Acentuación gráfica

De Manual de Estilo DOG

Revisión feita o 26 de marzo de 2013 ás 09:02 por Servizotraducion (Conversa | contribucións)

Páxinas principais


Índice

Introdución

No galego só empregamos un acento, o acento agudo (´). Nunca debe omitirse o acento pois unha palabra pode variar totalmente de significado segundo o leve ou non. Son habituais as parellas de substantivo e forma verbal que se opoñen pola presenza ou ausencia do acento gráfico:

ánimo / animo
diálogo / dialogo
hábito / habito
exército / exercito
público / publico
  • Tamén se opoñen polo acento o pretérito pluscuamperfecto e o futuro de indicativo dos verbos regulares:
pagara/pagará
A empresa alegou que xa pagara a liquidación antes da reclamación. / A consellería pagará as subvencións no mes de maio.
subvencionaran/subvencionarán
Os organismos que subvencionaran no ano anterior os proxectos presentaron unha memoria. / As consellerías subvencionarán todos os proxectos que se presenten en prazo e que cumpran os requisitos.
  • Outros exemplos de parellas que se opoñen polo acento son:
á / a
ágora / agora
área / area
país / pais
traía / traia
↑ Voltar ↑

Regras xerais de acentuación

As regras xerais de acentuación do galego son:

↑ Voltar ↑

Agudas

  • Levan acento gráfico as palabras agudas polisílabas que rematan en vogal (ventá, esquí); en vogal + n (común, almacén); en vogal + s (ventás, esquís) ou en vogal + ns (comúns, almacéns).
  • Non levan acento gráfico as palabras agudas polisílabas que levan un ditongo decrecente[1] na última sílaba (seguido ou non de s): ademais, controis, xudeu, xersei, azuis.
  • Non levan acento gráfico as palabras agudas polisílabas rematadas nunha consoante distinta de n ou s (anel, dobrez) ou nun grupo consonántico distinto de ns (robots, anoraks).
  • Como regra xeral, non levan acento gráfico as palabras monosílabas: si, min.
↑ Voltar ↑

Graves

  • Acentúanse as palabras graves que rematan nunha consoante distinta de n ou s (réptil, réquiem, ítem); nun grupo consonántico que non sexa ns (cómics, látex, ítems) ou aquelas con ditongo decrecente na última sílaba (hóckey). Estas últimas son moi pouco frecuentes.
  • Non levan acento gráfico as palabras graves rematadas en vogal ou ditongo crecente (pagamento, premio); en vogal + n (escriben); en vogal + s (lapis) ou en vogal + ns (dolmens).
↑ Voltar ↑

Esdrúxulas

  • As palabras esdrúxulas sempre levan acento gráfico (lóxico, público). É erro frecuente omitir o acento nestas palabras. Ademais, nalgúns casos a falta do acento converte a palabra noutra:
Será considerado ben de interese *publico > público
*Limites da parcela > Límites
Deberá acreditar ter feito o *deposito de 300 euros > depósito
↑ Voltar ↑

Sobresdrúxulas

  • As palabras sobresdrúxulas, igual ca as esdrúxulas, levan sempre acento gráfico (cámbiaselle).
  • Un dos erros habituais na acentuación destas palabras é colocar o acento noutra sílaba: *notíficaselle en lugar de notifícaselle.
  • Cómpre lembrar que os adverbios rematados en –mente en galego non son palabras sobresdrúxulas senón graves, polo que, a diferenza do castelán, nunca levan acento gráfico: adecuadamente, facilmente, fisicamente, ultimamente, utilmente.
  • No entanto, no caso de apareceren varios adverbios rematados en -mente coordinados, esta terminación só aparece no derradeiro e os anteriores, se o tiñan, manteñen o seu acento:
cómoda e facilmente
medidas acertadas económica, social e politicamente
↑ Voltar ↑

Dúbidas en relación coa acentuación

Despois de lembrarmos as regras xerais, pasamos a solucionar algunhas dúbidas que xorden habitualmente en relación coa acentuación.

