Linguaxe non sexista

De Manual de Estilo DOG

(Diferenzas entre revisións)

Liña 11: Liña 11:
Segundo as súas recomendacións para introducir a perspectiva de xénero, poderiamos ter en conta o seguinte:

Segundo as súas recomendacións para introducir a perspectiva de xénero, poderiamos ter en conta o seguinte:

1. Nun texto onde se fai referencia a unha persoa determinada ou a un grupo de persoas do mesmo sexo, débense adaptar as formas ao xénero que corresponda.

1. Nun texto onde se fai referencia a unha persoa determinada ou a un grupo de persoas do mesmo sexo, débense adaptar as formas ao xénero que corresponda.

Liña 25: Liña 25:

2. Preferiremos os recursos que non comporten o uso de formas dobres, como a utilización de termos colectivos, plurais ou xenéricos. No canto de:

2. Preferiremos os recursos que non comporten o uso de formas dobres, como a utilización de termos colectivos, plurais ou xenéricos. No canto de:

Liña 36: Liña 36:

3. Nos formularios (solicitudes, declaracións xuradas...), e sempre que sexa posible, podemos optar polas formas despersonalizadas ou polo uso de determinantes que sexan inclusivos:

3. Nos formularios (solicitudes, declaracións xuradas...), e sempre que sexa posible, podemos optar polas formas despersonalizadas ou polo uso de determinantes que sexan inclusivos:

Liña 46: Liña 46:

4. Cando acudamos ás formas dobres, pódense presentar varias opcións:

4. Cando acudamos ás formas dobres, pódense presentar varias opcións:

a) Efectuar a dobre flexión nos substantivos:

a) Efectuar a dobre flexión nos substantivos:

Liña 57: Liña 57:

b) Realizala nos adxectivos ou determinantes:

b) Realizala nos adxectivos ou determinantes:

Revisión actual feita o 3 de maio de 2013 ás 11:43

Páxinas principais

O uso do masculino como xénero non marcado contribúe a invisibilizar a presenza das mulleres e a súa intervención na sociedade. Os textos institucionais das administracións públicas deben evitar os usos discriminatorios, entre eles os usos sexistas da lingua, e promover as expresións lingüísticas mixtas, as alternativas que procuran a igualdade, a inclusión, o respecto e a claridade na comunicación.

Na redacción dos textos para publicar no Diario Oficial de Galicia consideraremos os usos promovidos pola área de igualdade da Xunta de Galicia:

http://igualdade.xunta.es/gl/content/linguaxe-non-sexista

Segundo as súas recomendacións para introducir a perspectiva de xénero, poderiamos ter en conta o seguinte:

1. Nun texto onde se fai referencia a unha persoa determinada ou a un grupo de persoas do mesmo sexo, débense adaptar as formas ao xénero que corresponda.

Construcións incorrectas Construcións correctas
Marta Cases, arquitecto técnico

O candidato, Berta Martínez

Marta Cases, arquitecta técnica

A candidata, Berta Martínez

2. Preferiremos os recursos que non comporten o uso de formas dobres, como a utilización de termos colectivos, plurais ou xenéricos. No canto de:

Directordirección
presidentepresidencia
voluntariosvoluntariado
mozosmocidade
adolescentesadolescencia
clientesclientela...

3. Nos formularios (solicitudes, declaracións xuradas...), e sempre que sexa posible, podemos optar polas formas despersonalizadas ou polo uso de determinantes que sexan inclusivos:

O interesadoa persoa interesada
O demandantequen demanda
O solicitantecada solicitante
Os aspirantesas persoas aspirantes

4. Cando acudamos ás formas dobres, pódense presentar varias opcións:

a) Efectuar a dobre flexión nos substantivos:

As nais e os pais
O secretario ou a secretaria

b) Realizala nos adxectivos ou determinantes:

Os traballadores cualificados e cualificadas
Os/as teclistas

Nesta opción, coidaremos a alternancia na orde dos dous elementos, masculino e feminino, ao longo do texto, para outorgarlle unha coherencia igualitaria.

