Linguaxe non sexista
De Manual de Estilo DOG
(Non se mostran 3 revisións do historial.) | |||
Liña 6: | Liña 6: | ||
Na redacción dos textos para publicar no ''Diario Oficial de Galicia'' consideraremos os usos promovidos pola área de igualdade da Xunta de Galicia:
| Na redacción dos textos para publicar no ''Diario Oficial de Galicia'' consideraremos os usos promovidos pola área de igualdade da Xunta de Galicia:

- | http://igualdade.xunta.es/linguaxe-non-sexista
| + | http://igualdade.xunta.es/gl/content/linguaxe-non-sexista

Segundo as súas recomendacións para introducir a perspectiva de xénero, poderiamos ter en conta o seguinte:
| Segundo as súas recomendacións para introducir a perspectiva de xénero, poderiamos ter en conta o seguinte:

1. Nun texto onde se fai referencia a unha persoa determinada ou a un grupo de persoas do mesmo sexo, débense adaptar as formas ao xénero que corresponda.

1. Nun texto onde se fai referencia a unha persoa determinada ou a un grupo de persoas do mesmo sexo, débense adaptar as formas ao xénero que corresponda.

Liña 25: | Liña 25: | ||

2. Preferiremos os recursos que non comporten o uso de formas dobres, como a utilización de termos colectivos, plurais ou xenéricos. No canto de:

2. Preferiremos os recursos que non comporten o uso de formas dobres, como a utilización de termos colectivos, plurais ou xenéricos. No canto de:

Liña 36: | Liña 36: | ||

3. Nos formularios (solicitudes, declaracións xuradas...), e sempre que sexa posible, podemos optar polas formas despersonalizadas ou polo uso de determinantes que sexan inclusivos:

3. Nos formularios (solicitudes, declaracións xuradas...), e sempre que sexa posible, podemos optar polas formas despersonalizadas ou polo uso de determinantes que sexan inclusivos:

Liña 46: | Liña 46: | ||

4. Cando acudamos ás formas dobres, pódense presentar varias opcións:

4. Cando acudamos ás formas dobres, pódense presentar varias opcións:

a) Efectuar a dobre flexión nos substantivos:

a) Efectuar a dobre flexión nos substantivos:

Liña 57: | Liña 57: | ||

b) Realizala nos adxectivos ou determinantes:

b) Realizala nos adxectivos ou determinantes:

Liña 114: | Liña 114: | ||

- | a persoa xogadora (= | + | a persoa xogadora (=«que xoga con frecuencia ou amiga de xogar»)

- | persoas traballadoras (= | + | persoas traballadoras (=«que traballan moito») no canto de traballadores e traballadoras

- | persoas armadoras das embarcacións (= | + | persoas armadoras das embarcacións (=«que arman as embarcacións»)

- | persoas consumidoras (= | + | persoas consumidoras (=«que consomen moito») |

Liña 187: | Liña 187: | ||

• Non recorreremos nunca á arroba para reflectir os dous xéneros:

• Non recorreremos nunca á arroba para reflectir os dous xéneros:

Liña 201: | Liña 200: | ||

- | Para a obtención de máis recursos sobre termos lingüísticos non sexistas, suxestións igualitarias, inclusivas, termos colectivos ou xenéricos existe unha aplicación: | + | Para a obtención de máis recursos sobre termos lingüísticos non sexistas, suxestións igualitarias, inclusivas, termos colectivos ou xenéricos existe unha aplicación:

- | http://www.exeria.net | + | |

+ | http://www.exeria.net

Revisión actual feita o 3 de maio de 2013 ás 11:43
Páxinas principais |
O uso do masculino como xénero non marcado contribúe a invisibilizar a presenza das mulleres e a súa intervención na sociedade. Os textos institucionais das administracións públicas deben evitar os usos discriminatorios, entre eles os usos sexistas da lingua, e promover as expresións lingüísticas mixtas, as alternativas que procuran a igualdade, a inclusión, o respecto e a claridade na comunicación.
Na redacción dos textos para publicar no Diario Oficial de Galicia consideraremos os usos promovidos pola área de igualdade da Xunta de Galicia:
http://igualdade.xunta.es/gl/content/linguaxe-non-sexista
Segundo as súas recomendacións para introducir a perspectiva de xénero, poderiamos ter en conta o seguinte:
1. Nun texto onde se fai referencia a unha persoa determinada ou a un grupo de persoas do mesmo sexo, débense adaptar as formas ao xénero que corresponda.
Construcións incorrectas | Construcións correctas |

