Acentuación gráfica
De Manual de Estilo DOG
Revisión feita o 25 de marzo de 2011 ás 15:58 por Dogadmin (Conversa | contribucións)
Páxinas principais |
Índice |
Galego
O acento diacrítico
| |
| |
| |
| |
| |
| |
| |
| |
| |
| |
| |
| |
| |
| |
| |
| |
| |
| |
| |
| |
| |
| |
| |
| |
| |
| |
| |
| |
| |
| |
| |
| |
| |
| |
O verbo con pronome enclítico
Cando os verbos levan pronomes enclíticos, no tocante á acentuación gráfica compórtanse como se fosen unha soa palabra:
- cantará → cantaraa
- cantara → cantáraa
As formas verbais que levan acento diacrítico mantéñeno cando van seguidas dunha forma átona do pronome, aínda que non lles corresponda seguindo as regras xerais de acentuación para as formas polisílabas:
- é → élle, éa
- dá → dáo, dáme, dálle
Os adverbios en -mente. Palabras compostas
Por se tratar de palabras graves rematadas en vogal, resulta innecesario o acento gráfico nos adverbios en -mente:
- adecuadamente
- utilmente
No caso de apareceren varios adverbios en -mente coordinados, esta terminación só aparece no derradeiro, e os anteriores manteñen o seu acento:
- cómoda e facilmente
Tampouco mantén o acento gráfico o primeiro termo das palabras compostas xa soldadas:
- Riotorto
Outros casos
- Non se acentúan en ningún caso nin os demostrativos nin o indefinido e numeral un:
- esta mesa
- un deles
- Cal, cando, canto, como, onde, que e quen non se acentúan en interrogativas e exclamativas directas:
- Cal quere?
- Cando vén?
- Como lle vai?
- Tampouco se acentúan as formas do interrogativo e exclamativo cando introducen interrogativas indirectas:
- Pregúntelle cando volve.
- Pregúntelle onde está.
- Os derivados de pór non levan acento:
- antepor
- compor
- As letras maiúsculas, tanto se son iniciais como se están integradas nunha palabra escrita enteiramente en maiúsculas, deben levar acento se así lles corresponde segundo as regras de acentuación:
- Ángel
- DISPOSICIÓNS XERAIS
- Con todo, non se acentúan as maiúsculas que forman parte das siglas:
- DNI
- OCDE
- Os acrónimos que se escriben con minúsculas si deben someterse ás regras de acentuación gráfica:
- láser
- As abreviaturas manteñen o acento en caso de incluír a vogal que a leva na palabra completa:
- páx. (de páxina)
- íd. ( de ídem)
- Os símbolos nunca levan acento, aínda que manteñan a letra que a leva na palabra que representan:
- a (de área)
- ha (de hectárea)
Erros frecuentes
- Os estranxeirismos e os latinismos deben acentuarse:
- déficit
- superávit
- Neste tipo de palabras pódese prescindir do acento gráfico correspondente e manter integramente a grafía propia da lingua de que proceden cando exista conciencia clara de que son estranxeirismos.
- O í ou o ú tónicos acentúanse cando hai un hiato, tamén nas formas dos verbos que finalizan en -aír, -oír e -uír:
- saír
- oír
- construír
- atribuído
- constrúen
- Non se acentúan as palabras agudas que finalizan en ditongo decrecente nin as palabras graves que finalizan en ditongo crecente:
- ademais
- comeu
- premio
- medio
- O pronome persoal el non leva acento gráfico:
- entregarllo a el
Castelán
O acento diacrítico
| |
| |
| |
| |
| |
| |
| |
| |
Outros casos de acento diacrítico
- Solo, tanto con valor de adxectivo como de adverbio, e os demostrativos este, ese e aquel, con valor pronominal, non se acentúan en ningún caso, aínda que o contexto sexa ambiguo:
- (…) por *éste y los opositores (…) → (…) por este y los opositores (…)
- (…) *sólo cuando compruebe (…) → (…) solo cuando compruebe (…)
- As formas neutras dos demostrativos, é dicir, as palabras esto, eso e aquello, que só poden funcionar como pronomes, escríbense sempre sen acento:
- Eso no sea cierto.
- No se entendió esto.
- A conxunción o nunca leva acento cando vai entre números:
- 1 o 2
- 100 o 200
- O adverbio aún/aun: Leva acento cando se pode substituír por todavía (tanto con significado temporal como con valor ponderativo ou intensivo) sen alterar o sentido da frase:
- (…) más aún en la actual (…)
- Non leva acento cando se utiliza co mesmo significado que hasta, también, incluso (ou siquiera, coa negación ni):
- Si, aun así, la suma de (…)
- (…) aún cuando no estén amparadas (…)
Outros casos
- guion, hui, riais, Sion, truhan, fie... son palabras monosílabas para efectos ortográficos e, independentemente de como se pronuncien, escríbense sempre sen acento.
- As palabras compostas con guión sempre conservan a acentuación gráfica que corresponde a cada un dos termos por separado:
- teórico-práctico
- As voces e expresións latinas que se utilizan con frecuencia en español sométense ás regras de acentuación:
- hábeas corpus
- cuórum
- As palabras estranxeiras non adaptadas (razón pola cal se deben escribir en cursiva ou entre comiñas), así como os nomes propios orixinarios doutros idiomas (que se escriben en redonda), non deben levar ningún acento que non teñan no seu idioma de procedencia, é dicir, non se someten ás regras de acentuación:
- disc-jockey
- catering
- gourmet
- Mompou
- Düsseldorf
- As palabras estranxeiras adaptadas, incluídos os nomes propios, deben someterse ás regras de acentuación:
- béisbol
- bidé
- Milán
- Icíar
- As transcricións de palabras procedentes de idiomas que utilizan alfabetos non latinos, incluídos os nomes propios, considéranse adaptacións e deben seguir, por tanto, as regras de acentuación:
- glásnost
- Tolstói
- Taiwán
- As letras maiúsculas, tanto se son iniciais como se están integradas nunha palabra escrita enteiramente en maiúsculas, deben levar acento se así lles corresponde segundo as regras de acentuación:
- Ángel
- ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA
- Con todo, non se acentúan as maiúsculas que forman parte das siglas:
- DNI
- OCDE
- Os acrónimos que se escriben con minúsculas si deben someterse ás regras de acentuación gráfica:
- láser
- As abreviaturas manteñen o acento en caso de incluír a vogal que a leva na palabra completa:
- pág. (de página)
- íd. ( de ídem)
- Os símbolos nunca levan acento, aínda que manteñan a letra que a leva na palabra que representan:
- a (de área)
- ha (de hectárea)