Outros signos ortográficos

De Manual de Estilo DOG

Revisión feita o 13 de decembro de 2012 ás 09:09 por Servizotraducion (Conversa | contribucións)

Páxinas principais


Índice

Diérese (¨)

A diérese represéntase con dous puntos horizontais que se colocan, en galego, sobre as vogais u e i.

Coa letra u

Úsase coa letra u para indicar que esta vogal se pronuncia nas sílabas güe e güi: ambigüidade, antigüidade, argüír, bilingüe, bilingüismo, contigüidade, lingüística, piragüismo.

Coa letra i

Úsase coa letra i na primeira e segunda persoas de plural do pretérito imperfecto de indicativo dos verbos regulares rematados en -aer, -oer, -aír e -oír. Estas formas opóñense ás de presente de subxuntivo:

Ferramentas persoais
Xunta de Galicia