Acentuación gráfica

De Manual de Estilo DOG

(Diferenzas entre revisións)
(O verbo con pronome enclítico)
Liña 144: Liña 144:
=== O verbo con pronome enclítico ===
=== O verbo con pronome enclítico ===
-
Cando os verbos levan pronomes enclíticos, no tocante á acentuación gráfica compórtanse como se fosen unha soa palabra:
+
* Cando os verbos levan pronomes enclíticos, no tocante á acentuación gráfica compórtanse como se fosen unha soa palabra:
::cantará → cantaraa
::cantará → cantaraa
Liña 150: Liña 150:
::cantara → cantáraa
::cantara → cantáraa
-
As formas verbais que levan acento diacrítico mantéñeno cando van seguidas dunha forma átona do pronome, aínda que non lles corresponda seguindo as regras xerais de acentuación para as formas polisílabas:
+
* As formas verbais que levan acento diacrítico mantéñeno cando van seguidas dunha forma átona do pronome, aínda que non lles corresponda seguindo as regras xerais de acentuación para as formas polisílabas:
::é → élle, éa
::é → élle, éa

Revisión como estaba o 28 de marzo de 2012 ás 09:24

Páxinas principais

Índice

Galego

O acento diacrítico

á (a + a artigo; subst.)
a (artigo; pron.; prep.)
ás (a + as artigo; subst.)
as (artigo; pron.)
bóla (‘esfera’)
bola (peza de pan)
(ca + a)
ca (conx.)
cás (ca + as)
cas (prep.)
chá (‘plana’)
cha (che + a)
chás (‘planas’)
chas (che + as)
(ca + o)
co (con + o)
cós (ca + os; subst.)
cos (con + os)
cómpre (‘é mester’)
compre (‘merque’)
cómpren (‘son mester’)
compren (‘merquen’)
(pres. e imp. de dar)
da (de + a)
dás (pres. de dar)
das (de + as)
(‘compaixón’)
do (de + o)
é (pres. de ser)
e (conx.)
fóra (adv.)
fora (antepret. de ser e ir)
(‘ruín’)
ma (me + a)
más (‘ruíns’)
mas (me + as)
máis (adv. e pron.)
mais (conx.)
(subst.)
no (en + o)
nós (pron. tónico; pl. de )
nos (pron. átono; en + os)
ó (a + o)
o (artigo; pron.)
ós (a + os)
os (artigo; pron.)
óso (do corpo)
oso (animal)
(parte do corpo)
pe (letra)
póla (‘rama’)
pola (‘galiña’; por + a)
pór (‘poñer’)
por (prep.)
présa (‘apuro’)
presa (‘prendida’; ‘presada’)
(‘sede eclesiástica’; imp. de ser)
se (conx.; pron.)
(adv. e adx.)
so (prep.)
(‘infusión’)
te (pron.; letra)
vén (pres. de vir)
ven (pres. de ver; imp. de vir)
vés (pres. de vir)
ves (pres. de ver)
vós (pron. tónico)
vos (pron. átono)

O verbo con pronome enclítico

  • Cando os verbos levan pronomes enclíticos, no tocante á acentuación gráfica compórtanse como se fosen unha soa palabra:
cantará → cantaraa
cantara → cantáraa
  • As formas verbais que levan acento diacrítico mantéñeno cando van seguidas dunha forma átona do pronome, aínda que non lles corresponda seguindo as regras xerais de acentuación para as formas polisílabas:
é → élle, éa
dá → dáo, dáme, dálle

Os adverbios en -mente. Palabras compostas

Por se tratar de palabras graves rematadas en vogal, resulta innecesario o acento gráfico nos adverbios en -mente:

adecuadamente
utilmente

No caso de apareceren varios adverbios en -mente coordinados, esta terminación só aparece no derradeiro, e os anteriores manteñen o seu acento:

cómoda e facilmente

Tampouco mantén o acento gráfico o primeiro termo das palabras compostas xa soldadas:

Riotorto

Outros casos

  • Non se acentúan en ningún caso nin os demostrativos nin o indefinido e numeral un:
esta mesa
un deles
  • Cal, cando, canto, como, onde, que e quen non se acentúan en interrogativas e exclamativas directas:
Cal quere?
Cando vén?
Como lle vai?
  • Tampouco se acentúan as formas do interrogativo e exclamativo cando introducen interrogativas indirectas:
Pregúntelle cando volve.
Pregúntelle onde está.
  • Os derivados de pór non levan acento:
antepor
compor
  • As letras maiúsculas, tanto se son iniciais como se están integradas nunha palabra escrita enteiramente en maiúsculas, deben levar acento se así lles corresponde segundo as regras de acentuación:
Ángel
DISPOSICIÓNS XERAIS
Con todo, non se acentúan as maiúsculas que forman parte das siglas:
DNI
OCDE
  • Os acrónimos que se escriben con minúsculas si deben someterse ás regras de acentuación gráfica:
láser
  • As abreviaturas manteñen o acento en caso de incluír a vogal que a leva na palabra completa:
páx. (de páxina)
íd. ( de ídem)
  • Os símbolos nunca levan acento, aínda que manteñan a letra que a leva na palabra que representan:
a (de área)
ha (de hectárea)