↑ Voltar ↑

Monosílabos

  • A regra xeral indica que os monosílabos non se acentúan.
  • As excepcións á regra corresponden a palabras que deben levar acento diacrítico. O acento diacrítico úsase para distinguir unha palabra doutra que se escribe igual pero que ten outro significado (oso/óso, e/é). A listaxe de palabras con acento diacrítico verémola máis adiante xa que se trata de casos especiais de acentuación.
  • É erro frecuente atopar acento nalgunhas destas palabras por influencia do castelán, como por exemplo si. Esta forma non leva acento en ningún caso, a pesar de ter varios significados. En castelán a acentuación diacrítica de débese a que conflúe coa conxunción condicional si, pero en galego esta conxunción é se. Os distintos significados no galego distínguense polo contexto e non é necesario o acento gráfico:
Se todos din que si non fará falta volver votar.
Gardou para si toda a información.
Composición en si menor.
  • Tampouco leva acento gráfico o pronome persoal el. En castelán oponse ao artigo el, que en galego é o.
Deberán entregarllo a el e non a ela.
  • Outros exemplos de palabras monosílabas que non levan acento son: ben, bos, cen, di, el, man, min, sa, ten, ti, un.
↑ Voltar ↑

Acentuación nas contraccións

  • Existen algunhas construcións en galego nas cales é necesario empregar a contracción da preposición a co artigo fronte ao castelán, que só emprega a preposición a.
Así, debemos escribir:
Volver á casa e non *Volver a casa
Feito á man e non *Feito a man
Quedo á súa disposición e non *Quedo a súa disposición
Ingresos á conta e non *Ingresos a conta
Pagamento á conta e non *Pagamento a conta
Pola contra, só levan preposición:
Cursos a distancia e non *Cursos á distancia
Está todo a monte e non *Está todo á monte
  • Tamén se dan erros sen seren por interferencia do castelán, senón por dúbidas na acentuación das contraccións da preposición a + artigo a/as.
Con referencia á cuestión anteriormente citada e non *Con referencia a cuestión
O acto de apertura de proposicións terá lugar ás 12.00 horas e non *terá lugar as 12.00 horas
↑ Voltar ↑

Demostrativos

  • Non se acentúan en ningún caso os pronomes demostrativos. Non é necesario o acento xa que a diferenza entre pronomes e adxectivos se resolve polo contexto.
Este é un dos riscos derivados da falta de prevención. / Este risco deriva da falta de prevención.
Aquel será o obxecto da subvención. / Aquel obxecto comporta a subvención.
↑ Voltar ↑

Interrogativos e exclamativos

  • Os pronomes interrogativos e exclamativos (cal, cando, canto, como, onde, que, quen e por que) non se acentúan nas oracións interrogativas e exclamativas directas:
Cal quere?
Cando volve?
Que sorte!
  • Tampouco se acentúan polo xeral as formas do interrogativo e exclamativo cando introducen oracións indirectas:
Preguntoulle cando volvía.
Pregúntelle onde está.
dille qué queres (dille o que queres) / dille que queres (dille que si queres)
xa sabes qué hai? (xa sabes que cousas hai?) / xa sabes que hai? (xa sabes que si hai?)
xa sabes cánto custou (xa sabes o prezo) / xa sabes canto lle custou (xa sabes o traballo que lle custou)
↑ Voltar ↑

Palabras agudas rematadas en ditongo decrecente

  • Como xa dixemos ao falar das regras xerais, non se acentúan as palabras agudas polisílabas que finalizan en ditongo decrecente (seguido ou non de –s) e tampouco as palabras graves que finalizan en ditongo crecente. Fixémonos nos seguintes exemplos:
Agudas rematadas en ditongo decrecente: partiu, xudeu, xersei, perdeu
Agudas rematadas en ditongo decrecente seguido de s: ademais, controis, azuis
Graves rematadas en ditongo crecente: premio, egua, tenue, femia
↑ Voltar ↑

Acentuación de ditongos e hiatos[1]

