Elementos constantes da estrutura xeral dos textos
De Manual de Estilo DOG
(→Sección) |
(→Organismo que publica) |
||
Liña 10: | Liña 10: | ||
A sección, precedida de numeración romana (I. Disposicións xerais; II. Autoridades e persoal; etc.). A clasificación dos documentos nas diferentes seccións compete á Unidade de Xestión do DOG. | A sección, precedida de numeración romana (I. Disposicións xerais; II. Autoridades e persoal; etc.). A clasificación dos documentos nas diferentes seccións compete á Unidade de Xestión do DOG. | ||
- | ====Organismo que publica==== | + | ==== Organismo que publica ==== |
- | + | O nome da entidade que emite o documento. Só poderán ser entidades emisoras as que aparecen na relación que figura no portal de envío telemático de documentos. A selección da entidade emisora correspon-de ao propio organismo emisor. | |
Ao indicar o organismo publicador, cómpre prestar prestar especial atención ao feito de que o documento poida aparecer baixo a epígrafe dun organismo dependente dunha unidade superior ou baixo esta última. É dicir, un documento pode aparecer publicado baixo a epígrafe da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ou baixo a epígrafe da Escola Galega de Administración Pública; ou baixo a Consellería do Mar ou de Portos de Galicia. Nestes casos, será o organismo autónomo ou ente dependente da consellería o que se seleccionará; non a consellería. | Ao indicar o organismo publicador, cómpre prestar prestar especial atención ao feito de que o documento poida aparecer baixo a epígrafe dun organismo dependente dunha unidade superior ou baixo esta última. É dicir, un documento pode aparecer publicado baixo a epígrafe da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ou baixo a epígrafe da Escola Galega de Administración Pública; ou baixo a Consellería do Mar ou de Portos de Galicia. Nestes casos, será o organismo autónomo ou ente dependente da consellería o que se seleccionará; non a consellería. | ||
Revisión como estaba o 27 de febreiro de 2012 ás 13:44
Páxinas principais |
Todos os documentos publicados no DOG teñen unha estrutura común, que é a seguinte: cabeceira, corpo do documento, peche e anexos.
Índice |
Cabeceira
O documentos aparecen publicados no DOG con varios elementos fixos na cabeceira:
Sección
A sección, precedida de numeración romana (I. Disposicións xerais; II. Autoridades e persoal; etc.). A clasificación dos documentos nas diferentes seccións compete á Unidade de Xestión do DOG.
Organismo que publica
O nome da entidade que emite o documento. Só poderán ser entidades emisoras as que aparecen na relación que figura no portal de envío telemático de documentos. A selección da entidade emisora correspon-de ao propio organismo emisor. Ao indicar o organismo publicador, cómpre prestar prestar especial atención ao feito de que o documento poida aparecer baixo a epígrafe dun organismo dependente dunha unidade superior ou baixo esta última. É dicir, un documento pode aparecer publicado baixo a epígrafe da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ou baixo a epígrafe da Escola Galega de Administración Pública; ou baixo a Consellería do Mar ou de Portos de Galicia. Nestes casos, será o organismo autónomo ou ente dependente da consellería o que se seleccionará; non a consellería.
Formato:
- • Maiúsculas negras, interliñado 15 pt, sen sangría
- • Xustificación: esquerda
- • Sangría: sen sangría
- • Espazo despois de parágrafo: 5 mm
Exemplos:
{maiúsculas negras; interliñado 15 pt; sen sangría; xustificación esquerda; espazo despois de parágrafo 5 mm}
ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Sumario
- O sumario ou título do documento: debe ser un extracto que adiante mi-nimamente o contido da disposición. Nel indicarase a subentidade, de existir, dependente da entidade emisora responsable da publicación do documento. Este resumo deberá sempre conter os seguintes datos:
+ [número de expediente ou referencia, de habelo]
Estas son algunhas observacións que se terán en conta na redacción de sumarios:
- – Nos decretos expresarase o número, seguido dunha barra oblicua (/) e a data, entre comas. O número do decreto será asignado pola Unidade de Xestión do DOG.
