Normas xerais de todos os textos
De Manual de Estilo DOG
(→Letra maiúscula) |
(→Tipo de letra, interliñado e xustificación) |

(Non se mostran 66 revisións do historial.) | |||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Modelo:Cabeceira}} | {{Modelo:Cabeceira}} | ||
- | + | == Contido desta sección == | |
- | + | Recollemos aquí unha serie de pautas de estilo, no tocante a aspectos formais, que se aplicarán na edición do DOG. Mais tamén serían aplicables a outros documentos ou publicacións institucionais. | |
- | Os formatos | + | Os formatos fixados refírense ao produto final, é dicir, aos textos na súa fase de publicación, aínda que moitas desas normas de estilo poden ser aplicadas polos emisores publicadores xa na fase previa de redacción dos orixinais. |

[[#bodyContent|↑ Voltar ↑]]
<noinclude> | ||
- | + | == Formato electrónico == | |
- | *Os documentos que se envíen para publicar no DOG | + | *Os documentos de texto que se envíen para publicar no DOG realizaranse en formatos compatibles con Microsoft Word de Office 2010, coas extensións .doc ou .docx. As táboas e relacións poderán ter a extensión .xls (Microsoft Excel). |

*En todo caso, os documentos deberán ser sempre enviados en formatos editables e convertibles para a edición. | *En todo caso, os documentos deberán ser sempre enviados en formatos editables e convertibles para a edición. | ||
- | *Só | + | *Só se admitirán imaxes excepcionalmente, as cales se reproducirán no DOG tal e como foron enviadas. Nestes casos, é inescusable que o organismo responsable da súa elaboración vele pola corrección lingüística dos textos que tales imaxes poidan conter (en cuestións xerais de lingua e noutras como a toponimia). '''De non ser así, os textos remitidos ao DOG poderán ser devoltos para a súa debida corrección. |

+ | * Cando no texto se introduzan enlaces de acceso a páxinas web, cómpre asegurarse de que efectivamente redirixen o/a usuario/a á páxina que se indica (por exemplo, para cubrir un formulario). | ||

[[#bodyContent|↑ Voltar ↑]]
<noinclude> |
- | * Nos documentos que se envíen ao DOG utilizarase o tipo de letra | + | == Tipo de letra, interliñado e xustificación == |

+ | * Nos documentos que se envíen ao DOG utilizarase o tipo de letra Xunta Sans, de tamaño 11; cun interliñado de 1,5 liñas e xustificación completa. | ||
* Só en casos xustificados se poderá facer excepción ás normas anteriores. | * Só en casos xustificados se poderá facer excepción ás normas anteriores. | ||
- | ==== Letra maiúscula | + |
[[#bodyContent|↑ Voltar ↑]]
<noinclude> |

+ | === Letra maiúscula === | ||
- | Respecto do uso da maiúscula en inicial de palabra, véxase o punto correspondente das normas lingüísticas ([[Normas de estilo e redacción# | + | Respecto do uso da maiúscula en inicial de palabra, véxase o punto correspondente das normas lingüísticas ([[Normas de estilo e redacción#Maiúscula e minúscula en inicial de palabra | Uso de minúsculas e maiúsculas]] nas [[Normas de estilo e redacción | Normas de estilo e redacción]]). |
En canto ao emprego noutros contextos, é importante ter en conta: | En canto ao emprego noutros contextos, é importante ter en conta: | ||
Liña 30: | Liña 35: | ||
* Expresaranse con todos os caracteres en maiúscula: | * Expresaranse con todos os caracteres en maiúscula: | ||
- | : | + | ::* A primeira palabra do [[Elementos constantes da estrutura xeral dos textos#Sumario | sumario]] dos documentos: ORDE do 10 de xuño de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras...; RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2011 pola que se lles da publicidade ás axudas; ANUNCIO de información pública etc. |
- | : | + | ::* As [[Elementos constantes da estrutura xeral dos textos#Fórmula introdutoria | fórmulas introdutorias]] do tipo DISPOÑO, RESOLVO etc. |
- | : | + | ::* As palabras [[Elementos constantes da estrutura xeral dos textos#Títulos e capítulos | TÍTULO]], [[Elementos constantes da estrutura xeral dos textos#Títulos e capítulos | CAPÍTULO]] e [[Elementos constantes da estrutura xeral dos textos#Anexos | ANEXO]] cando encabecen as correspondentes partes en que se dividen algúns textos. |
- | : | + | ::* As [[A abreviación#Siglas | siglas]]: DOG, BOE, OCDE ... |
- | : | + | ::* Nos [[A abreviación#Acrónimos | acrónimos]] só se expresará en maiúscula a primeira letra: Inega, Sergas, Seaga etc. Para máis detalles, véxase o capítulo correspondente á [[A abreviación | abreviación]]. |
- | : | + | ::* Excepcionalmente, palabras que aparezan deste xeito en formularios. |
- | * Non | + | * Non se admite o emprego da maiúscula en todas as letras de palabras e sintagmas fóra dos casos anteriores, como sucede con moita frecuencia en edictos de xulgados, en que aparecen deste xeito os nomes e apelidos das persoas citadas. |
- | + | * Nas táboas admitirase transitoriamente o emprego de caracteres maiúsculos en nomes, apelidos, enderezos etc. se, por razóns de prazos, non se poden transformar a minúsculas. Con todo, deberase tender ao uso da minúscula, con carácter xeral, nas táboas. Ademais, cómpre ter en conta que a norma lingüística obriga a acentuar tamén as letras maiúsculas. | |