Para evitar o alongamento excesivo das expresións, a recorrencia, por economía lingüística e para conseguir unha maior sinxeleza, optaremos pola concordancia (en xénero e número) co termo non marcado:

Construcións incorrectas Construcións correctas
as traballadoras cualificadas e os traballadores cualificados...

os traballadores e as traballadoras cualificadas...

as traballadoras e os traballadores cualificados...

Agora ben, unha vez incorporada a linguaxe non sexista, convén facer unha chamada de atención sobre determinados usos constatados que se veñen instalando e que non acaban de ser correctos:

Con respecto á utilización do termo inclusivo persoa/s ou persoal:

Deberemos realizar a concordancia de xénero e número requirida cando introducimos este termo, posto que ás veces non aparece concertado:

Construcións incorrectas Construcións correctas
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, emprazándoos para que poidan comparecer como demandados... O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, emprazándoas para que poidan comparecer como demandadas...
II) Calquera persoa que non figure como participante nos datos da organización será excluído da actividade. II) Calquera persoa que non figure como participante nos datos da organización será excluída da actividade.
persoas consumidoras e usuarios persoas consumidoras e usuarias
persoas titulares e membros titulares e membros (invariable en xén.)
ORDE do 23 de xuño de 2011 pola que se regula a xornada de traballo do persoal funcionario e laboral docentes que imparten as ensinanzas... ORDE do 23 de xuño de 2011 pola que se regula a xornada de traballo do persoal funcionario e laboral docente que imparte as ensinanzas...

Teremos en conta aqueles contextos en que o termo «persoa+adxectivo cualificativo» pode introducir matices de significado indesexados ou erróneos:

a persoa xogadora (=«que xoga con frecuencia ou amiga de xogar»)
persoas traballadoras (=«que traballan moito»)
no canto de traballadores e traballadoras
persoas armadoras das embarcacións (=«que arman as embarcacións»)
persoas consumidoras (=«que consomen moito»)

Nas listaxes que constitúen as relacións de postos de traballo (RPT), deberemos manter a posibilidade dos dous xéneros na súa denominación:

Denominación do posto: secretario/a do director/a xeral
Denominación do posto de traballo: subdirector/a xeral de Xestión Técnico-Administrativa e Orzamentaria
Denominación do posto de traballo: xefe/a do Servizo de Persoal e Asesoramento

Ligado ás denominacións dos postos, convén destacar a normalidade na utilización de termos nos dous xéneros, o cal ata o de agora non sempre se incluía:

médica / médico
xuíz / xuíza
comadroa /comadrón
matrón / matroa
legoeiro / legoeira
limpador / limpadora
pasador / pasadora de ferro
mecánico / mecánica
xefe / xefa
presidente / presidenta
xerente (m. e f.)
axente (m. e f.)
telefonista (m. e f.)
membro (m. e f.)

Evitaremos os contextos que son discriminatorios e non inclusivos dos dous xéneros:

traballo hora/home
traballo hora/persoa

Canto ao uso das barras con formas dobres, de se usaren, convén reproducir no segundo termo a totalidade da palabra cando se trata de palabras monosílabas:

do/a
un/ha ou un/nha
do/da
un/unha

Á hora de utilizar as barras deberiamos medir cal é o alcance do que queremos expresar, para que non se dean contextos erróneos como:

os postos a eles/elas reservados/as
os postos a eles/elas reservados

Non recorreremos nunca á arroba para reflectir os dous xéneros:

estimad@s...
traballador@s
alumn@s
psicólog@s

Para a obtención de máis recursos sobre termos lingüísticos non sexistas, suxestións igualitarias, inclusivas, termos colectivos ou xenéricos existe unha aplicación:

http://www.exeria.net
Ferramentas persoais
Xunta de Galicia