- – Nas datas, o día e o ano expresaranse en cifras e o mes, en letra. En galego, a data irá precedida da contracción do; en castelán, da preposición de. Despois do ano non se porá coma, a non ser que se exprese a denominación da subunidade que emite o documento. No ano non se porá punto para separar a unidade de millar do resto.
- – Nos sumarios non se deberá dar máis información que a estritamente necesaria para orientar sobre o tema da disposición. Evitaranse aqueles datos que son máis propios do corpo do documento.
- – Os edictos e cédulas dos xulgados irán identificados sempre co número de autos ou sentenza; no caso dos concellos e demais entes publicadores darase algunha información xenérica (convocatoria dunha praza, licenza de obras, aprobación dun plan de ordenación,...) que poida identificar o documento. Cando o haxa, porase, ademais, o número de expediente.
- – O número de expediente, caso de habelo, expresarase entre parénteses, poñendo a palabra expediente en forma completa e en minúsculas.
- – Sumarios das correccións de erros. Porase a expresión CORRECCIÓN de erros, seguida de punto e, a seguir, o título exacto da disposición que se corrixe, enunciado do mesmo xeito en que saíu publicada.
- – O sumario ou título acabará sempre en punto, mesmo que sexa moi breve.
Formato dos sumarios:
- • Xustificación: completa
- • Sangría: francesa esquerda a 15 mm
- • Interliñado: 15 pt
- • Tipo de letra: cursiva
Exemplos:
Usos incorrectos | Usos correctos | Observacións |
Decreto 107/2.011 de dezanove de maio polo que se regula o contido dos rexistros públicos de profesionais sanitarios e do Sistema de Información de Profesionais Sanitarios de Galicia. | DECRETO 107/2011, do 19 de maio, polo que se regula o contido dos rexistros públicos de profesionais sanitarios e do Sistema de Información de Profesionais Sanitarios de Galicia. | – A data está mal expresada: debe ir entre comas, co día en cifra e non en letra.
– No ano non se pon punto. – O título debe acabar en punto. |
RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2011, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para elaboración de listas para o desempeño transitorio de postos reservados a funcionarios da escala de inspección urbanística, da escala de subinspección urbanística e da escala técnica de consumo. | RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2011, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre o prazo de presentación de socitudes para elaboración de listas para o desempeño transitorio de postos reservados a funcionarios da escala de inspección urbanística, da escala de subinspección urbanística e da escala técnica de consumo. | – Debe expresarse, entre comas, o nome da dirección xeral que emite o documento, pois este irá asinado polo seu titular e non pola persoa responsable da consellería. |
CÉDULA de 15 de febreiro de 2011, do Servizo de Mobilidade de Ourense, pola que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres, devoltos polo servizo de Correos porque intentada a notificación non se puido efectuar. (Expte. OU-00037-O-2011). | CÉDULA do 15 de febreiro de 2011, do Servizo de Mobilidade de Ourense, pola que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores (expediente OU-00037-O-2011). | – O sumario da primeira columna é excesivamente longo.
– Na vez da preposición de debe pórse a contracción do antes do día. – A expresión do expediente debe facerse do xeito que aparece na columna central, sen punto antes da paréntese e coa palabra expediente completa e en inicial minúscula. |
EDICTO. | EDICTO (25/2010). | – Debe pórse, entre parénteses, a referencia ao número do procedemento.
– Debe pórse punto ao final. |
ANUNCIO.
ANUNCIO de solicitude de licenza municipal solicitada por ... para a instalación e apertura dun hotel na praza da Constitución do concello de ... | ANUNCIO de solicitude dunha licenza municipal (expediente 45/2011). | – O sumario non debe ser tan escueto que só poña o nome do documento, nin tan extenso que inclúa datos que son propios do corpo deste.
– Como hai un número de expediente, indicámolo. |
Corpo do documento
O corpo da maioría dos documentos consta de dúas partes diferenciadas: parte expositiva e parte dispositiva.