[[#bodyContent|↑ Voltar ↑]]
<noinclude> | |
- | + | === Letra cursiva === | |
- | + | Expresaranse en cursiva: | |
- | * O | + | * O [[Elementos constantes da estrutura xeral dos textos#Sumario | sumario]] completo das disposicións e anuncios. Neste caso poranse en redonda aquelas expresións que, nun texto redactado en redonda, deban ir en cursiva. |
- | * | + | * O título dos [[Elementos constantes da estrutura xeral dos textos#Artigos | artigos]] dunha disposición normativa. |
- | * | + | * O título das [[Elementos constantes da estrutura xeral dos textos#Seccións e subseccións | seccións e subseccións]] dunha disposición normativa. |
- | * Os | + | * Os nomes dos boletíns oficiais e das publicacións periódicas: ''Diario Oficial de Galicia'', ''Boletín Oficial del Estado'', ''La Vanguardia'' etc. Nos boletíns oficiais das provincias só se expresan en cursiva (e en maiúsculas inicial) as palabras ''Boletín Oficial'': ''Boletín Oficial'' da provincia de Lugo, ''Boletín Oficial'' da provincia da Coruña... |
- | * Os nomes | + | * Os nomes científicos de animais e vexetais: ''Canis lupus''; ''Pinus pinaster''... |
- | * | + | * Os títulos de obras literarias e de arte en xeral: ''Longa noite de pedra''; ''Pranto pola muller caída''... |
- | * As | + | * As denominacións dos congresos, cumios, xornadas, cursos, seminarios, simposios etc.: RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2011 pola que se convoca o ''Curso superior de técnico de urbanismo 2013''. |
- | + | :Nestas denominacións utilizarase a letra maiúscula segundo se establece nesta epígrafe. | |
- | + | :Se a denominación dos eventos indicados é xenérica (precedida, xeralmente, dun artigo indeterminado) e encaixa facilmente no texto xeral (precedida de expresións do tipo ''sobre''), expresaranse en minúscula e sen cursiva: RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2011 pola que se convoca un curso sobre intervención policial con menores. | |
- | + | :Observación: Cómpre ter en conta que esta pauta non se pode aplicar aos sumarios do DOG, por non permitir o programa de maquetación o emprego da cursiva. | |
- | + | :Caso de o texto non permitir o emprego da cursiva, utilizaranse as comiñas como alternativa: A EGAP convocou para o vindeiro ano o «Curso superior de técnico de urbanismo 2013». | |
- | ==== | + | * Os nomes propios de aeronaves, naves, armas, ciclóns etc.: o buque ''Prestige'', o ciclón ''Claus''... Nesta epígrafe incluímos tamén as denominacións de bateas e permisos mineiros, que aparecen con moita frecuencia no DOG: autorización para transmisión da concesión da batea ''Farruquiña''; explotación da concesión mineira ''A Farixa'' etc. |
- | + | * As voces e locucións latinas: ''a fortiori'', ''ab initio'', ''erga omnes''... Con todo, expresaranse en redonda aquelas locucións que xa estean moi consolidadas, tanto en galego coma en castelán: per cápita, déficit, currículum vítae etc. | |

+ | * As palabras non galegas, en textos en galego, ou non castelás, en textos neste idioma, cando non estean aínda asimiladas: ''background'', ''clearing'', ''lobby''... Pero expresaranse en redonda aquelas que xa estean integradas: club, estándar, interfaz etc. | ||

+ | Non se escribirán en cursiva: | ||

+ | * Os nomes de institucións, centros de ensino, empresas e edificios: o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades; o IES Rosalía de Castro; o CEIP Curros Enríquez; a empresa Alimentos Cruz del Sur, S.A. etc. | ||

+ | * Os títulos de obras normativas ou legais: o Código civil, a Lei de axuizamento criminal, a Lei orgánica do Tribunal Constitucional ... | ||

