O idioma: Norma, morfoloxía e sintaxe

De Manual de Estilo DOG

(Diferenzas entre revisións)
(O contido da páxina foi eliminado)
 
(Non se mostran 10 revisións do historial.)
Liña 1: Liña 1:
-
===== O idioma: Norma, morfoloxía e sintaxe =====
 
-
===== O galego =====
 
-
Os textos redactados en galego deberán respectar as últimas normas ortográficas e morfolóxicas aprobadas pola Real Academia Galega (RAG) e o Instituto da Lingua Galega (ILG). Poderán existir excepcións caso for preciso mencionar entidades ou facer citacións de fontes cuxo idioma orixinal sexa diferente do galego ou que sigan outras normas da lingua galega e así o requira o contexto.
 
-
 
-
O texto aprobado pola Real Academia Galega na sesión plenaria do día 12 de xullo de 2003 posibilitou a escolla entre diferentes opcións en varios dos seus puntos. Para a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) é aconsellable a utilización das seguintes formas:
 
-
 
-
# ''ao'' para a contracción ''a''+''o''<ref name="ftn1">Sobre este e os seguintes casos véxanse, respectivamente, as páxinas 66, 44, 52, 33, 123 e 65 de: REAL ACADEMIA GALEGA-INSTITUTO DA LINGUA GALEGA (2003): ''Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego'', Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.</ref>,
 
-
# terminación ''-ble ''(''aceptable'', ''accesible'' etc.),
 
-
# terminación -''aría ''(''panadería'', ''enxeñaría'' etc.),
 
-
# formas con -''x-x''- (''exaxeración'', ''exaxerar'' etc.),
 
-
# preposición ''ata'',
 
-
# a segunda forma do artigo só se utilizará nos casos en que é de uso obrigatorio (''polo''),
 
-
# preferirase a forma ''desde'' sobre ''dende'',
 
-
# darase preferencia á forma ''pór'' e ás súas formas derivadas: ''antepor'', ''apor'', ''compor'', ''contrapor'', ''depor'', ''descompor'', ''dispor'', ''expor'', ''impor'', ''indispor'', ''opor'', ''predispor'', ''presupor'', ''propor'', ''repor'', ''recompor'', ''supor'', ''superpor'', ''traspor'', ''xustapor'',
 
-
# nas estruturas comparativas utilizarase exclusivamente a forma ''que'' + artigo (''máis que na actualidade'', ''maior que no turismo en xeral''),
 
-
# para os nomes dos días utilizaranse as seguintes denominacións: ''luns'', ''martes'', ''mércores'', ''xoves'', ''venres'', ''sábado'' e ''domingo''. As formas ''segunda feira'', ''terza feira'', ''cuarta''/''corta'' ''feira'', ''quinta feira'' e ''sexta feira ''só se utilizarán cando se transcriban partes de textos que as empreguen.
 
-
 
-
Estas recomendacións xustifícanse principalmente para garantir a coherencia interna das publicacións do DOG. Caso se opte por algunha das opcións non aconselladas, debe procurarse garantir sempre a coherencia nos usos dentro dun mesmo texto ou publicación.
 
-
 
-
===== O castelán =====
 
-
Os textos redactados en castelán deberán respectar as últimas normas ortográficas e morfolóxicas aprobadas pola Real Academia Español (RAE). Poderán existir excepcións caso for preciso mencionar entidades ou facer citacións de fontes cuxo idioma orixinal sexa diferente do castelán ou que sigan outras variantes da lingua castelá e así o requira o contexto.
 
-
 
-
==Referencias==
 
-
<references/>
 

Revisión actual feita o 11 de abril de 2012 ás 12:25

Ferramentas persoais