Tanto unha coma outra terán o seguinte formato:
- • Xustificación: completa.
- • Sangría: 5 mm primeira liña de parágrafo.
- • Separación entre parágrafos: 4 mm posterior.
- • Interliñado: 15 pt.
- • Tipo de letra: redonda.
Fórmula introdutoria
A fórmula introdutoria da parte dispositiva deberá ser expresada, en caracteres maiúsculos, en primeira ou terceira persoa (RESOLVO ou RESOLVE). A terceira persoa utilizarase cando o suxeito que apareza ao final da parte expositiva sexa dunha forma semellante a “esta secretaría xeral” ou “esta dirección xeral”.
No caso de disposicións conxuntas, esta fórmula irá en plural: RESOLVEMOS, ACORDAMOS, etc.
Formato:
- • Xustificación: centrada.
- • Sangría: non.
- • Separación entre parágrafos: 2 mm anterior e 4 mm posterior.
- • Tipo de letra: redonda.
Exemplos:
{maiúsculas, redonda, xust. centrada, espazamento parágrafos 2 mm anterior e 4 mm posterior}
DISPOÑEMOS:
(en disposicións conxuntas)
RESOLVE:
{maiúsculas, redonda, xust. centrada, espazamento parágrafos 2 mm anterior e 4 mm posterior}
Subdivisións dos textos normativos
En función da extensión e da complexidade dos textos, poden aparecer distintos niveis de subdivisión (títulos, capítulos, seccións, subseccións, artigos, números, alíneas, etc.).
Títulos e capítulos
O seu título expresarase do seguinte xeito:
Disposicións xerais
CAPÍTULO II
Organización e funcionamentoSeccións e subseccións
O seu título expresarase do seguinte xeito:
Subsección 1.ª Outras disposicións
Artigos
1. Por norma xeral, o seu título expresarase do seguinte xeito:
- Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación.
Observacións sobre a expresión dos artigos:
- – Numeración en cifras, en cardinais arábigos.
- – Entre a expresión do artigo e o título porase un punto (.) e non un punto e guión (.-).
- – O título expresarase en letra cursiva e terminará sempre en punto.
- – Entre o punto que segue o número e o título porase unha tabulación.
2. Cando se trate de normas que modifiquen outras, os artigos das normas modificadoras expresaranse en ordinais, en letras, do seguinte xeito:
- Artigo primeiro. Modificación da Lei 4/2011, do 25 de abril, ...
O artigos das normas modificadas expresaranse do xeito indicado no número 1. A norma modificada irá entre «».
Outras subdivisións
En determinadas normas e anuncios, a subdivisión non se fai mediante artigos senón directamente en parágrafos.
Tamén pode aparecer unha subdivisión en parágrafos precedidos de números ordinais en letras, do tipo:
Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito [...]
Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
En documentos que recollen, por exemplo, as bases dun concurso ou dunha convocatoria, os distintos parágrafos numéranse en ordinais, en letras, do seguinte xeito:
Primeiro. Acceso.
[...]
Segundo. Órganos competentes para resolver os procesos de admisión.
[...]
Subdivisión dos artigos e dos parágrafos
Na publicación de disposicións e anuncios respectaranse, en principio, as subdivisións establecidas polos publicadores.
A subdivisión máis habitual é a consistente en parágrafos precedidos de numerais arábigos. De haber un só parágrafo, non se numera.
Cando, pola súa vez, deba subdividirse un parágrafo precedido de números arábigos, farase en parágrafos sinalados con letras minúsculas, ordenadas alfabeticamente: a), b), c). E cando se produza dentro destes unha nova subdivisión, estas irán precedidas de ordinais arábigos: 1.º, 2.º,... ou 1.ª, 2.ª,...
Para a expresión en cifra dos ordinais observarase a regra que estipula a grafía dun punto precedendo o superíndice (1.º e 1.ª e non 1º e 1ª).
