Temporalidade

De Manual de Estilo DOG

Revisión feita o 28 de marzo de 2012 ás 09:48 por Servizotraducion (Conversa | contribucións)

Páxinas principais

Índice

Datas

  • As datas escríbense combinando letras e números (29 de setembro de 2010). Os días do mes, incluído o 1, escríbense con cifras. Exceptúanse:
  • As datas históricas, nomes propios ou nomes de rúas:
(…) Dos de Mayo (…)
Pola mesma razón, debe respectarse a forma oficial dalgúns nomes propios en que o número aparece con cifras.
  • Por cuestión de espazo, as datas que aparecen en cadros, listas e enumeracións:
Dil. 13.10.2010 Vehículo matrícula C6870F (…)
  • Excepto cando se trate dunha estrutura fixa de día, mes e ano, ou de mes e ano, as expresións temporais con anos van introducidas sempre polo artigo:
(…) no/para o 2010 (…)
Resolución do 17 de setembro de 2010 (…)
(…) 6 de outubro de 2010 (…)
(…) outubro de 2010 (…)
  • Nas datas, sepáranse os topónimos:
O Porriño, 6 de outubro de 2010.
  • No caso dunha sucesión de anos e ao indicar o ano na citación das leis escríbense os anos enteiros:
(…) curso 2010-11 (…)
(…) Lei 30/1992 (…)

Horas, minutos e segundos

As horas deben indicar sempre os minutos, aínda que se trate da hora en punto, e como separador debe utilizarse o punto:

(…) en horario de 9.00 a 14.00 horas (…)

Para evitar posibles confusións, aconséllase que o substantivo horas (sen abreviar) acompañe estas expresións de horarios. Excepto en casos específicos, o substantivo minutos omítese nos horarios:

(…) Data-hora-porto: 25.3.2010; 12.13 horas; Bueu (Pontevedra). (…)
(…) en sesións de 50 minutos (…)

O mesmo acontece con segundos:

(…) nun tempo inferior ou igual a 30 segundos (…)
-Tempo primeiro salto: 13 minutos e 38 segundos.

Caso unha cantidade indique minutos ou segundos, utilizarase a vírgula para separar os decimais:

-Segundos por salto: 13,24.

Días da semana

Os días da semana especifícanse nos seguintes casos:

  • Cando se especifican horarios:
(…) luns a venres das 9.00 ás 19.00 horas e sábados das 9.00 ás 14.00 horas (…)
  • Acompañando a data, o número e a páxina do DOG en cada unha das cabeceiras das súas páxinas:
578 DIARIO OFICIAL DE GALICIA N.º 6 · Martes, 11 de xaneiro de 2011
  • Cando no texto se cite un DOG ou un BOP anterior:
(…) no DOG n.º 234, do martes, 7 de decembro de 2010 (…)
No BOP de Lugo n.º 99, do martes día 4 de maio de 2010 (…)
  • Cando se especifica unha data para a cal aínda non se pode concretar o día do mes:
(…) ás dez horas do martes da semana seguinte ao día de remate do prazo de presentación de proposicións, segundo a cláusula 7.1 do prego (…)

Meses

Os meses do ano especificaranse con letras en todas as datas. Por cuestión de espazo, as datas que aparecen en cadros, listas e enumeracións poden especificarse con números:

Dil. 13.10.2010 Vehículo matrícula C6870F (…)

Anos

Os anos especificaranse con números en todas as datas. No entanto, cando se citen sesións ou reunións poderá utilizarse a forma estendida:

A Deputación Provincial de Ourense, en sesión do día vinte e tres de xullo de dous mil dez (…)
(…) e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e tres de decembro de dous mil dez (…)

Cando se fale de anos, en galego debe evitarse a utilización de próximo/vindeiro, presente ou semellante:

para el próximo año 2012 → para o ano 2012
para el presente año 2011 → para este ano 2011
Ferramentas persoais