O número gramatical

De Manual de Estilo DOG

Revisión feita o 22 de marzo de 2013 ás 11:04 por Servizotraducion (Conversa | contribucións)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Páxinas principais


Índice

Formación do plural

Estas son algunhas observacións verbo da formación do plural:

Palabras rematadas en vogal ou en ditongo

As palabras que finalizan en vogal ‒tónica ou átona‒ ou en ditongo forman o plural engadindo -s:

custocustos
israelíisraelís
reireis
leileis

Os estranxeirismos acabados en vogal forman o plural engadindo -s ou respectando a forma de plural de orixe:

spraysprays
hippyhippys ou hippies
↑ Voltar ↑

Palabras rematadas en -r e -z

Estas palabras, incluídos os estranxeirismos xa integrados, engaden o morfema -es sobre o singular:

calorcalores
luzluces
dólardólares
palierpalieres
somiersomieres

Algúns estranxeirismos pouco integrados poden formar o plural do xeito anterior ou engadindo -s:

pósterpósteres ou pósters
gángstergángsteres ou gángsters
↑ Voltar ↑

Palabras rematadas en -s e -x

Engaden -es as que son agudas:

compáscompases
deusdeuses

Permanecen invariables as agudas rematadas en grupo consonántico e todas as graves e esdrúxulas:

Singular Plural
luns

fax

lapis

martes

mércores

oasis

tórax

luns

fax

lapis

martes

mércores

oasis

tórax

↑ Voltar ↑

Palabras rematadas en -n

Engaden -s:

cancans
dolmendolmens
mitinmitins
↑ Voltar ↑

Palabras rematadas en -l

As palabras monosílabas acabadas en -l engaden -es:

calcales
eleles
milmiles
pelpeles
taltales

As palabras agudas polisílabas substitúen o -l final polo morfema -is:

avalavais
civilcivís
controlcontrois
fielfieis
papelpapeis

As palabras compostas en que o segundo elemento é un monosílabo, fan o plural en -es:

ollomolollomoles
cartafolcartafoles

As palabras graves que finalizan en -l forman o plural engadindo o morfema -es:

cónsulcónsules
difícildifíciles
útilútiles

Exceptúanse desta norma as palabras acabadas en -bel, que fan o plural en -beis:

amábelamábeis
posíbelposíbeis
↑ Voltar ↑

Palabras rematadas noutras consoantes

As máis delas son estranxeirismos ou cultismos e forman o plural engadindo -s:

álbumálbums
boicotboicots
clubclubs
hándicaphándicaps
réquiemréquiems
testtests
↑ Voltar ↑

Algunhas particularidades en canto á formación do plural

Abreviaturas

As abreviaturas formadas por máis dunha letra fan o plural engadindo –s:

núm.núms.
páx.páxs.
tfno.tfnos.

Nas formadas por unha letra, o plural exprésase duplicando esta:

p.pp.
s.ss.
↑ Voltar ↑

Siglas e símbolos

Nas siglas e nos símbolos non se marca o plural:

Correcto Incorrecto
As ANPA As ANPAS

As ANPAs

As ANPA's

Varias ONG Varias ONGS

Varias ONGs

Varias ONG's

50 g 50 gs
20 km 20 kms
80 l 80 lts


Porén, os acrónimos lexicalizados ‒é dicir, incorporados ao galego como nomes comúns, polo que se escriben en minúsculas‒ pluralízanse coma calquera outra palabra:

a pemeas pemes
o radaros radares
un tacvarios tacs
↑ Voltar ↑

Compostos

Nas palabras compostas, a marca de plural pode aplicarse de distintos xeitos:

Nalgúns casos, só pluraliza o segundo dos elementos: institutos marítimo-pesqueiros; escolas náutico-pesqueiras; características fisicoquímicas.

Noutros, pola contra, o plural afecta só o primeiro elemento: coches cama, decretos lei.

Finalmente, noutros casos, o morfema de plural aplícase aos dous elementos do composto: gardas civís, porcos bravos.

↑ Voltar ↑
Ferramentas persoais
Xunta de Galicia