  • Os ditongos compórtanse como vogais simples no tocante á acentuación: levan acento gráfico cando lles corresponde segundo as regras xerais. Lembremos que non levan acento as palabras agudas rematadas en ditongo decrecente (ademais, xersei, participou).
  • Nos ditongos o acento gráfico colócase sempre sobre a vogal forte (a, e, o) xa que esta é a vogal tónica: hidráulico, tráiler, aprovéitase, éuscaro, adóitase, cirurxián, diésel, acuático, quórum.
  • Nas combinacións de varias vogais, o í ou o ú tónicos acentúanse cando forman un hiato.
auditoría
cirurxía
saúdo
proteína
transeúnte
oínte
rúa
súa
dúas
ruído
xuízo
había
país
  • Á hora de acentuar cómpre ter en conta que moitas formas que en galego son hiato (as vogais pertencen a sílabas diferentes) en castelán son ditongo ou se dan as dúas opcións. Así, non teñen dobre acentuación en galego palabras que a teñen no castelán. Por tanto, as únicas formas posibles en galego son con acentuación esdrúxula, xa que se trata de hiatos:
austríaco (aus-trí-a-co)
cardíaco (car-dí-a-co)
período (pe-rí-o-do)
  • Encontramos tamén hiato nas formas dos verbos rematados en -aír, -oír e –uír e tamén noutras formas verbais:
saír
oír
construír
atribuír
concluír
constituír
atribuído
substituíndo
constrúen
sería
amplíe
avalío
constitúe
substitúe
conclúo
  • Na acentuación das secuencias –iu– e –ui– xorden a miúdo dúbidas acerca da vogal sobre a cal colocar o acento gráfico, xa que se trata de dúas vogais febles. A norma establece que se as vogais forman ditongo o acento recae sobre a primeira vogal e se forman hiato o acento vai sobre a segunda vogal.
Palabras con acento na primeira vogal (ditongos -úi- e -íu-):
púidose
púidenlle
seguíuselle (o acento tamén vai sobre a primeira vogal (í) xa que a letra u anterior neste caso non se pronuncia, acompaña o g)
partíullelo
dirixíuselle
Palabras con acento na segunda vogal (hiatos –u-í– e –i-ú–):
diúrno
viúvo
miúdo
circuíto
concluínte
constituínte
contribuínte
fluído
gratuíto
posuír
prexuízo
ruído
xenuíno
xuíza
  • Nas formas do verbo prohibir (prohibe, prohiben) as vogais forman hiato pero non levan acento gráfico porque o h intercalado xa indica que as dúas vogais pertencen a sílabas diferentes: pro-hi-bir, pro-hi-bo, pro-hi-be, pro-hi-ben, etc.
  • É erro frecuente acentuar as formas de presente do verbo adecuar. As formas correctas non levan acento gráfico:
adecuo
adecuas
adecua
adecuamos
adecuades
adecuan
  • As combinacións de tres vogais poden constituír ou non un tritongo. Nos casos en que non forman tritongo poden conformar dúas ou tres sílabas diferentes.
  • Os casos de tritongo son moi pouco frecuentes en galego, aínda que hai algúns exemplos moi comúns: plural de palabras rematadas en –ial, –ual ou formas dos verbos rematados en –iar e –uar. Lembremos que a regra xeral di que non levan acento gráfico as palabras agudas polisílabas con ditongo decrecente na ultima sílaba (seguido ou non de –n ou –s). Os casos de tritongos equipáranse aos ditongos decrecentes, polo que non levan acento gráfico palabras como: adecuei, cambiou, circunstanciais, iguais, minguou, oficiais, residuais, Uruguai.
  • Moitas veces as secuencias de tres vogais constitúen vogal + ditongo decrecente e tampouco lles corresponde acento: anuais (a-nu-ais), actuou (ac-tu-ou), adiou (a-di-ou), continuou (con-ti-nu-ou).
  • A unión de tres vogais é unha secuencia habitual nas formas verbais. Nestes casos, cando a intensidade recae sobre a vogal feble (i, u), esta acentúase graficamente para indicar que forma hiato:
baía
caía
concluíu
contribuíu
diminuíu
distribuíu
posuía
retribuíu
saía
saíu
substituíu
traía
↑ Voltar ↑

Palabras monosílabas ou bisílabas

  • Debemos ter en conta que hai determinadas palabras agudas que levan a combinación de volgal débil con forte que en galego son sempre bisílabas. Por tanto, deben seguir as regras das polisílabas. Ás veces estas palabras aparecen grafadas sen acento debido á interferencia do castelán. Non teñen ditongo, senón hiato, e deben levar acento por seren polisílabas e agudas as seguintes palabras:
guión (gui-ón)
ión (i-ón)
ruán (ru-án)
truán (tru-án)

