Nomes numerais (números)
De Manual de Estilo DOG
(Diferenzas entre revisións)
Liña 88: | Liña 88: | ||
* Nos títulos das seccións, no sumario e na cabeceira (centrado e en negra) que anuncia o comezo da sección: | * Nos títulos das seccións, no sumario e na cabeceira (centrado e en negra) que anuncia o comezo da sección: | ||
- | <center> | + | ::<center>'''I. DISPOSICIÓNS XERAIS'''</center> |
* Acompañando a palabra ''anexo'' cando anuncia o comezo da súa sección (centrado na columna e en cursiva) e cando se cita no corpo do texto: | * Acompañando a palabra ''anexo'' cando anuncia o comezo da súa sección (centrado na columna e en cursiva) e cando se cita no corpo do texto: | ||
- | <center> | + | ::<center>''ANEXO I''</center> |
::(…) que se inclúen como anexo I (…) | ::(…) que se inclúen como anexo I (…) |
Revisión como estaba o 21 de febreiro de 2011 ás 20:43
Páxinas principais |
Índice |
Números en letras
Os números escríbense de forma estendida, con letras, nos seguintes casos:
- Os números ata nove, inclusive, por haber apenas un algarismo:
- (…) e en dous xornais dos de maior circulación (…)
- Exceptúanse os números dunha única cifra cando aparecen en listas.
- As cantidades que se correspondan con sancións, indemnizacións, orzamentos, inversións etc. ou coa especificación do número de días para prazos, deben ir na súa forma estendida expresada en letras, e, a seguir, a forma en algarismos entre parénteses:
- (…) a obriga de satisfacer, en concepto de multa coercitiva, a cantidade de trescentos sesenta euros e sesenta e un céntimos (360,61 €) (…)
- Importe total: dezanove millóns oitocentos vinte e dous mil trescentos noventa e catro euros con cincuenta e nove céntimos (19.822.394,59 €), IVE incluído.
- Sanción proposta: tres mil cinco euros con sete céntimos de euro (3.005,07 €).
- e) Prazo de execución/entrega: vinte (20) días naturais desde a formalización do contrato.
- Cando se expresen cantidades de tempo (anos, meses etc.):
- (…) no prazo máximo de dous meses (…)
- Cando se traten de cantidades aproximadas:
- (…) non faltar máis de doce anos para pasar (…)
- Cando os números vaian acompañados da palabra vez ou veces:
- (…) intentada a notificación persoal dúas veces (…)
Algarismos árabes
Os números escríbense con algarismos árabes nos seguintes casos:
- Os números maiores de nove:
- Máximo 20 puntos (…)
- As cantidades que se correspondan con sancións, indemnizacións, orzamentos, inversións etc. ou coa especificación do número de días para prazos, deben ir na súa forma estendida expresada en letras, e, a seguir, a forma en algarismos entre parénteses:
- (…) a obriga de satisfacer, en concepto de multa coercitiva, a cantidade de trescentos sesenta euros e sesenta e un céntimos (360,61 €) (…)
- Importe total: dezanove millóns oitocentos vinte e dous mil trescentos noventa e catro euros con cincuenta e nove céntimos (19.822.394,59 €), IVE incluído.
- Sanción proposta: tres mil cinco euros con sete céntimos de euro (3.005,07 €).
- e) Prazo de execución/entrega: vinte (20) días naturais desde a formalización do contrato.
- Por cuestións de espazo e lexibilidade poderán existir excepcións a esta regra (moitas cantidades nun parágrafo).
- Cando se mostra unha relación de elementos:
- Lote 1: turismos (25).
- Lote 2: motocicletas (14).
- Lote 3: vehículos todoterreo (15).
- Coas porcentaxes:
- (…) reducirase nun 25% (…)
- Cos cardinais que aparecen acompañando os textos oficiais, artigos, páxinas, apartados, rúas, edificios etc.:
- (…) no artigo 7º da Lei 9/2007, do 13 de xuño (…)
- (…) na rúa Gutiérrez Mellado nº 3, 2º andar (…)
- Coas medidas e magnitudes físicas:
- (…) L.M.T. subterránea a 20 kV con condutor tipo R.H.Z. de 529 metros (…)
- Nos anos e os días do mes nas datas e nas indicacións horarias:
- (…) as 13.00 horas do día 10 de decembro de 2010 (…)
- En números de expedientes e semellantes:
- (…) expedientes INC-OU-171/2010-VNA e INCOU-180/2010-LSA (…)
Numeración romana
A numeración romana utilízase maiormente nos seguintes casos:
- Nos títulos das seccións, no sumario e na cabeceira (centrado e en negra) que anuncia o comezo da sección:
I. DISPOSICIÓNS XERAIS
- Acompañando a palabra anexo cando anuncia o comezo da súa sección (centrado na columna e en cursiva) e cando se cita no corpo do texto:
ANEXO I
- (…) que se inclúen como anexo I (…)
- Cando se cita o número dun capítulo, título, edición, base etc. que así se numera orixinalmente:
- (…) o capítulo II do título VII do Real decreto 1955/2000 (…)
- Cando forman parte dun nome propio, de nomes de estradas ou cando denominan séculos e certas unidades e demarcacións militares:
- (…) na rúa Xoán XXIII (…)
- (…) con domicilio social na estrada N-VI (…)
- (…) metade do século XX (…)
Puntuación
- Nas cifras, como elemento separador entre enteiros e decimais:
- IVE: 26.680,75 euros.
- - 0,25 puntos por coñecemento da lingua galega.
- Deben eliminarse os decimais cando son igual a cero:
- 27,00 € → 27 €
- Poden especificarse os decimais iguais a cero en táboas ou textos en que figuran outras cantidades relacionadas con decimais:
G36118768 Asociación de Amas de Casa (...) 1.162,24 G36584894 Asociación de Mulleres (...) 270,00
- Os números de conta, de teléfono e de fax non levan puntos e van con espazos:
- 0000 0000 00 000000000
- (…) a través dos números de teléfono 981 54 62 46 ou 981 54 62 54, ou fax: 981 54 63 39 (…)