Normas xerais de todos os textos

De Manual de Estilo DOG

(Diferenzas entre revisións)
(Letra negra ou grosa)
(Letra negra ou grosa)
Liña 80: Liña 80:
* Excepcionalmente, certas expresións en formularios que poidan utilizala para destacar algún contido.
* Excepcionalmente, certas expresións en formularios que poidan utilizala para destacar algún contido.
-
Nas epígrafes referidas a <ins>[[cabeceira]]</ins>, <ins>títulos</ins>, <ins>capítulos</ins> e <ins>anexos</ins> aparecen referencias máis concretas sobre o emprego da letra negra.  
+
Nas epígrafes referidas a <ins>[[cabeceira]]</ins>, <ins>[[títulos]]</ins>, <ins>[[capítulos]]</ins> e <ins>[[anexos]]</ins> aparecen referencias máis concretas sobre o emprego da letra negra.  
===== Letra versaleta =====
===== Letra versaleta =====
A letra versaleta non se empregará nos textos que se publiquen no DOG, aínda que, excepcionalmente, se permitirá o seu uso en documentos anexos que conteñan este formato e nas citas de textos antigos do DOG en que poida aparecer.
A letra versaleta non se empregará nos textos que se publiquen no DOG, aínda que, excepcionalmente, se permitirá o seu uso en documentos anexos que conteñan este formato e nas citas de textos antigos do DOG en que poida aparecer.

Revisión como estaba o 5 de marzo de 2012 ás 07:21

Páxinas principais

Índice

Contido desta sección

Aquí recollemos unha serie de pautas de estilo, no tocante a aspectos formais, que se aplicarán na edición do DOG.

Os formatos acordados refírense ao produto final, é dicir, aos textos xa publicados. Pero, obviamente, moitas das cuestións intentarase que sexan aplicadas polos publicadores na redacción dos orixinais. O resto serán revisadas e, de ser o caso, corrixidas no Servizo de Tradución e na fase de maquetación do DOG.

Formato electrónico

  • Os documentos que se envíen para publicar no DOG serano en formatos compatibles con Microsoft Word de Office 2010, coas extensións ".doc" ou ".docx".
  • As táboas e relacións poderán ter a extensión ".xls" (Microsoft Excel).
  • En todo caso, os documentos deberán ser sempre enviados en formatos editables e convertibles para a edición.
  • Só excepcionalmente se admitirán imaxes, que se reproducirán no DOG tal como foron enviadas. Nestes casos, é inescusable que o organismo responsable da elaboración das imaxes vele pola corrección lingüística dos textos que tales imaxes poidan conter. De non ser así, os textos remitidos ao DOG poderán ser devoltos para a súa corrección.

Tipo de letra, interliñado e xustificación

  • Nos documentos que se envíen ao DOG utilizarase o tipo de letra Arial, redonda e de tamaño 11; un interliñado de 15 pt e xustificación completa.
  • Só en casos xustificados se poderá facer excepción ás normas anteriores.

Letra maiúscula

Respecto do uso da maiúscula en inicial de palabra, véxase o punto correspondente das normas lingüísticas.

En canto ao emprego noutros contextos, é importante ter en conta:

  • Expresaranse con todos os caracteres en maiúscula:
-A primeira palabra do sumario dos documentos: ORDE do 10 de xuño de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras...; RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2011 pola que se lles da publicidade ás axudas; ANUNCIO de información pública; etc.
-As fórmulas introdutorias do tipo DISPOÑO, RESOLVO, etc.
-As palabras TÍTULO, CAPÍTULO e ANEXO cando encabecen as correspondentes partes en que se dividen algúns textos.
-As siglas: DOG, BOE, OCDE, ... Nos acrónimos só se expresará en maiúscula a primeira letra: Inega, Sergas, Seaga, etc. Para máis detalles, véxase o capítulo correspondente á abreviación.
-Excepcionalmente, palabras que aparezan deste xeito en formularios.
  • Non está permitido o emprego da maiúscula en todas as letras de palabras e sintagmas fóra dos casos anteriores, como sucede con moita frecuencia en editos de xulgados, en que aparecen deste xeito os nomes e apelidos das persoas citadas.

Letra cursiva

Irán sempre en cursiva:

  • O sumario completo das disposicións e anuncios. Neste caso poranse en redonda aquelas expresións que, nun texto redactado en redonda, deban ir en cursiva;
  • O título dos artigos dunha disposición normativa;
  • O título das seccións e subseccións dunha disposición normativa;
  • Os nomes dos boletíns oficiais e das publicacións periódicas: Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial del Estado, La Vanguardia, etc.;
  • Os nomes científicos de animais e vexetais;
  • Os títulos de obras literarias e de arte en xeral;
  • Os nomes propios de aeronaves, naves, armas, ciclóns, etc.: o buque Prestige, o ciclón Claus. Nesta epígrafe incluímos tamén as denominacións de bateas e permisos mineiros, que aparecen con moita frecuencia no DOG: autorización para transmisión da concesión da batea Farruquiña; explotación da concesión mineira A Farixa; etc.
  • As voces e locucións latinas: a fortiori, ab initio, erga omnes, etc. Con todo, expresaranse en redonda aquelas locucións que xa estean moi consolidadas, tanto en galego coma en castelán: per cápita, déficit, currículum vítae, etc.
  • As palabras non galegas, en textos en galego, ou non castelás, en textos neste idioma, cando non estean aínda asimiladas: background, clearing, lobby¸ etc. Pero expresaranse en redonda aquelas que xa estean integradas: club, estándar, interfaz, etc.

Non irán en cursiva:

  • Os nomes de institucións, centros de ensino, empresas e edificios: o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades; o IES Rosalía de Castro; o IES A Sardiñeiras; a empresa Alimentos Cruz del Sur, S.A.; etc.
  • Os títulos de obras normativas ou legais: o Código civil, a Lei de axuizamento criminal, a Lei orgánica do Tribunal Constitucional, ...

Nas epígrafes referidas a sumario ou título, artigos, seccións e subseccións aparecen referencias máis detalladas sobre a utilización da letra cursiva.

Letra negra ou grosa

Irán en letra negra ou grosa:

  • Os encabezamentos dos títulos, capítulos e anexos.
  • Excepcionalmente, certas expresións en formularios que poidan utilizala para destacar algún contido.

Nas epígrafes referidas a cabeceira, títulos, capítulos e anexos aparecen referencias máis concretas sobre o emprego da letra negra.

Letra versaleta

A letra versaleta non se empregará nos textos que se publiquen no DOG, aínda que, excepcionalmente, se permitirá o seu uso en documentos anexos que conteñan este formato e nas citas de textos antigos do DOG en que poida aparecer.

Ferramentas persoais