Normas xerais de todos os textos
De Manual de Estilo DOG
(→Contido desta sección) |
(→Contido desta sección) |
||
Liña 4: | Liña 4: | ||
Recollemos aquí unha serie de pautas de estilo, no tocante a aspectos formais, que se aplicarán na edición do DOG. Mais tamén serían aplicables a outros documentos ou publicacións institucionais. | Recollemos aquí unha serie de pautas de estilo, no tocante a aspectos formais, que se aplicarán na edición do DOG. Mais tamén serían aplicables a outros documentos ou publicacións institucionais. | ||
- | Os formatos fixados refírense ao produto final, é dicir, aos textos na súa fase de publicación, aínda que moitas desas normas de estilo poden ser aplicadas polos publicadores xa na fase previa de redacción dos orixinais. | + | Os formatos fixados refírense ao produto final, é dicir, aos textos na súa fase de publicación, aínda que moitas desas normas de estilo poden ser aplicadas polos emisores publicadores xa na fase previa de redacción dos orixinais. |
<div style="text-align: right; font-size: 90%;">[[#bodyContent|<span style="color: #002bb8;">↑ Voltar ↑</span>]]</div><noinclude> | <div style="text-align: right; font-size: 90%;">[[#bodyContent|<span style="color: #002bb8;">↑ Voltar ↑</span>]]</div><noinclude> | ||
Revisión como estaba o 7 de agosto de 2014 ás 10:23
Páxinas principais |
Índice |
Contido desta sección
Recollemos aquí unha serie de pautas de estilo, no tocante a aspectos formais, que se aplicarán na edición do DOG. Mais tamén serían aplicables a outros documentos ou publicacións institucionais.
Os formatos fixados refírense ao produto final, é dicir, aos textos na súa fase de publicación, aínda que moitas desas normas de estilo poden ser aplicadas polos emisores publicadores xa na fase previa de redacción dos orixinais.
Formato electrónico
- Os documentos de texto que se envíen para publicar no DOG serano en formatos compatibles con Microsoft Word de Office 2010, coas extensións .doc ou .docx.
- As táboas e relacións poderán ter a extensión .xls (Microsoft Excel).
- En todo caso, os documentos deberán ser sempre enviados en formatos editables e convertibles para a edición.
- Só excepcionalmente se admitirán imaxes, que se reproducirán no DOG tal como foron enviadas. Nestes casos, é inescusable que o organismo responsable da elaboración das imaxes vele pola corrección lingüística dos textos que tales imaxes poidan conter (en cuestións xerais de lingua e noutras como a toponimia). De non ser así, os textos remitidos ao DOG poderán ser devoltos para a súa corrección.
- Cando no texto se introduzan enlaces de acceso a páxinas web, cómpre asegurarse de que efectivamente leven o lector á páxina a que fan mención (por exemplo, para cubrir un formulario).
Tipo de letra, interliñado e xustificación
- Nos documentos que se envíen ao DOG utilizarase o tipo de letra Arial, redonda e de tamaño 11; un interliñado de 15 pt e xustificación completa.
- Só en casos xustificados se poderá facer excepción ás normas anteriores.
Letra maiúscula
Respecto do uso da maiúscula en inicial de palabra, véxase o punto correspondente das normas lingüísticas ( Uso de minúsculas e maiúsculas nas Normas de estilo e redacción).
En canto ao emprego noutros contextos, é importante ter en conta:
- Expresaranse con todos os caracteres en maiúscula:
- A primeira palabra do sumario dos documentos: ORDE do 10 de xuño de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras...; RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2011 pola que se lles da publicidade ás axudas; ANUNCIO de información pública etc.
- As fórmulas introdutorias do tipo DISPOÑO, RESOLVO etc.
- As siglas: DOG, BOE, OCDE ...
- Nos acrónimos só se expresará en maiúscula a primeira letra: Inega, Sergas, Seaga etc. Para máis detalles, véxase o capítulo correspondente á abreviación.
- Excepcionalmente, palabras que aparezan deste xeito en formularios.
- Non se admite o emprego da maiúscula en todas as letras de palabras e sintagmas fóra dos casos anteriores, como sucede con moita frecuencia en edictos de xulgados, en que aparecen deste xeito os nomes e apelidos das persoas citadas.
