Glosario de expresións e termos
De Manual de Estilo DOG
Revisión feita o 8 de abril de 2013 ás 11:02 por Servizotraducion (Conversa | contribucións)
Páxinas principais |
En elaboración
Índice |
Observacións
- Confeccionamos o glosario partindo da expresión ou do termo en castelán. Consideramos que, deste xeito, moitas persoas que o consulten, afeitas a se manexaren coas expresións en castelán, terán máis fácil acceso á correspondente forma galega. Puntualmente, incluímos observacións e comentarios sobre o emprego dalgunhas expresións.
- Cando se dan varias opcións, todas correctas, incluímos en primeiro termo aquela de uso máis frecuente.
- As formas precedidas de asterisco (*) non son correctas en galego.
- Para a elaboración do glosario tomamos como referencias as que se citan a seguir. Ademais, tanto no caso de haber varias formas correctas como naqueles en que poida haber discrepancias entre as distintas fontes lexicográficas ou terminolóxicas, optamos por lles dar preferencia ás expresións e termos que se veñen utilizando de forma habitual nos textos oficiais, nomeadamente no DOG.
- • Dicionario da Real Academia Galega (DRAG):
- • Dicionario Xurídico: http://dixuri.com/
- • Buscatermos (banco de datos terminolóxico da Universidade de Santiago de Compostela)
- • Corpus técnico do galego (banco de datos da Universidade de Vigo): http://sli.uvigo.es/CTG/
- • Dicionario da Real Academia Galega (DRAG):
Castelán | Galego | Observacións |
---|---|---|
a (la) disposición de | á disposición de, ao dispor de | |
a cargo de | a cargo de, por conta de | |
a causa de | por causa de, a causa de, por mor de | |
a ciencia cierta | con certeza, de certo, sen dúbi-da | |
a contar desde | que comezará a contar, a partir de, contado desde | |
a continuación | a seguir, a continuación, segui-damente, deseguido | Evítese o emprego de deseguida, que ten a acepción de "axiña, decontado" |
a costa de | á custa de, por conta de | |
a cuenta y riesgo | por conta e risco | |
a cuyo fin | para o fin, para o cal | |
a destajo | a obra feita, a traballo feito, ao axuste, por tarefa | |
a efectos de | para os efectos de | |
a este efecto | para este efecto | |
a este fin | con este fin, para esta finalida-de, con este obxecto, para isto | |
a excepción de | coa excepción de, exceptuando, agás | |
a falta de | na falta de, a falta de | |
a fecha fija | con data fixa | |
a fin de | co fin de, a fin de | |
a fin de que | co fin de que, a fin de que | |
a grandes rasgos | en xeral, a grandes trazos, sen entrar en detalles | |
a instancia de | por instancia de, a/por pedi-mento de | |
a la larga | co tempo, ao final | |
a la mayor brevedad posible | o máis axiña posible, canto antes, coa maior brevidade, no prazo máis breve posible | Non é correcto *á maior brevidade posible |