Erros frecuentes

  • Os estranxeirismos e os latinismos deben acentuarse:
déficit
superávit
Neste tipo de palabras pódese prescindir do acento gráfico correspondente e manter integramente a grafía propia da lingua de que proceden cando exista conciencia clara de que son estranxeirismos.
  • O í ou o ú tónicos acentúanse cando hai un hiato, tamén nas formas dos verbos que finalizan en -aír, -oír e -uír:
saír
oír
construír
atribuído
constrúen
  • Non se acentúan as palabras agudas que finalizan en ditongo decrecente nin as palabras graves que finalizan en ditongo crecente:
ademais
comeu
premio
medio
  • O pronome persoal el non leva acento gráfico:
entregarllo a el

Castelán

O acento diacrítico

de (preposición, substantivo)
(verbo dar)
el (artigo)
él (pronome persoal)
mas (conxunción adversativa)
más (adverbio, adxectivo ou pronome)
mi (adxectivo posesivo)
(pronome persoal)
se (pronome)
(verbos ser ou saber)
si (conxunción e substantivo)
(adverbio de afirmación)
te (pronome persoal e substantivo)
(substantivo)
tu (posesivo)
(pronome persoal)

Outros casos de acento diacrítico

  • Solo, tanto con valor de adxectivo como de adverbio, e os demostrativos este, ese e aquel, con valor pronominal, non se acentúan en ningún caso, aínda que o contexto sexa ambiguo:
(…) por *éste y los opositores (…) → (…) por este y los opositores (…)
(…) *sólo cuando compruebe (…) → (…) solo cuando compruebe (…)
  • As formas neutras dos demostrativos, é dicir, as palabras esto, eso e aquello, que só poden funcionar como pronomes, escríbense sempre sen acento:
Eso no sea cierto.
No se entendió esto.
  • A conxunción o nunca leva acento cando vai entre números:
1 o 2
100 o 200
  • O adverbio aún/aun: Leva acento cando se pode substituír por todavía (tanto con significado temporal como con valor ponderativo ou intensivo) sen alterar o sentido da frase:
(…) más aún en la actual (…)
Non leva acento cando se utiliza co mesmo significado que hasta, también, incluso (ou siquiera, coa negación ni):
Si, aun así, la suma de (…)
(…) aún cuando no estén amparadas (…)

Outros casos

  • guion, hui, riais, Sion, truhan, fie... son palabras monosílabas para efectos ortográficos e, independentemente de como se pronuncien, escríbense sempre sen acento.
  • As palabras compostas con guión sempre conservan a acentuación gráfica que corresponde a cada un dos termos por separado:
teórico-práctico
  • As voces e expresións latinas que se utilizan con frecuencia en español sométense ás regras de acentuación:
hábeas corpus
cuórum
  • As palabras estranxeiras non adaptadas (razón pola cal se deben escribir en cursiva ou entre comiñas), así como os nomes propios orixinarios doutros idiomas (que se escriben en redonda), non deben levar ningún acento que non teñan no seu idioma de procedencia, é dicir, non se someten ás regras de acentuación:
disc-jockey
catering
gourmet
Mompou
Düsseldorf
  • As palabras estranxeiras adaptadas, incluídos os nomes propios, deben someterse ás regras de acentuación:
béisbol
bidé
Milán
Icíar
As transcricións de palabras procedentes de idiomas que utilizan alfabetos non latinos, incluídos os nomes propios, considéranse adaptacións e deben seguir, por tanto, as regras de acentuación:
glásnost
Tolstói
Taiwán
  • As letras maiúsculas, tanto se son iniciais como se están integradas nunha palabra escrita enteiramente en maiúsculas, deben levar acento se así lles corresponde segundo as regras de acentuación:
Ángel
ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA
Con todo, non se acentúan as maiúsculas que forman parte das siglas:
DNI
OCDE
  • Os acrónimos que se escriben con minúsculas si deben someterse ás regras de acentuación gráfica:
láser
  • As abreviaturas manteñen o acento en caso de incluír a vogal que a leva na palabra completa:
pág. (de página)
íd. ( de ídem)
  • Os símbolos nunca levan acento, aínda que manteñan a letra que a leva na palabra que representan:
a (de área)
ha (de hectárea)
Ferramentas persoais