Temporalidade

De Manual de Estilo DOG

(Diferenzas entre revisións)
(O contido da páxina foi eliminado)
 
(Non se mostran 5 revisións do historial.)
Liña 1: Liña 1:
-
{{Modelo:Cabeceira}}
 
-
==== Datas ====
 
-
* As datas escríbense combinando letras e números (29 de setembro de 2010). Os días do mes, incluído o 1, escríbense con cifras. Exceptúanse:
 
-
::* As datas históricas, nomes propios ou nomes de rúas:
 
-
 
-
:::(…) Dos de Mayo (…)
 
-
 
-
::Pola mesma razón, debe respectarse a forma oficial dalgúns nomes propios en que o número aparece con cifras.
 
-
 
-
::* Por cuestión de espazo, as datas que aparecen en cadros, listas e enumeracións:
 
-
 
-
:::Dil. 13-10-2010 Vehículo matrícula C6870F (…)
 
-
 
-
* Excepto cando se trate dunha estrutura fixa de día, mes e ano, ou de mes e ano, as expresións temporais con anos van introducidas sempre polo artigo:
 
-
 
-
::(…) no/para o 2010 (…)
 
-
 
-
::Resolución do 17 de setembro de 2010 (…)
 
-
 
-
::(…) 6 de outubro de 2010 (…)
 
-
 
-
::(…) outubro de 2010 (…)
 
-
 
-
* Nas datas, sepáranse os topónimos:
 
-
 
-
::O Porriño, 6 de outubro de 2010.
 
-
 
-
* No caso dunha sucesión de anos e ao indicar o ano na citación das leis escríbense os anos enteiros:
 
-
 
-
::(…) curso 2010-11 (…)
 
-
 
-
::(…) Lei 30/1992 (…)
 
-
 
-
==== Horas, minutos e segundos ====
 
-
 
-
As horas deben indicar sempre os minutos, aínda que se trate da hora en punto, e como separador debe utilizarse o punto:
 
-
 
-
::(…) en horario de 9.00 a 14.00 horas (…)
 
-
 
-
Para evitar posibles confusións, aconséllase que o substantivo ''horas'' (sen abreviar) acompañe estas expresións de horarios. Excepto en casos específicos, o substantivo ''minutos ''omítese nos horarios:
 
-
 
-
::(…) Data-hora-porto: 25-3-2010; 12.13 horas; Bueu (Pontevedra). (…)
 
-
 
-
::(…) en sesións de 50 minutos (…)
 
-
 
-
O mesmo acontece con ''segundos'':
 
-
 
-
::(…) nun tempo inferior ou igual a 30 segundos (…)
 
-
 
-
::-Tempo primeiro salto: 13 minutos e 38 segundos.
 
-
 
-
Caso unha cantidade indique minutos ou segundos, utilizarase a vírgula para separar os decimais:
 
-
 
-
::-Segundos por salto: 13,24.
 
-
 
-
==== Días da semana ====
 
-
 
-
Os días da semana especifícanse nos seguintes casos:
 
-
 
-
* Cando se especifican horarios:
 
-
 
-
::(…) luns a venres das 9.00 ás 19.00 h e sábados das 9.00 ás 14.00 h (…)
 
-
 
-
* Acompañando a data, o número e a páxina do DOG en cada unha das cabeceiras das súas páxinas:
 
-
 
-
::578 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 6 · Martes, 11 de xaneiro de 2011
 
-
 
-
* Cando no texto se cite un DOG ou un BOP anterior:
 
-
 
-
::(…) no DOG nº 234, do martes, 7 de decembro de 2010 (…)
 
-
 
-
::No BOP de Lugo nº 99, do martes día 4 de maio de 2010 (…)
 
-
 
-
* Cando se especifica unha data para a cal aínda non se pode concretar o día do mes:
 
-
 
-
::(…) ás dez horas do martes da semana seguinte ao día de remate do prazo de presentación de proposicións, segundo a cláusula 7.1 do prego (…)
 
-
 
-
==== Meses ====
 
-
 
-
Os meses do ano especificaranse con letras en todas as datas. Por cuestión de espazo, as datas que aparecen en cadros, listas e enumeracións poden especificarse con números:
 
-
 
-
::Dil. 13-10-2010 Vehículo matrícula C6870F (…)
 
-
 
-
==== Anos ====
 
-
 
-
Os anos especificaranse con números en todas as datas. No entanto, cando se citen sesións ou reunións poderá utilizarse a forma estendida:
 
-
 
-
::A Deputación Provincial de Ourense, en sesión do día vinte e tres de xullo de dous mil dez (…)
 
-
 
-
::(…) e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e tres de decembro de dous mil dez (…)
 
-
 
-
Cando se fale de anos, en galego debe evitarse a utilización de ''próximo''/''vindeiro'', ''presente'' ou semellante:
 
-
 
-
::para el próximo año 2012 → para o ano 2012
 
-
 
-
::para el presente año 2011 → para este ano 2011
 

Revisión actual feita o 12 de abril de 2012 ás 11:17

Ferramentas persoais