Enderezos e teléfonos
De Manual de Estilo DOG
(→Enderezos) |
(→Enderezos) |
||
Liña 44: | Liña 44: | ||
:::A Coruña | :::A Coruña | ||
|} | |} | ||
- | |||
- | |||
- | |||
- | |||
<div style="text-align: right; font-size: 90%;">[[#bodyContent|<span style="color: #002bb8;">↑ Voltar ↑</span>]]</div><noinclude> | <div style="text-align: right; font-size: 90%;">[[#bodyContent|<span style="color: #002bb8;">↑ Voltar ↑</span>]]</div><noinclude> |
Revisión como estaba o 25 de maio de 2012 ás 07:13
Páxinas principais |
Índice |
Enderezos
A estrutura básica dos enderezos consta das seguintes liñas de datos:
- 1. Identidade do destinatario (nome e apelidos, nome da institución ou empresa, etc.).
- 2. Tipo (rúa, avenida, praza) e nome da vía, número e, andar, escaleira, etc.; ou ben nome da aldea, número, e parroquia.<br<
- 3. Código postal, localidade, concello.
- 4. Provincia.
Non é sempre necesario incluír todos estes datos, mais manterase a orde básica mencionada:
|
|
|
|
|
Enderezos e correos electrónicos
Os enderezos electrónicos (ou URL[1]) poden conter un ou máis puntos, dous puntos e barras laterais e os correos electrónicos[2] un ou máis puntos e unha arroba; conforman unha unidade que é preferible non partir no fin da liña, tampouco deben conter espazos en branco. Exemplos:
- http://www.xunta.es
- xunta@xunta.es
Nos URL é preferible especificar o tipo de protocolo (http, https, ftp, sftp etc.):
- (…) páxina web desta consellería (https://www.edu.xunta.es/substitutoslistas/) (…)
Teléfono e fax
Normalmente os números de fax e de teléfono, fixos ou móbiles, están compostos por nove cifras; para facilitar a súa lectura e comprensión recoméndase que se agrupen as tres primeiras cifras e se separen das restantes seis con espazo, e que, á súa vez, estas seis se agrupen de dúas en dúas separadas por outro espazo:
- 981 99 99 99
- 606 99 99 99
Caso for preciso indicar a existencia de máis de unha liña, deben separarse con unha barra lateral / e sen espazo entre ambos os números:
- 981 99 99 99/881 99 99 99
As extensións móstranse entre parénteses após o número de teléfono:
- Teléfono: 981 99 99 99 (extensións 9999, 9999).
Os prefixos internacionais indícanse antes do número de teléfono antecedidos do signo + e separados do número de teléfono por un espazo:
- +34 981 99 99 99
Referencias
- ↑ URL é o acrónimo de Uniform Resource Locator, localizador uniforme de recursos; utilízase para localizar recursos na internet.
- ↑ Tanto en galego como en castelán é frecuente utilizar os anglicismos email e e-mail; o seu uso non se recomenda excepto cando for preciso por razóns de espazo. A forma recomendada para ambos os idiomas é correo electrónico.