Apéndices
De Manual de Estilo DOG
(→Listas ordenadas) |
(→Numeración romana) |
||
Liña 50: | Liña 50: | ||
III. As áreas validadas ou exentas non serán tidas en conta para o cálculo da nota media. | III. As áreas validadas ou exentas non serán tidas en conta para o cálculo da nota media. | ||
- | <center>{letra redonda, interliñado | + | <center>{letra redonda, interliñado 15 pt e sangría primeira liña 5 mm, espazamento de separación entre bloques 5 mm}</center> |
- | No caso de que pola complexidade de subdivisión dun documento se teña que utilizar unha subdivisión coa numeración romana en minúsculas (i, ii, iii…), esta subdivisión estruturarase igualmente con punto, por exemplo i., nunca con parénteses que poidan levar á confusión con aliñas expresadas en letra: i). | + | No caso de que pola complexidade de subdivisión dun documento se teña que utilizar unha subdivisión coa numeración romana en minúsculas (i, ii, iii…), esta subdivisión estruturarase igualmente con punto, por exemplo i., nunca con parénteses que poidan levar á confusión con aliñas expresadas en letra: i). |
- | + | ||
====== Letras do alfabeto latino ====== | ====== Letras do alfabeto latino ====== |
Revisión como estaba o 6 de marzo de 2012 ás 10:24
Páxinas principais |
Índice |
Listas
Listas ordenadas
Cando se apliquen subdivisións, nas viñetas haberá unha sangría francesa de 5 mm. As subdivisións que se correspondan ao mesmo nivel de división agruparanse entre si cun interliñado simple e o espazamento de parágrafo será de 5 mm en cada novo nivel de subdivisión.
Formatación
- Xustificación: completa.
- Sangría: 5 mm primeira liña de parágrafo.
- Separación entre bloques: 5 mm.
- Interliñado: simple.
- Tipo de letra: redonda.
Numeración arábiga
Estrutura
[Número árabe][Punto][Espazo][Texto]
Exemplo:
1. O período de vixencia desta orde será desde o 1 de xaneiro de 2011 até o 31 de decembro do mesmo ano. 2. Para as subvencións que se concedan na execución desta orde destínase un crédito inicial de 250.000 € dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011, que se satisfarán con cargo á aplicación 5001.413A.481.21 e co código de proxecto 201100048:
a) Para as subvencións tipo A destinarase a cantidade de 170.000 €.
b) Para as subvencións tipo B destinarase a cantidade de 80.000 €.
3. As axudas que se concedan ao abeiro desta orde poderán financiar total ou parcialmente o gasto das actividades subvencionables e serán compatibles coa percepción doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, aínda que non para o mesmo programa. Non obstante, o importe das subvencións outorgadas nesta orde non poderá en ningún caso ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo das actividades que vai desenvolver o beneficiario.
Numeración romana
Estrutura
[Número romano][Punto][Espazo][Texto]
Exemplo:
I. A nota media será a media aritmética das cualificacións en todas as materias dos catros cursos da etapa. II. Segundo o establecido nas disposicións adicionais do Decreto 133/2007 polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria, para a obtención da nota media non se terá en conta a área de relixión. III. As áreas validadas ou exentas non serán tidas en conta para o cálculo da nota media.
No caso de que pola complexidade de subdivisión dun documento se teña que utilizar unha subdivisión coa numeración romana en minúsculas (i, ii, iii…), esta subdivisión estruturarase igualmente con punto, por exemplo i., nunca con parénteses que poidan levar á confusión con aliñas expresadas en letra: i).
Letras do alfabeto latino
Na ordenación de parágrafos con letras utilizaranse todas as letras simples do alfabeto, incluídas o “j”, o “ñ” e o “w”, pero no os dígrafos “ch” e “ll”.
