Linguaxe non sexista
De Manual de Estilo DOG
m |

Liña 5: | Liña 5: | ||

Na redacción dos textos para publicar no ''Diario Oficial de Galicia'' consideraremos os usos promovidos pola área de igualdade da Xunta de Galicia:
| Na redacción dos textos para publicar no ''Diario Oficial de Galicia'' consideraremos os usos promovidos pola área de igualdade da Xunta de Galicia:

- | </ | + | http://igualdade.xunta.es/linguaxe-non-sexista

Segundo as súas recomendacións para introducir a perspectiva de xénero, poderiamos ter en conta o seguinte:
| Segundo as súas recomendacións para introducir a perspectiva de xénero, poderiamos ter en conta o seguinte:

Liña 63: | Liña 65: | ||

- | Nesta opción, coidaremos a alternancia na orde dos dous elementos, masculino e feminino, ao longo do texto, para outorgarlle unha coherencia igualitaria.

Nesta opción, coidaremos a alternancia na orde dos dous elementos, masculino e feminino, ao longo do texto, para outorgarlle unha coherencia igualitaria.

- | Para evitar o alongamento excesivo das expresións, a recorrencia, por economía lingüística e para conseguir unha maior sinxeleza, optaremos pola concordancia (en xénero e número) co termo non marcado:

Para evitar o alongamento excesivo das expresións, a recorrencia, por economía lingüística e para conseguir unha maior sinxeleza, optaremos pola concordancia (en xénero e número) co termo non marcado:

{| style="border-collapse:separate; border-spacing:0; border-width:1px; border-style:solid; border-color:#ccccff; padding:10;" width="70%" align="center" cellpadding="10" | {| style="border-collapse:separate; border-spacing:0; border-width:1px; border-style:solid; border-color:#ccccff; padding:10;" width="70%" align="center" cellpadding="10" | ||
! style="border-style:solid; border-width: 0 1px 1px 0; border-color:#ccccff; background:#cccfff" width="50%" | '''Construcións incorrectas''' | ! style="border-style:solid; border-width: 0 1px 1px 0; border-color:#ccccff; background:#cccfff" width="50%" | '''Construcións incorrectas''' | ||
Liña 161: | Liña 163: | ||

• Canto ao uso das barras con formas dobres, de se usaren, convén reproducir no segundo termo a totalidade da palabra cando se trata de palabras monosílabas:

- | + | do/a

+ | un/ha ou un/nha

+ | do/da

+ | un/unha

• Á hora de utilizar as barras deberiamos medir cal é o alcance do que queremos expresar, para que non se dean contextos erróneos como:

+ | os postos a eles/elas reservados/as

+ | os postos a eles/elas reservados

• Non recorreremos nunca á arroba para reflectir os dous xéneros:

+ | estimad@s...

+ | traballador@s

+ | alumn@s

+ | psicólog@s

Para a obtención de máis recursos sobre termos lingüísticos non sexistas, suxestións igualitarias, inclusivas, termos colectivos ou xenéricos existe unha aplicación: | Para a obtención de máis recursos sobre termos lingüísticos non sexistas, suxestións igualitarias, inclusivas, termos colectivos ou xenéricos existe unha aplicación: | ||
http://www.exeria.net | http://www.exeria.net |
Revisión como estaba o 7 de febreiro de 2013 ás 09:14
Páxinas principais |
O uso do masculino como xénero non marcado contribúe a invisibilizar a presenza das mulleres e a súa intervención na sociedade. Os textos institucionais das administracións públicas deben evitar os usos discriminatorios, entre eles os usos sexistas da lingua, e promover as expresións lingüísticas mixtas, as alternativas que procuran a igualdade, a inclusión, o respecto e a claridade na comunicación.
Na redacción dos textos para publicar no Diario Oficial de Galicia consideraremos os usos promovidos pola área de igualdade da Xunta de Galicia:
http://igualdade.xunta.es/linguaxe-non-sexista
Segundo as súas recomendacións para introducir a perspectiva de xénero, poderiamos ter en conta o seguinte:
1. Nun texto onde se fai referencia a unha persoa determinada ou a un grupo de persoas do mesmo sexo, débense adaptar as formas ao xénero que corresponda.
Construcións incorrectas | Construcións correctas |

