Outros signos ortográficos
De Manual de Estilo DOG
Revisión feita o 13 de decembro de 2012 ás 09:41 por Servizotraducion (Conversa | contribucións)
Páxinas principais |
Índice |
Diérese (¨)
A diérese represéntase con dous puntos horizontais que se colocan, en galego, sobre as vogais u e i.
Coa letra u
Úsase coa letra u para indicar que esta vogal se pronuncia nas sílabas güe e güi: ambigüidade, antigüidade, argüír, bilingüe, bilingüismo, contigüidade, lingüística, piragüismo.
Coa letra i
Úsase coa letra i na primeira e segunda persoas de plural do pretérito imperfecto de indicativo dos verbos regulares rematados en -aer, -oer, -aír e -oír. Estas formas opóñense ás de presente de subxuntivo:
Verbo en infinitivo | Pretérito imperfecto indicativo | Presente de subxuntivo |
---|---|---|
caer | caïamos (ca-ï-a-mos) | caiamos (ca-ia-mos) |