Glosario de expresións e termos
De Manual de Estilo DOG
(→Observacións) |
(→Observacións) |

Liña 19: | Liña 19: | ||
:::https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/index.htm;jsessionid=E335E65BAEEDEE8F0B172765CE32B08D
| :::https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/index.htm;jsessionid=E335E65BAEEDEE8F0B172765CE32B08D

::• Corpus técnico do galego (banco de datos da Universidade de Vigo): http://sli.uvigo.es/CTG/
| ::• Corpus técnico do galego (banco de datos da Universidade de Vigo): http://sli.uvigo.es/CTG/

- | ::• InterActive Terminology for Europe (IATE): [http://iate.europa.eu/iatediff/ | + | ::• InterActive Terminology for Europe (IATE): [http://iate.europa.eu/iatediff/ Visitar IATE]

[[#bodyContent|↑ Voltar ↑]]
<noinclude> |
[[#bodyContent|↑ Voltar ↑]]
<noinclude> |
Revisión como estaba o 11 de abril de 2013 ás 10:38
Páxinas principais |
En elaboración
Índice |
Observacións
- Confeccionamos o glosario partindo da expresión ou do termo en castelán. Consideramos que, deste xeito, moitas persoas que o consulten, afeitas a se manexaren coas expresións en castelán, terán máis fácil acceso á correspondente forma galega. Puntualmente, incluímos observacións e comentarios sobre o emprego dalgunhas expresións.
- Cando se dan varias opcións, todas correctas, incluímos en primeiro termo aquela de uso máis frecuente.
- As formas precedidas de asterisco (*) non son correctas en galego.
- Para a elaboración do glosario tomamos como referencias as que se citan a seguir. Ademais, tanto no caso de haber varias formas correctas como naqueles en que poida haber discrepancias entre as distintas fontes lexicográficas ou terminolóxicas, optamos por lles dar preferencia ás expresións e termos que se veñen utilizando de forma habitual nos textos oficiais, nomeadamente no DOG.
- • Dicionario da Real Academia Galega (DRAG):
- • Dicionario Xurídico: http://www.dixuri.com/ // http://dicionarioxuridico.xerais.es/
- • Buscatermos (banco de datos terminolóxico da Universidade de Santiago de Compostela)
- • Corpus técnico do galego (banco de datos da Universidade de Vigo): http://sli.uvigo.es/CTG/
- • InterActive Terminology for Europe (IATE): Visitar IATE
- • Dicionario da Real Academia Galega (DRAG):
Glosario
A
Castelán | Galego | Observacións |

