Acentuación gráfica

De Manual de Estilo DOG

Revisión feita o 13 de abril de 2012 ás 12:08 por Servizotraducion (Conversa | contribucións)

Páxinas principais


Índice

Acentuación gráfica (Introdución)

No galego, ao igual ca no castelán, só empregamos un acento, o acento agudo (´). Nunca debe omitirse o acento pois unha palabra pode variar totalmente de significado segundo o leve ou non. Son habituais as parellas de substantivo e forma verbal que se opoñen polo acento:

ánimo/animo
diálogo/dialogo
hábito/habito
exército/exercito
público/publico

Tamén se opoñen polo acento o pretérito pluscuamperfecto e o futuro de indicativo dos verbos regulares:

pagara/pagará
(A empresa alegou que xa pagara a liquidación antes da reclamación. / A consellería pagará as subvencións no mes de maio.)
subvencionaran/subvencionarán
(Os organismos que subvencionaran no ano anterior os proxectos presentaron unha memoria. / As consellerías subvencionarán todos os proxectos que se presenten en prazo e que cumpran os requisitos.)

Ademais dos anteriores, podemos encontrar outros casos:

área/area
ágora/agora
traía/traia
á/a

Regras xerais de acentuación

A continuación recordaremos as regras xerais de acentuación do galego:

Agudas

  • Levan acento gráfico as palabras agudas polisílabas que rematan en vogal (ventá, esquí); en vogal + n (común, almacén); en vogal + s (ventás, esquís) ou en vogal + ns (comúns, almacéns).
  • Non levan acento gráfico as palabras agudas polisílabas que levan un ditongo decrecente na última sílaba (seguido ou non de –n ou –s): ademais, controis, xudeu, xersei, azuis.
Ferramentas persoais