Signos ortográficos

De Manual de Estilo DOG

(Diferenzas entre revisións)
(Guión medio (–))
(O contido da páxina foi eliminado)
 
(Non se mostran 20 revisións do historial.)
Liña 1: Liña 1:
-
{{Modelo:Cabeceira}}
 
-
== A vírgula (,) ==
 
-
A vírgula serve para marcar as separacións breves de sentido entre termos veciños, as inversións e as intercalacións, quer na oración quer no período. A seguir, indícanse algúns casos principais de emprego da vírgula:
 
-
* Separación dos elementos nas enumeracións:
 
-
 
-
::(…) organizacións representativas de sectores ou intereses sociais, laborais, empresariais ou profesionais, no exercicio das súas funcións (…)
 
-
 
-
* Separación de conxuncións, locucións e expresións aclaratorias:
 
-
 
-
::(…) enviaralle ao usuario un xustificante da presentación do documento, de acordo co modelo sinalado no anexo II, para a súa incorporación (…)
 
-
 
-
::(…) é necesario que previamente se realice, de ser o caso, o pagamento (…)
 
-
 
-
:Non obstante o anterior, as mulleres embarazadas que prevexan (…)
 
-
 
-
::A súa presentación e a comunicación entre o solicitante e o Igape poderá ser, así mesmo, totalmente telemática (…)
 
-
 
-
* Nas oracións de relativo explicativas:
 
-
 
-
::(…) por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 13 de maio de 2008, publicada no Diario Oficial de Galicia do día 23, regúlanse os programas de cualificación profesional (…)
 
-
 
-
* Nas oracións subordinadas de participio:
 
-
 
-
::Rematado o proceso selectivo, o tribunal publicará no ''Diario Oficial de Galicia'' a relación de aspirantes (…)
 
-
 
-
* Para delimitar certas construcións (finais, causais, condicionais etc.):
 
-
 
-
::Se así non o fixeren, considerarase que (…)
 
-
 
-
* Despois de abreviacións se for preciso:
 
-
 
-
::Días que, con motivo de vacacións, festas etc., non sexan lectivos.
 
-
 
-
* Nas datas para separalas dos nomes de lugar e nos enderezos para separar o nome da vía do resto da información (número de portal, de andar, código postal etc.):
 
-
 
-
::Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2010.
 
-
 
-
::(…) Avda. Fernández Ladreda, n.º 43, 4.º andar (…)
 
-
 
-
:Con todo, non se utiliza a vírgula para separar o código postal do nome da localidade:
 
-
 
-
::(…) 15706 Santiago de Compostela (…)
 
-
 
-
* Nas listas de nomes de persoa ou lugar, para separar os apelidos do nome ou o artigo do topónimo:
 
-
 
-
::Camiña Leiro, Iván
 
-
 
-
::Grove, O
 
-
 
-
* Nas cantidades, como elemento separador entre enteiros e decimais:
 
-
 
-
::(…) 26.680,75 € (…)
 
-
 
-
::- 0,25 puntos por coñecemento da lingua galega.
 
-
 
-
::-Segundos por salto: 13,24.
 
-
 
-
* Nas cartas e nos discursos despois do saúdo inicial, e tamén despois da despedida:
 
-
 
-
::Atentamente,
 
-
 
-
* As frases que anteceden ás palabras RESOLVO e DISPOÑO (con xustificación centrada, en redonda e seguidas de dous puntos) deben finalizar con vírgula, xa que se tratan de fórmulas introdutorias do ditame, resolución ou orde:
 
-
 
-
::Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,
 
-
 
-
::<center>RESOLVO:</center>
 
-
 
-
::(…)
 
-
 
-
::Polo tanto, en exercicio das atribucións conferidas polo artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa presidencia,
 
-
 
-
::<center>DISPOÑO:</center>
 
-
 
-
::(…)
 
-
 
-
 
-
:Debe evitarse a utilización da vírgula en casos como os seguintes:
 
-
 
-
* Para separar o suxeito do verbo ou o verbo dos complementos:
 
-
 
-
::*A dita relación, indicará as diferentes quendas (…) → A dita relación indicará as diferentes quendas (…)
 
-
 
-
* Nas sinaturas, antes ou despois do cargo:
 
-
 
-
::Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2010.
 
-
 
-
::<center>Beatriz Mato Otero</center>
 
-
 
-
::<center>Conselleira de Traballo e Benestar</center>
 
-
 
-
* Nas cantidades escritas con letra:
 
-
 
-
::(…) un total de un millón trescentos vinte mil trescentos setenta e nove euros con trinta e un céntimos (1.320.379,31 €) (…)
 
-
 
-
* Para separar as horas dos minutos debe utilizarse o punto:
 
-
 
-
::(…) antes das 14.00 horas do día que se sinale (…)
 
-
 
-
* En galego, nas enumeracións antes da abreviatura ''etc.'':
 
-
 
-
::(…) centros educativos, centros de profesores, institucións culturais etc.
 