+ | Nas epígrafes referidas a [[Elementos constantes da estrutura xeral dos textos#Sumario | sumario]], [[Elementos constantes da estrutura xeral dos textos#Artigos | artigos]], [[Elementos constantes da estrutura xeral dos textos#Seccións e subseccións | seccións e subseccións]] aparecen referencias máis detalladas sobre a utilización da letra cursiva. | ||

[[#bodyContent|↑ Voltar ↑]]
<noinclude> | ||

+ | === Letra negra ou grosa === | ||

+ | Escríbense en letra negra ou grosa: | ||
* Os encabezamentos dos títulos, capítulos e anexos. | * Os encabezamentos dos títulos, capítulos e anexos. | ||
Liña 82: | Liña 103: | ||
* Excepcionalmente, certas expresións en formularios que poidan utilizala para destacar algún contido. | * Excepcionalmente, certas expresións en formularios que poidan utilizala para destacar algún contido. | ||
- | Nas epígrafes referidas a [[Elementos constantes da estrutura xeral dos textos#Cabeceira | cabeceira]], [[Elementos constantes da estrutura xeral dos textos#Títulos e capítulos | títulos]], [[Elementos constantes da estrutura xeral dos textos#Títulos e capítulos | capítulos]] e [[Elementos constantes da estrutura xeral dos textos#Anexos | anexos]] aparecen referencias máis concretas sobre o emprego da letra negra. | + | Nas epígrafes referidas a [[Elementos constantes da estrutura xeral dos textos#Cabeceira | cabeceira]], [[Elementos constantes da estrutura xeral dos textos#Títulos e capítulos | títulos]], [[Elementos constantes da estrutura xeral dos textos#Títulos e capítulos | capítulos]] e [[Elementos constantes da estrutura xeral dos textos#Anexos | anexos]] aparecen referencias máis concretas sobre o emprego da letra negra. |

[[#bodyContent|↑ Voltar ↑]]
<noinclude> | ||

+ | === Letra versaleta === | ||
+ | A letra versaleta non se emprega nos textos que se publican no DOG, aínda que, excepcionalmente, se permite o seu uso en documentos anexos que conteñan este formato e nas citas de textos antigos do DOG en que poida aparecer. | ||

