Cabeceira

De Manual de Estilo DOG

(Diferenzas entre revisións)
(O contido da páxina foi eliminado)

(Non se mostran 5 revisións do historial.)
Liña 1: Liña 1:

{{Modelo: Cabeceira}}

== Cabeceira ==

O documentos aparecen publicados no DOG con varios elementos fixos na cabeceira:

===Sección===

A sección, precedida de numeración romana (I. Disposicións xerais; II. Autoridades e persoal; etc.). A clasificación dos documentos nas diferentes seccións compete á Unidade de Xestión do DOG.

Exemplo:

::::  '''I. DISPOSICIÓNS XERAIS'''

::::  '''II. AUTORIDADES E PERSOAL'''

::::  '''III. OUTRAS DISPOSICIÓNS'''

=== Organismo que publica ===

O nome da entidade que emite o documento. Só poderán ser entidades emisoras as que aparecen na relación que figura no portal de envío telemático de documentos. A selección da entidade emisora corresponde ao propio organismo emisor.

Ao indicar o organismo publicador, cómpre prestar prestar especial atención ao feito de que o documento poida aparecer baixo a epígrafe dun organismo dependente dunha unidade superior ou baixo esta última. É dicir, un documento pode aparecer publicado baixo a epígrafe da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ou baixo a epígrafe da Escola Galega de Administración Pública; ou baixo a Consellería do Mar ou de Portos de Galicia. Nestes casos, será o organismo autónomo ou ente dependente da consellería o que se seleccionará; non a consellería.

Formato:

:• Maiúsculas negras, interliñado 15 pt, sen sangría

:• Xustificación: esquerda

:• Sangría: sen sangría

:• Espazo antes de parágrafo: 5 mm

Exemplos:

'''CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA'''

{maiúsculas negras; interliñado 15 pt; sen sangría; xustificación esquerda; espazo despois de parágrafo 5 mm}

'''ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA'''

{maiúsculas negras; interliñado 15 pt; sen sangría; xustificación esquerda; espazo despois de parágrafo 5 mm}

===Sumario===

O sumario ou título do documento: debe ser un extracto que adiante minimamente o contido da disposición. Nel indicarase a subentidade, de existir, dependente da entidade emisora responsable da publicación do documento. Este resumo deberá sempre conter os seguintes datos:

<nowiki>[Tipo de disposición (en maiúsculas)] + [data] + [subentidade dependente, entre comas, de habela]</nowiki>

<nowiki> + [mínimo resumo que adiante o contido da publicación] + [número de expediente ou referencia, de habelo]</nowiki>

Estas son algunhas observacións que se terán en conta na redacción de sumarios:

:– Nos decretos expresarase o número, seguido dunha barra oblicua (/) e a data, entre comas. O número do decreto será asignado pola Unidade de Xestión do DOG.

:– Nas datas, o día e o ano expresaranse en cifras e o mes, en letra. En galego, a data irá precedida da contracción "do"; en castelán, da preposición "de". Despois do ano non se porá coma, a non ser que se exprese a denominación da subunidade que emite o documento. No ano non se porá punto para separar a unidade de millar do resto.

:– Nos sumarios non se deberá dar máis información que a estritamente necesaria para orientar sobre o tema da disposición. Evitaranse aqueles datos que son máis propios do corpo do documento.

:– Os edictos e cédulas dos xulgados irán identificados sempre co número de autos ou sentenza; no caso dos concellos e demais entes publicadores darase algunha información xenérica (convocatoria dunha praza, licenza de obras, aprobación dun plan de ordenación,...) que poida identificar o documento. Cando o haxa, porase, ademais, o número de expediente.

:– O número de expediente, caso de habelo, expresarase entre parénteses, poñendo a palabra expediente en forma completa e en minúsculas.

:– Sumarios das correccións de erros. Porase a expresión CORRECCIÓN de erros, seguida de punto e, a seguir, o título exacto da disposición que se corrixe, enunciado do mesmo xeito en que saíu publicada.

:– O sumario ou título acabará sempre en punto, mesmo que sexa moi breve.

Formato dos sumarios:

:• Xustificación: completa

:• Sangría: francesa esquerda a 15 mm

:• Interliñado: 15 pt

:• Tipo de letra: cursiva

Exemplos:

{| border="1" cellpadding="20" cell spacin="0"

|'''Usos incorrectos'''

|'''Usos correctos'''

|'''Observacións'''

|Decreto 107/2.011 de dezanove de maio polo que se regula o contido dos rexistros públicos de profesionais sanitarios e do Sistema de Información de Profesionais Sanitarios de Galicia.

|''DECRETO 107/2011, do 19 de maio, polo que se regula o contido dos rexistros públicos de profesionais sanitarios e do Sistema de Información de Profesionais Sanitarios de Galicia''.

|– A data está mal expresada: debe ir entre comas, co día en cifra e non en letra.

