Observacións sobre algunhas construcións gramaticais

De Manual de Estilo DOG

(Diferenzas entre revisións)
(Complemento directo)
(Colocación do pronome átono)
Liña 80: Liña 80:
::::Non o facendo así / (…) de non o facer así (…)
::::Non o facendo así / (…) de non o facer así (…)
 +
<div style="text-align: center; font-size: 90%;">[[#bodyContent|<span style="color: #002bb8;">↑ Voltar ↑</span>]]</div><noinclude>
== O pronome SE nas construcións impersoais ==
== O pronome SE nas construcións impersoais ==

Revisión como estaba o 7 de maio de 2012 ás 10:53

Páxinas principais

Índice

Complemento directo

  • En xeral, o complemento directo constrúese sen a preposición a:


Construcións incorrectas Construcións correctas
Autorízase á conselleira para ditar cantas normas sexan necesarias. Autorízase a conselleira para ditar cantas normas sexan necesarias.
Substituirase ao persoal necesario para poder cumprir os servizos mínimos. Substituirase o persoal necesario para poder cumprir os servizos mínimos.
O tribunal convocará aos opositores para a realización da proba. O tribunal convocará os opositores para a realización da proba.
A formación profesional ten por finalidade preparar ao alumnado para a actividade nun campo profesional. A formación profesional ten por finalidade preparar o alumnado para a actividade nun campo profesional.
Os requisitos de titulación establecidos nesta lei non afectarán ao profesorado que estea prestando os seus servizos en centros docentes. Os requisitos de titulación establecidos nesta lei non afectarán o profesorado que estea prestando os seus servizos en centros docentes.
A aceptación das alteracións non exime ao beneficiario das sancións que lle poidan corresponder. A aceptación das alteracións non exime o beneficiario das sancións que lle poidan corresponder.


  • Nalgúns casos si precisa ser marcado coa preposición a para evitar confusións entre o suxeito e o complemento directo cando a orde sintáctica (suxeito + verbo + complementos) non abonda para facer esa función.


Construcións incorrectas Construcións correctas
A designación dos vogais suplentes realizarana os que designen os titulares. A designación dos vogais suplentes realizarana os que designen aos titulares.
Informarase o aspirante do material necesario para a realización da proba. Informarase ao aspirante do material necesario para a realización da proba.

(Así evítase a posible ambigüidade de que a frase poida entenderse do seguinte xeito: «O aspirante informarase (el mesmo) do material...»).

↑ Voltar ↑

Colocación do pronome átono

  • A posición normal do pronome en galego é despois do verbo. Con todo, existen contextos en que debe ser colocado antes:
  • Oracións negativas:
Non se subvencionarán aquelas propostas (…)
  • Oracións subordinadas cos nexos que, cal, quen, canto, onde, como, cando, cuxo, se:
(…) cuxo número se cita no anexo.
  • Nas oracións interrogativas cando van antecedidos por un pronome interrogativo:
Onde se encontra o rexistro?
  • Prodúcese a próclise se os seguintes elementos aparecen situados antes do verbo:
  • Os indefinidos algo, nada, alguén, ambos, bastante, calquera, entrambos, mesmo
(…) que ata o século XIX pouco ou nada se sabe de (…)
  • Aínda, axiña, deseguida, enseguida, , sempre, algures, ben, cedo, igual, mal, mellor, peor, tarde
(…) liña de axudas aínda se atopa en proceso (…)
Os cursos impartidos sempre se valorarán (…)
  • Usos interpolados, moi formais e arcaizantes:
Xa ela che comentou o resultado. / Xa che ela comentou o resultado.
  • Colocación anteverbal cos xerundios (efecto estilístico arcaizante):
Non o facendo así / (…) de non o facer así (…)
↑ Voltar ↑

O pronome SE nas construcións impersoais

  • O pronome SE emprégase en construcións impersoais, activas e pasivas, para indeterminar o suxeito ou o complemento axente. Dado que se trata de deixar na indeterminación, son incorrectos os usos do pronome SE e mais o complemento axente:


Construcións incorrectas Construcións correctas
As solicitudes presentaranse polos aspirantes no prazo dun mes. Os aspirantes presentarán as solicitudes no prazo dun mes.

As solicitudes serán presentadas polos aspirantes no prazo dun mes.
As solicitudes presentaranas os aspirantes no prazo dun mes.

As propostas elaboraranse por este servizo. Este servizo elaborará as propostas.

As propostas serán elaboradas por este servizo.
As propostas elaboraas este servizo.

A modificación do plan asinarase polo alcalde no próximo pleno. O alcalde asinará a modificación do plan no próximo pleno.

A modificación do plan será asinada polo alcalde no próximo pleno.
A modificación asinaraa o alcalde no próximo pleno.

Acórdase que polo representante da administración se dea comezo ao levantamento das actas previas. Acórdase que o presentante da administración dea comezo ao levantamento das actas previas.


O uso do infinitivo conxugado e do futuro de subxuntivo

  • O uso do infinitivo conxugado recoméndase:
  • Se o infinitivo ten un suxeito expreso no texto:
(…) de non estaren inscritos os bens ou dereitos no rexistro (…)
  • Se o infinitivo non ten suxeito expreso, mais vai referido a un axente determinado non indicado no contexto:
h) Documentación acreditativa de se encontraren ao día das (…)
  • Se o infinitivo vai introducido por unha preposición ou locución prepositiva, ten suxeito propio aínda que coincida co do verbo principal e vai antes del:
(…) sen prexuízo de os interesados poderen interpor (…)
De ir despois do verbo principal, o uso é obrigatorio con suxeito diferente ou con elementos interpostos:
Tamén deberán efectuar a devandita comunicación aquelas persoas físicas ou xurídicas que, sen estaren domiciliadas (…)
Para alén de nestes casos, o uso do infinitivo conxugado é facultativo e debe utilizarse sempre que for posible gramaticalmente e que non resultar estilisticamente desaconsellable.
  • Recoméndase utilizar o futuro de subxuntivo para expresar accións atemporais ou futuras non reais aínda que probables, así como nas oracións subordinadas cando na principal se empregue o presente ou o futuro de indicativo:
De non presentaren esta certificación, non poderán ser declarados/as exentos/as (…)
(…) se o expropiado non quixer aceptar o prezo xusto (…)

Usos incorrectos do xerundio

  • Con valor de posterioridade:
Instalar o electrodoméstico no prazo de 90 días desde a data da venda, e retirar o existente, *entregándoo a un xestor de residuos autorizado. Instalar o electrodoméstico no prazo de 90 días desde a data da venda, e retirar o existente, o cal se entregará a un xestor de residuos autorizado.
  • Con valor de complemento do nome:
entregar o ditame á oficinista *falando por teléfono entregar o ditame á oficinista mentres fala por teléfono
  • Con valor de adxectivo especificativo:
Esta orde desenvolve o Decreto 156/2007, do 19 de xullo, *regulando o procedemento de cualificación Esta orde desenvolve o Decreto 156/2007, do 19 de xullo, que regula o procedemento de cualificación
resultado do cal se elaborará unha listaxe *contendo unha orde de prelación resultado do cal se elaborará unha listaxe que conteña unha orde de prelación

Usos incorrectos relacionados co infinitivo

  • A construción substantivo + a + infinitivo é incorrecta, debe substituírse por outra:
informes *a redactar informes para redactar / que se van redactar
Existen casos en que esta estrutura non é necesaria:
erros *a corrixir erros
  • O infinitivo debe ir acompañado do verbo polo cal se rexe en casos como:
(…) ; *facer constar expresamente no campo P-1 do modelo de instancia a localidade (…) (…) ; deberase facer constar expresamente no campo P-1 do modelo de instancia a localidade (…)
  • Salientar que segundo se recolle no plano 8 (…) (…) Débese salientar que segundo se recolle no plano 8 (…)
  • A construción ir + a + infinitivo non é correcta:
(…) que se vai a ocupar (…) (…) que se vai ocupar (…)

Concordancia

  • Se un determinante precede a dous ou máis substantivos coordinados con e ou con ou en singular, concordará en xénero e número co máis próximo:
(…) cuxos datos persoais e último domicilio coñecido (…)
(…) cuxo encabezamento e resolución (…)
  • Cando o suxeito dunha oración está composto de dúas ou máis formas nominais en singular, o verbo aparecerá en plural se o suxeito que o precede está coordinado por unha copulativa:
(…) nin o plan nin o catálogo contiñan ningunha previsión (…)
Exceptúanse aqueles casos en que os elementos coordenados constitúen unha única unidade conceptual:
A carga e descarga de animais farase en peiraos separados (…)
Se os elementos van acompañados de determinante o verbo irá en plural:
A dotación e o calendario de pagamentos das bolsas outorgadas por renuncias estableceranse na resolución (…)
  • O invariable quen fai que o verbo vaia en singular cando este ten referentes en plural, excepto no caso dos verbos ser e parecer:
(…) quen son os xogadores (…)
(…) quen solicitaba maior información (…)
  • Cando un adxectivo acompaña dous ou máis substantivos de xénero diferente, o adxectivo vai en plural e en masculino:
Os locais e as instalacións abertos ao público (…)