Estrutura
[Letra alfabeto romano en minúsculas][Peche de paréntese][Espazo][Texto]
Exemplo:
a) Folla de inscrición cuberta segundo o modelo do anexo I desta orde. b) Declaración responsable de ter ou non ter percibido ou solicitado outras axudas ou premios convocados co mesmo fin polas administracións públicas competentes segundo o modelo do anexo II desta orde.
Listas non ordenadas
Na construción de listas non ordenadas deberase evitar o uso de guións curtos (-), asteriscos (*) ou calquera outro tipo de marcas. Son excepción a esta regra aqueles elementos con guión en viñeta con sangría francesa de 5 mm, que deberán estar agrupados entre si co obxecto de clarificar a disposición do texto.
Formatación
- Xustificación: completa.
- Sangría: non.
- Separación entre parágrafos: non.
- Interliñado: simple.
- Tipo de letra: redonda.
Exemplo:
- Data: 15-7-2010.
- Vencemento: 14-7-2010.
- Importe: 10.000 euros.
{letra redonda, interliñado simple}
Táboas
As táboas consideraranse sempre elementos que deberán ir incluídos na sección de anexos e nunca intercalados no corpo do documento. Polo tanto, deberán sempre incluír un título identificativo para facilitar tanto a súa referencia dentro do corpo do texto como a súa fácil e rápida localización.
Os formatos das táboas deberán ser formatos editables de Microsoft Word ou Excel para permitir correccións ortotipográficas e deberán ter un corpo mínimo do tipo de letra de 6 puntos.
O uso das maiúsculas deberase restrinxir o máximo posible, e nunca deberemos mesturar columnas en maiúsculas con columnas en minúsculas para darlle coherencia á táboa. De se usaren, as letras maiúsculas, deberán acentuarse graficamente sempre que o esixan as regras de acentuación.
As táboas deberán sempre incluír unha primeira fila en que se especifique o texto de título de cada unha das súas columnas. Esta primeira fila deberá ter un sombreado do 10% para facilitar a lectura da táboa.
Se a lonxitude dunha táboa superase unha páxina completa, a táboa deberá continuar na páxina inmediatamente posterior. Nesta segunda páxina deberase incluír de novo unha primeira fila de encabezamento con sombreado do 10%, en que se especificará de novo o texto de título das columnas.
As táboas deberán sempre manterse dentro das marxes da páxina e ter unha largura de cela adecuada para que o texto nelas contido sexa lexible.
No caso de que dentro dun mesmo anexo se inclúan varias táboas deberase incluír unha cabeceira de táboa que facilite a identificación de cada unha das diferentes táboas. Esta cabeceira será unha pequena táboa en si mesma que se separará da táboa propiamente dita por unha liña en branco. A táboa de cabeceira deberá igualmente ter un sombreado do 10% e incluír o texto identificativo da táboa.
Por último, a separación entre as diferentes táboas dun mesmo anexo deberá ser suficiente para permitir unha rápida identificación de cada unha delas.
Exemplo:
Imaxes
As imaxes, ao igual que as táboas, son elementos que se deberán sempre incluír na sección anexos e nunca dentro do corpo do documento. Deberán, por tanto, incluír sempre un título identificativo para facilitar tanto a súa referencia dentro do corpo do texto como a súa fácil e rápida localización.
Exemplo:
Especificacións técnicas:
- Formato: JPG e PNG (Nunca BMP).
Se a imaxe contén texto recoméndase o uso de PNG, pois o renderizado do texto é mellor que o JPG e, así, favorecerase a lexibilidade do texto incluído na imaxe.
Dada a dificultade de edición de imaxes, caso estas contiveren texto, este deberá estar correctamente escrito segundo as normas ortográficas vixentes. Deberase facer especial énfase na corrección da toponimia incluída no texto das imaxes, que se deberá axustar ás formas marcadas no Nomenclator de Galicia.
Subdivisións dos textos normativos
Artigos
O artigo é a unidade básica de todo texto normativo.