[[#bodyContent|↑ Voltar ↑]]
<noinclude> |

Revisión actual feita o 9 de decembro de 2021 ás 11:57
Páxinas principais |
Índice |
Contido desta sección
Recollemos aquí unha serie de pautas de estilo, no tocante a aspectos formais, que se aplicarán na edición do DOG. Mais tamén serían aplicables a outros documentos ou publicacións institucionais.
Os formatos fixados refírense ao produto final, é dicir, aos textos na súa fase de publicación, aínda que moitas desas normas de estilo poden ser aplicadas polos emisores publicadores xa na fase previa de redacción dos orixinais.
Formato electrónico
- Os documentos de texto que se envíen para publicar no DOG realizaranse en formatos compatibles con Microsoft Word de Office 2010, coas extensións .doc ou .docx. As táboas e relacións poderán ter a extensión .xls (Microsoft Excel).
- En todo caso, os documentos deberán ser sempre enviados en formatos editables e convertibles para a edición.
- Só se admitirán imaxes excepcionalmente, as cales se reproducirán no DOG tal e como foron enviadas. Nestes casos, é inescusable que o organismo responsable da súa elaboración vele pola corrección lingüística dos textos que tales imaxes poidan conter (en cuestións xerais de lingua e noutras como a toponimia). De non ser así, os textos remitidos ao DOG poderán ser devoltos para a súa debida corrección.
- Cando no texto se introduzan enlaces de acceso a páxinas web, cómpre asegurarse de que efectivamente redirixen o/a usuario/a á páxina que se indica (por exemplo, para cubrir un formulario).
Tipo de letra, interliñado e xustificación
- Nos documentos que se envíen ao DOG utilizarase o tipo de letra Xunta Sans, de tamaño 11; cun interliñado de 1,5 liñas e xustificación completa.
- Só en casos xustificados se poderá facer excepción ás normas anteriores.
Letra maiúscula
Respecto do uso da maiúscula en inicial de palabra, véxase o punto correspondente das normas lingüísticas ( Uso de minúsculas e maiúsculas nas Normas de estilo e redacción).
En canto ao emprego noutros contextos, é importante ter en conta:
- Expresaranse con todos os caracteres en maiúscula:
- A primeira palabra do sumario dos documentos: ORDE do 10 de xuño de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras...; RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2011 pola que se lles da publicidade ás axudas; ANUNCIO de información pública etc.
- As fórmulas introdutorias do tipo DISPOÑO, RESOLVO etc.
- As siglas: DOG, BOE, OCDE ...
- Nos acrónimos só se expresará en maiúscula a primeira letra: Inega, Sergas, Seaga etc. Para máis detalles, véxase o capítulo correspondente á abreviación.
- Excepcionalmente, palabras que aparezan deste xeito en formularios.
- Non se admite o emprego da maiúscula en todas as letras de palabras e sintagmas fóra dos casos anteriores, como sucede con moita frecuencia en edictos de xulgados, en que aparecen deste xeito os nomes e apelidos das persoas citadas.
- Nas táboas admitirase transitoriamente o emprego de caracteres maiúsculos en nomes, apelidos, enderezos etc. se, por razóns de prazos, non se poden transformar a minúsculas. Con todo, deberase tender ao uso da minúscula, con carácter xeral, nas táboas. Ademais, cómpre ter en conta que a norma lingüística obriga a acentuar tamén as letras maiúsculas.
Letra cursiva
Expresaranse en cursiva:
- O sumario completo das disposicións e anuncios. Neste caso poranse en redonda aquelas expresións que, nun texto redactado en redonda, deban ir en cursiva.
- O título dos artigos dunha disposición normativa.
- O título das seccións e subseccións dunha disposición normativa.
- Os nomes dos boletíns oficiais e das publicacións periódicas: Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial del Estado, La Vanguardia etc. Nos boletíns oficiais das provincias só se expresan en cursiva (e en maiúsculas inicial) as palabras Boletín Oficial: Boletín Oficial da provincia de Lugo, Boletín Oficial da provincia da Coruña...
- Os nomes científicos de animais e vexetais: Canis lupus; Pinus pinaster...
- Os títulos de obras literarias e de arte en xeral: Longa noite de pedra; Pranto pola muller caída...
- As denominacións dos congresos, cumios, xornadas, cursos, seminarios, simposios etc.: RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2011 pola que se convoca o Curso superior de técnico de urbanismo 2013.
- Nestas denominacións utilizarase a letra maiúscula segundo se establece nesta epígrafe.
- Se a denominación dos eventos indicados é xenérica (precedida, xeralmente, dun artigo indeterminado) e encaixa facilmente no texto xeral (precedida de expresións do tipo sobre), expresaranse en minúscula e sen cursiva: RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2011 pola que se convoca un curso sobre intervención policial con menores.
- Observación: Cómpre ter en conta que esta pauta non se pode aplicar aos sumarios do DOG, por non permitir o programa de maquetación o emprego da cursiva.
- Caso de o texto non permitir o emprego da cursiva, utilizaranse as comiñas como alternativa: A EGAP convocou para o vindeiro ano o «Curso superior de técnico de urbanismo 2013».
- Os nomes propios de aeronaves, naves, armas, ciclóns etc.: o buque Prestige, o ciclón Claus... Nesta epígrafe incluímos tamén as denominacións de bateas e permisos mineiros, que aparecen con moita frecuencia no DOG: autorización para transmisión da concesión da batea Farruquiña; explotación da concesión mineira A Farixa etc.
- As voces e locucións latinas: a fortiori, ab initio, erga omnes... Con todo, expresaranse en redonda aquelas locucións que xa estean moi consolidadas, tanto en galego coma en castelán: per cápita, déficit, currículum vítae etc.
- As palabras non galegas, en textos en galego, ou non castelás, en textos neste idioma, cando non estean aínda asimiladas: background, clearing, lobby... Pero expresaranse en redonda aquelas que xa estean integradas: club, estándar, interfaz etc.
Non se escribirán en cursiva:
- Os nomes de institucións, centros de ensino, empresas e edificios: o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades; o IES Rosalía de Castro; o CEIP Curros Enríquez; a empresa Alimentos Cruz del Sur, S.A. etc.
- Os títulos de obras normativas ou legais: o Código civil, a Lei de axuizamento criminal, a Lei orgánica do Tribunal Constitucional ...
Nas epígrafes referidas a sumario, artigos, seccións e subseccións aparecen referencias máis detalladas sobre a utilización da letra cursiva.
Letra negra ou grosa
Escríbense en letra negra ou grosa:
- Os encabezamentos dos títulos, capítulos e anexos.
- Excepcionalmente, certas expresións en formularios que poidan utilizala para destacar algún contido.
Nas epígrafes referidas a cabeceira, títulos, capítulos e anexos aparecen referencias máis concretas sobre o emprego da letra negra.
Letra versaleta
A letra versaleta non se emprega nos textos que se publican no DOG, aínda que, excepcionalmente, se permite o seu uso en documentos anexos que conteñan este formato e nas citas de textos antigos do DOG en que poida aparecer.