a (la) disposición de | á disposición de, ao dispor de | |
a cargo de | a cargo de, por conta de | |
a causa de | por causa de, a causa de, por mor de | |
a ciencia cierta | con certeza, de certo, sen dúbida | |
a contar desde | que comezará a contar, a partir de, contado desde | |
a continuación | a seguir, a continuación, seguidamente, deseguido | Evítese o emprego de deseguida, que ten a acepción de "axiña, decontado" |
a costa de | á custa de, por conta de | |
a cuenta y riesgo | por conta e risco | |
a cuyo fin | para o fin, para o cal | |
a destajo | a obra feita, a traballo feito, ao axuste, por tarefa | |
a efectos de | para os efectos de | |
a este efecto | para este efecto | |
a este fin | con este fin, para esta finalidade, con este obxecto, para isto | |
a excepción de | coa excepción de, exceptuando, agás | |
a falta de | na falta de, a falta de | |
a fecha fija | con data fixa | |
a fin de | co fin de, a fin de | |
a fin de que | co fin de que, a fin de que | |
a grandes rasgos | en xeral, a grandes trazos, sen entrar en detalles | |
a instancia de | por instancia de, a/por pedimento de | |
a la larga | co tempo, ao final | |
a la mayor brevedad posible | o máis axiña posible, canto antes, coa maior brevidade, no prazo máis breve posible | Non é correcto *á maior brevidade posible |
a la postre | en definitiva, despois de todo | |
a la sazón | daquela, naquel tempo, nese momento | |
a la vez | á vez, a un tempo, asemade | |
a lo mejor | ao mellor, se cadra, quizais, talvez | |
a lo sumo | como máximo | |
a los efectos de | para os efectos de, para os efectos, co fin de, co obxecto de | |
a los solos efectos de | só para os efectos de, unicamente para os efectos de, para os únicos efectos de | |
a mayor abundamiento | por/para maior abastanza, por máis abastamento | |
a menos que | a menos que, salvo que, agás que, non sendo que, a non ser que | |
a mi presencia | perante min, na miña presenza | |
a modo de | como, á maneira de, ao xeito de | |
a partir de | a partir de | É incorrecta a expresión *a partires de |
a pesar de (que) | a pesar de (que), pese a, malia | É incorrecta a expresión *a pesares de (que) |
a precio alzado | a prezo axustado, a prezo global | |
a propuesta de | por proposta de | |
a raíz de | por mor de, debido a, a consecuencia de | |
a requerimiento de | por requirimento de | |
a reserva de | agás, excepto, fóra de | |
a su ruego | por pedimento seu, a pedimento seu | |
a su vez | pola súa vez, á súa vez, cando lle corresponda, pola súa parte | |
a tal efecto | para tal efecto, con tal efecto | |
a tanto alzado | a prezo global, a prezo fixado, a prezo acordado, a prezo concertado | |
a tenor de | a teor de, de acordo con, consonte, segundo o teor de | |
a todos los efectos | para todos os efectos | |
a veces | ás veces, por veces | |
a(l) nivel de | — a(o) nivel de — no ámbito (de), con respecto a, en termos de | Cando nos referimos á altura física, é correcta a expresión a(o) nivel de (a temperatura é maior ao nivel do mar). En cambio non é correcta, en sentido figurado, cando se pode substituír por expresións como no ámbito de, con respecto ou similares: *as medidas aplicaranse a nivel de co-munidade autónoma (= as medidas aplicaranse no ámbito da comunidade autónoma). |
abogar | avogar | Non debe confundirse con avocar |
abonar | —aboar (=pagar) —abonar (=subscribir) | Aboar e abonar teñen significados diferentes e non deben confundirse. En galego, o equivalente do castelán abonar na acepción de botarlle á terra materias que aumenten a súa fertilidade non é abonar senón fertilizar. |
abono | —aboamento (=acción de aboar; pagamento) —abono (=subscrición) | Non debe confundirse aboamento con abono. Para a acepción do castelán referida á substancia que se lle bota á terra para enriquecela non é correcto abono en galego; a palabra que se utiliza é fertilizante. |
acarrear | carrexar, carretar, motivar, ocasionar | Non é correcto *acarrear. |
acompañar | —acompañar —achegar, xuntar, presentar | Non é correcto o emprego deste verbo como transitivo no canto de achegar, xuntar, presentar, en contextos deste tipo: *Hai que acompañar unha fotocopia do DNI. É correcto como transitivo en contextos coma estes: A instancia deberá ir acompañada de fotocopia compulsada do DNI. |
acto seguido | a seguir, logo | |
acusar recibo | xustificar a recepción, avisar da recepción | |
acuse de recibo | xustificante de recepción, aviso de recepción | |
adeudar | —deber (=ter unha débeda) —cargar (=anotar unha canti-dade no debe dunha conta bancaria) | Non é correcto *adeudar en conta, debe dicirse cargar en conta. |
adjuntar | achegar, xuntar, anexar, engadir | Non é correcto *adxuntar. |
adjunto | adxunto(a), como adxectivo | É correcto o seu emprego como adxectivo en frases como o documento adxunto, a nota adxunta. Porén, non é correcto o seu emprego na forma invariable en masculino *Adxunto remito o documento ou *Adxunto remito copia do escrito. |
aduana | alfándega, aduana | |
aforo | —capacidade (dun recinto) —contaxe (estación de) | Non é correcto *aforo. |
al amparo de | ao abeiro de, ao amparo de | |
al corriente | ao día, ao corrente | |
al efecto de | para o efecto de | |
al fin y al cabo | ao cabo, á fin e ao cabo | |
al menos | polo menos, cando menos, ao menos, alomenos | |
al objeto de | co obxecto de, co fin de | |
al por mayor | por groso, por xunto | |
al por menor | a(o) retallo, polo miúdo | |
albacea | testamenteiro(a) | |
albaceazgo | testamentaría | |
alevosía | aleivosía | |
alienable | alleable, alienable | |
allanamiento (a la demanda) | achantamento (ante a deman-da), conformidade (coa deman-da) | |
allanamiento de morada | violación de domicilio, violación de morada | |
allanarse (a la demanda) | achantar (ante a demanda), conformarse coa demanda | |
alquilar | alugar | |
alquiler (acción de alquilar) | alugamento, arrendamento, alugueiro, arrendo | Non é correcto *aluguer. |
alquiler (renta, cantidad de dinero) | alugueiro, renda | Non é correcto *aluguer. |
alzamiento (de bienes) | alzamento (de bens) | |
amonestar | amoestar | |
ancho/a | largo(a), ancho(a) | A forma largo(a) do galego non equivale á forma largo(a) do castelán, cuxo equivalente en en galego é longo(a). |
ante todo | ante todo, antes de nada, en primeiro lugar, primeiro de nada | |
apilar | empillar | |
aplazamiento | aprazamento, adiamento | |
aplazar | aprazar, adiar | |
apoderado | apoderado | |
aportación | achega, contribución | Non é correcto *aportación. |
aportar | —aportar (=chegar a porto) —achegar, contribuír, proporcionar, presentar | En galego o verbo aportar só se utiliza na acepción de "chegar o barco a porto". |
apostilla | apostila, postila | |
apremio | constrinximento, prema | |
archivar | arquivar | |
archivo | —arquivo (=lugar onde se arquiva) &·8212;arquivamento (=acción de arquivar) | |
asequible | accesible, alcanzable | Non é correcto *asequible. |
atestiguar | testemuñar | Non é correcto *atestiguar. |
aunar | unir(se), sumar | Non é correcto *aunar. |
avalúo (de bienes) | taxación (de bens), valoración (de bens) | |
avenencia | avinza, acordo, convenio, pacto | |
avenir(se) | avir(se) | |
averiguar | indagar, investigar, pescudar | Non é correcto *averiguar. |
avocar | avocar | Dito dunha autoridade gober-nativa ou xudicial (un xuíz ou maxistrado), significa "atraer para si a resolución dun asunto ou causa cuxa decisión correspondería a un órgano inferior en virtude da incompetencia do tribunal en que a causa foi orixinalmente interposta". Non debe confundirse con avogar, que ten a acepción de "interceder, manifestarse en defensa de". |
B
Castelán | Galego | Observacións |

banda ancha | banda larga | |
bastantear | verificar a suficiencia | Non é correcto *bastantear. |
bastanteo | verificación da suficiencia | Non é correcto *bastanteo. |
beca | beca (insignia, banda), bolsa (de estudos, axuda formativa) | |
becario(a) | bolseiro(a) | |
boceto | bosquexo, esbozo, esquema | |
botiquín | ||