↑ Voltar ↑

Acentuación correcta das formas verbais de pretérito imperfecto, de pluscuamperfecto e de condicional

  • Son frecuentes os erros verbo do acento gráfico que se deben ao descoñecemento da forma estándar en galego. As Normas ortográficas e morfolóxicas do galego establecen que a primeira e segunda persoas do plural do imperfecto de indicativo, pluscuamperfecto de indicativo e condicional son palabras graves e non esdrúxulas, e non levan acento porque rematan en –s.
Imperfecto de indicativo: colliades, colliamos, seguiades, seguiamos, viades, viamos.
Pluscuamperfecto de indicativo: collerades, colleramos, seguirades, seguiramos, virades, viramos.
Condicional: colleriades, colleriamos, seguiriades, seguiriamos, veriades, veriamos.
  • Pola contra, no caso do pretérito de subxuntivo levan acento ao seren palabras esdrúxulas: vísemos, collésemos, seguísemos.
↑ Voltar ↑

Acentuación dos verbos con pronomes enclíticos

  • Cando os verbos levan pronomes enclíticos, no tocante á acentuación gráfica compórtanse como se fosen unha soa palabra e levan acento gráfico ou non segundo as regras de acentuación. Así, ao cambiar a posición da sílaba tónica, algúns verbos que non levan acento gráfico pasan a telo e, pola contra, algunhas formas verbais que o levan deixan de telo:
proporcionará (futuro) + aproporcionaraa
proporcionara (pluscuamperfecto) + aproporcionáraa
fixeron + ofixérono
traen + otráeno
mantén + semantense
↑ Voltar ↑

As formas verbais con acento diacrítico

  • As formas verbais que levan acento diacrítico mantéñeno cando se unen cunha forma átona do pronome, aínda que non lles corresponda segundo as regras xerais de acentuación para as formas polisílabas. Deste xeito, distinguimos por exemplo dalo (dar + pronome o) de dálo (dás + pronome o).
dálle, dáme, dáo
pórpólo, pórlle
↑ Voltar ↑

O verbo pór

antepor
compor
contrapor
predispor
propor

↑ Voltar ↑

Palabras compostas

  • Nesta subepígrafe cómpre distinguir entre palabras compostas soldadas, palabras compostas que se escriben con guión e palabras compostas que se escriben de forma separada.
↑ Voltar ↑

Palabras compostas xa soldadas

  • As palabras compostas xa soldadas, isto é, as palabras que se escriben xuntas e sen guión, compórtanse para os efectos de acentuación como unha soa palabra e seguen as regras xerais de acentuación, independentemente de como se acentúen por separado os elementos que as conforman.
antiaéreo
baloncesto
(< balón)
contaquilómetros
fisicoquímico
(< físico)
foraborda (< fóra)
Riotorto (< río)
sociopolítico
↑ Voltar ↑

Palabras compostas con guión

  • As palabras compostas con guión sempre conservan a acentuación gráfica que lle corresponde a cada un dos termos por separado:
teórico-práctico
técnico-administrativo
↑ Voltar ↑

Palabras compostas que se escriben de forma separada

  • As palabras compostas que se escriben de forma separada tamén manteñen a acentuación gráfica de cada termo:
gardas civís
sofá cama
  • Teñamos en conta que os numerais ordinais décimo primeiro, décimo sétimo, décimo noveno, vixésimo terceiro etc. se escriben de forma separada, polo que se aplican as regras de acentuación a cada unha das palabras.
↑ Voltar ↑

Estranxeirismos e latinismos

  • Os estranxeirismos e latinismos cando se adaptan ao galego levan ou non acento gráfico de acordo coas normas xerais de acentuación do galego. Así, escribiremos a expresión currículum vítae e a palabra quórum en redonda e acentuadas. Pero si optamos polas formas latinas escribiremos curriculum vitae e quorum con cursiva. No primeiro caso temos ademais a forma currículo.
  • Imos ver a continuación exemplos e a grafía e acentuación correctas doutros latinismos e extranxeirismos. Teñamos en conta que o y final dalgúns estranxeirismos se equipara ao i do galego.
Palabras agudas: anorak, ballet, boicot, carné, chalé, iceberg, islam, relax, spray, voleibol, xampú.
Palabras graves: accésit, álbum, béisbol, cámping, campus, clúster, corpus, dóping, ítem, hippy, hobby, hóckey, ioga, karaoke, líder, mitin, penalti, pizza, quórum, réquiem, rugby, superávit, tándem, télex, tícket.
Palabras esdrúxulas: bádminton, búmerang, cárdigan, décatlon, déficit, hábitat, hándicap, ómnibus, párkinson.
↑ Voltar ↑