– No ano non se pon punto.

– O título debe acabar en punto.

|RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2011, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para elaboración de listas para o desempeño transitorio de postos reservados a funcionarios da escala de inspección urbanística, da escala de subinspección urbanística e da escala técnica de consumo.

|''RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2011, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre o prazo de presentación de socitudes para elaboración de listas para o desempeño transitorio de postos reservados a funcionarios da escala de inspección urbanística, da escala de subinspección urbanística e da escala técnica de consumo''.

|– Debe expresarse, entre comas, o nome da dirección xeral que emite o documento, pois este irá asinado polo seu titular e non pola persoa responsable da consellería.

|CÉDULA de 15 de febreiro de 2011, do Servizo de Mobilidade de Ourense, pola que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres, devoltos polo servizo de Correos porque intentada a notificación non se puido efectuar. (Expte. OU-00037-O-2011).

|''CÉDULA do 15 de febreiro de 2011, do Servizo de Mobilidade de Ourense, pola que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores (expediente OU-00037-O-2011)''.

|– O sumario da primeira columna é excesivamente longo.

– Na vez da preposición de debe pórse a contracción do antes do día.

– A expresión do expediente debe facerse do xeito que aparece na columna central, sen punto antes da paréntese e coa palabra expediente completa e en inicial minúscula.

|EDICTO.

|''EDICTO (25/2010)''.

|– Debe pórse, entre parénteses, a referencia ao número do procedemento.

– Debe pórse punto ao final.

|ANUNCIO.

ANUNCIO de solicitude de licenza municipal solicitada por ... para a instalación e apertura dun hotel na praza da Constitución do concello de ...

|''ANUNCIO de solicitude dunha licenza municipal (expediente 45/2011)''.

|– O sumario non debe ser tan escueto que só poña o nome do documento, nin tan extenso que inclúa datos que son propios do corpo deste.

– Como hai un número de expediente, indicámolo.

|Corrección de erros.-Resolución do 31 de maio de 2011, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre o prazo de presentación de socitudes para elaboración de listas para o desempeño transitorio de postos reservados a funcionarios da escala de inspección urbanística, da escala de subinspección urbanística e da escala técnica de consumo.

|''CORRECCIÓN de erros. Resolución do 31 de maio de 2011, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre o prazo de presentación de socitudes para elaboración de listas para o desempeño transitorio de postos reservados a funcionarios da escala de inspección urbanística, da escala de subinspección urbanística e da escala técnica de consumo''.

|– O enunciado da disposición que se corrixe porase exacto que cando saíu publicada.

Revisión actual feita o 5 de marzo de 2012 ás 07:24

Páxinas principais

Índice

Cabeceira

O documentos aparecen publicados no DOG con varios elementos fixos na cabeceira:

Sección

A sección, precedida de numeración romana (I. Disposicións xerais; II. Autoridades e persoal; etc.). A clasificación dos documentos nas diferentes seccións compete á Unidade de Xestión do DOG.

Exemplo:

I. DISPOSICIÓNS XERAIS
II. AUTORIDADES E PERSOAL
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

Organismo que publica

O nome da entidade que emite o documento. Só poderán ser entidades emisoras as que aparecen na relación que figura no portal de envío telemático de documentos. A selección da entidade emisora corresponde ao propio organismo emisor. Ao indicar o organismo publicador, cómpre prestar prestar especial atención ao feito de que o documento poida aparecer baixo a epígrafe dun organismo dependente dunha unidade superior ou baixo esta última. É dicir, un documento pode aparecer publicado baixo a epígrafe da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ou baixo a epígrafe da Escola Galega de Administración Pública; ou baixo a Consellería do Mar ou de Portos de Galicia. Nestes casos, será o organismo autónomo ou ente dependente da consellería o que se seleccionará; non a consellería.

Formato:

• Maiúsculas negras, interliñado 15 pt, sen sangría
• Xustificación: esquerda
• Sangría: sen sangría
• Espazo antes de parágrafo: 5 mm

Exemplos:

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

{maiúsculas negras; interliñado 15 pt; sen sangría; xustificación esquerda; espazo despois de parágrafo 5 mm}

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

{maiúsculas negras; interliñado 15 pt; sen sangría; xustificación esquerda; espazo despois de parágrafo 5 mm}

Sumario

O sumario ou título do documento: debe ser un extracto que adiante minimamente o contido da disposición. Nel indicarase a subentidade, de existir, dependente da entidade emisora responsable da publicación do documento. Este resumo deberá sempre conter os seguintes datos:

[Tipo de disposición (en maiúsculas)] + [data] + [subentidade dependente, entre comas, de habela]
+ [mínimo resumo que adiante o contido da publicación] + [número de expediente ou referencia, de habelo]