Tamén cabe a posibilidade de que distintas subdivisións dun parágrafo vaian precedidas dunha raia (—).
Non se utilizarán, porén, marcas de subdivisión distintas desta raia [guión curto (-), asterisco (*), etc.
Expresión do cargo que asina
1. A expresión do cargo asinante, nos casos máis xerais, componse de dúas pezas de información:
- Nome da persoa asinante (responsable da entidade emisora do documento).
- Nome do cargo completo (debe coincidir co cargo responsable da entidade emisora do documento).
Formatación
- Xustificación: centrada.
- Sangría: non.
- Separación entre parágrafos: 5 mm.
- Interliñado: simple.
- Tipo de letra: redonda.
Exemplo:
2. Nos decretos, a sinatura constará de dous niveis:
- Primeiro deberá asinar a persoa que desempeñe a presidencia da Xunta de Galicia. Esta sinatura terá xustificación centrada.
- Despois asinará a persoa responsable da consellería correspondente á materia sobre a cal se propón a dita norma. Esta sinatura terá xustificación esquerda.
Vexamos un exemplo:
Roberto Varela Fariña
Conselleiro de Cultura e Turismo
{letra redonda, xust. esquerda, interliñado simple, espazamento parágrafo 5mm}
3. As disposicións de carácter conxunto, nas cales son varios os organismos emisores, publícanse baixo a epígrafe da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a súa sinatura leva en paralelo o nome e o cargo dos seus responsables segundo a orde protocolaria de rango de consellerías ou demais entidades.
Exemplo:
Baixo unha epígrafe deste tipo:
CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
ORDE conxunta do 14 de abril de 2009, das consellerías do Medio Rural e de Sanidade, pola que se regula a formación das persoas que realizan actividades relacionadas coa manipulación e aplicación de produtos fitosanitarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se crea a Comisión Técnica de Produtos Fitosanitarios.
Correspondería unha sinatura dobre en paralelo como se observa a continuación:
Samuel Jesús Suárez Casado Pilar Farjas Abadía Conselleiro do Medio Rural Conselleira de Sanidade
De haber máis organismos, seguirán a orde de aparición no sumario ou título do documento.
4. Na ausencia da persoa responsable da entidade emisora (P.A.) ou no caso de que esta delegue noutra persoa (P.D. ou P.S.), deberase indicar esta situación na sinatura, especificando o cargo da persoa que asina, ademais de citar de forma completa a norma de delegación ou substitución.
Por exemplo, nunha resolución da Consellería do Medio Rural, o conselleiro delega no secretario xeral técnico e isto vese reflectido na sinatura do seguinte xeito:
5. Nos documentos en que xa se identifique no inicio do corpo do documento o nome e cargo da persoa responsable da emisión, non é necesario repetilo na sinatura.
Por exemplo, aos edictos dos xulgados que comecen do seguinte modo: «María Blanco Aquino, secretaria do Xulgado do Social número un da Coruña,…», corresponderíalles unha sinatura como a seguinte:
Anexos
Os anexos irán sempre no final do documento. Evitarase, por tanto, a inserción destes anexos no medio do documento. Deberanse realizar dentro do corpo do documento referencias identificativas a eles para facilitar a súa localización.
Recoméndase utilizar os anexos única e exclusivamente para incluír formularios, documentos informativos adicionais, imaxes e táboas.
Os anexos deberán constar de dúas pezas de información:
- Encabezamento: indicarase, cando haxa máis dun anexo, o número de anexo en números romanos.
- Título (irá centrado e en negra).
Encabezamento
Estrutura
Formatación
- Xustificación: centrada.
- Sangría: non.
- Separación entre parágrafos: 5 mm.
- Interliñado: 1,5.
- Tipo de letra: redonda e en maiúsculas.
Título do anexo
Formatación
- Xustificación: centrada.
- Sangría: non.
- Separación entre parágrafos: 5 mm.
- Interliñado: 1,5.
- Tipo de letra: redonda negra.
Exemplo: