Tratamentos
De Manual de Estilo DOG
(Diferenzas entre revisións)
Liña 22: | Liña 22: | ||
:<font color="#0088cc">•</font> Polo demais, cando as persoas son citadas polo seu nome e apelidos, non se introduce ningún tratamento: ''cítase <font color="maroon">a Carme</font> Pousa Galego para que compareza...'' | :<font color="#0088cc">•</font> Polo demais, cando as persoas son citadas polo seu nome e apelidos, non se introduce ningún tratamento: ''cítase <font color="maroon">a Carme</font> Pousa Galego para que compareza...'' | ||
- | <div style="text-align: right; font-size: 90%;">[[# | + | <div style="text-align: right; font-size: 90%;">[[#Normas de estilo e redacción|<span style="color: #002bb8;">↑ Voltar ↑</span>]]</div><noinclude> |
Revisión como estaba o 21 de xuño de 2012 ás 07:51
Páxinas principais |
A Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xullo), dispón, no artigo 18. Tratamentos, o seguinte: «O tratamento oficial dos membros do Goberno e dos altos cargos será o de señor/señora, seguido da denominación do cargo, emprego ou rango corrrespondente».
Na redacción do DOG, as referencias aos cargos non se marcan con ningún tratamento. Estes son os contextos máis habituais:
- • Polo xeral, os cargos non aparecen acompañados do nome propio que os representa: A conselleira de Facenda resolveu...; O recurso pode presentarse ante o director xeral da Función Pública ...
- • Nas sinaturas tampouco se emprega ningunha forma de tratamento; cítase o nome propio da persoa que exerce o cargo e, a seguir, o cargo que desempeña:
- Agustín Hernández Fernández de Rojas
- Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio
- e Infraestruturas
En canto ao tratamento do resto de persoas, os criterios son os seguintes:
- • Cando as persoas son citadas só polos seus apelidos, por exemplo en sentenzas e textos semellantes, a fórmula de tratamento introdutoria é a de señor/señora. Esta fórmula é a adecuada para referirse ao persoal da avogacía, a xudicatura e a procuradoría: [...] representada polo procurador señor Pedreira (...) e asistida pola letrada señora Méndez [...]
- • A forma de tratamento don/dona resérvase para introducir o nome completo en modelos de solicitude ou semellantes: Don/Dona......, con DNI....., DECLARO:
- • Polo demais, cando as persoas son citadas polo seu nome e apelidos, non se introduce ningún tratamento: cítase a Carme Pousa Galego para que compareza...