Elementos constantes da estrutura xeral dos textos
De Manual de Estilo DOG
(→Cabeceira) |
(→Cabeceira) |
||
Liña 40: | Liña 40: | ||
Exemplos: | Exemplos: | ||
+ | |||
+ | |||
{| border="1" cellpadding="20" cell spacin="0" | {| border="1" cellpadding="20" cell spacin="0" | ||
Liña 52: | Liña 54: | ||
O título debe acabar en punto | O título debe acabar en punto | ||
|- | |- | ||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
Revisión como estaba o 27 de febreiro de 2012 ás 12:16
Páxinas principais |
Todos os documentos publicados no DOG teñen unha estrutura común, que é a seguinte: cabeceira, corpo do documento, peche e anexos.
Índice |
Cabeceira
O documentos aparecen publicados no DOG con varios elementos fixos na cabeceira:
- A sección, precedida de numeración romana (I. Disposicións xerais; II. Autoridades e persoal; etc.). A clasificación dos documentos nas dife-rentes seccións compete á Unidade de Xestión do DOG.
- O nome da entidade que emite o documento. Só poderán ser entidades emisoras as que aparecen na relación que figura no portal de envío telemático de documentos. A selección da entidade emisora correspon-de ao propio organismo emisor.
Ao indicar o organismo publicador, cómpre prestar prestar especial atención ao feito de que o documento poida aparecer baixo a epígrafe dun organismo dependente dunha unidade superior ou baixo esta última. É dicir, un documento pode aparecer publicado baixo a epígrafe da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ou baixo a epígrafe da Escola Galega de Administración Pública; ou baixo a Consellería do Mar ou de Portos de Galicia. Nestes casos, será o organismo autónomo ou ente dependente da consellería o que se seleccionará; non a consellería.
Formato:
- • Maiúsculas negras, interliñado 15 pt, sen sangría
- • Xustificación: esquerda
- • Sangría: sen sangría
- • Espazo despois de parágrafo: 5 mm
- O sumario ou título do documento: debe ser un extracto que adiante mi-nimamente o contido da disposición. Nel indicarase a subentidade, de existir, dependente da entidade emisora responsable da publicación do documento. Este resumo deberá sempre conter os seguintes datos:
+ [número de expediente ou referencia, de habelo]
Estas son algunhas observacións que se terán en conta na redacción de sumarios:
- -Nos decretos expresarase o número, seguido dunha barra oblicua (/) e a data, entre comas. O número do decreto será asignado pola Unidade de Xestión do DOG.
- -Nas datas, o día e o ano expresaranse en cifras e o mes, en letra. En galego, a data irá precedida da contracción do; en castelán, da preposición de. Despois do ano non se porá coma, a non ser que se exprese a denominación da subunidade que emite o documento. No ano non se porá punto para separar a unidade de millar do resto.
- -Nos sumarios non se deberá dar máis información que a estritamente necesaria para orientar sobre o tema da disposición. Evitaranse aqueles datos que son máis propios do corpo do documento.
- -Os edictos e cédulas dos xulgados irán identificados sempre co número de autos ou sentenza; no caso dos concellos e demais entes publicadores darase algunha información xenérica (convocatoria dunha praza, licenza de obras, aprobación dun plan de ordenación,...) que poida identificar o documento. Cando o haxa, porase, ademais, o número de expediente.
- -O número de expediente, caso de habelo, expresarase entre parénteses, poñendo a palabra expediente en forma completa e en minúsculas.
- -Sumarios das correccións de erros. Porase a expresión CORRECCIÓN de erros, seguida de punto e, a seguir, o título exacto da disposición que se corrixe, enunciado do mesmo xeito en que saíu publicada.
- -O sumario ou título acabará sempre en punto, mesmo que sexa moi breve.
Formato dos sumarios:
- • Xustificación: completa
- • Sangría: francesa esquerda a 15 mm
- • Interliñado: 15 pt
- • Tipo de letra: cursiva
Exemplos:
Usos incorrectos | Usos correctos | Observacións |
Decreto 107/2.011 de de-zanove de maio polo que se regula o contido dos rexistros públicos de profe-sionais sanitarios e do Sistema de Información de Profesionais Sanitarios de Galicia | DECRETO 107/2011, do 19 de maio, polo que se regula o contido dos rexistros pú-blicos de profesionais sanitarios e do Sistema de Información de Profesionais Sanitarios de Galicia. | A data está mal ex-presada: debe ir entre comas, co día en cifra e non en letra.
No ano non se pon punto O título debe acabar en punto |
| |
| |
De haber máis organismos, seguirán a orde de aparición no sumario ou título do documento.
4. Na ausencia da persoa responsable da entidade emisora (P.A.) ou no caso de que esta delegue noutra persoa (P.D. ou P.S.), deberase indicar esta situación na sinatura, especificando o cargo da persoa que asina, ademais de citar de forma completa a norma de delegación ou substitución.
Por exemplo, nunha resolución da Consellería do Medio Rural, o conselleiro delega no secretario xeral técnico e isto vese reflectido na sinatura do seguinte xeito:
5. Nos documentos en que xa se identifique no inicio do corpo do documento o nome e cargo da persoa responsable da emisión, non é necesario repetilo na sinatura.
Por exemplo, aos edictos dos xulgados que comecen do seguinte modo: «María Blanco Aquino, secretaria do Xulgado do Social número un da Coruña,…», corresponderíalles unha sinatura como a seguinte:
Anexos
Os anexos irán sempre no final do documento. Evitarase, por tanto, a inserción destes anexos no medio do documento. Deberanse realizar dentro do corpo do documento referencias identificativas a eles para facilitar a súa localización.
Recoméndase utilizar os anexos única e exclusivamente para incluír formularios, documentos informativos adicionais, imaxes e táboas.
Os anexos deberán constar de dúas pezas de información:
- Encabezamento: indicarase, cando haxa máis dun anexo, o número de anexo en números romanos.
- Título (irá centrado e en negra).
Encabezamento
Estrutura
Formatación
- Xustificación: centrada.
- Sangría: non.
- Separación entre parágrafos: 5 mm.
- Interliñado: 1,5.
- Tipo de letra: redonda e en maiúsculas.
Título do anexo
Formatación
- Xustificación: centrada.
- Sangría: non.
- Separación entre parágrafos: 5 mm.
- Interliñado: 1,5.
- Tipo de letra: redonda negra.
Exemplo: