Modelo:Portada01

De Manual de Estilo DOG

Revisión feita o 22 de marzo de 2011 ás 15:33 por Dogadmin (Conversa | contribucións)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

De Portal da Ciencia

Ir a: [navegación], [procurar]

ARTIGO DESTACADO

RAMÓN VARELA DE LA IGLESIA (1845-1922): TEMPO, CIRCUNSTANCIA E VOCACIÓN

Ramón Varela de la Iglesia (1845-1922), nacido en Lerma, onde o seu pai era xuíz de 1ª instancia, de ascendencia galega por ambas as dúas ramas, será alumno da Facultade de Medicina de Santiago e seguirá a carreira docente. Pola súa vinculación familiar e persoal con Francisco Ginés de los Ríos (1828-1890), serán determinantes na súa vida tanto o Krausismo como a Institución Libre de Ensino. En oposición ás correntes vitalistas aínda imperantes, Varela aposta xa desde a súa licenciatura pola ciencia positiva e faino con paixón por medio do microscopio e a Histoloxía, xa antes de que esta materia fose incluída nos estudos da licenciatura de Medicina en 1886.

Perante a precariedade de medios da Facultade compostelá é autorizado para a docencia da Histoloxía e a Bacterioloxía no seu laboratorio privado de Santiago. Facilita aos seus alumnos un método para a aprendizaxe da lingua alemá e pon á súa disposición os célebres "Archivos de Volkmann" que edita traducidos con apenas quince días de diferenza coa súa edición alemá.

Ramón Varela de la Iglesia é unha das figuras chave no despegue científico da Facultade de Medicina da Universidade compostelá durante a segunda metade do século XIX e as primeiras décadas do século XX.

Artigo completo

Ferramentas persoais
Xunta de Galicia