instalación eléctrica «Liña de media tensión, centro de transformación e rede de baixa tensión. Para isto presenta o preceptivo proxecto das instalacións a que fai referencia o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE 27 de decembro de 2000, núm. 310), que regula as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e xunta a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina o artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico». | 
| Correspóndelle ao/á xefe/a territorial competente por razón de territorio, por delegación da conselleira de Traballo e Benestar, a resolución das adxudicacións das estadías levantando acta do devandito sorteo e remitindo o resultado aos respectivos director/a das residencias. | Correspóndelle ao/á xefe/a territorial competente por razón de territorio, por delegación da conselleira de Traballo e Benestar, a resolución das adxudicacións das estadías, quen levantará acta do devandito sorteo e remitirá o resultado aos respectivos director/a das residencias. | 
Xerundio con valor de posterioridade
| Construcións incorrectas | Construcións correctas | 
|---|---|
| A autorización das restantes variacións por riba do inicialmente orzado correspóndelle ao Consello Reitor, debendo dar conta, posteriormente, á consellería competente en materia de facenda. | A autorización das restantes variacións por riba do inicialmente orzado... correspóndelle ao Consello Reitor, que deberá dar conta, posteriormente, á consellería competente en materia de facenda. | 
| Os titulares destes centros directivos serán nomeados e, se é o caso, separados por orde do ministro de Industria, Turismo e Comercio, debendo ser informado posteriormente o Consello de Administración. | Os titulares destes centros directivos serán nomeados e, se é o caso, separados por orde do ministro de Industria, Turismo e Comercio, e deberá ser informado posteriormente o Consello de Administración. | 
| As resolucións que carezan da documentación non serán tramitadas, concedéndolles aos solicitantes un prazo de 10 días para a súa emenda. | As resolucións que carezan da documentación non serán tramitadas, e concederáselles aos solicitantes un prazo de 10 días para a súa emenda. | 
| Os documentos quedarán en poder dos beneficiarios, segundo o establecido no Regulamento XXX, debendo indicar o beneficiario o lugar de custodia e depósito da documentación. | Os documentos quedarán en poder dos beneficiarios, segundo o establecido no Regulamento XXX. O beneficiario deberá indicar o lugar de custodia e depósito da documentación. | 
Estrutura substantivo + a + infinitivo
Esta é unha estrutura calcada do francés que convén evitar. Temos varias opcións para substituíla:
| Construcións incorrectas | Construcións correctas | 
|---|---|
| Cantidades a deducir |  — Cantidades deducibles — Cantidades para deducir  | 
| Documentación a presentar |  — Documentación que hai que presentar — Documentación que cómpre presentar  | 
| Os solicitantes dispoñen dun prazo de dez días a contar a partir da entrega da solicitude. | Os solicitantes dispoñen dun prazo de dez días contados a partir da entrega da solicitude. | 
| Constitúen postos a ocupar por persoal directivo aqueles así definidos na relación de postos de traballo. |  — Constitúen postos que ocupará persoal directivo aqueles así definidos na relación de postos de traballo. — Constitúen postos que serán ocupados por persoal directivo aqueles así definidos na relación de postos de traballo.  | 
| Para outras áreas a explotar dentro desta concesión será preciso revisar esta declaración de impacto ambiental. |  — Para explotar outras áreas dentro desta concesión será preciso revisar esta declaración de impacto ambiental. — Para outras áreas que se pretendan explotar dentro desta concesión será preciso revisar esta declaración de impacto ambiental.  | 
A conxunción que
- Débese coidar a presenza da conxunción que en construcións subordinadas e en locucións adverbiais, en contextos como os seguintes:
 
| Construcións incorrectas | Construcións correctas | 
|---|---|
| Solicita se lle notifiquen os cambios no plan de desenvolvemento. | Solicita que se lle notifiquen os cambios no plan de desenvolvemento. | 
Declara:
  | Declara:
  | 
| Que se rexistrarán como patrimonio unha vez sexan acordadas... | Que se rexistrarán como patromonio unha vez que sexan acordadas... | 
- Cómpre sinalar tamén que a presenza da conxunción non exclúe a necesidade da preposición de con determinados verbos:
 
| Construcións incorrectas | Construcións correctas | 
|---|---|
| Infórmase que o prazo para a entrega da documentación será de dez días. | Infórmase de que o prazo para entrega da documentación será de dez días. | 
| Advírtese os interesados que o prazo remata o día 25. | Advírtese os interesados de que o prazo remata o día 25. | 
Algún(s)/algunha(s) en frases negativas
- A diferenza do castelán, en galego estes indefinidos, pospostos ao substantivo en estruturas negativas, non teñen valor negativo. Debemos empregar ningún(s)/ningunha(s).
 
| Construcións incorrectas | Construcións correctas | 
|---|---|
| Non se prevé posibilidade algunha de modificación de proxecto. | Non se prevé posibilidade ningunha de modificación do proxecto. | 
| Unha vez transcorrido o prazo, non procederá reclamación algunha. | Unha vez transcorrido o prazo, non procederá reclamación ningunha. | 
| Que sexan presentados polas entidades beneficiarias en réxime de administración directa e sen percibir contraprestación algunha por parte dos usuarios. | Que sexan presentados polas entidades beneficiarias en réxime de administración directa e sen percibir contraprestación ningunha por parte dos usuarios. | 
Ambos e ambas
- Poden ser núcleo ou modificador. Se son núcleo non exixen a presenza do artigo:
 
- Ambos solicitaron a inclusión na póliza do seguro dunha nova cláusula.
 - Fixérono entre ambos.
 