-
 
-
== O punto (.) ==
 
-
 
-
O punto debe utilizarse nos seguintes casos:
 
-
 
-
* Colócase no corpo do texto no final da frase, como punto e seguido, punto e á parte ou punto final.
 
-
* Para separar as horas dos minutos debe utilizarse o punto:
 
-
 
-
::(…) antes das 14.00 horas do día que se sinale (…)
 
-
 
-
* Após as abreviaturas:
 
-
 
-
::(…) avda. de Arteixo (…)
 
-
 
-
* Para separar unidades nas cantidades:
 
-
 
-
::(…) 2.500 euros máis IVE (…)
 
-
 
-
:Exceptúanse as cifras dos códigos postais:
 
-
 
-
::15703 Santiago de Compostela
 
-
 
-
* Nos enderezos de páxinas web ou de correo electrónico:
 
-
 
-
::www.xunta.es
 
-
 
-
::contratacion@vigo.org
 
-
 
-
 
-
Debe evitarse a utilización do punto en casos como os seguintes:
 
-
 
-
* Após títulos ou nomes de sección:
 
-
 
-
::'''DA ADMINISTRACIÓN LOCAL'''
 
-
 
-
::'''CONCELLO DE CARBALLO'''
 
-
 
-
::''ANUNCIO de apertura sometida a avaliación ambiental.''
 
-
 
-
* Os símbolos, as siglas e os acrónimos non requiren o uso do punto:
 
-
 
-
::DOG
 
-
 
-
::BOE
 
-
 
-
::(…) media tensión subterránea n.º 0, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 2,141 km (…)
 
-
 
-
::(…) os tres primeiros anos, máis IVE máis IPC.
 
-
 
-
* As abreviacións requiren o uso do punto:
 
-
 
-
::L.M.T. (''Liña de Media Tensión'')
 
-
 
-
* Nas sinaturas, despois do lugar e a data e antes do nome e do cargo:
 
-
 
-
::Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2010.
 
-
 
-
::<center>Beatriz Mato Otero</center>
 
-
 
-
::<center>Conselleira de Traballo e Benestar</center>
 
-
 
-
* Após superíndice:
 
-
 
-
::(…) (''Diario Oficial de Galicia'', n.º 92, do 18 de maio) (…)
 
-
 
-
::Artigo 2.
 
-
 
-
::M.ª Xosé (…)
 
-
 
-
:Excepcións:
 
-
 
-
::* Cando se indica un subpunto do artigo:
 
-
 
-
:::(…) artigos 38.º, 131.º e 149.1, 11 e 13, da Constitución.
 
-
 
-
::* Cando segue o asunto do artigo:
 
-
 
-
:::Artigo 2.&#8195;''Xestión da rede''.
 
-
 
-
* Nas sinaturas, despois do nome ou do cargo:
 
-
 
-
::Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2010.
 
-
 
-
::<center>Beatriz Mato Otero</center>
 
-
 
-
::<center>Conselleira de Traballo e Benestar</center>
 
-
 
-
* Nas cifras, como elemento separador entre enteiros e decimais:
 
-
 
-
::*IVE: 26.680.75 euros. → IVE: 26.680,75 euros.
 
-
 
-
:As cifras dos códigos postais non levan punto:
 
-
 
-
::15703 Santiago de Compostela
 
-
 
-
* Após os signos de admiración e interrogación, os puntos suspensivos ou o punto que marca abreviación, cando coincide ao final da oración:
 
-
 
-
::(…) mesma organización solicitante?
 
-
 
-
::Vamos! Proxecto integral sociolaboral.
 
-
 
-
::Posúe o tratamento de Ilmo.
 
-
 
-
:Nas parénteses, guións e comiñas o punto sitúase dentro se estes signos se abriron despois dun punto; se se abriron xa comezada a oración, escribirase fóra:
 
-
 
-
::Cando Provisional sexa vacante pasar a "xornada de mañá ou tarde".
 
-
 
-
== Os dous puntos (:) ==
 
-
 
-
Os dous puntos deben utilizarse nos seguintes casos:
 
-
 
-
* Antes das enumeracións:
 
-
 
-
::(…) tipos: de tres ou dous volumes, monovolumes, todoterreos, todocamiños, furgonetas e outros (…)
 
-
 
-
::Interveñen: Dunha parte, Juan Carlos Armesto Quiroga, tenente-alcalde (…)
 
-
 
-
* Despois das fórmulas prefixadas DISPOÑO e RESOLVE:
 
-
 
-
::<center>DISPOÑO:</center>
 
-
 
-
::<center>RESOLVE:</center>
 
-
 
-
* Para introducir citas textuais:
 