Acentuación de nomes propios e apelidos

  • Observamos con frecuencia a ausencia de acento en nomes propios e apelidos. Lembremos que os nomes propios deben seguir as regras de acentuación dos nomes comúns.
*Maria JesusMaría Jesús
*Rafael GonzalezRafael González
*ValcarcelValcárcel
*GuillenGuillén
*XoseXosé
*RiosRíos ou Riós
*MiguezMíguez ou Miguez
↑ Voltar ↑

Acentuación de palabras en maiúscula

  • Existe a falsa crenza de que non é obrigatorio acentuar graficamente as maiúsculas. Tanto se son iniciais como se están integradas nunha palabra escrita enteiramente en maiúsculas deben levar acento se así lles corresponde segundo as regras de acentuación.
CONSELLERÍA DE SANIDADE
HOSPITAL CLÍNICO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
DISPOSICIÓNS XERAIS
É prioritario atender as necesidades básicas
Óscar naceu na Arnoia

  • Porén, non se acentúan as maiúsculas que forman parte das siglas:
DNI
OCDE

↑ Voltar ↑

Siglas, acrónimos, abreviaturas e símbolos

  • As siglas, como acabamos de dicir na epígrafe anterior, non se acentúan nunca:
ACOTES
ENAGAS

euríbor
módem

  • As abreviaturas manteñen o acento no caso de incluír a vogal que leva o acento na palabra completa:
íd. (de ídem)
núm. (de número)
páx. (de páxina)
teléf. (de teléfono)
  • Os símbolos nunca levan acento, aínda que manteñan a letra que leva o acento na palabra que representan:
a (área)
ha (hectárea)
↑ Voltar ↑

Listaxe de palabras cultas e a súa acentuación correcta

  • No caso dos cultismos son frecuentes os erros na acentuación, fundamentalmente cando a sílaba tónica non coincide coa do castelán. Presentamos a continuación unha listaxe coa acentuación correcta:

acne

áloe

alvéolo

amálgama

amoníaco

anódino

atmosfera

auréola

bronquíolo

cepelín

chofer

ciclope

cóengo

conclave

diocese/arquidiocese

eléctrodo

elite

endócrino

epizootia

exexese

flúor

hemacia

heroe

hipermetrope

ibero/celtibero

isóbara

medula

mísil

neon

óboe

olimpíada

omoplata

osmose

parasito

pelicano

período

petróglifo

psoríase

quefir

raíl

réptil

reuma

réxime[2]

rícino

rubéola

téxtil

  • Polo xeral, os cultismos que comparten unha mesma terminación teñen todos a mesma acentuación. Por exemplo, dentro dos elementos químicos, teñen acentuación grave: neon, argon, cripton, radon e xenon.
  • Inserimos a continuación un cadro con terminacións cultas e a súa acentuación correcta:
Terminación Exemplos
-almía oftalmía
-atlon décatlon, péntatlon, tríatlon
-cito leucocito, linfocito
-clise énclise, próclise
-éola auréola, rubéola
-éolo alvéolo, nucléolo
-glifo petróglifo, xeróglifo
-íaco amoníaco, austríaco, cardíaco, celíaco, zodíaco
-íase litíase, psoríase
-íolo bronquíolo, gladíolo
-lito aerólito, electrólito
-ólise electrólise, fotólise, hidrólise, pirólise, radiólise
-osfera atmosfera, biosfera, estratosfera
-osmose osmose, exosmose
-óstato aeróstato, termóstato
-plexía hemiplexía, paraplexía, tetraplexía
-tipo estereotipo, logotipo, prototipo
↑ Voltar ↑