- Ambos solicitaron a inclusión na póliza do seguro dunha nova cláusula.
 
- Pero exixen a presenza de artigo cando funcionan como determinante:
 
| Construcións incorrectas | Construcións correctas | 
|---|---|
| A totalidade da axuda repartiuse entre ambas partes. | A totalidade da axuda repartiuse entre ambas as partes. | 
| Ambos alcaldes asinaron o acordo. | Ambos os alcaldes asinaron o acordo. | 
Mesmo, -a, -os, -as con valor anafórico
- Este identificador non debe empregarse, con valor pronominal, para referirse a un antecedente substantivo (o denominado valor anafórico).
 
- No seu lugar debemos empregar solucións como pronomes persoais (el, ela...), demostrativos (este, ese, aquel) ou posesivos (seu, súa...). Nalgúns casos podemos incluso eliminalo.
 
| Construcións incorrectas | Construcións correctas | 
|---|---|
| Deberán colaborar coa Inspección de Servizos nas funcións que lle sexan encomendadas á mesma. | Deberán colaborar coa Inspección de Servizos nas funcións que lle sexan encomendadas a esta. | 
| Os fabricantes de aparellos ou elementos de elevación, así como os importadores dos mesmos, deberán contar cun técnico titulado competente. | Os fabricantes de aparellos ou elementos de elevación, así como os seus importadores, deberán contar cun técnico titulado competente. | 
| Proponse a prevención de conflitos e a resolución pacífica dos mesmos. | Proponse a prevención de conflitos e a súa resolución pacífica. | 
| O sistema educativo organízase en etapas, ciclos, cursos e niveis de forma que se asegure a transición entre os mesmos e, de ser o caso, dentro de cada un deles. | O sistema educativo organízase en etapas, ciclos, cursos e niveis de forma que se asegure a transición entre estes e, de ser o caso, dentro de cada un deles. | 
| Para a realización das probas de avaliación nas distintas competencias clave poderanse ditar instrucións específicas na orde de chamada das persoas inscritas ás mesmas. | Para a realización das probas de avaliación nas distintas competencias clave poderanse ditar instrucións específicas na orde de chamada das persoas inscritas. | 
- Si é correcto o seu emprego no caso de que mesmo, -a, -os, -as actúe como identificador, adxectivo ou pronome:
 
- Debe optar entre a readmisión inmediata do demandante nas mesmas condicións que posuía con anterioridade.
 
- O procedemento que se seguirá será o mesmo que para a concesión das axudas.
 
Ir + infinitivo
A perífrase ir + infinitivo nunca leva preposición a en galego.
| Construcións incorrectas | Construcións correctas | 
|---|---|
| Que no concello onde vive o estudante non exista oferta correspondente ao curso que vaia a realizar. | Que no concello onde vive o estudante non exista oferta correspondente ao curso que vaia realizar. | 
| A persoa que vai a solicitar a axuda debe entregar a documentación requirida. | A persoa que vai solicitar a axuda debe entregar a documentación requirida. | 
Vir de + infinitivo
Esta construción ás veces emprégase falsamente como perífrase de anterioridade recente Vir de + Infinitivo. Esta construción existe, e pode ter esa acepción temporal, pero o auxiliar nunca perde o significado de desprazamento físico (vir de):
| Construcións incorrectas | Construcións correctas | 
|---|---|
| O presidente vén de asinar un acordo cos sindicatos. |  — O presidente acaba de asinar un acordo cos sindicatos — O presidente asinou un acordo cos sindicatos  | 
| A Xunta de Galicia vén de autorizar a sinatura dun convenio de colaboración co concello. |  — A Xunta de Galicia autorizou a sinatura dun convenio de colaboración co concello. — A Xunta de Galicia acaba de autorizar a sinatura dun convenio de colaboración co concello.  | 
Ter + participio
Esta construción, como perífrase, fai referencia a unha acción rematada e reiterada:
Terán dereito á axuda aquelas entidades que teñan asignado as funcións indicadas.
Non é perífrase verbal cando o verbo ter conserva o significado de posesión e o participio:
Terán dereito á axuda aquelas entidades que teñan asignadas as funcións indicadas.

