Observacións sobre algunhas construcións gramaticais
De Manual de Estilo DOG
Revisión feita o 22 de marzo de 2013 ás 11:07 por Servizotraducion  (Conversa | contribucións)
				
			| Páxinas principais | 
Complemento directo
- En xeral, o complemento directo constrúese sen a preposición a:
| Construcións incorrectas | Construcións correctas | 
|---|---|
| Autorízase á conselleira para ditar cantas normas sexan necesarias. | Autorízase a conselleira para ditar cantas normas sexan necesarias. | 
| Substituirase ao persoal necesario para poder cumprir os servizos mínimos. | Substituirase o persoal necesario para poder cumprir os servizos mínimos. | 
| O tribunal convocará aos opositores para a realización da proba. | O tribunal convocará os opositores para a realización da proba. | 
| A formación profesional ten por finalidade preparar ao alumnado para a actividade nun campo profesional. | A formación profesional ten por finalidade preparar o alumnado para a actividade nun campo profesional. | 
| Os requisitos de titulación establecidos nesta lei non afectarán ao profesorado que estea prestando os seus servizos en centros docentes. | Os requisitos de titulación establecidos nesta lei non afectarán o profesorado que estea prestando os seus servizos en centros docentes. | 
| A aceptación das alteracións non exime ao beneficiario das sancións que lle poidan corresponder. | A aceptación das alteracións non exime o beneficiario das sancións que lle poidan corresponder. | 
- Nalgúns casos si precisa ser marcado coa preposición a para evitar confusións entre o suxeito e o complemento directo cando a orde sintáctica (suxeito + verbo + complementos) non abonda para facer esa función.
| Construcións incorrectas | Construcións correctas | 
|---|---|
| A designación dos vogais suplentes realizarana os que designen os titulares. | A designación dos vogais suplentes realizarana os que designen aos titulares. | 
| Informarase o aspirante do material necesario para a realización da proba. | Informarase ao aspirante do material necesario para a realización da proba. (Así evítase a posible ambigüidade de que a frase poida entenderse do seguinte xeito: «O aspirante informarase (el mesmo) do material...»). | 
Colocación do pronome átono
En elaboración
O pronome SE nas construcións impersoais
- O pronome SE emprégase en construcións impersoais, activas e pasivas, para indeterminar o suxeito ou o complemento axente. Dado que se trata de deixar na indeterminación, son incorrectos os usos do pronome SE e mais o complemento axente:
| Construcións incorrectas | Construcións correctas | 
|---|---|
| As solicitudes presentaranse polos aspirantes no prazo dun mes. | Os aspirantes presentarán as solicitudes no prazo dun mes. As solicitudes serán presentadas polos aspirantes no prazo dun mes. | 
| As propostas elaboraranse por este servizo. | Este servizo elaborará as propostas. As propostas serán elaboradas por este servizo. | 
| A modificación do plan asinarase polo alcalde no próximo pleno. | O alcalde asinará a modificación do plan no próximo pleno. A modificación do plan será asinada polo alcalde no próximo pleno. | 
| Acórdase que polo representante da administración se dea comezo ao levantamento das actas previas. | Acórdase que o presentante da administración dea comezo ao levantamento das actas previas. | 
O uso do infinitivo conxugado e do futuro de subxuntivo
En elaboración
Usos incorrectos do xerundio
En elaboración
Concordancia
En Elaboración
Estrutura substantivo + a + infinitivo
En elaboración
A conxunción que
- Débese coidar a presenza da conxunción que en construcións subordinadas e en locucións adverbiais, en contextos como os seguintes:
| Construcións incorrectas | Construcións correctas | 
|---|---|
| Solicita se lle notifiquen os cambios no plan de desenvolvemento. | Solicita que se lle notifiquen os cambios no plan de desenvolvemento. | 
| Declara: 
 | Declara: 
 | 
| Que se rexistrarán como patrimonio unha vez sexan acordadas... | Que se rexistrarán como patromonio unha vez que sexan acordadas... | 
- Cómpre sinalar tamén que a presenza da conxunción non exclúe a necesidade da preposición de con determinados verbos:
| Construcións incorrectas | Construcións correctas | 
|---|---|
| Infórmase que o prazo para a entrega da documentación será de dez días. | Infórmase de que o prazo para entrega da documentación será de dez días. | 
| Advírtese os interesados que o prazo remata o día 25. | Advírtese os interesados de que o prazo remata o día 25. | 
Algún(s)/algunha(s) en frases negativas
- A diferenza do castelán, en galego estes indefinidos, pospostos ao substantivo en estruturas negativas, non teñen valor negativo. Debemos empregar ningún(s)/ningunha(s).
| Construcións incorrectas | Construcións correctas | 
|---|---|
| Non se prevé posibilidade algunha de modificación de proxecto. | Non se prevé posibilidade ningunha de modificación do proxecto. | 
| Unha vez transcorrido o prazo, non procederá reclamación algunha. | Unha vez transcorrido o prazo, non procederá reclamación ningunha. | 
| Que sexan presentados polas entidades beneficiarias en réxime de administración directa e sen percibir contraprestación algunha por parte dos usuarios. | Que sexan presentados polas entidades beneficiarias en réxime de administración directa e sen percibir contraprestación ningunha por parte dos usuarios. | 
Ambos e ambas
- Poden ser núcleo ou modificador. Se son núcleo non exixen a presenza do artigo:
- Ambos solicitaron a inclusión na póliza do seguro dunha nova cláusula.
 