Formatación
- Xustificación: completa.
- Sangría: 5 mm primeira liña de parágrafo.
- Espazamento entre parágrafos: 5 mm.
Estrutura
Artigo [Número de Artigo en cardinal][Punto][Tabulación 5 mm][Título]
Encabezamento:
Formatación
- Tipo de letra: redonda.
Título:
- Tipo de letra: cursiva.
Exemplo:
Artigo 1.Obxecto e ámbito de aplicación.
Artigo 2.Número e características dos premios.
Artigo 3.Requisitos de participación.
Os textos normativos poderán dividirse adicionalmente en:
- a) Títulos
- b) Capítulos
- c) Seccións
- d) Subseccións
Non se pasará dunha división a outra omitindo algunha intermedia, excepto no caso das seccións.
Títulos
Estrutura
Formatación
- Xustificación: centrada.
- Sangría: non.
- Espazamento entre parágrafos: 5 mm.
- Tipo de letra: redonda en maiúsculas para o título e negra para o nome do título.
Exemplo:
Capítulos
Estrutura
Formatación
- Xustificación: centrada.
- Sangría: non.
- Espazamento entre parágrafos: 5 mm.
- Tipo de letra: redonda en maiúsculas para o título e negra para o nome do título.
Exemplo:
Seccións
Formatación
- Xustificación: centrada.
- Sangría: Non.
- Espazamento entre parágrafos: 3 mm.
- Tipo de letra: cursivas coa primeira letra da liña en maiúsculas.
Estrutura:
Sección [número][punto][marca de ordinal][tabulación 5mm][título coa primeira letra en maiúsculas]
Exemplo:
Subseccións
Formatación
- Xustificación: centrada.
- Sangría: non.
- Espazamento entre parágrafos: 3 mm.
- Tipo de letra: cursiva.
Estrutura:
Subsección [número][punto][marca de ordinal][tabulación 5mm][título coa primeira letra en maiúsculas]
Exemplo:
Nomes Propios
Nomes de empresa e boletíns e diarios oficiais
Os nomes de empresa e boletíns e diarios oficiais, seguen sempre a regra oposta á regra xeral da sección do documento onde aparezan, para así aparecer resaltados do resto do texto. Deste modo, se aparece un destes tipos de nomes no título, cuxa regra xeral é do uso de cursivas, estes nomes serán escritos en letra redonda. Se, por súa vez, aparecen no corpo do texto, cuxa regra xeral é do uso de letra redonda, estes nomes serán escritos en letra cursiva.
Exemplo de uso no título do documento:
Resolución de 4 de xuño de 2010 pola que se concede a acreditación de entidade de control de calidade da edificación a Estudios Mikar, S.L., con domicilio social na calexa Solla número 1, entresollado, 36900 Marín (Pontevedra).
Exemplo de uso no corpo do documento:
Primeiro.-Conceder a acreditación de entidade de control de calidade na edificación e inscribir no Rexistro de Entidade e Laboratorios Acreditados na Comunidade Autónoma de Galicia a Estudios Mikar, S.L., con domicilio social na calexa Solla nº1, entresollado, 36900, Marín (Pontevedra) polo prazo e condicións a que se refire os artigos 5 e 6 do Decreto 159/2007, do 26 de xullo, acredítase nas áreas, fases e niveis que se especifican (indicadas segundo os artigos 3º e 4º da Orde de 21 de novembro de 2007):
Resto de nomes propios
O resto de nomes propios seguirán sempre as regras da sección en que aparezan.
Exemplo de uso no título do documento:
Resolución de 1 de outubro de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, relativos á baremación provisional da fase de concursos.
Exemplo de uso no corpo do documento:
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria contribúe con 7320 € con cargo á aplicación 09.04.423A.480.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010. Caixanova contribúe con 7320 € segundo o dispositivo no convenio entre a Xunta de Galicia e Caixanova de 19 de xullo 2010.