Xénero
De Manual de Estilo DOG
(→O xénero dalgunhas palabras) |
(→O xénero dalgunhas palabras) |
||
Liña 11: | Liña 11: | ||
:* Como regra xeral, os substantivos rematados en <font color="#0066cc">''-o''</font> son masculinos (<font color="#0066cc">''o cadro, o diñeiro, o lixo, o tellado, o testemuño''</font>...) e os substantivos rematados en <font color="#0066cc">''–a''</font> son femininos (<font color="#0066cc">''a cabeza, a casa, a encarga, a estrada, a estrea, a tea, a testemuña''</font>...). | :* Como regra xeral, os substantivos rematados en <font color="#0066cc">''-o''</font> son masculinos (<font color="#0066cc">''o cadro, o diñeiro, o lixo, o tellado, o testemuño''</font>...) e os substantivos rematados en <font color="#0066cc">''–a''</font> son femininos (<font color="#0066cc">''a cabeza, a casa, a encarga, a estrada, a estrea, a tea, a testemuña''</font>...). | ||
- | Agora ben, hai excepcións á regra anterior. Así, hai palabras rematadas en <font color="#0066cc">''–o''</font> que son de xénero feminino: <font color="#0066cc">''a dínamo, a foto, a libido, a tribo''</font>...; e palabras rematadas en <font color="#0066cc">''–a''</font> que son de xénero masculino: <font color="#0066cc">''o albará, o diadema, o | + | Agora ben, hai excepcións á regra anterior. Así, hai palabras rematadas en <font color="#0066cc">''–o''</font> que son de xénero feminino: <font color="#0066cc">''a dínamo, a foto, a libido, a tribo''</font>...; e palabras rematadas en <font color="#0066cc">''–a''</font> que son de xénero masculino: <font color="#0066cc">''o albará, o diadema, o trauma''</font>... |
:* Moitos substantivos e adxectivos rematados en <font color="#0066cc">''–e''</font> referidos a seres sexuados serven para referirse tanto a masculino como a feminino: <font color="#0066cc">''ausente, axente, cantante, importante, intérprete, representante''</font>... | :* Moitos substantivos e adxectivos rematados en <font color="#0066cc">''–e''</font> referidos a seres sexuados serven para referirse tanto a masculino como a feminino: <font color="#0066cc">''ausente, axente, cantante, importante, intérprete, representante''</font>... |
Revisión como estaba o 24 de setembro de 2014 ás 11:56
Páxinas principais |
Índice |
O xénero dalgunhas palabras
En galego, algunhas palabras presentan confusión con respecto ao xénero, debido, na maior parte dos casos, ás interferencias co castelán.
Para unha consulta dos casos en que hai discrepancias, incluímos unha listaxe ao final deste capítulo.
Recordamos algunhas regras básicas e reparamos nos casos que poden dar lugar a confusión:
- Como regra xeral, os substantivos rematados en -o son masculinos (o cadro, o diñeiro, o lixo, o tellado, o testemuño...) e os substantivos rematados en –a son femininos (a cabeza, a casa, a encarga, a estrada, a estrea, a tea, a testemuña...).
Agora ben, hai excepcións á regra anterior. Así, hai palabras rematadas en –o que son de xénero feminino: a dínamo, a foto, a libido, a tribo...; e palabras rematadas en –a que son de xénero masculino: o albará, o diadema, o trauma...
- Moitos substantivos e adxectivos rematados en –e referidos a seres sexuados serven para referirse tanto a masculino como a feminino: ausente, axente, cantante, importante, intérprete, representante...
Máis adiante, cando falemos da flexión de xénero, veremos que algúns substantivos e adxectivos deste grupo terminan en –a no feminino: presidenta, xefa...
- Os substantivos rematados en –e referidos a seres ou conceptos non sexuados poden ser de xénero masculino ou feminino: o acne, o berce, o dote, a agravante, a árbore, a fraude...
- O mesmo sucede con substantivos non sexuados terminados en consoante: o labor, o mel, o sal, a calor, a cor...
- Hai substantivos que teñen dobre xénero, masculino e feminino. Nalgúns casos, a variación de xénero dá lugar a acepcións distintas:
- o cal (=óxido de calcio) / a cal (= rego, canle)
- o terminal (dun ordenador, por ex.) / a terminal (dun aeroporto, por ex.)