- Fixérono entre ambos.
 
- Ambos solicitaron a inclusión na póliza do seguro dunha nova cláusula.
- Pero exixen a presenza de artigo cando funcionan como determinante:
| Construcións incorrectas | Construcións correctas | 
|---|---|
| A totalidade da axuda repartiuse entre ambas partes. | A totalidade da axuda repartiuse entre ambas as partes. | 
| Ambos alcaldes asinaron o acordo. | Ambos os alcaldes asinaron o acordo. | 
Mesmo, -a, -os, -as con valor anafórico
- Este identificador non debe empregarse, con valor pronominal, para referirse a un antecedente substantivo (o denominado valor anafórico).
- No seu lugar debemos empregar solucións como pronomes persoais (el, ela...), demostrativos (este, ese, aquel) ou posesivos (seu, súa...). Nalgúns casos podemos incluso eliminalo.
| Construcións incorrectas | Construcións correctas | 
|---|---|
| Deberán colaborar coa Inspección de Servizos nas funcións que lle sexan encomendadas á mesma. | Deberán colaborar coa Inspección de Servizos nas funcións que lle sexan encomendadas a esta. | 
| Os fabricantes de aparellos ou elementos de elevación, así como os importadores dos mesmos, deberán contar cun técnico titulado competente. | Os fabricantes de aparellos ou elementos de elevación, así como os seus importadores, deberán contar cun técnico titulado competente. | 
| Proponse a prevención de conflitos e a resolución pacífica dos mesmos. | Proponse a prevención de conflitos e a súa resolución pacífica. | 
| O sistema educativo organízase en etapas, ciclos, cursos e niveis de forma que se asegure a transición entre os mesmos e, de ser o caso, dentro de cada un deles. | O sistema educativo organízase en etapas, ciclos, cursos e niveis de forma que se asegure a transición entre estes e, de ser o caso, dentro de cada un deles. | 
| Para a realización das probas de avaliación nas distintas competencias clave poderanse ditar instrucións específicas na orde de chamada das persoas inscritas ás mesmas. | Para a realización das probas de avaliación nas distintas competencias clave poderanse ditar instrucións específicas na orde de chamada das persoas inscritas. | 
- Si é correcto o seu emprego no caso de que mesmo, -a, -os, -as actúe como identificador, adxectivo ou pronome:
- Debe optar entre a readmisión inmediata do demandante nas mesmas condicións que posuía con anterioridade.
 
- O procedemento que se seguirá será o mesmo que para a concesión das axudas.
 
Ir + infinitivo
En elaboración
Vir de + infinitivo
En elaboración
Ter + participio
En elaboración