Outros casos

A conxunción que

  • Débese coidar a presenza da conxunción que en construcións subordinadas e en locucións adverbiais, en contextos como os seguintes:


Construcións incorrectas Construcións correctas
Solicita se lle notifiquen os cambios no plan de desenvolvemento. Solicita que se lle notifiquen os cambios no plan de desenvolvemento.
Declara:
– Que non solicitou axudas para a mesma finalidade.
– Solicitou axudas para a mesma finalidade e non lle foron concedidas.
Declara:
– Que non solicitou axudas para a mesma finalidade.
Que solicitou axudas para a mesma finalidade e non lle foron concedidas.
Que se rexistrarán como patrimonio unha vez sexan acordadas... Que se rexistrarán como patromonio unha vez que sexan acordadas...


  • Cómpre sinalar tamén que a presenza da conxunción non exclúe a necesidade da preposición de con determinados verbos:


Construcións incorrectas Construcións correctas
Infórmase que o prazo para a entrega da documentación será de dez días. Infórmase de que o prazo para entrega da documentación será de dez días.
Advírtese os interesados que o prazo remata o día 25. Advírtese os interesados de que o prazo remata o día 25.


Algún(s)/algunha(s) en frases negativas

  • A diferenza do castelán, en galego estes indefinidos, pospostos ao substantivo en estruturas negativas, non teñen valor negativo. Debemos empregar ningún(s)/ningunha(s).


Construcións incorrectas Construcións correctas
Non se prevé posibilidade algunha de modificación de proxecto. Non se prevé posibilidade ningunha de modificación do proxecto.
Unha vez transcorrido o prazo, non procederá reclamación algunha. Unha vez transcorrido o prazo, non procederá reclamación ningunha.
Que sexan presentados polas entidades beneficiarias en réxime de administración directa e sen percibir contraprestación algunha por parte dos usuarios. Que sexan presentados polas entidades beneficiarias en réxime de administración directa e sen percibir contraprestación ningunha por parte dos usuarios.


Ambos e ambas

  • Poden ser núcleo ou modificador. Se son núcleo non exixen a presenza do artigo:
Ambos solicitaron a inclusión na póliza do seguro dunha nova cláusula.
Fixérono entre ambos.
  • Pero exixen a presenza de artigo cando funcionan como determinante:


Construcións incorrectas Construcións correctas
A totalidade da axuda repartiuse entre ambas partes. A totalidade da axuda repartiuse entre ambas as partes.
Ambos alcaldes asinaron o acordo. Ambos os alcaldes asinaron o acordo.


Mesmo, -a, -os, -as con valor anafórico

  • Este identificador non debe empregarse, con valor pronominal, para referirse a un antecedente substantivo (o denominado valor anafórico).
  • No seu lugar debemos empregar solucións como pronomes persoais (el, ela...), demostrativos (este, ese, aquel) ou posesivos (seu, súa...). Nalgúns casos podemos incluso eliminalo.


Construcións incorrectas Construcións correctas
Deberán colaborar coa Inspección de Servizos nas funcións que lle sexan encomendadas á mesma. Deberán colaborar coa Inspección de Servizos nas funcións que lle sexan encomendadas a esta.
Os fabricantes de aparellos ou elementos de elevación, así como os importadores dos mesmos, deberán contar cun técnico titulado competente. Os fabricantes de aparellos ou elementos de elevación, así como os seus importadores, deberán contar cun técnico titulado competente.
Proponse a prevención de conflitos e a resolución pacífica dos mesmos. Proponse a prevención de conflitos e a súa resolución pacífica.
O sistema educativo organízase en etapas, ciclos, cursos e niveis de forma que se asegure a transición entre os mesmos e, de ser o caso, dentro de cada un deles. O sistema educativo organízase en etapas, ciclos, cursos e niveis de forma que se asegure a transición entre estes e, de ser o caso, dentro de cada un deles.
Para a realización das probas de avaliación nas distintas competencias clave poderanse ditar instrucións específicas na orde de chamada das persoas inscritas ás mesmas. Para a realización das probas de avaliación nas distintas competencias clave poderanse ditar instrucións específicas na orde de chamada das persoas inscritas.


  • Si é correcto o seu emprego no caso de que mesmo, -a, -os, -as actúe como identificador, adxectivo ou pronome:
Debe optar entre a readmisión inmediata do demandante nas mesmas condicións que posuía con anterioridade.
O procedemento que se seguirá será o mesmo que para a concesión das axudas.
Ferramentas persoais
Xunta de Galicia