- o cal (=óxido de calcio) / a cal (= rego, canle)
Noutros, a variación de xénero non comporta diferenzas de acepcións: o fin / a fin. Con todo, esta palabra adoita utilizarse en masculino cando equivale a finalidade (O fin da reunión é chegar a un acordo) e en feminino cando equivale a remate ou termo (A fin de semana vai ser chuviosa).
- Hai palabras dun só xénero que poden ter correspondencia en castelán con palabras de dobre xénero, ás veces con distintas acepcións. Así
Galego | Castelán |
---|---|
a(s) arte(s) | el arte / la(s) arte(s) |
a calor | el calor / la calor |
a fronte | el frente / la frente |
a marxe | el margen / la margen |
a orde | la / el orden |
a reuma | el reuma / la reuma |
o linde | el linde / la linde |
o mar | el mar / la mar |
- As palabras que finalizan en –axe, -ixe ou –uxe teñen, por regra xeral, xénero feminino: a aliaxe, a blindaxe, a drenaxe, a listaxe, a porcentaxe, a reciclaxe, a vertixe, a ferruxe...
- Excepcións: o garaxe, o traxe, o paxe.
- A palabra personaxe ten dobre xénero, de xeito que diremos que Manuel é un personaxe importante, mentres que Manuela é unha personaxe importante.
- As palabras rematadas en -me son normalmente masculinas: o billame (cast. grifería), o costume, o cume, o friame, o legume, o ligame, o lume, o pesadume, o raizame...
- Hai dúas excepcións importantes: a servidume e a síndrome (por iso, dicimos e escribimos a sida, redución de a síndrome de inmunodeficiencia adquirida).
- As voces cultas con orixe nos nomes gregos en –sis adoptan a terminación en –se e son todas de xénero feminino: a análise, a antítese, a crise, a diagnose, a dose, a énfase, a esclerose, a paréntese, a tese...
- As voces cultas con orixe nos nomes gregos en –itis e –tis adoptan a terminación en -ite e –te, e son todas de xénero feminino: a amigdalite, a apendicite, a artrite, a bronquite, a cute, a glote, a hepatite...
- NOTA: Non pertence a este grupo a palabra gratis.
- As voces cultas con orixe nos nomes gregos en –is adoptan a terminación en –e e son todas de xénero feminino: a acrópole, a epiderme, a metrópole, a necrópole...
- Son masculinos os nomes das letras: o a, o e, o efe, o gue, o eme...
- Cos substantivos femininos que comezan por a- tónico, os determinantes que debemos empregar son tamén femininos, a diferenza do castelán: a acta, a arte, a auga, a aula, a ave...
Palabras con distinto xénero en castelán e en galego
Castelán masculino | Galego feminino |
---|---|
el análisis | a análise |
el apocalipsis | a apocalipse |
el arbitraje | a arbitraxe |
el árbol | a árbore |
el arte | a arte |
el canal | a canle, a cal |
el encargo | a encarga (tamén vale o encargo) |
el énfasis | a énfase |
el estreno | a estrea |
el fin | a fin ou o fin |
el fraude | a fraude |
el frente (distinto de la frente) | a fronte (sempre feminino, independentemente do xénero que teña en castelán) |
el margen (tamén é correcto la margen) | a marxe |
el orden | a orde |
el origen | a orixe |
el paisaje | a paisaxe |
el paréntesis | a paréntese |
el peaje | a peaxe |
el pubis | a pube |
el puente | a ponte |
el recargo | a recarga |
el reciclaje | a reciclaxe |
el reuma (tamén é correcto la reuma) | a reuma |
el riego | a rega |
el sida | a sida |
el síndrome | a síndrome |
el sudor | a suor |
el testigo | a testemuña |
el vértigo | a vertixe |
Castelán feminino | Galego masculino |
---|---|
la cal | o cal |
la cumbre | o cume |
la diadema | o diadema |
la enzima (tamén é correcto el enzima) | o enzima |
la labor | o labor |
la leche | o leite |
la legumbre | o legume |
la mar (tamén é correcto el mar) | o mar |
la masacre | o masacre |
la miel | o mel |
la pesadumbre | a pesadume |
la sal | o sal |
la sangre | o sangue |
la señal | o sinal |