-
 
-
::(…) a súa exposición de motivos: «O servizo ao cidadán exixe (…)
 
-
 
-
:Debe evitarse a utilización dos dous puntos en casos como o seguinte:
 
-
 
-
* Para separar as horas dos minutos debe utilizarse o punto:
 
-
 
-
::(…) antes das 14.00 horas do día que se sinale (…)
 
-
 
-
== O punto e vírgula (;) ==
 
-
 
-
É recomendable a utilización do punto e vírgula nos seguintes casos:
 
-
 
-
* Para separar estruturas coordenadas xa portadoras de vírgulas internas:
 
-
 
-
::Lindeiros. Norte, casa número 10 da rúa Villar; sur, casa de José María del Río; leste, coa rúa Villar: e oeste, co mencionado parral.
 
-
 
-
* Diante de construcións adversativas, cando introducen frases longas que, pola súa vez, tamén conteñen vírgulas:
 
-
 
-
::Esta cualificación total obterase pola suma das correspondentes a cada unha das probas, que se cualificarán de 0 a 15 puntos a primeira e de 0 a 15 puntos a segunda; suma que non poderá realizarse no suposto de que a cualificación obtida en calquera das probas fose inferior a seis (6) puntos, caso no que non se superará o exercicio.
 
-
 
-
== As comiñas (“ ”/« »/‘ ’) ==
 
-
 
-
As comiñas de uso máis frecuente son: as latinas ou angulares (« »), as altas ou inglesas (“ ”) e as simples (‘ ’). No DOG restrínxese o uso case exclusivamente ás latinas e ás inglesas. O uso das comiñas simples limítase a aqueles casos en que se queira pór entre comiñas un texto xa comprendido entre comiñas inglesas e que, á súa vez, se encontre entre comiñas latinas:
 
-
 
-
::«Onde o director explicou que “á voz de ‘xa’ comezará a proba”».
 
-
 
-
Nos restantes casos deben seguirse as seguintes regras:
 
-
 
-
* Utilízanse as comiñas latinas (« »):
 
-
::* Cando se cita un texto proveniente doutra fonte:
 
-
:::* Para efectos de rectificación:
 
-
 
-
::::(…) onde di: «...José Manuel González», debe dicir: «...José Manuel González González».
 
-
 
-
:::* Na transcrición de sentenzas:
 
-
 
-
::::«Resolvo que estimando a demanda interposta por (…) Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».
 
-
 
-
:::* Noutras transcricións:
 
-
 
-
::::(…) devoltas polo dito servizo, por «ausente repartición».
 
-
 
-
::::(…) na páxina web www.xunta.es, seguindo a ruta «Función pública»-«Procesos selectivos»-«Xeración e presentación de instancias», (…)
 
-
 
-
::* Cando se quere destacar algunha letra, número ou abreviatura que designa un elemento específico ou para o cal segue unha explicación:
 
-
 
-
::::(…) e permiso de circulación clase «C» e «E».
 
-
 
-
::::(…) coa seguinte fórmula: P=(pm*O)/10, onde «P» é a puntuación que se quere obter, «pm» é a puntuación máxima da epígrafe do criterio de que se trate, «O» será a valoración sobre 10 asignada á oferta que se está a puntuar e «10» é a valoración correspondente á mellor oferta.
 
-
 
-
* Poden utilizarse as comiñas altas ou inglesas (“ ”) en táboas para diferenciar nomes propios ou dentro de citas cando se desexa pór entre comiñas un texto xa comprendido entre comiñas latinas:
 
-
 
-
::CENTRO DE DESTINO: CEE “TERRA DE FERROL” (FERROL)
 
-
 
-
::«Onde o director explicou que “a proba dará comezo mañá”».
 
-
 
-
* Non debe utilizarse ningún tipo de comiñas cando se citen nomes de entidades:
 
-
 
-
::Novagalicia Banco
 
-
 
-
== Puntos suspensivos (...) ==
 
-
 
-
O uso máis frecuente dos puntos suspensivos no DOG é para indicar a omisión dun texto nunha transcrición:
 
-
 
-
::(…) establece no artigo 6º que «A política da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia terá como obxectivos en relación coa conservación e a xestión dos recursos pesqueiros e marisqueiros, entre outros os de: 1. O establecemento e a regulación de medidas dirixidas á conservación, á xestión e á explotación responsable, racional e sustentable dos recursos mariños vivos (...)».
 
-
 
-
Neste caso os puntos suspensivos deben ir entre parénteses. Cando non se desexa concluír unha enumeración pode optarse quer polo uso da abreviatura ''etc. ''quer polos puntos suspensivos. Con todo, recoméndase a utilización dos puntos suspensivos só para aqueles casos en que a enumeración sexa apenas exemplificativa:
 
-
 
-
::(…) aspectos nela recollidos (instalacións, condicións de manexo etc.), (…)
 
-
 
-
::(…) ou equivalente segundo o país (CUIT, RIF, CADASTRO, ...) (…)
 
-
 
-
::(…) (planos, informes, memorias económicas anuais da entidade, fotografías etc.).
 