Estas son algunhas observacións que se terán en conta na redacción de sumarios:

– Nos decretos expresarase o número, seguido dunha barra oblicua (/) e a data, entre comas. O número do decreto será asignado pola Unidade de Xestión do DOG.
– Nas datas, o día e o ano expresaranse en cifras e o mes, en letra. En galego, a data irá precedida da contracción "do"; en castelán, da preposición "de". Despois do ano non se porá coma, a non ser que se exprese a denominación da subunidade que emite o documento. No ano non se porá punto para separar a unidade de millar do resto.
– Nos sumarios non se deberá dar máis información que a estritamente necesaria para orientar sobre o tema da disposición. Evitaranse aqueles datos que son máis propios do corpo do documento.
– Os edictos e cédulas dos xulgados irán identificados sempre co número de autos ou sentenza; no caso dos concellos e demais entes publicadores darase algunha información xenérica (convocatoria dunha praza, licenza de obras, aprobación dun plan de ordenación,...) que poida identificar o documento. Cando o haxa, porase, ademais, o número de expediente.
– O número de expediente, caso de habelo, expresarase entre parénteses, poñendo a palabra expediente en forma completa e en minúsculas.
– Sumarios das correccións de erros. Porase a expresión CORRECCIÓN de erros, seguida de punto e, a seguir, o título exacto da disposición que se corrixe, enunciado do mesmo xeito en que saíu publicada.
– O sumario ou título acabará sempre en punto, mesmo que sexa moi breve.

Formato dos sumarios:

• Xustificación: completa
• Sangría: francesa esquerda a 15 mm
• Interliñado: 15 pt
• Tipo de letra: cursiva

Exemplos:

Usos incorrectos Usos correctos Observacións
Decreto 107/2.011 de dezanove de maio polo que se regula o contido dos rexistros públicos de profesionais sanitarios e do Sistema de Información de Profesionais Sanitarios de Galicia. DECRETO 107/2011, do 19 de maio, polo que se regula o contido dos rexistros públicos de profesionais sanitarios e do Sistema de Información de Profesionais Sanitarios de Galicia. – A data está mal expresada: debe ir entre comas, co día en cifra e non en letra.

– No ano non se pon punto.

– O título debe acabar en punto.

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2011, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para elaboración de listas para o desempeño transitorio de postos reservados a funcionarios da escala de inspección urbanística, da escala de subinspección urbanística e da escala técnica de consumo. RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2011, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre o prazo de presentación de socitudes para elaboración de listas para o desempeño transitorio de postos reservados a funcionarios da escala de inspección urbanística, da escala de subinspección urbanística e da escala técnica de consumo. – Debe expresarse, entre comas, o nome da dirección xeral que emite o documento, pois este irá asinado polo seu titular e non pola persoa responsable da consellería.
CÉDULA de 15 de febreiro de 2011, do Servizo de Mobilidade de Ourense, pola que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres, devoltos polo servizo de Correos porque intentada a notificación non se puido efectuar. (Expte. OU-00037-O-2011). CÉDULA do 15 de febreiro de 2011, do Servizo de Mobilidade de Ourense, pola que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores (expediente OU-00037-O-2011). – O sumario da primeira columna é excesivamente longo.

– Na vez da preposición de debe pórse a contracción do antes do día.

– A expresión do expediente debe facerse do xeito que aparece na columna central, sen punto antes da paréntese e coa palabra expediente completa e en inicial minúscula.

EDICTO. EDICTO (25/2010). – Debe pórse, entre parénteses, a referencia ao número do procedemento.

– Debe pórse punto ao final.

ANUNCIO.

ANUNCIO de solicitude de licenza municipal solicitada por ... para a instalación e apertura dun hotel na praza da Constitución do concello de ...

ANUNCIO de solicitude dunha licenza municipal (expediente 45/2011). – O sumario non debe ser tan escueto que só poña o nome do documento, nin tan extenso que inclúa datos que son propios do corpo deste.

– Como hai un número de expediente, indicámolo.

Corrección de erros.-Resolución do 31 de maio de 2011, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre o prazo de presentación de socitudes para elaboración de listas para o desempeño transitorio de postos reservados a funcionarios da escala de inspección urbanística, da escala de subinspección urbanística e da escala técnica de consumo. CORRECCIÓN de erros. Resolución do 31 de maio de 2011, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre o prazo de presentación de socitudes para elaboración de listas para o desempeño transitorio de postos reservados a funcionarios da escala de inspección urbanística, da escala de subinspección urbanística e da escala técnica de consumo. – O enunciado da disposición que se corrixe porase exacto que cando saíu publicada.

Ferramentas persoais
Xunta de Galicia