Marta Cases, arquitecto técnico O candidato, Berta Martínez | Marta Cases, arquitecta técnica A candidata, Berta Martínez |
2. Preferiremos os recursos que non comporten o uso de formas dobres, como a utilización de termos colectivos, plurais ou xenéricos. No canto de:
Director → dirección
presidente → presidencia
voluntarios → voluntariado
mozos → mocidade
adolescentes → adolescencia
clientes → clientela...
3. Nos formularios (solicitudes, declaracións xuradas...), e sempre que sexa posible, podemos optar polas formas despersonalizadas ou polo uso de determinantes que sexan inclusivos:
O interesado → a persoa interesada
O demandante → quen demanda
O solicitante → cada solicitante
Os aspirantes → as persoas aspirantes
4. Cando acudamos ás formas dobres, pódense presentar varias opcións:
a) Efectuar a dobre flexión nos substantivos:
As nais e os pais
O secretario ou a secretaria
b) Realizala nos adxectivos ou determinantes:
Os traballadores cualificados e cualificadas
Os/as teclistas
Nesta opción, coidaremos a alternancia na orde dos dous elementos, masculino e feminino, ao longo do texto, para outorgarlle unha coherencia igualitaria.
Para evitar o alongamento excesivo das expresións, a recorrencia, por economía lingüística e para conseguir unha maior sinxeleza, optaremos pola concordancia (en xénero e número) co termo non marcado:
Construcións incorrectas | Construcións correctas |

as traballadoras cualificadas e os traballadores cualificados... os traballadores e as traballadoras cualificadas... | as traballadoras e os traballadores cualificados... |
Agora ben, unha vez incorporada a linguaxe non sexista, convén facer unha chamada de atención sobre determinados usos constatados que se veñen instalando e que non acaban de ser correctos:
• Con respecto á utilización do termo inclusivo persoa/s ou persoal:
◦ Deberemos realizar a concordancia de xénero e número requirida cando introducimos este termo, posto que ás veces non aparece concertado:
Construcións incorrectas | Construcións correctas |

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, emprazándoos para que poidan comparecer como demandados... | O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, emprazándoas para que poidan comparecer como demandadas... |
II) Calquera persoa que non figure como participante nos datos da organización será excluído da actividade. | II) Calquera persoa que non figure como participante nos datos da organización será excluída da actividade. |
persoas consumidoras e usuarios | persoas consumidoras e usuarias |
persoas titulares e membros | titulares e membros (invariable en xén.) |
ORDE do 23 de xuño de 2011 pola que se regula a xornada de traballo do persoal funcionario e laboral docentes que imparten as ensinanzas... | ORDE do 23 de xuño de 2011 pola que se regula a xornada de traballo do persoal funcionario e laboral docente que imparte as ensinanzas... |
◦ Teremos en conta aqueles contextos en que o termo «persoa+adxectivo cualificativo» pode introducir matices de significado indesexados ou erróneos:
a persoa xogadora (=’que xoga con frecuencia ou amiga de xogar’)
persoas traballadoras (=’que traballan moito’) no canto de traballadores e traballadoras
persoas armadoras das embarcacións (=’que arman as embarcacións’)
persoas consumidoras (=’que consomen moito’)
• Nas listaxes que constitúen as relacións de postos de traballo (RPT), deberemos manter a posibilidade dos dous xéneros na súa denominación:
Denominación do posto: secretario/a do director/a xeral
Denominación do posto de traballo: subdirector/a xeral de Xestión Técnico-Administrativa e Orzamentaria
Denominación do posto de traballo: xefe/a do Servizo de Persoal e Asesoramento
• Ligado ás denominacións dos postos, convén destacar a normalidade na utilización de termos nos dous xéneros, o cal ata o de agora non sempre se incluía:
médica / médico
xuíz / xuíza
comadroa /comadrón
matrón / matroa
legoeiro / legoeira
limpador / limpadora
pasador / pasadora de ferro
mecánico / mecánica
xefe / xefa
presidente / presidenta
xerente (m. e f.)
axente (m. e f.)
telefonista (m. e f.)
membro (m. e f.)
• Evitaremos os contextos que son discriminatorios e non inclusivos dos dous xéneros:
traballo hora/home
traballo hora/persoa
• Canto ao uso das barras con formas dobres, de se usaren, convén reproducir no segundo termo a totalidade da palabra cando se trata de palabras monosílabas:
do/a
un/ha ou un/nha
do/da
un/unha
• Á hora de utilizar as barras deberiamos medir cal é o alcance do que queremos expresar, para que non se dean contextos erróneos como:
os postos a eles/elas reservados/as
os postos a eles/elas reservados
• Non recorreremos nunca á arroba para reflectir os dous xéneros:
estimad@s...
traballador@s
alumn@s
psicólog@s
Para a obtención de máis recursos sobre termos lingüísticos non sexistas, suxestións igualitarias, inclusivas, termos colectivos ou xenéricos existe unha aplicación: http://www.exeria.net