-
 
-
En ningún caso se deben utilizar de forma combinada a abreviatura ''etc. ''(nin a súa forma estendida, ''etcétera'')'' ''e os puntos suspensivos, xa que resulta redundante:
 
-
 
-
::(…) colocáronse uns focos en cobre moi ornamentados *etc..., (…)
 
-
 
-
== Guión curto (-) ==
 
-
 
-
* Debe utilizarse para ligar dúas ou máis palabras ou cantidades que ocasionalmente se combinan formando encadeamentos de topónimos, períodos ou outros elementos:
 
-
 
-
::(…) Brión-Noia (…)
 
-
 
-
::(…) 2006-2010 (…)
 
-
 
-
::(…) expedientes INC-OU-171/2010-VNA e INCOU-180/2010-LSA (…)
 
-
 
-
* No novo formato do DOG  o uso de guión curto en listas ficou moi restrinxido. Recoméndase consultar a sección [[Apéndices#Listas_non_ordenadas|Listas non ordenadas]] das [[Normas_e_modelos_para_crear_documentos|Normas e modelos para crear documentos]].
 
-
 
-
* No novo formato do DOG xa non se pertime o uso de guión curto na enumeración de artigos. Recoméndase consultar a sección [[Apéndices#Artigos|Artigos]] das [[Normas_e_modelos_para_crear_documentos|Normas e modelos para crear documentos]].
 
-
 
-
Após o guión curto (-) non se deixa ningún espazo en branco.
 
-
 
-
== Guión medio (&#8211;) ==
 
-
 
-
Utilizarase o guión ou raia medio/a (&#8211;) para [[Subdivisión dos artigos e dos parágrafos | subdivisións inferiores ás do artigo]].
 
-
 
-
== Guión longo (&#8212;) ==
 
-
 
-
No novo formato do DOG non hai ningún caso en que se xustifique o uso do guión longo (&#8212;).
 
-
 
-
== Parénteses [()] ==
 
-
 
-
* As parénteses empréganse nas oracións ou expresións intercaladas:
 
-
 
-
::Avda. Miguel, 33 (entrada por c/ Barahona) 24003 León (León)
 
-
 
-
* Utilízase a paréntese dereita [)] con letras minúsculas para representar unha subdivisión dun texto ou unha alínea (neste caso a frase termina con punto):
 
-
 
-
::a) Identificar (…).
 
-
 
-
* Debe deixarse un espazo en branco despois da paréntese de peche se a seguir se encontra outra palabra:
 
-
 
-
::(…) do 14 de marzo de 2005 (DOG do 18 de marzo) pola que (…)
 
-
 
-
== Signos de interrogación e de admiración (¡/¿/!/?) ==
 
-
 
-
No Diario Oficial de Galicia a utilización dos signos de interrogación e de admiración, ?/! no caso do galego e ¡/¿/!/? no caso do español, vese restrinxido á cita de nomes de: campañas, entidades ou outros. Os textos oficiais deben evitar estas formas expresivas.
 
-
 
-
== O apóstrofo (’) ==
 
-
 
-
* Este signo poderá utilizarse en nomes propios procedentes doutros idiomas:
 
-
 
-
::Caixa D’Estalvis i Pensións
 
-
 
-
::L’Hospitalet de Llobregat
 
-
 
-
* En galego tamén se admite o seu uso naqueles casos en que se citen títulos ou cabeceiras de publicacións cando o artigo inicial se integra coas preposicións ''de'' ou ''en'':
 
-
 
-
::o argumento d’A Esmorga
 
-
 
-
::iso está n’Os Eoas
 
-
 
-
== A arroba (@) ==
 
-
 
-
Nos enderezos de correo electrónico non se deixa ningún espazo entre a arroba e os caracteres que a rodean:
 
-
 
-
::xunta@xunta.es.
 
-
 
-
Non debe utilizarse este signo para evitar a forma masculina (*african@).
 
-
 
-
== O espazo antes e despois de certos signos ==
 
-
 
-
* Após o guión curto (-) non se debe deixar ningún espazo en branco.
 
-
* Nos enderezos de correo electrónico non se deixa ningún espazo entre a arroba (@) e os caracteres que a rodean.
 
-
* Cando se utilice a paréntese dereita [)] con letras minúsculas para representar unha subdivisión dun texto ou unha alínea debe deixarse un espazo en branco entre a paréntese e a seguinte letra:
 
-
 
-
::a) Identificar (…).
 

Revisión actual feita o 6 de xuño de 2012 ás 09:48

Ferramentas persoais