- Nas táboas admitirase transitoriamente o emprego de caracteres maiúsculos en nomes, apelidos, enderezos etc. se, por razóns de prazos, non se poden transformar a minúsculas. Con todo, deberase tender ao uso da minúscula, con carácter xeral, nas táboas. Ademais, cómpre ter en conta que a norma lingüística obriga a acentuar tamén as letras maiúsculas.
Letra cursiva
Expresaranse en cursiva:
- O sumario completo das disposicións e anuncios. Neste caso poranse en redonda aquelas expresións que, nun texto redactado en redonda, deban ir en cursiva.
- O título dos artigos dunha disposición normativa.
- O título das seccións e subseccións dunha disposición normativa.
- Os nomes dos boletíns oficiais e das publicacións periódicas: Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial del Estado, La Vanguardia etc. Nos boletíns oficiais das provincias só se expresan en cursiva (e en maiúsculas inicial) as palabras Boletín Oficial: Boletín Oficial da provincia de Lugo, Boletín Oficial da provincia da Coruña...
- Os nomes científicos de animais e vexetais: Canis lupus; Pinus pinaster...
- Os títulos de obras literarias e de arte en xeral: Longa noite de pedra; Pranto pola muller caída...
- As denominacións dos congresos, cumios, xornadas, cursos, seminarios, simposios etc.: RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2011 pola que se convoca o Curso superior de técnico de urbanismo 2013.
- Nestas denominacións utilizarase a letra maiúscula segundo se establece nesta epígrafe.
- Se a denominación dos eventos indicados é xenérica (precedida, xeralmente, dun artigo indeterminado) e encaixa facilmente no texto xeral (precedida de expresións do tipo sobre), expresaranse en minúscula e sen cursiva: RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2011 pola que se convoca un curso sobre intervención policial con menores.
- Observación: Cómpre ter en conta que esta pauta non se pode aplicar aos sumarios do DOG, por non permitir o programa de maquetación o emprego da cursiva.
- Caso de o texto non permitir o emprego da cursiva, utilizaranse as comiñas como alternativa: A EGAP convocou para o vindeiro ano o «Curso superior de técnico de urbanismo 2013».
- Os nomes propios de aeronaves, naves, armas, ciclóns etc.: o buque Prestige, o ciclón Claus... Nesta epígrafe incluímos tamén as denominacións de bateas e permisos mineiros, que aparecen con moita frecuencia no DOG: autorización para transmisión da concesión da batea Farruquiña; explotación da concesión mineira A Farixa etc.
- As voces e locucións latinas: a fortiori, ab initio, erga omnes... Con todo, expresaranse en redonda aquelas locucións que xa estean moi consolidadas, tanto en galego coma en castelán: per cápita, déficit, currículum vítae etc.
- As palabras non galegas, en textos en galego, ou non castelás, en textos neste idioma, cando non estean aínda asimiladas: background, clearing, lobby... Pero expresaranse en redonda aquelas que xa estean integradas: club, estándar, interfaz etc.
Non se escribirán en cursiva:
- Os nomes de institucións, centros de ensino, empresas e edificios: o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades; o IES Rosalía de Castro; o CEIP Curros Enríquez; a empresa Alimentos Cruz del Sur, S.A. etc.
- Os títulos de obras normativas ou legais: o Código civil, a Lei de axuizamento criminal, a Lei orgánica do Tribunal Constitucional ...
Nas epígrafes referidas a sumario, artigos, seccións e subseccións aparecen referencias máis detalladas sobre a utilización da letra cursiva.
Letra negra ou grosa
Escríbense en letra negra ou grosa:
- Os encabezamentos dos títulos, capítulos e anexos.
- Excepcionalmente, certas expresións en formularios que poidan utilizala para destacar algún contido.
Nas epígrafes referidas a cabeceira, títulos, capítulos e anexos aparecen referencias máis concretas sobre o emprego da letra negra.
Letra versaleta
A letra versaleta non se emprega nos textos que se publican no DOG, aínda que, excepcionalmente, se permite o seu uso en documentos anexos que conteñan este formato e nas citas de textos antigos do DOG en que poida aparecer.