Acento diacrítico

  • Utilízase o acento gráfico con función diacrítica para distinguir algunhas parellas de palabras con significados distintos que se escriben igual.
  • Como xa dixemos ao falar das formas verbais con acento diacrítico, mantense o acento cando se unen cunha forma átona do pronome, aínda que non lles corresponda segundo as regras xerais de acentuación para as formas polisílabas. Deste xeito distínguense, por exemplo, dalo (dar + pronome o) de dálo (dás + pronome o) ou polo (preposición por + artigo o) de pólo (verbo pór + pronome o).
  • Cando unha palabra leva acento diacrítico para diferenciala doutra, mantén este acento na flexión de número, aínda que en plural xa non coincida con outra palabra:
(«único») / so (baixo) → sós («únicos»)
As formas femininas do adxectivo non levan acento porque non é necesario distinguilas doutras palabras: soa, soas.
  • Inserimos a continuación a listaxe de palabras con acento diacrítico en galego:
á (prep. a + a artigo; extremidade das aves) a (artigo; pron. átono; prep.)
ás (a + as artigo; extremidades das aves; carta co número 1) as (artigo; pron. átono)
bésta (arma; resorte en vehículos) besta (animal)
bóla (esfera) bola (peza de pan)
(ca + a) ca (conx. comparativa)
cás (ca + as) cas (preposición (na casa de, á casa de))[3]
chá (plana) cha (che + a)
chás (planas) chas (che + as)
(ca + o) co (con + o)
cós (ca + os) cos (con + os)
cómpre (é mester) compre (merque)
cómpren (son mester) compren (merquen)
(pres. e imp. de dar) da (de + a)
dás (pres. de dar) das (de + as)
(compaixón; aflición; nota musical) do (de + o)
é (pres. de ser) e (conx.)
fóra (adv.) fora (pluscuamperfecto dos verbos ser e ir)
(ruín) ma (me + a)
más (ruíns) mas (me + as)
máis (adv. e pron.) mais (conx.)[4]
(lazo) no (en + o)
nós (pron. tónico; pl. de ) nos (pron. átono; en + os)
ó (a + o) o (artigo; pron. átono)
ós (a + os) os (artigo; pron. átono)
óso (parte do esqueleto) oso (animal)
(parte do corpo) pe (letra)
póla (rama) pola (galiña; por + a)
pór (poñer) por (prep.)
présa (apuro) presa (prendida; presada; encoro)
(sede eclesiástica; imp. de ser) se (conx.; pron.)
(adv. e adx.) so (prep.)
(infusión) te (pron. átono; letra)
vén (pres. de vir) ven (pres. de ver; imperativo de vir)
vés (pres. de vir) ves (pres. de ver)
vós (pron. tónico) vos (pron. átono)
↑ Voltar ↑

Notas e referencias

  1. 1,0 1,1 Ditongo decrecente: formado por vogal forte (a, e, o) seguida de vogal débil (i, u) que se articulan na mesma sílaba. Tamén imos considerar que son decrecentes os ditongos formados por dúas vogais débiles (iu, ui). Ditongo crecente: formado por vogal débil (i, u) seguida de vogal forte (a, e, o) que se pronuncian na mesma sílaba. Hiato: encontro de vogais que pertencen a sílabas diferentes.
  2. Lembremos que o plural desta palabra é réximes.
  3. Non se debe confundir cas (preposición que aparece en enunciados do tipo Está en cas da súa nai) coa forma coas (contracción da prep. con + artigo as: Defínese coas seguintes características). A contracción da preposición con e o artigo a en singular é coa: Presentarase a instancia xunto coa seguinte documentación. Teñamos en conta, ademais, que a conxunción ca e a preposición a non contraen nunca: Déuselles máis información a uns ca a outros.
  4. A locución conxuntiva e mais non leva acento ao igual que a conxunción adversativa mais («pero»): Presentaranse os/as interesados/as e mais os/as seus/súas representantes; O persoal realizará o exercicio durante o tempo previsto na convocatoria mais os/as que se presenten pola quenda de discapacitados/as poderá solicitar a ampliación de tempo con anterioridade á realización do exercicio. Pola contra, non esquezamos poñer acento ao adverbio de cantidade máis: Non se concederán máis licenzas de obra.
↑ Voltar ↑

Ferramentas persoais