Modelo:Portada01

De Manual de Estilo DOG

Revisión feita o 22 de marzo de 2011 ás 15:55 por Dogadmin (Conversa | contribucións)

Presentación

Sendo conscientes de que os idiomas e os estilos varían co tempo e co uso, creouse o Libro de estilo en formato Wikimedia. Este soporte facilita a modificación e actualización dos seus contidos, facéndoa unha ferramenta perdurable, pola súa capacidade de adaptación, e adecuada para o traballo en equipo, xa que poden traballar varias persoas nela ao mesmo tempo.

Este libro de estilo foi creado tendo en conta as necesidades específicas do Diario Oficial de Galicia (DOG) e del se tiraron a maior parte dos casos utilizados para exemplificar cada punto. Esta obra quere ser eminentemente práctica, por iso non se ofrece unha ortografía ou unha gramática completas. En cada entrada poderá encontrar o/a usuario/a normas concretas que se aplican no DOG, casos específicos e exemplos prácticos a través dos cales se procurou mostrar a excepción ou a norma. En moitos dos puntos tratados as especificacións e consellos son os mesmos para ambos os idiomas de traballo do DOG, naqueles casos en que existen diverxencias de comportamento creouse unha entrada específica por idioma (Galego / Castelán).

Nos casos en que foi preciso escoller unha opción entre varias tentouse respectar os usos asentados. A consideración deste manual como unha ferramenta dinámica e adaptable fai que as escollas lingüísticas realizadas deban considerarse como orientadoras e non como prescritivas.

Ferramentas persoais
Xunta de Galicia