Marta Cases, arquitecto técnico O candidato, Berta Martínez | Marta Cases, arquitecta técnica A candidata, Berta Martínez |
2. Preferiremos os recursos que non comporten o uso de formas dobres, como a utilización de termos colectivos, plurais ou xenéricos. No canto de:
Director → dirección
presidente → presidencia
voluntarios → voluntariado
mozos → mocidade
adolescentes → adolescencia
clientes → clientela...
3. Nos formularios (solicitudes, declaracións xuradas...), e sempre que sexa posible, podemos optar polas formas despersonalizadas ou polo uso de determinantes que sexan inclusivos:
O interesado → a persoa interesada
O demandante → quen demanda
O solicitante → cada solicitante
Os aspirantes → as persoas aspirantes
4. Cando acudamos ás formas dobres, pódense presentar varias opcións:
a) Efectuar a dobre flexión nos substantivos:
As nais e os pais
O secretario ou a secretaria
b) Realizala nos adxectivos ou determinantes:
Os traballadores cualificados e cualificadas
Os/as teclistas
Nesta opción, coidaremos a alternancia na orde dos dous elementos, masculino e feminino, ao longo do texto, para outorgarlle unha coherencia igualitaria.
Para evitar o alongamento excesivo das expresións, a recorrencia, por economía lingüística e para conseguir unha maior sinxeleza, optaremos pola concordancia (en xénero e número) co termo non marcado:
Construcións incorrectas | Construcións correctas |

as traballadoras cualificadas e os traballadores cualificados... os traballadores e as traballadoras cualificadas... | as traballadoras e os traballadores cualificados... |
Agora ben, unha vez incorporada a linguaxe non sexista, convén facer unha chamada de atención sobre determinados usos constatados que se veñen instalando e que non acaban de ser correctos:
• Con respecto á utilización do termo inclusivo persoa/s ou persoal:
◦ Deberemos realizar a concordancia de xénero e número requirida cando introducimos este termo, posto que ás veces non aparece concertado:
Construcións incorrectas | Construcións correctas |

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, emprazándoos para que poidan comparecer como demandados... | O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, emprazándoas para que poidan comparecer como demandadas... |
II) Calquera persoa que non figure como participante nos datos da organización será excluído da actividade. | II) Calquera persoa que non figure como participante nos datos da organización será excluída da actividade. |
persoas consumidoras e usuarios | persoas consumidoras e usuarias |
persoas titulares e membros | titulares e membros (invariable en xén.) |
ORDE do 23 de xuño de 2011 pola que se regula a xornada de traballo do persoal funcionario e laboral docentes que imparten as ensinanzas... | ORDE do 23 de xuño de 2011 pola que se regula a xornada de traballo do persoal funcionario e laboral docente que imparte as ensinanzas... |
◦ Teremos en conta aqueles contextos en que o termo «persoa+adxectivo cualificativo» pode introducir matices de significado indesexados ou erróneos:
a persoa xogadora (=«que xoga con frecuencia ou amiga de xogar»)
persoas traballadoras (=«que traballan moito») no canto de traballadores e traballadoras
persoas armadoras das embarcacións (=«que arman as embarcacións»)
persoas consumidoras (=«que consomen moito»)
• Nas listaxes que constitúen as relacións de postos de traballo (RPT), deberemos manter a posibilidade dos dous xéneros na súa denominación:
Denominación do posto: secretario/a do director/a xeral
Denominación do posto de traballo: subdirector/a xeral de Xestión Técnico-Administrativa e Orzamentaria
Denominación do posto de traballo: xefe/a do Servizo de Persoal e Asesoramento
• Ligado ás denominacións dos postos, convén destacar a normalidade na utilización de termos nos dous xéneros, o cal ata o de agora non sempre se incluía:
médica / médico
xuíz / xuíza
comadroa /comadrón
matrón / matroa
legoeiro / legoeira
limpador / limpadora
pasador / pasadora de ferro
mecánico / mecánica
xefe / xefa
presidente / presidenta
xerente (m. e f.)
axente (m. e f.)
telefonista (m. e f.)
membro (m. e f.)
• Evitaremos os contextos que son discriminatorios e non inclusivos dos dous xéneros:
traballo hora/home
traballo hora/persoa
• Canto ao uso das barras con formas dobres, de se usaren, convén reproducir no segundo termo a totalidade da palabra cando se trata de palabras monosílabas:
do/a
un/ha ou un/nha
do/da
un/unha
• Á hora de utilizar as barras deberiamos medir cal é o alcance do que queremos expresar, para que non se dean contextos erróneos como:
os postos a eles/elas reservados/as
os postos a eles/elas reservados
• Non recorreremos nunca á arroba para reflectir os dous xéneros:
estimad@s...
traballador@s
alumn@s
psicólog@s
Para a obtención de máis recursos sobre termos lingüísticos non sexistas, suxestións igualitarias, inclusivas, termos colectivos ou xenéricos existe unha aplicación:
http://www.exeria.net