O xénero

De Manual de Estilo DOG

(Diferenzas entre revisións)
(O contido da páxina foi eliminado)
 
(Non se mostran 20 revisións do historial.)
Liña 1: Liña 1:
-
{{Modelo:Cabeceira}}
 
-
__FORCETOC__
 
-
== O xenero dalgunhas palabras ==
 
-
En galego, algunhas palabras presentan confusión con respecto ao xénero, debido, na maior parte dos casos, ás interferencias co castelán.
 
-
 
-
Para unha consulta dos casos en que hai discrepancias, incluímos unha listaxe ao final deste capítulo.
 
-
 
-
Recordamos algunhas regras básicas e reparamos nos casos que poden dar lugar a confusión:
 
-
 
-
* Como regra xeral, os substantivos rematados en ''-o'' son masculinos (''o cadro, o diñeiro, o lixo, o tellado, o testemuño''...) e os substantivos rematados en ''–a'' son femininos (''a  cabeza, a casa, a encarga, a estrada, a estrea, a tea, a testemuña''...).
 
-
 
-
Agora ben, hai excepcións á regra anterior. Así, hai palabras rematadas en ''–o'' que son de xénero feminino: ''a dínamo, a foto, a libido, a tribo''...; e palabras rematadas en ''–a'' que son de xénero masculino: ''o albará, o diadema, o tramua''...
 
-
 
-
* Moitos substantivos e adxectivos rematados en ''–e'' referidos a seres sexuados serven para referirse tanto a masculino como a feminino: ''ausente, axente, cantante, importante, intérprete, representante''...
 
-
 
-
Máis adiante, cando falemos da flexión de xénero, veremos que algúns substantivos e adxectivos deste grupo terminan en ''–a'' no feminino: ''presidenta, xefa''...
 
-
   
 
-
* Os substantivos rematados en ''–e'' referidos a seres ou conceptos non sexuados poden ser de xénero masculino ou feminino: ''o acne, o berce, o dote, a agravante, a árbore, a fraude''...
 
-
 
-
* O mesmo sucede con substantivos non sexuados terminados en consoante: ''o labor, o mel, o sal, a calor, a cor''...
 
-
 
-
* Hai substantivos que teñen dobre xénero, masculino e feminino. Nalgúns casos, a variación de xénero dá lugar a acepcións distintas:
 
-
 
-
:''o cal'' (=óxido de calcio) / ''a cal'' (= rego, canle)<br>
 
-
:''o terminal'' (dun ordenador, por ex.) / ''a terminal'' (dun aeroporto, por ex.)
 
-
 
-
Noutros, a variación de xénero non comporta diferenzas de acepcións: o fin / a fin. Con todo, esta palabra adoita utilizarse en masculino cando equivale a finalidade (O fin da reunión é chegar a un acordo) e en feminino cando equivale a remate ou termo (A fin de semana vai ser chuviosa).
 
-
− Hai palabras dun só xénero que poden ter correspondencia en castelán con palabras de dobre xénero, ás veces con distintas acepcións. Así
 
-
galego castelán
 
-
a(s) arte(s) el arte / la(s) arte(s)
 
-
a calor el calor / la calor
 
-
a fronte el frente / la frente
 
-
a marxe el margen / la margen
 
-
a orde la / el orden
 
-
a reuma el reuma / la reuma
 
-
o linde el linde / la linde
 
-
o mar el mar / la mar
 
-
− As palabras que finalizan en –axe, -ixe ou –uxe teñen, por regra xeral, xénero feminino: a aliaxe, a blindaxe, a drenaxe, a listaxe, a porcentaxe, a reciclaxe, a vertixe, a ferruxe...
 
-
Excepcións: o garaxe, o traxe, o paxe.
 
-
A palabra personaxe ten dobre xénero, de xeito que diremos que Manuel é un personaxe importante, mentres que Manuela é unha personaxe importante.
 
-
− As palabras rematadas en -me son normalmente masculinas: o billame (cast. grifería), o costume, o cume, o  friame, o legume, o ligame, o lume, o pesadume, o raizame...
 
-
Hai dúas excepcións importantes: a servidume e a síndrome (por iso, dicimos e escribimos a sida, redución de a síndrome de inmunodeficiencia adquirida).
 
-
− As voces cultas con orixe nos nomes gregos en –sis adoptan a terminación en –se e son todas de xénero feminino: a análise, a antítese, a crise, a a diagnose, a dose, a  énfase, a esclerose, a paréntese, a tese...
 
-
− As voces cultas con orixe nos nomes gregos en –itis e –tis adoptan a terminación en -ite e –te, e son todas de xénero feminino: a amigdalite, a apendicite, a artrite, a bronquite, a cute, a glote, a hepatite...
 
-
NOTA: Non pertence a este grupo a palabra gratis.
 
-
− As voces cultas con orixe nos nomes gregos en –is adoptan a terminación en –e e son todas de xénero feminino: a acrópole, a epiderme, a metrópole, a necrópole...
 
-
− Son masculinos os nomes das letras: o a, o e, o efe, o gue, o eme...
 
-
− Cos substantivos femininos que comezan por a- tónico, os determinantes que debemos empregar son tamén femininos, a diferenza do castelán: a acta, a arte, a auga, a aula, a ave...
 

Revisión actual feita o 6 de xuño de 2012 ás 08:36

Ferramentas persoais